DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2024 Páx. 9279

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidades de enxeñería técnica agrícola, enxeñería técnica de obras públicas e enxeñería técnica forestal.

Mediante o Decreto 62/2021, do 8 de abril (DOG núm. 73, do 20 de abril), apróbase a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

En desenvolvemento do disposto nos artigos 12 e 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establécese a obrigatoriedade do uso de medios electrónicos na inscrición das solicitudes de participación neste proceso selectivo.

Por conseguinte, de acordo co establecido no Decreto 62/2021, do 8 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia (en diante LEPG),

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidades de enxeñería técnica agrícola, enxeñería técnica de obras públicas e enxeñería técnica forestal.

I. Normas xerais.

I.1.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir as prazas do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidades de enxeñería técnica agrícola, enxeñería técnica de obras públicas e enxeñería técnica forestal, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2021, aprobada polo Decreto 62/2021, do 8 de abril, que se indican no anexo I desta resolución.

O sistema selectivo será o de concurso-oposición.

I.1.2. Ao presente proceso selectivo seralle aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (en diante TRLEBEP), a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, a Lei 2/2015 do 29 de abril, de emprego público de Galicia, o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos das persoas aspirantes.

Para seren admitidas aos procesos selectivos, as persoas aspirantes deberán posuír no día de finalización da presentación de solicitudes de participación e manter ata o momento da toma de posesión, como persoal funcionario de carreira, os seguintes requisitos:

I.2.1. Idade: non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.2. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial que se indica no anexo II desta resolución.

Para os efectos desta convocatoria o termo de equivalente entenderase referido exclusivamente ás titulacións que, a consecuencia da implantación de novos estudos adaptados ás sucesivas reformas educativas, viñeron substituír as titulacións extinguidas.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non lles será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións do dereito da Unión Europea.

I.2.3. Pertencer como persoal funcionario de carreira a algún dos corpos ou escalas integrados no subgrupo C1 da administración xeral e grupo B e subgrupo C1 da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo administrativo ou corpo de técnicos de carácter facultativo ou corpo de axudantes de carácter facultativo) ou ter a condición de persoal laboral fixo pertencente ao grupo III do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Queda expresamente excluído o persoal laboral indefinido non fixo.

I.2.4. Prestar servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como persoal funcionario, subgrupo C1, da administración xeral e grupo B e subgrupo C1 da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo administrativo ou corpo de técnicos de carácter facultativo ou corpo de axudantes de carácter facultativo) ou posuír dous anos de antigüidade como persoal laboral fixo do grupo III do Convenio colectivo único na categoría desde a cal accede.

Quedarán exentas do cumprimento deste requisito, as persoas aspirantes que adquirisen a condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo, do corpo de axudantes de carácter facultativo ou corpo de técnicos de carácter facultativo (subgrupo C1 e grupo B), como consecuencia da superación dalgún dos procesos de funcionarización convocados ao abeiro do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, sempre que teñan unha antigüidade mínima de dous anos na categoría profesional tida en conta no proceso de funcionarización.

Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais (artigo 168 da LEPG), na situación de excedencia por coidado de familiares (artigo 176 da LEPG), na situación de excedencia por razón de violencia de xénero (artigo 177 da LEPG) e na situación de excedencia por razón de violencia terrorista (artigo 177.bis da LEPG).

Non se computarán en ningún caso os servizos prestados coa condición de persoal laboral indefinido non fixo.

I.2.5. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.6. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

I.2.7. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á especialidade obxecto desta convocatoria á que pretende optar.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos». Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) e deberán pagar a taxa que estea vixente no momento de presentala que esixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán rexistrar os seus datos de identidade e contacto que se empregarán para as súas solicitudes.

Unha vez completados os datos do solicitante poderase iniciar o proceso de inscrición.

As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, no apartado de «Idioma do exame», se o texto do cuestionario do exercicio deberá entregarse en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar esta opción elixida.

As persoas aspirantes deberán declarar as circunstancias particulares nas que se atopen relativas ao pago de taxas.

As persoas aspirantes con discapacidade poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

Se a solicitude derivase dunha circunstancia sobrevida, deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun mes dende que se producise o feito causante e en calquera caso nas 24 horas seguintes á publicación da convocatoria para a realización do exercicio no que proceda a súa aplicación.

As persoas aspirantes das adaptacións sinaladas poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización do exercicio de atención médica especializada. Neste suposto, deberán acreditar e presentar antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia auténtica do informe médico que acredite a necesidade desta medida.

I.3.2. O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

I.3.3. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude de participación e a través da aplicación informática, a seguinte documentación:

a) No suposto de non ter a nacionalidade española, a documentación acreditativa de cumprir calquera das condicións previstas no artigo 52.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, reguladora do acceso ao emprego público de persoas nacionais doutros estados.

b) Xustificante da condición de persoa con discapacidade no caso de estar expedido por outra comunidade autónoma.

c) Xustificante da condición de familia numerosa no caso de estar expedida por outra comunidade autónoma.

d) Os datos relativos á exención da taxa consultaranse automaticamente a non ser que as persoas interesadas se opoñan á consulta da documentación, para iso deberán indicalo no cadro correspondente e achegar a seguinte documentación:

– Persoas con discapacidade: certificado de discapacidade.

– Vítimas de terrorismo: resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición.

– Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste este carácter.

– Demandantes de emprego:

1º. Certificación expedida pola oficina de emprego na que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

2º. Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal na que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está a percibir a prestación ou o subsidio por desemprego.

Para a remisión electrónica, empregará os apartados habilitados para estes efectos. Se non dispón de copias auténticas deberá xerar o anexo de documentación e achegar coa súa solicitude, o orixinal ou a copia debidamente compulsada, dos documentos xustificativos segundo os supostos en que se atopen.

De acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento:

Do importe total da taxa:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Do 50 % do importe:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir a prestación ou o subsidio por desemprego.

– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para os efectos regulados neste apartado, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acreditasen mediante sentenza xudicial firme ou resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade ou cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.

I.3.4. Para o pagamento da taxa deberá actuar do seguinte xeito:

Pagamento electrónico: deberá introducir os datos da tarxeta, de crédito ou débito, ou bizum, na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Se ademais se emprega o certificado dixital, poderá realizarse o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado das entidades que ofrecen esa posibilidade.

Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante. Unha vez feito o pago presencial na entidade financeira, deberase acceder á solicitude pendente e continuar a inscrición. Introduciranse os datos relativos á data de ingreso e o NRC (Número de Rexistro Completo) correspondente. Unha vez completados os datos validarase o NRC premendo no botón «Validar NRC».

A Administración devolverá o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningún das listaxes, que así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listas definitivas de admitidos e excluídos.

Para iso será necesario que a persoa interesada presente un escrito dirixido ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública, solicitando a devolución do importe ingresado en concepto de dereitos de exame, que introduza completo o seu número de conta bancaria na aplicación Fides, na epígrafe expediente > datos persoais e que achegue o certificado expedido pola entidade financeira no que figuren os datos asociados a esa conta. A presentación fóra do prazo indicado deste escrito ou do certificado, ou a non introdución en prazo dos datos bancarios en Fides, supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente, salvo no suposto regulado no parágrafo seguinte.

Procederá a devolución do importe ingresado en concepto de dereitos de exame por aquelas persoas aspirantes que acadasen un posto na mesma categoría, corpo, grupo, escala ou especialidade, en virtude dun proceso selectivo que se atope en execución e que á data da publicación da presente convocatoria non estivese rematado, sempre que non realizasen ningún exercicio deste proceso e renuncien á participación nel. Para ter dereito a esta devolución as persoas interesadas deberán presentar un escrito de renuncia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listas definitivas de admitidos e excluídos. O escrito de renuncia dirixirase ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública e solicitarase a devolución do importe ingresado en concepto de dereitos de exame. A persoa interesada introducirá, ademais, o número de conta bancaria completo na aplicación Fides, na epígrafe expediente > datos persoais, e achegará o certificado expedido pola entidade financeira no que figuren os datos asociados a esa conta. A presentación fóra do prazo indicado do escrito, da renuncia ou do certificado ou a non introdución en prazo dos datos bancarios en Fides supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

I.3.5. Logo de finalizar correctamente o proceso de pagamento poderase presentar a solicitude.

Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para unha mesma especialidade No caso de presentar varias solicitudes para unha mesma especialidade, soamente se terá en conta a última presentada.

O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento, accedendo ao sistema en Inscricións en procesos selectivos onde disporá dunha listaxe de todas as solicitudes presentadas pola persoa aspirante.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as persoas aspirantes disporán de axudas e formas de contacto específicas en cada pantalla.

I.4. Admisión de aspirantes

I.4.1. Unha vez que expire o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública aprobará as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, e das causas das exclusións que procedan. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica.

I.4.2. As persoas aspirantes excluídas, ou aquelas que non figuren nin como admitidas nin como excluídas, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación da resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

As alegacións contra as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas deberán presentarse a través do aplicativo fides http://fides.xunta.gal

As persoas aspirantes afectadas poderán acceder á solicitude correspondente e completar os documentos solicitados.

A estimación ou desestimación destas peticións de correccións entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección Xeral da Función Pública que será publicada no DOG, pola que se aprobarán as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica.

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos esixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.

II. Proceso selectivo.

II.1. Fase de oposición.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo III desta resolución. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no anexo III e que fosen derrogadas parcial ou totalmente, serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas.

II.1.1. Exercicios.

As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

II.1.1.1. Primeiro exercicio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento trinta (130) preguntas tipo test, relacionado co programa (anexo III) correspondente á especialidade á que opte.

O exercicio dividirase en dúas partes:

a) A primeira parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de cen (100) preguntas tipo test.

O exercicio disporá de seis (6) preguntas de reserva que substituirán as preguntas anuladas.

b) Na segunda parte as persoas aspirantes deberán resolver por escrito dous supostos de carácter práctico, cun total de trinta (30) preguntas tipo test, con quince (15) preguntas cada un dos supostos.

Cada suposto do exercicio dispoñerá dunha (1) pregunta de reserva.

Nos supostos a) e b) as preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será a correcta.

Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.

O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número e contido dos temas que integran o programa. Na elaboración das preguntas do presente exercicio respectarase a orde establecida nos parágrafos anteriores.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de douscentos vinte (220) minutos.

Superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Non obstante, de darse o caso de que o número de aspirantes que acaden o mínimo do 50 % das respostas netas sexa inferior ao resultado de multiplicar por catro o número de prazas convocadas, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata acadar a devandita cifra, sempre que obtivesen o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Ao remate da proba, cada aspirante poderá obter unha copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica

O exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos.

A data de realización deste exercicio non terá lugar antes dos nove (9) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

II.1.1.2. Segundo exercicio.

O segundo exercicio consistirá no desenvolvemento por escrito dun (1) tema, a elixir entre tres (3) obtido mediante sorteo de entre os que figuran no programa correspondente á especialidade á que se opte.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de cento corenta (140) minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

O tribunal cualificará este exercicio valorando, entre outros, os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.1.3. Terceiro exercicio.

Constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo ao nivel do Celga 4 requirido no proceso selectivo.

Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten que posuían o día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Para estes efectos, xunto coa resolución pola que se fan públicas as cualificacións do segundo exercicio a Dirección Xeral da Función Pública publicará, no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, unha listaxe de persoas aspirantes que están exentas de realizar o exame de galego por telo debidamente acreditado no seu expediente electrónico persoal.

As persoas aspirantes que non figuren na devandita listaxe de persoas exentas pero posúan o día da finalización do prazo de presentación de instancias o Celga 4 ou equivalente, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal fai públicas as cualificacións do segundo exercicio, para incorporar a documentación acreditativa de posuír o Celga 4 ou equivalente ao seu expediente electrónico persoal, ao que accederán a través de Fides, do xeito establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15.12.2023).

Este exercicio realizarase nun prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde o remate do exercicio anterior.

II.1.2. Desenvolvemento dos exercicios.

II.1.2.1. A orde de actuación das persoas aspirantes será por orde alfabética e iniciarase por aqueles cuxo primeiro apelido comece pola letra Y, de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 29 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado, en cumprimento do establecido na Resolución da mesma consellería do 18 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 14, do 22 de xaneiro).

II.1.2.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade.

II.1.2.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas pola Dirección Xeral da Función Pública como colaboradoras.

II.1.2.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

II.1.2.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame.

O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

II.1.2.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.

II.1.2.7. Se o tribunal, de oficio, ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes á realización do exercicio, anulase algunha ou algunhas das súas preguntas ou modificase o modelo de corrección de respostas publicarao no DOG. As alegacións contra as preguntas deberán presentarse a través do aplicativo fides (http://fides.xunta.gal).

II.1.2.8. As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes publicaranse no portal web corporativo da Xunta de Galicia xunta.gal/funcion-publica

Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

II.1.2.9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que a persoa aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporalle a súa exclusión do proceso selectivo ao órgano convocante, que publicará a resolución que corresponda.

II.1.2.10. Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará as persoas aspirantes, con anterioridade á realización dos exercicios, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria.

No caso de que o tribunal acorde parámetros para a cualificación do exercicio, en desenvolvemento dos criterios de valoración previstos nesta convocatoria, aqueles difundiranse con anterioridade á realización do exercicio.

II.2. Fase de concurso.

A fase de concurso consistirá na valoración ás persoas aspirantes que superaron a fase de oposición dos seguintes méritos:

a) Antigüidade:

Os servizos serán valorados por meses de 30 días a razón de 0,10 puntos/ mes.

Para estes efectos, calcularase o número total de días correspondentes aos períodos computables, dividirase o resultado entre trinta (30) e multiplicarase o cociente, desprezando os decimais, por 0,10.

Para estes efectos, computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos prestados na Administración pública.

A puntuación máxima por esta epígrafe será de 30 puntos.

b) Formación:

Valoraranse os cursos de formación recibidos, convocados, organizados ou impartidos pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP); polo Instituto Nacional de Administración Pública (INAP); polas escolas oficiais de formación similares das restantes comunidades autónomas; pola Academia Galega de Seguridade Pública; pola Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS); pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS); cursos impartidos no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas; cursos impartidos polas organizacións sindicais que estiveran homologados pola EGAP; cursos acreditados polo SEPE; cursos acreditados polas consellerías da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e polos organismos autónomos e as axencias públicas autonómicas contidos nas alíneas 1 e 2 do apartado a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; cursos impartidos polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e cursos impartidos polas universidades públicas.

Para cada curso de duración igual ou superior a 8 horas lectivas valorarase con 0,01 puntos cada hora de formación, ata un máximo de 1,5 puntos por curso.

Non se valorará:

– A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

– As materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica.

– Os cursos de doutoramento.

– Os módulos ou partes integrantes dun curso.

– Os cursos que formen parte de módulos ou créditos que dean acceso a titulacións académicas oficiais ou convalidables por créditos universitarios.

– Os cursos que formen parte dos procesos de selección de funcionarios.

Para os efectos de puntuación desta epígrafe consideraranse como valorables as probas superadas de avaliación dos programas de autoformación organizadas pola EGAP ao consideralas equivalentes a un aproveitamento polas horas previstas dos correspondentes cursos organizados e impartidos directamente pola EGAP.

A puntuación máxima desta epígrafe é de 6 puntos.

b) Grao de coñecemento do idioma galego:

– Curso de nivel medio de linguaxe administrativa galega, curso de nivel medio de linguaxe administrativa local galega, curso de linguaxe xurídica galega, ciclo superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas ou Celga 5: 2,25 puntos.

– Curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega ou curso de nivel superior de linguaxe xurídica galega: 3 puntos.

En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento do idioma galego, só se computará a puntuación correspondente ao superior.

d) Exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores, ata o máximo de 1 punto:

– Permiso por parto, adopción ou acollemento (artigos 121 e 122 da LEPG): 0,2 puntos/permiso.

– Permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, acollemento ou adopción dun fillo (artigo 124 da LEPG): 0,2 puntos/permiso.

– Redución de xornada do artigo 106.2.a) e b) da LEPG: 0,04 puntos/mes.

– Excedencia por coidado de familiares (artigo 176 da LEPG): 0,04 puntos/mes.

Os meses serán computados por días naturais (30 días).

II.3. Os méritos enumerados na base II.2 deberán referirse á data de finalización da presentación das solicitudes de participación neste proceso e figurarán incorporados ao expediente electrónico persoal na data que se estableza por Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Non se terán en conta os méritos que se acrediten fóra do prazo establecido nesta resolución.

II.4. Rematada a fase de oposición, a Dirección Xeral da Función Pública publicará no DOG a resolución a que se refire o parágrafo anterior, para que as persoas que superaron esta fase e lles falte por incorporar ou acreditar documentalmente algún mérito relativo á fase de concurso no seu expediente electrónico persoal o acheguen a través da canle do emprego público de Galicia (Fides).

As persoas aspirantes que, de acordo co establecido na alínea anterior, teñan que actualizar ou modificar o seu expediente electrónico persoal, actuarán do xeito establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15.12.2023).

II.5. O tribunal procederá á baremación da fase de concurso, coa colaboración técnica que precise do persoal da Dirección Xeral da Función Pública, e publicaraa no DOG, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar unha reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG da devandita baremación.

Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal procederá á publicación no DOG da baremación definitiva da fase de concurso.

II.6. A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuación obtidas nas fases de oposición e na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.

III. Tribunal.

III.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por resolución da consellería competente en materia de función pública, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 59 da LEPG, artigo 60 do TRLEBEP, artigo 152 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, e o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

III.2. As persoas que formen parte do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, no artigo 59.2 da Lei 2/2015 de emprego público de Galicia, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas por Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007 e no acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera destas causas deberá serlle comunicada á Dirección Xeral da Función Pública.

A presidencia deberá solicitarlles ás restantes persoas que formen parte do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor previsto na base III.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos, unha declaración expresa de non atoparse incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar as integrantes do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias referidas no parágrafo primeiro consonte ao establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

III.3. A autoridade convócante publicará no DOG a resolución correspondente pola que se nomeen as novas persoas integrantes do tribunal que substituirán as que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

III.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Nesta sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle corresponda para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

III.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza en todo caso das persoas que ocupen a presidencia e a secretaría, ou de quen as substitúa.

III.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.

III.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta, que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da persoa que ocupe a secretaría e o visto e prace da persoa que ocupe a presidencia, ou quen as substitúa.

III.8. A presidencia do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

As decisións e os acordos que afecten a cualificación e a valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes ás que corresponden os resultados obtidos.

III.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, quen deberá limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terán voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública.

III.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidade gocen de similares condicións para realizar os exercicios que as restantes participantes. Para tal fin estableceranse para as persoas con discapacidade que o soliciten na forma prevista na base I.3 as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

Se durante a realización do proceso selectivo, o tribunal tivese dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo ou escala ao que opta poderá solicitar o ditame do órgano competente.

III.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Para os efectos do previsto neste decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base III.1 implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o devandito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

III.12. O tribunal non poderá propoñer o acceso ao emprego público dun número superior de persoas aprobadas ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito, tendo en conta o previsto na base II.6.

III.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

III.14. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes ao tribunal dirixiranse electronicamente á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela).

IV. Listaxe de persoas aprobadas, presentación de documentación e nomeamento de persoal funcionario de carreira.

IV.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición e na fase de concurso.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes acudirase, por orde, aos seguintes criterios ata que se resolva:

– Puntuacións obtidas nos exercicios da fase de oposición pola súa orde de realización.

– Puntuación outorgada polos méritos alegados na fase de concurso seguindo a orde establecida nas diferentes epígrafes da base II.2.

– Orde alfabética recollida na base II.1.2.1.

– En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.

IV.2. Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a relación de persoas aspirantes que o superaron por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación dos seguintes documentos, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente:

a) Copia auténtica do título esixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá presentar a credencial da súa validación ou homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separada/o nin despedida/o mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo do que foi separada/o ou inhabilitada/o, nin pertencer ao mesmo corpo ou escala, segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria.

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo V a esta convocatoria.

c) Un certificado ou un informe médico sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións. Os certificados ou informes non poderán ter unha data de emisión anterior aos tres (3) meses da súa presentación.

d) As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que superen o proceso selectivo deberán, ademais, acreditar tal condición mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social e Xuventude e, de ser o caso, da Administración correspondente.

A consellería competente en materia de función pública solicitaralle ao órgano competente a documentación que acredite que as persoas aspirantes que accedan por esta cota de reserva reúnen os requisitos de compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.

Poderán autorizarlle á Administración a devandita consulta mediante unha solicitude expresa remitida xunto co resto da documentación.

IV.3. As persoas aspirantes estarán exentas de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento.

IV.4. As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2 non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

IV.5. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos esixidos, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario de carreira mediante unha resolución da consellería competente en materia de función pública que se publicará no DOG e indicará o destino adxudicado.

IV.6. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base IV.1.

Ás persoas aspirantes que superen este proceso selectivo adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo, sempre que figure na relación de postos de traballo aberto á especialidade á que acceden.

No caso de que a persoa aspirante ocupe un posto con carácter definitivo que non estea aberto á especialidade á que acceden, ofertarase na elección de destino unha vacante que poderá ser de nivel superior ao nivel mínimo do subgrupo, no caso de que non haxa vacantes deste nivel.

IV.7. A toma de posesión das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da LEPG.

V. Disposición derradeira.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar un recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de enero de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P. D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Prazas convocadas de promoción interna

Proceso selectivo

Quenda xeral

Cota de discapacidade

Total

Especialidade de enxeñería técnica agrícola

2

-

2

Especialidade técnica de obras públicas

3

-

3

Especialidade de enxeñería técnica forestal

2

-

2

ANEXO II

Titulacións

Proceso selectivo

Titulación

Especialidade de enxeñería técnica agrícola

Enxeñeiro técnico agrícola ou graduado nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro técnico agrícola

Especialidade de enxeñería técnica de obras públicas

Enxeñeiro técnico de obras públicas ou graduado nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro técnico de obras públicas

Especialidade de enxeñería técnica forestal

Enxeñeiro técnico forestal ou graduado nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro técnico forestal

ANEXO III

Programa que rexerá as probas selectivas para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo facultativo de grao medio da Administración
especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,
subgrupo A2, escala de enxeñería técnica, especialidades de enxeñería técnica agrícola, enxeñería técnica de minas e enxeñería técnica forestal

A. Programa da especialidade de enxeñería técnica agrícola.

1. Regulamento (UE) nº 1308/2013 polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios, modificado polo Regulamento (UE) nº 2021/2117 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, que modifica o Regulamento (UE) nº 1308/2013 polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios (agás anexos).

2. Real decreto 95/2019 polo que se establecen as condicións de contratación no sector lácteo e se regula o recoñecemento das organizacións de produtores e das organizacións interprofesionais no sector.

3. Real decreto 1338/2018 polo que se regula o potencial de produción vitícola: completo, agás os anexos.

4. Lei 12/2013 de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. Lei 2/2000 reguladora dos contratos tipo de produtos agroalimentarios.

5. Decreto 125/2014 polo que se regula en Galicia a venda directa dos produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final.

6. Lei 4/2015 de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

7. Real decreto 1098/2001 polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas: só os artigos básicos consonte a disposición derradeira primeira.

8. Real decreto 105/2008 polo que se regula a produción e xestión de refugallos de construción e demolición.

9. Real decreto 1627/1997 polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.

10. Real decreto 9/2015 polo que se regulan as condicións de aplicación da normativa comunitaria en materia de hixiene na produción primaria agrícola.

11. Lei 1/2024, do 11 de xaneiro, da calidade alimentaria de Galicia.

12. Lei 24/2003 da viña e do viño.

13. Regulamento (UE) nº 1169/2011 sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor.

14. Regulamento (UE) nº 1151/2012 sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios, modificado polo Regulamento (UE) nº 2021/2117 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, que modifica o Regulamento (UE) nº 1151/2012, sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios.

15. Regulamento delegado (UE) nº 664/2014 polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1151/2012 no que se refire ao establecemento dos símbolos da Unión para as denominacións de orixe protexidas, as indicacións xeográficas protexidas e as especialidades tradicionais garantidas e no que atinxe a determinadas normas sobre a procedencia, certas normas de procedemento e determinadas disposicións transitorias adicionais. Regulamento de execución (UE) nº 668/2014, que establece as normas de desenvolvemento do Regulamento (UE) nº 1151/2012 sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios: completo, agás os anexos.

16. Decreto 4/2007 polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores.

17. Regulamento (UE) nº 2019/787 sobre a definición, designación, presentación e etiquetaxe das bebidas espirituosas, a utilización dos nomes das bebidas espirituosas na presentación e etiquetaxe doutros produtos alimenticios, a protección das indicacións xeográficas das bebidas espirituosas e a utilización de alcol etílico e destilados de orixe agrícola nas bebidas alcohólicas.

18. Regulamento (UE) nº 2018/848 sobre produción ecolóxica e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos (agás anexos).

19. Código galego de boas prácticas agrarias.

20. Lei 30/2006 de sementes e plantas de viveiro e recursos fitoxenéticos: completa, agás o título V. Real decreto 1054/2021, do 30 de novembro, polo que se establecen e regulan o Rexistro de operadores profesionais de vexetais, as medidas que deben cumprir os operadores profesionais autorizados a expedir pasaportes fitosanitarios e as obrigas dos operadores profesionais de material vexetal de reprodución, e se modifican diversos reais decretos en materia de agricultura

21. Lei 43/2002 de sanidade vexetal.

22. Real decreto 1311/2012 polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios.

23. Decreto 46/2017 polo que se regulan a inscrición e o funcionamento do Rexistro oficial de produtores e operadores de medios de defensa fitosanitaria: completo, agás os anexos.

24. Decreto 60/2014 polo que se regulan as inspeccións periódicas dos equipamentos de aplicación de produtos fitosanitarios e se crea o Comité Fitosanitario Galego: completo, agás os anexos.

25. Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013: título I, II, III e IV (agás anexos).

26. Real decreto 1048/2022, do 27 de decembro, sobre a aplicación, a partir de 2023, das intervencións en forma de pagos directos e o establecemento de requisitos comúns no marco do Plan Estratéxico da Política Agrícola Común, e a regulación da solicitude única do sistema integrado de xestión e control.

27. Real decreto 1045/2022, do 27 de decembro, sobre dereitos de axuda básica á renda para a sustentabilidade da política agrícola común.

28. Real decreto 1049/2022, do 27 de decembro, polo que se establecen as normas para a aplicación da condicionalidade reforzada e da condicionalidade social que deben cumprir as persoas beneficiarias das axudas no marco da política agrícola común que reciban pagos directos, determinados pagos anuais de desenvolvemento rural e do Programa de opcións específicas pola distancia e a insularidade (POSEI).

29. Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013. Títulos I, II, III e IV (agás anexos).

30. Regulamento Delegado (UE) 2022/2527 da Comisión do 17 de outubro de 2022 polo que se derroga o Regulamento Delegado (UE) 807/2014, que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e introduce disposicións transitorias.

31. O Plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027.

32. Real decreto 905/2022, do 25 de outubro, polo que se regula a intervención sectorial vitivinícola no marco do Plan estratéxico da política agrícola común.

33. Decreto 332/1995 polo que se establecen na Comunidade Autónoma de Galicia axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios. Resolución do 2 de decembro de 2021, da subsecretaría, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros, do 30 de novembro de 2021, polo que se aproba o cuadraxésimo terceiro Plan de seguros agrarios combinados.

34. Decreto 200/2012 polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

35. Real decreto 448/2020 sobre caracterización e rexistro da maquinaria agrícola: completo, agás o anexo I, o anexo III, o anexo IV, o anexo V, o anexo VI, o anexo VII, o anexo VIII e o anexo IX.

36. Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural: capítulo I, capítulo II (sección 1ª, sección 2ª e sección 5ª) e capítulo III.

37. Decreto 7/2014 polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria: anexo (título I, título II e título III (capítulo II e capítulo III). Decreto 52/2018 polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos: anexo (capítulo I e capítulo II (sección 4ª).

B. Programa da especialidade de enxeñería técnica de obras públicas.

1. Redes de estradas. Normativa básica estatal de estradas. Normativa básica de estradas de Galicia: Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia. Disposicións xerais, obxecto e concepto de estrada, clasificación, definicións e titularidade.

2. Planificación e proxección, construción, financiamento e explotación de estradas na normativa básica de estradas de Galicia: Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

3. Estudos e planificación técnica de estradas. Estudos de tráfico. Mapas e datos de tráfico. Capacidade, demanda e niveis de servizo. Avaliación de alternativas: rendibilidade socioeconómica, análise multicriterio.

4. Proxectos de estradas. Instrucións para a redacción de proxectos de estradas na Axencia Galega de Infraestruturas.

5. Protección do dominio público viario e réxime sancionador na normativa básica de estradas de Galicia: Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

6. Trazado de estradas: Norma 3.1-IC: Trazado. Orde do 23 de maio de 2019 pola que se regulan os accesos nas estradas de Galicia e nas súas vías de servizo.

7. Xeoloxía e xeotecnia en obras de estradas. Estudos xeotécnicos. Mellora de terreos. Cimentacións. Sostemento de noiros. Muros de contención. Prego de prescricións técnicas xerais para obras de estradas e pontes (PG-3): materiais básicos, explanacións, clasificación dos solos, escavacións e recheos, terminacións, capas granulares de firme, solos estabilizados. Materiais tratados con cemento (solo cemento e grava cemento).

8. Firmes de estradas. Clasificacións e tipoloxías. Métodos de deseño. Norma 6.1-IC: Seccións de firme. Norma 6.3-IC: Rehabilitación de firmes. Prego de prescricións técnicas xerais para obras de estradas e pontes (PG-3): regas bituminosas, mesturas bituminosas, pavimentos de formigón. Mesturas SMA. Firmes reciclados.

9. Drenaxe de estradas: Norma 5.2-IC: Drenaxe superficial. Orde circular 17/2003, de recomendacións para o proxecto e construción da drenaxe subterránea en obras de estradas.

10. Estruturas e obras de paso en estradas de nova construción. Conceptos xerais: definicións, condicionantes de proxecto, materias, tipoloxías, procedementos construtivos, elementos constituíntes, aplicacións concretas. Real decreto 470/2021, do 29 de xuño, polo que se aproba o código estrutural.

11. Sinalización vertical, horizontal e sinalización de obra Instrucións 8.1, 8.2 e 8.3-IC. Sistemas de contención: Orde circular 35/2014, sobre criterios de aplicación en sistemas de contención de vehículos. Instrución 1/2019, do 2 de abril, pola que se valida o documento de recomendacións de sistemas de contención de vehículos en estradas de características reducidas (Resiscon). Redutores de velocidade e bandas de alerta. Elementos de balizamento.

12. Conservación ordinaria e extraordinaria de estradas. Organización e xestión. Vixilancia periódica, inspeccións programadas e inspeccións especiais. Inspeccións de obras de paso. Auscultación de firmes: fichas e patoloxías. Bancos de datos e inventarios de estradas.

13. Seguridade viaria: problemáticas, indicadores e medidas de mellora. Plan de seguridade viaria de Galicia. Real decreto 345/2011, do 11 de marzo, sobre xestión da seguridade das infraestruturas viarias. Melloras de seguridade viaria en estradas interurbanas.

14. Marco legal do sector do transporte: Lei 16/1987, de ordenación dos transportes terrestres, e as súas modificacións. Lei 38/2015, do sector ferroviario e o seu desenvolvemento regulamentario.

15. Transporte de viaxeiros: características, repartición modal e evolución. Transporte de viaxeiros por estrada no ámbito metropolitano e interurbano. Plan de transporte público de Galicia. Estacións de autobuses e estacións intermodais de viaxeiros.

16. Mobilidade sustentable. Instrución 3/21, do 25 de marzo, da Axencia Galega de Infraestruturas, para o deseño de sendas peonís e ciclistas. Accesibilidade: Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade e o seu regulamento de desenvolvemento.

17. Transporte de mercadorías: características, repartición modal e evolución. Conceptos xerais de intermodalidade no transporte de mercadorías. Centros loxísticos e portos secos. Rede transeuropea de transporte (RTE-T): conceptos xerais e regulación europea.

18. Marco legal para a xestión ambiental: Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade. Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia. Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000. Lei 5/2019, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

19. Marco internacional sobre o ambiente: organismos e convenios internacionais. Principais directivas europeas en materia ambiental. Directiva sobre a avaliación dos efectos de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente. Directiva relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente. Axenda 2030: Obxectivos de desenvolvemento sustentable.

20. Marco legal sobre patrimonio cultural en Galicia: Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, e o seu desenvolvemento normativo. Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, e o seu desenvolvemento normativo. Directrices da paisaxe de Galicia.

21. Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e o seu desenvolvemento regulamentario.

Bens de dominio público marítimo-terrestre: clasificación, definicións e o seu réxime de utilización. Limitacións de propiedade sobre os terreos contiguos á ribeira do mar. Réxime de competencias das distintas administracións. Decreto 97/2019, do 18 de xullo, polo que se regulan as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

22. Marco legal da expropiación forzosa: Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa; Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa. Expropiación forzosa: principios xerais. Procedemento xeral. Procedementos específicos. Procedemento de urxencia segundo o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Garantías xurisdicionais. Dereito de reversión.

23. Os proxectos de obras. A súa autorización. Servizos afectados. Anteproxectos e estudos previos. Estrutura do proxecto. Pregos de cláusulas administrativas: xerais e particulares. As normas técnicas e os pregos de condicións técnicas. A implantación.

24. A execución do contrato de obra. Réxime de relacións co contratista. Programación de actividades de obra. Control e seguimento do traballo. Certificacións e relacións valoradas. Modificación de contratos. Recepción de obras e medición final.

25. Seguridade e saúde en construción e obras públicas. Lei 31/95, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Real decreto 1627/1997, de disposicións mínimas de seguridade e saúde en obras de construción. Outras disposicións vixentes en materia de seguridade e saúde laboral.

26. Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia. Xestión de residuos en obra. Utilización de residuos en obra pública. Vixilancia ambiental de obras.

27. Sistemas de aseguramento da calidade en obras. Normativa técnica. Control de calidade nos pregos de condicións. Control de materiais e de execución: xeométrico, cualitativo, cuantitativo. Ensaios de recepción e probas finais. Ferramentas tecnolóxicas de control en construción e explotación: Sistemas LIDAR, sistemas de información xeográfica, uso de drons (UAV), Building Information Modelling (BIM), sistemas SCADA de operación e control remoto.

28. Organización portuaria estatal: marco legal. Portos do Estado. Administración portuaria en Galicia: Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento regulamentario. Ente público Portos de Galicia. Recomendacións obras marítimas: serie 0: ROM 0.0-01 e ROM 0.5-05.

29. Obras portuarias exteriores. Diques de abrigo, criterios de selección e deseño, métodos construtivos. Atracadas e instalacións non abrigadas. Estudos económicos. Recomendacións obras marítimas: serie 1: ROM 1.0-09 e ROM 1.1-18.

30. Obras portuarias interiores: obras de atracada, tipoloxía, criterios de deseño. Dragaxes, recheos e pavimentacións. Equipamentos de carga, descarga e manipulación de mercadorías: criterios de selección. Recomendacións obras marítimas serie 2: ROM 2.0-11 e serie 4: ROM 4.1-18.

31. Enxeñaría de costas: dinámica litoral. Actuacións de defensa e rexeneración de costas e praias: criterios de deseño.

32. Administración pública da auga. Repartición competencial. Marco lexislativo estatal: Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas. Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico.

33. Marco lexislativo autonómico: Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e o seu desenvolvemento regulamentario.

34. Planificación hidrolóxica. Marco legal: Real decreto 927/1988 polo que se aproba o regulamento de administración pública da auga, Real decreto 907/2007 polo que se aproba o Regulamento da planificación Hidrolóxica. Decreto 1/2015 polo que se aproba o Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia e se regulan determinadas cuestións en desenvolvemento da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. O proceso de planificación hidrolóxica. Contido dos plans hidrolóxicos de bacía. Lei 10/2001, do 5 de xullo, do Plan hidrolóxico nacional. O Plan hidrolóxico nacional. Plans hidrolóxicos en Galicia. O Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica Galicia-Costa.

35. Inundacións e secas. Directiva 2007/60/CE e Real decreto 903/2010, de avaliación e xestión do risco de inundacións. Lei 9/2019, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Plans de xestión de risco de inundación (PXRI). PXRI de Galicia-Costa.

36. Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario. Plans especiais de seca. Plan de seca da demarcación hidrográfica Galicia-Costa. Previsión e cálculo de máximas crecidas. Sistemas de alerta temperá. Medidas de prevención, mitigación, protección e corrección. Caracterización das secas, indicadores e medidas.

37. Recursos hídricos superficiais e subterráneos. Ciclo hidrolóxico. Avaliación de recursos en réxime natural, recursos dispoñibles. Caudais ecolóxicos. Demandas. Balances hídricos. Modelos de optimización e simulación de recursos. Características xerais do balance hídrico nacional, de Galicia e da demarcación hidrográfica Galicia-Costa (DHGC). Principais características das augas superficiais e subterráneas da DHGC. Control de caudais superficiais e subterráneos: redes oficiais.

38. Usos comúns e privativos da auga. Réxime concesional e o seu procedemento. Rexistro de augas. Comunidades de usuarios. Concesións para abastecemento de poboacións. Sistemas de abastecemento á poboación, normativa e criterios de deseño: captacións, estacións de tratamento de auga potable, depósitos e redes de distribución.

39. Concesións para rega. Comunidades de regantes. Concesións para aproveitamentos hidroeléctricos. Presas e balsas: tipoloxías, construción, auscultación, explotación e conservación. Seguridade de presas e encoros. Control e seguimento de caudais ecolóxicos.

40. A protección do dominio público hidráulico e a calidade das augas. Verteduras ao dominio público hidráulico e verteduras mariñas na demarcación hidrográfica Galicia-Costa. Autorizacións de vertedura. Sistemas de saneamento e depuración de augas residuais urbanas, normativa e criterios de deseño: redes de saneamento, bombeos e tanques de retención, estacións depuradoras de augas residuais urbanas, conducións de desaugamento e emisarios. Técnicas de drenaxe urbana sostible. Reutilización de augas depuradas.

41. Autorizacións no dominio público hidráulico, nas zonas de servidume e na zona de policía. Limitacións nas zonas inundables. Actuacións menores de mantemento e conservación. Obras fluviais, normativa e criterios de deseño: protección, corrección e regularización de leitos; canalizacións; obras de defensa de poboacións; restauración de ríos e técnicas de enxeñería biolóxica.

42. Ordenación do territorio en Galicia. Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia. Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as directrices de ordenación do territorio.

43. Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia. Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia.

C. Programa da especialidade de enxeñería técnica forestal.

1. A Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

2. Ocupación das principais formacións específicas en Galicia. Existencias. Volumes e taxas de aproveitamento anual para as principais especies forestais en Galicia. Tendencias de ocupación e existencias entre inventarios. Desagregación de datos por provincias.

3. Principais datos de estatística forestal en Galicia: superficie ocupada polos montes públicos, montes veciñais en man común, montes de varas e montes de particulares. Superficies medias. Número de comunidades de montes veciñais en man común e persoas comuneiras. Situación estatutaria e mancomunidades. Desagregación de datos por provincias.

4. Lei 7/2012, de montes de Galicia: concepto de monte. Definicións. Competencias da Administración local, autonómica e estatal. O Consello Forestal de Galicia. Decreto polo que se desenvolve o Consello Forestal de Galicia. Outras mesas sectoriais.

5. Montes protectores. O catálogo de montes de utilidade pública. Xestión dos montes públicos e o seu deslindamento.

6. Montes privados e a súa xestión. Montes veciñais en man común (MVMC). Montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo e a súa regulación.

7. Lei de montes veciñais en man común en Galicia e o seu regulamento. Deslindamento dos montes veciñais en man común. Adquisición de terreos. Reinvestimentos dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal.

8. O Plan forestal de Galicia. Obxectivos estratéxicos e programáticos. Principais medidas e programas. Horizonte temporal e orzamento asignado. Procedementos de revisión. Os plans de ordenación dos recursos forestais.

9. Instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia. Os instrumentos de ordenación e xestión forestal en Galicia. Aprobación e rexistro.

10. Certificación forestal: orixe e consecuencias. Principais sistemas de certificación forestal: PEFC e FSC. Certificación da xestión forestal. Certificación da cadea de custodia. Superficie certificada en España e Galicia.

11. Regulación dos aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada.

12. Regulación dos aproveitamentos madeireiros en montes en xestión pola Comunidade Autónoma en Galicia. Decretos e ordes de desenvolvemento. Principais especies e volume anual aproveitado en montes de xestión pública en Galicia. A regulación dos servizos do monte en Galicia.

13. Modelos silvícolas de aplicación para as principais especies de coníferas e frondosas perennifolias en Galicia.

14. Modelos silvícolas de aplicación para as principais especies de frondosas caducifolias en Galicia. Outros modelos de xestión forestal. Regulación das masas consolidadas de frondosas autóctonas en Galicia.

15. FLEGT e Regulamento EUTR nº 995/2010. Real decreto 1088/2015. O Rexistro de empresas forestais de Galicia (Resfor). Divisións e comunicacións anuais.

16. Reais decretos de regulación sobre a comercialización dos materiais forestais de reprodución en España. Pasaporte fitosanitario.

17. Sanidade forestal: principais enfermidades e pragas forestais en Galicia.

18. A política agraria comunitaria (PAC): o Feaga e o Feader. Consideracións xerais e aplicación ao sector forestal. O Plan galego de controis Feader non SIXC.

19. O plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 (PEPAC).

20. Convenios, consorcios e novos contratos temporais de xestión pública. O Fondo de Melloras Forestal. Superficie de montes baixo este tipo de figuras en Galicia. Desagregación de datos por provincias.

21. Agrupacións forestais de xestión conxunta. Tipoloxía e principais características. Rexistro administrativo. Regulación e rexistro da figura do silvicultor activo. Superficie inscrita en Galicia de agrupacións e silvicultores activos.

22. Condicións legais que deben cumprir as repoboacións forestais. Distancias de repoboación. O réxime sancionador en materia de montes de Galicia.

23. Lexislación en materia de recuperación da terra agraria en Galicia.

24. O sector forestal e a súa contribución á produción final agraria en Galicia. Axudas sectoriais. A industria forestal: problemática, evolución e perspectivas. Estrutura de produción. Industria da serra, do taboleiro, da pasta, principais procesos de produción. Comercialización. A Axencia Galega da Industria Forestal.

25. A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

26.O Pladiga.

27. O lume. O lume como factor ecolóxico. O incendio forestal. Variables que o caracterizan. Factores que interveñen no seu comportamento. Modelos de combustible. Consecuencias económicas, sociais e ambientais. Valoración de danos e perdas.

28. Sistemas de detección e vixilancia de incendios forestais. Índices de risco. As comunicacións na extinción de incendios forestais de Galicia.

29. Extinción de incendios forestais. Sistemas de predición. Técnicas de extinción, primeiro ataque e ataque ampliado, o contralume. Retardantes.

30. Os grandes incendios forestais (GIF). Definición e estatísticas. O Sistema de manexo de emerxencias (ICS). O método de xestión operativa e mando (GOM).

31. Os incendios en interface urbana forestal. Situacións operativas. A integración nos plans de protección civil para emerxencias por incendios forestais. A Directriz básica de planificación de protección civil de emerxencias por incendios forestais. O Peifoga.

32. As queimas prescritas. Protocolo. A ventá de actuación. O plan de queima.

33. A prevención de incendios forestais: accións sobre o territorio e sobre a poboación. O convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

34. Medios aéreos de extinción de incendios forestais. Tipos de aeronaves. A coordinación de medios aéreos.

35. A maquinaria empregada na prevención e na extinción de incendios forestais. Tipos de máquinas empregadas en Galicia. Tipos de traballos. Rendementos.

36. Restauración en zonas afectadas por grandes incendios. Técnicas e custos. Índices de severidade.

37. A investigación de causas de incendios forestais. O método das evidencias físicas. Determinación de situacións de risco.

38. A seguridade na extinción de incendios forestais. Análise de riscos, normas, protocolos e recomendacións. Equipos de protección individual.

39. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en materia forestal e de conservación da natureza. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: a súa estrutura orgánica e funcional.

40. Conservación da biodiversidade no ámbito internacional e comunitario. A biodiversidade nas políticas de mitigación e adaptación ao cambio climático. Estratexia española do patrimonio natural e da biodiversidade. Principais causas da perda da biodiversidade. A xestión das especies exóticas invasoras.

41. Os espazos naturais protexidos. Clasificación segundo o réxime de protección internacional, comunitario, nacional e autonómico. Instrumentos de planificación dos espazos naturais protexidos en Galicia. Procedemento de declaración e a xestión dos espazos naturais protexidos en Galicia. A Rede Natura 2000 en Galicia, principais taxons e hábitats representados. Plan director da Rede Natura 2000.

42. Ecosistemas: poboación. Produción. Explotación. Parámetros enerxéticos. Pirámides tróficas e enerxéticas. Relacións interespecíficas. Relación medio-individuo. Sucesións. Estratificación. Accións e reaccións. Simulación ecolóxica. Ecosistemas de Galicia.

43. A protección da fauna e da flora. Normativa específica. Os catálogos e rexistros de fauna e flora. Os endemismos galegos. Catálogo galego de especies ameazadas. Catálogo galego de árbores senlleiras.

44. Xestión cinexética. A Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia. Os plans de ordenación dos recursos cinexéticos. As especies cinexéticas de Galicia. Técnicas e procedementos de ordenación cinexética. Repoboacións cinexéticas. Mellora dos hábitats. Granxas cinexéticas: peculiaridades construtivas, normativa de aplicación, situación en Galicia.

45. Técnicas de protección e fomento das poboacións piscícolas. Conservación e mellora do hábitat fluvial. Bases técnicas das principais infraestruturas: capturadoiros, centros ictioxénicos, canles de desova e cría. As repoboacións piscícolas: xustificación e técnicas.

46. A avaliación ambiental: Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

47. A metodoloxía técnica de avaliación ambiental. Deseño de medidas protectoras e correctoras. Avaliación ambiental de plans, programas e proxectos con potencial afección sobre os espazos da Rede Natura 2000. Medidas compensatorias.

48. Acceso á información en materia de ambiente: Convenio de Aarhus. A participación na xestión ambiental. Normativa da Unión Europea. A información ambiental en España. A Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente. O Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable.

49. A educación ambiental. Concepto, principios básicos e instrumentos para a educación ambiental. Interpretación do patrimonio ambiental. O CENEAM e o CEIDA: obxectivos e programas de traballo. O Observatorio Galego de Educación Ambiental.

ANEXO IV

(Nome e apelidos aspirante).................................................................................., con domicilio en..................................................................................................................., con NIF/NIE/pasaporte......................................., declara, para os efectos de ser nomeado/a persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñería técnica, especialidade de........................................................., que non foi despedida/o nin separada/o mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública ou órgano constitucional ou estatutario das comunidades autónomas, nin se atopa en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial para o acceso ao devandito corpo ou escala.

................................., ................de................... de 202...

ANEXO V

(Nome e apelidos aspirante)..................................................................................., con domicilio en.............................................................................................................., con NIF/NIE/pasaporte..................................................., declara, para os efectos de ser nomeada/o persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñería técnica, especialidade de......................................., que non se atopa inhabilitada/o ou en situación equivalente nin foi sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de , nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

(país e localidade)......................................., de........ de 202...