DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2024 Páx. 8829

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se efecúa o nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022.

Mediante a Resolución desta dirección xeral do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 4, do 5 de xaneiro de 2023) realizouse a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria.

A base novena da resolución de convocatoria do proceso dispón que os/as aspirantes que, dentro do prazo fixado, non presenten a documentación, ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar no presente proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións. Así mesmo, establece que o/a aspirante que, no prazo e conforme o procedemento que se estableza, non seleccionase todos os destinos que se oferten pola orde de prelación que considere, e non resultase adxudicatario/a de ningún daqueles polos cales optase, non poderá ser nomeado/a e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. Neste suposto, a autoridade convocante chamará novos/as aspirantes, no número que se corresponda coas prazas ofertadas e non elixidas, coa finalidade de que manifesten a súa opción por elas, logo de acreditación do cumprimento dos requisitos exixidos. Esta opción realizarase mediante a orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso da persoa aspirante que non resultou adxudicatario.

A base décima da mesma resolución establece que, unha vez adxudicados os destinos, se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola cal se declare finalizado o proceso selectivo, con nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Ao abeiro da dita resolución, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. En cumprimento das bases 9.2 e 9.8 da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 4, do 5 de xaneiro de 2023), pola que se realiza a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, excluír do proceso selectivo para o acceso á dita categoría as seguintes persoas aspirantes: Amaro Prieto, María Elena, con DNI ***3338**; Rivadulla Montaña, Josefa Ermitas, con DNI ***4410**; e Tudela Navarro, Josep María, con DNI ***6710**. Quedan anuladas as súas actuacións e decaen en todos os dereitos derivados da súa participación no procedemento.

Realizada as exclusións mencionadas, e co obxecto de acadar a cobertura de todas as prazas ofertadas, a autoridade convocante efectuou chamamento de novos/as aspirantes pola orde de prelación da lista definitiva de aspirantes admitidos/as. Renunciaron ás prazas ofertadas as seguintes persoas aspirantes: Bueno Díaz, José, con DNI ***6436**; Gacio Pacios, María Remedios, con DNI ***5830**; Mota Rodríguez, María Jesús, con DNI ***5965**; Quiroga López, María Teresa, con DNI ***4290**; Saavedra Castro, Julia, DNI ***5416**, e Valiño Regueira, Paula, con DNI ***7976**. Quedan anuladas as súas actuacións e decaen en todos os dereitos derivados da súa participación no procedemento.

Declarar como persoas aspirantes seleccionadas, logo da acreditación do cumprimento dos requisitos exixidos, a Conde Novoa, María Elena, con DNI ***2763**; Serantes Grandal, Juan Isidro, con DNI ***2002**; e Cabanas Pegito, Jorge Andrés, con DNI ***9884**.

Segundo. Declarar finalizado o concurso de méritos da convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 4, do 5 de xaneiro de 2023).

Terceiro. Nomear persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de médico/a de familia de atención primaria, os/as aspirantes seleccionados/as que se inclúen no anexo desta resolución.

Cuarto. Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo.

Quinto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.

De conformidade coa base décima da resolución de convocatoria do proceso, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

No entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

Sexto. Sen prexuízo da declaración de finalización do proceso selectivo realizado no punto segundo da presente resolución, de conformidade coa base 10.4 da resolución de convocatoria do proceso, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que os seleccionados por diversos motivos non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionados, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso. Concretamente, chamarase a seguinte aspirante nos supostos de:

– Renuncias aos dereitos derivados do proceso selectivo.

– Non reunir os requisitos establecidos na convocatoria para o desempeño da praza.

– Non presentar a documentación requirida.

– Non formular elección de praza en tempo e forma conforme o procedemento establecido.

– Non producirse a toma de posesión na praza adxudicada.

– Ser declarado/a en situación de excedencia sen dereito a reserva de praza con efectos desde o mesmo día da toma de posesión.

Nos supostos previstos neste punto, non se modificará a elección de praza realizada con carácter previo ao nomeamento e adxudicaránselles ás novas persoas aspirantes as prazas resultantes das devanditas situacións.

Sétimo. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (Diario Oficial de Galicia número 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar con carácter obrigatorio, nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que as realizasen con anterioridade, consten rexistradas en Fides/expedient-e e fosen debidamente validadas.

Oitavo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2024

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

Titoría docente

***0841**

Prieto Granja, Rosa María

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Lalín

Lalín

Mañá

-

***0600**

Freire Domínguez, María Purificación

A.S. de Ferrol

Pontedeume

Pontedeume

Desprazable

-

***5174**

Teijeiro Vilar, María Ángeles

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Sarria

Sarria

Mañá

Si

***1917**

Morillo Álvarez, Margarita

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Muros PAC

Muros

-

-

***3400**

Bravo Fernández, José Antonio

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Melide

Melide

Mañá

-

***3079**

Jardón Álvarez, María Teresa

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Rianxo PAC

Rianxo

-

-

***6394**

Fraga Diez, Mercedes

A.S. de Vigo

A Cañiza PAC

Cañiza, A

-

-

***8900**

Da Costa Moure, Manuel Luis

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Ourense PAC

Ourense

-

Si

***8127**

Álvarez Ameijeiras, María Antonia

A.S. de Vigo

A Doblada

Vigo

Tarde

-

***2607**

Álvarez Crucio, Ana María

A.S. da Coruña e Cee

Carballo PAC

Carballo

-

-

***5233**

Yera Acosta, Ada Alberta

A.S. de Vigo

Tomiño

Tomiño

Desprazable

-

***4075**

Fernández Villaverde, Francisco Javier

A.S. de Ferrol

Fontenla Maristany

Ferrol

Tarde

-

***4486**

Belmonte Otero, Ángela

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Muros PAC

Muros

-

-

***2392**

Docampo Pérez, Natalia

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

O Barco PAC

Barco de Valdeorras, O

-

-

***6025**

Vargas Casaseca, Isabel

A.S. da Coruña e Cee

O Castrillón

Coruña, A

Tarde

-

***3409**

Clemente Gascón, María José

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Mesía-Visantoña

Mesía

Mañá

-

***3329**

Martínez Puñal, María Dolores

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Lalín

Lalín

Mañá

-

***2793**

Puentes Ramos, Regina María

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Viveiro PAC

Viveiro

-

-

***4184**

Costas Lozoya, Jaime Alfonso

A.S. de Vigo

Moaña

Moaña

Tarde

-

***3359**

González González, Marina

A.S. de Ferrol

Fontenla Maristany

Ferrol

Tarde

-

***3512**

Lueiro Garcia, Francisco

A.S. da Coruña e Cee

Oleiros-Perillo

Oleiros

Tarde

-

***1737**

Pavon López, Manuel

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Foz

Foz

Tarde

-

***4348**

Alcaina Ferreiro, Rosa

A.S. de Ferrol

Fontenla Maristany

Ferrol

Desprazable

-

***4051**

Malvárez Caamaño, Juan Manuel

A.S. da Coruña e Cee

Ponteceso PAC

Ponteceso

-

-

***2809**

Iglesias Cardet, Manuel Antonio

A.S. de Ferrol

Fontenla Maristany

Ferrol

Tarde

-

***3270**

Fernández González, Emilio Jose

A.S. de Vigo

Ponteareas PAC

Ponteareas

-

-

***3246**

Baamonde García, María Pilar

A.S. de Ferrol

Fontenla Maristany

Ferrol

Tarde

-

***2874**

Leis Caruncho, Fernando

A.S. da Coruña e Cee

Fisterra

Fisterra

Mañá

-

***0213**

Sánchez Alonso, Florentina Milagros

A.S. de Ferrol

Ferrol PAC

Ferrol

-

Si

***5776**

Amigo Dobaño, María del Carmen

A.S. de Vigo

Ponteareas

Ponteareas

Tarde

-

***9641**

Berdullas Silva, Mercedes

A.S. de Ferrol

Cedeira PAC

Cedeira

-

-

***6305**

Cigarran Álvarez, José Ángel

A.S. de Ferrol

Cedeira PAC

Cedeira

-

-

***7151**

Ramos Alija, Francisco Javier

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A Pobra de Trives PAC

Pobra de Trives, A

-

-

***8795**

Sampedro Martin, Fidel

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A Pobra de Trives PAC

Pobra de Trives, A

-

-

***9687**

Abu Komboz Abu Rahma, Ramzi

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A Estrada PAC

Estrada, A

-

-

***5621**

Vázquez Diéguez, José Jorge

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Monforte PAC

Monforte de Lemos

-

-

***3288**

Rueda García, Jesús Javier

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Boiro

Boiro

Tarde

Si

***5425**

Romero de Ávila Cabezón, Gabriel Ramón

A.S. de Vigo

A Guarda PAC

Guarda, A

-

-

***7857**

Toucedo Vicente, María del Carmen

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Boiro PAC

Boiro

-

-

***2763**

Conde Novoa, María Elena

A.S. de Vigo

Porriño, O

Porriño, O

Tarde

-

***2002**

Serantes Grandal, Juan Isidro

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Verín PAC

Verín

-

-

***9884**

Cabanas Pegito, Jorge Andrés

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Ribeira PAC

Ribeira

-

-