DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 8005

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo de dúas prazas de policía local por mobilidade.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 17, do 20.1.2024, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para cubrir, polo sistema de concurso, entre persoal funcionario de carreira doutros corpos de policía local de Galicia dúas prazas do corpo de policía local, escala básica, categoría de policía (sistema de mobilidade), subgrupo C1, incluídas na oferta de emprego público do ano 2023.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria non Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal:

https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 22 de xaneiro de 2024

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde