DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2024 Páx. 8895

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 20 de decembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento ED481D e IN606C).

A finalidade desta convocatoria é posibilitar a continuación da formación das doutoras e doutores que comezaron a súa formación posdoutoral, posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria.

Trátase de continuar a formación dos doutores e doutoras que obtiveron unha axuda para a súa formación inicial na convocatoria de axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral do ano 2021. Así mesmo, preténdese a continuación da carreira investigadora do persoal investigador da convocatoria do ano 2019 que tivo unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei, que finalizou o contrato e que non participou na convocatoria de 2023.

O 8 de abril de 2022, o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo mediante o cal se aprobou a Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, que define o marco para as políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma para este período, así como o Plan de investigación e innovación de Galicia 2022-2024, que concreta desde un punto de vista operativo este marco estratéxico.

A RIS3, no período 2021-2027, aborda a través da I+D+i tres grandes retos da economía e a sociedade galega. Para darlles resposta, por unha banda, a estratexia orienta as capacidades e esforzos de investigación e innovación en Galicia cara a tres prioridades temáticas transversais, e pola outra, reforza e impulsa o ecosistema galego de innovación a través de cinco obxectivos estratéxicos, arredor dos que articula os instrumentos e actuacións que se van desenvolver integrados nos correspondentes programas.

Os instrumentos, apoios e actuacións que se desenvolven no marco da RIS3 en relación con cada obxectivo estratéxico recóllense nos correspondentes programas. Estes instrumentos poden ser horizontais en relación cos retos e prioridades da RIS3. O obxectivo estratéxico 4 aposta polas persoas como activo principal para abordar as prioridades de especialización de Galicia, xerando, retendo e atraendo talento en igualdade. Esta convocatoria potenciará as traxectorias de investigación vinculadas aos retos e prioridades definidos na estratexia.

En consecuencia, a presente convocatoria enmárcase na RIS3 respondendo aos tres retos e ás tres prioridades. Ten como obxectivo estratéxico desenvolver o talento das persoas (obxectivo estratéxico 4), capacitando as persoas nos ámbitos de prioridade de futuro, integrándose, polo tanto, no programa Persoas.

De acordo coa Lei 13/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposición legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, para garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación, nesta convocatoria introdúcense mecanismos correctores e obxectivos para evitar a discriminación e/ou penalización das mulleres, e tamén dos homes, en casos de maternidade, paternidade, garda con fins de adopción ou acollemento, risco durante o embarazo e/ou lactación e incapacidade temporal asociada ao embarazo ou por razóns de violencia de xénero ou calquera tipo de acoso.

De acordo coa modificación da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, inclúese unha axuda que permite cubrir o custo da indemnización por expiración do tempo convido do contrato laboral que asinen coas entidades beneficiarias as persoas seleccionadas ao abeiro desta convocatoria.

Co fin de harmonizar o exercicio das competencias que en materia de I+D+i teñen atribuídas a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía, Industria e Innovación, e na procura de sinerxías, considérase de interese a realización de convocatorias conxuntas que axuden a consolidar un sistema de I+D+i suficientemente sólido como para garantir o desenvolvemento social e a competitividade económica.

Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, para o que existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, aprobados polo Parlamento de Galicia.

Atendendo a estas consideracións xerais e en virtude das súas competencias, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Consellería de Economía, Industria e Innovación convocan as axudas para completar a etapa de formación posdoutoral para o ano 2024.

En consecuencia, e no uso das atribucións que temos conferidas,

ACORDAMOS:

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

1. Esta orde establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación, para completar a etapa de formación posdoutoral e procede á súa convocatoria (códigos de procedemento ED481D e IN606C).

2. O obxecto desta convocatoria é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para completar a etapa de formación posdoutoral.

3. A finalidade é darlle continuidade á súa carreira investigadora, posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria a través dun contrato de tres anos de duración e unha axuda complementaria para o establecemento da liña de investigación.

Artigo 2. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia sempre que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato laboral de duración determinada con dedicación a tempo completo, de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á dita entidade.

2. Poderán acceder a estas axudas os organismos e entidades sinaladas no parágrafo anterior que presenten como candidatas persoas co grao de doutor que se atopen na data de peche da convocatoria nalgún dos seguintes supostos:

a) Que estivesen contratadas na convocatoria de axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral de 2021 e que non renunciasen ao contrato.

b) Que estivesen contratadas a través da modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2019, que tiveron unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei, que finalizaron o contrato e que non se presentaron á convocatoria de axudas para completar a etapa de formación posdoutoral de 2023.

3. As persoas investigadoras que tiveron ou teñan unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei ou que non rematasen o seu contrato antes da data do 1 de xullo de 2024 poderán optar entre participar nesta convocatoria ou na do ano 2025, de ser convocada. A participación nesta convocatoria impide participar na do ano 2025, de ser convocada.

4. O contrato deberá desenvolverse na mesma entidade e pola mesma área en que a persoa contratada desenvolveu o seu contrato da etapa inicial de formación posdoutoral. Non se autorizarán cambios de praza e área durante a vixencia do contrato, agás por circunstancias sobrevidas de forza maior.

Artigo 3. Número, duración e importe das axudas

Convócanse 23 axudas (20 para as universidades do SUG e 3 no resto de entidades beneficiarias), dun máximo de tres anos, que se desenvolverán nas datas que se indiquen na resolución de adxudicación, que terá que ser a partir do 1 de xullo de 2024 ata a data que corresponda segundo a sinatura dos contratos das persoas seleccionadas, por un importe total máximo de 49.000 euros anuais cada unha delas, de acordo coa seguinte desagregación:

a) Un total de 38.000 euros anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual e o pagamento dos custos sociais.

b) Unha axuda complementaria por cada persoa contratada para o establecemento dunha liña propia de investigación coa seguinte desagregación por anualidades: 5.000 euros no ano 2024, 10.000 euros no 2025, 10.000 euros no 2026 e 5.000 euros no 2027.

Para que estes contratos sexan financiables será preciso que as persoas contratadas permanezan un mínimo de tres meses no programa.

c) Un complemento a cada unha das entidades beneficiarias que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.

d) En aplicación do artigo 22.1, letra g) da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, á finalización do contrato por expiración do tempo convido, a persoa traballadora terá dereito a percibir unha indemnización de contía equivalente á prevista para os contratos de duración determinada no artigo 49 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores. Para cubrir o custo da indemnización ao remate do contrato, incluirase unha axuda total de 3.800,00 euros.

Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior á estipulada, deberá achegar a diferenza.

En ningún caso lle serán exixibles á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou á Axencia Galega de Innovación máis obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.

Artigo 4. Conceptos subvencionables

1. Os importes das axudas só poderán ir destinados ao financiamento das actividades necesarias para o desenvolvemento desta convocatoria.

Os gastos que se consideran elixibles, asociados á creación dunha liña de investigación propia, son os seguintes:

a) Custo de contratación de persoal investigador ou auxiliar. Custo de contratación de persoal investigador ou auxiliar de investigación sempre que non estean vinculados funcionarial ou estatutariamente coa entidade que o contrate. Esta contratación non creará ningún compromiso en canto á súa posterior incorporación á entidade beneficiaria. Inclúese o custo de persoal dedicado de xeito específico ás funcións de xestión, así como o cofinanciamento das persoas contratadas ao abeiro de convocatorias competitivas dos programas estatais de recursos humanos.

b) Pequeno equipamento inventariable e material funxible.

c) Material bibliográfico, cotas de coloquios e congresos e adhesión a sociedades científicas. Non se considerarán elixibles os gastos derivados da realización de publicacións científicas.

d) Viaxes e axudas de custo para a actividade obxecto da axuda, sempre que a contía non exceda o 20 % da axuda debidamente xustificada.

e) Ferramentas de xestión do coñecemento e a información, tales como aplicacións informáticas, bases de datos, etc.

f) Gastos de servizos tecnolóxicos externos.

g) Custos indirectos ou gastos xerais que regulamentariamente exixen as entidades á persoa contratada, que non superarán o 20 % da axuda debidamente xustificada.

2. No caso de modificacións nos gastos elixibles da liña de investigación propia:

a) Cando non se altere o importe total anual da axuda e sempre que estes cambios non atinxan ás epígrafes d) e g) do punto 1 deste artigo, soamente será obrigatorio que as entidades beneficiarias remitan un breve informe destes cambios.

b) Para o resto dos casos será precisa a petición de modificación dos orzamentos.

En calquera dos supostos citados nos puntos anteriores, a entidades beneficiarias deberán presentar a documentación correspondente ante a Secretaría Xeral de Universidades ou a Axencia Galega de Innovación, segundo corresponda, de acordo co establecido no artigo 8 destas bases.

Artigo 5. Forma e lugar de presentación de solicitudes

1. As entidades solicitantes presentarán as solicitudes de maneira individualizada para cada unha das persoas candidatas propostas. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados ED481D (anexo I), no caso das universidades do SUG, e IN606C (anexo I bis) no caso das demais entidades, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG).

4. Cada persoa soamente poderá ser presentada como candidata por unha única entidade beneficiaria e sempre e cando cumpra os requisitos exixidos.

5. De presentarse máis dunha solicitude da mesma entidade para unha mesma persoa candidata terase en conta a última solicitude presentada e considerarase que se desiste das outras.

Artigo 6. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. Con cada solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Declaración responsable da persoa candidata a ser destinataria da axuda segundo o anexo II, en que se fagan constar os seguintes aspectos:

– Que acepta ser presentada como candidata ás axudas, indicando que se presenta por unha única entidade solicitante no ámbito desta convocatoria.

– A rama de coñecemento e a área temática ás cales se adscribe.

– A declaración opcional do compromiso de utilizar a lingua galega na memoria final da actividade, para os casos de desempate.

b) Documento asinado pola persoa responsable ou coordinadora do grupo de investigación ou equivalente en que acepta a persoa candidata a ser destinataria da axuda no seo do equipo de traballo. O arquivo denominarase Anexo III.

c) Documento asinado pola persoa directora do departamento, unidade de traballo ou equivalente, en que manifesta a súa conformidade para a integración no seu departamento, unidade de traballo ou equivalente da persoa candidata a ser destinataria da axuda. O arquivo denominarase Anexo IV.

d) Plan de traballo das actividades académico-investigadoras que propón realizar durante o período de contrato, con especial referencia á liña propia de investigación que se pretende establecer e ao seu orzamento, cunha extensión de 1.200-2.000 palabras e asinado pola persoa candidata. O arquivo denominarase Plan de traballo.

e) Currículo (CV) da persoa candidata a ser destinataria da axuda, preferentemente no modelo da páxina web https://cvn.fecyt.es/. O arquivo denominarase Currículo (CV).

Para os efectos do proceso de avaliación, só se terá en conta a información contida no CV na data de peche do prazo de presentación de solicitudes. Non será posible a actualización posterior da información contida nel. No caso de que se solicite aclaración ou emenda, a información que se achegue deberá referirse, como máximo, á data de peche do prazo de presentación de solicitudes.

f) Un arquivo pdf precedido dun índice en que, en relación co CV citado no punto anterior, se acheguen os documentos dos méritos que se queiran alegar, así como os enlaces ás publicacións ou documentos científico-técnicos, contribucións a congresos ou calquera outra cuestión que se considere oportuna. Para os efectos do proceso de avaliación, soamente se valorará aquela información indicada no CV que teña correspondencia cos documentos ou enlaces achegados neste arquivo. O arquivo denominarase Índice-méritos.

Durante calquera momento do procedemento a Secretaría Xeral de Universidades ou a Axencia Galega de Innovación, segundo corresponda, poderán solicitar ás entidades beneficiarias os comprobantes dos méritos alegados.

g) Memoria asinada pola persoa candidata relativa á actividade investigadora desenvolvida nos anos que foi contratada na etapa inicial de formación posdoutoral, cunha extensión de 2.000-3.000 palabras. Nesta memoria deberase facer fincapé expreso nos seguintes aspectos:

g.1. Achegas en forma de artigos orixinais, libros ou capítulos de libro, sobre todo naquelas achegas en que a persoa candidata sexa responsable do traballo ou principal executora. Deberase facer unha breve recensión (de non máis de 500 palabras) da relevancia das achegas deste punto.

g.2. Actividade da persoa candidata no seo de grupos de investigación, liñas de traballo e/ou obtención de financiamento en convocatorias públicas competitivas das administracións públicas ou de entidades privadas sen ánimo de lucro, sinalando, ademais, o seu grao de participación nestas accións.

g.3. Patentes rexistradas, indicando as que están en explotación, e destacando especialmente a extensión da protección da patente nacional, europea ou polo Tratado de cooperación de patentes (PCT).

g.4. Actividade formativa da persoa candidata, especialmente a relacionada coa formación de doutoras e doutores e a dirección de teses de doutoramento.

O arquivo denominarase Memoria.

h) Certificado da entidade solicitante en que se faga constar que a persoa candidata foi contratada ao abeiro do programa de formación posdoutoral da convocatoria de 2021 e que non renunciou ao contrato antes da data de finalización prevista; ou que foi contratada a través da modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2019, que tivo unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei, que finalizou o contrato e que non se presentou á convocatoria de axudas para completar a etapa de formación posdoutoral de 2023.

O arquivo denominarase Certificado contrato.

i) Documentación que acredite os permisos de maternidade, paternidade, garda con fins de adopción ou acollemento, risco durante o embarazo e/ou lactación e incapacidade temporal asociada ao embarazo ou por razóns de violencia de xénero ou calquera tipo de acoso no período comprendido entre os 5 anos anteriores á data de lectura da tese e a data de peche de presentación de solicitudes, das causas que se indican no artigo 11.3, de ser o caso, para a aplicación do factor corrector. O arquivo ou carpeta comprimida denominarase Permisos.

Para os efectos de control, as entidades convocantes poderán requirir a documentación complementaria que consideren necesaria para o desenvolvemento das axudas.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Para todos os documentos que precisen ser asinados será necesaria a sinatura electrónica con certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados dos documentos que deban asinar os representantes das entidades solicitantes e as persoas candidatas propostas.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 7. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes dous procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa candidata á axuda.

c) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria referido á entidade solicitante.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social referido á entidade solicitante.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Axencia Tributaria de Galicia referido á entidade solicitante.

f) Informe de vida laboral da persoa candidata.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio, ou no recadro correspondente do anexo II, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as entidades solicitantes deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da entidade solicitante dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Obrigatoriamente faranse a través dos procedementos ED481D ou IN606C e por cada expediente.

Artigo 9. Instrución do procedemento

1. A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Secretaría Xeral de Universidades para as solicitudes presentadas por unha universidade do SUG e á Axencia Galega de Innovación para as restantes solicitudes.

2. Para este fin comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e exporán a lista de solicitudes admitidas e excluídas sinalando, se é o caso, as causas da exclusión, na internet nos enderezos www.edu.xunta.gal (na epígrafe da Secretaría Xeral de Universidades) e http://gain.xunta.gal

3. Estas listas estarán expostas por un período de 10 días naturais e durante este prazo as entidades solicitantes poderán formular reclamacións para emendar erros ou falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades, no caso das universidades do SUG, ou ante a dirección da Axencia Galega de Innovación, nos demais casos, para o cal presentarán a documentación oportuna. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas da exclusión, considerarase que a entidade solicitante desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse a entidade solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución dos procedementos.

4. Unha vez transcorrido o prazo para as emendas ou alegacións, as persoas titulares da Secretaría Xeral de Universidades e da dirección da Axencia Galega de Innovación ditarán unha resolución pola que se aproban as listas definitivas das solicitudes admitidas e excluídas, que se publicarán na internet nos enderezos http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal

5. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no caso de solicitudes do SUG, ou ante a Presidencia da Axencia Galega de Innovación, nos demais casos, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6. Non axustarse aos termos desta convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada, será causa de inadmisión da solicitude presentada, con independencia de que se poidan acordar outro tipo de actuacións.

7. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

Artigo 10. Criterios de valoración

1. Os criterios e o baremo que rexerán no proceso de avaliación e selección serán os seguintes:

Criterio

Puntuación máx.

1. Plan de traballo que a persoa candidata propón realizar durante o período de contrato.

40

2. CV da persoa candidata, indicando as melloras durante o programa posdoutoral.

30

3. Capacidade da persoa para liderar unha liña de investigación: potencialidade da persoa candidata para o liderado de grupos de investigación, establecemento dunha liña propia de traballo e obtención de financiamento en convocatorias públicas competitivas.

30

2. Para garantir a calidade das propostas presentadas será preciso obter unha puntuación igual ou superior a 75 puntos para poder obter a axuda.

Artigo 11. Avaliación e selección

1. A avaliación e selección realizarase, para cada rama de coñecemento e área temática sinaladas nas solicitudes, segundo as valoracións feitas por un equipo avaliador que estará formado por persoas expertas de fóra do SUG, que poderá contar coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e a partir da documentación indicada no artigo 6.

2. O equipo avaliador outorgará a puntuación correspondente a cada persoa candidata de acordo cos criterios que se recollen no artigo 10 e será preciso obter unha puntuación igual ou superior a 75 puntos para obter a axuda.

3. Co fin de dar cumprimento á Lei 13/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposición legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e para garantir a igualdade real entre mulleres e homes, e en aplicación do artigo 2.c) (20.bis) desa disposición, no caso das persoas candidatas que acrediten que desfrutaron de permisos de maternidade, paternidade, garda con fins de adopción ou acollemento, risco durante o embarazo e/ou lactación e incapacidade temporal asociada ao embarazo ou por razóns de violencia de xénero ou calquera tipo de acoso no período comprendido entre os cinco anos anteriores á data de lectura da tese e a data de peche de presentación de solicitudes, a puntuación obtida na avaliación incrementarase co resultado de aplicar o seguinte factor de corrección á puntuación obtida no criterio 2 do artigo 10.1, que é o que recolle os méritos de investigación das persoas candidatas, tomando como ano de inicio de cómputo para os efectos desta orde cinco anos antes da data de defensa da tese de doutoramento:

(b/a)*puntuación obtida no criterio 2 do artigo 10.1

Onde:

a) Período de actividade investigadora: medirase tendo en conta o período comprendido entre os cinco anos anteriores á data de lectura da tese de doutoramento e o momento de peche da convocatoria, expresado en meses e redondeando á alza as fraccións do último mes incompleto.

b) Período de inactividade investigadora: será a suma dos períodos dos permisos e/ou da incapacidade temporal que se acrediten polos motivos descritos neste artigo. O número de meses de inactividade será o resultado de dividir o número de días destes períodos entre 30, redondeando á alza a última fracción de mes incompleto.

4. Os resultados desta avaliación faranse chegar á Comisión de Selección, que elaborará un informe para os órganos instrutores en función dos criterios establecidos nesta convocatoria e da dispoñibilidade de recursos.

5. A Comisión de Selección estará constituída por cinco membros:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Secretaría Xeral de Universidades ou persoa en quen delegue, ou a persoa titular da Dirección da Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación ou persoa en quen delegue, que actuará como presidenta ou presidente da Comisión.

Serán vogais da Comisión:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Universidades da Secretaría Xeral de Universidades, ou persoa en quen delegue.

– Unha directora ou un director de área da Axencia Galega de Innovación ou persoa en quen delegue.

– Unha xefa ou un xefe de servizo da Secretaría Xeral de Universidades.

– Unha xefa ou un xefe de servizo da Secretaría Xeral de Universidades, que actuará como secretaria ou secretario da comisión.

6. No informe da Comisión de Selección figurarán de xeito individualizado as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas, e especificarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios establecidos no artigo 10.

7. Complementariamente, a Comisión de Selección incluirá no informe un total de dúas listas de agarda (unha por cada órgano instrutor), nas cales figurarán, por orde decrecente de puntuación, as solicitudes que non acaden a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda pero que teñan unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola Comisión de Selección. Cada unha das listas estará formada por un número equivalente ao 50 % das axudas concedidas para cada órgano instrutor, sempre que o número de solicitudes presentadas o permita e que superen a avaliación.

8. En caso de igualdade de puntuación, aplicaranse os seguintes criterios de desempate:

1º. Prevalecerán as mulleres sobre os homes.

2º. A solicitude da persoa candidata que obteña maior puntuación na valoración do plan de traballo (criterio 1 do artigo 10.1).

3º. A solicitude da persoa candidata que se comprometese a utilizar a lingua galega na memoria final da actividade.

4º. A persoa candidata que obtivese antes o título de doutoramento.

9. A proposta de concesión elaborada polos órganos instrutores a partir do informe da Comisión, así como, de ser o caso, as listas de espera para posibles substitucións, publicaranse nos enderezos da internet http://www.edu.xunta.gal (na epígrafe da Secretaría Xeral de Universidades) e http://gain.xunta.gal da Axencia Galega de Innovación. Esta publicación terá só efectos informativos.

Artigo 12. Resolución de concesión das axudas

1. A competencia para resolver estas axudas, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da persoa titular da presidencia da Axencia Galega de Innovación, correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería e á persoa titular da dirección da Axencia Galega de Innovación. Os órganos instrutores elevarán a proposta de resolución que incluirá, para cada entidade beneficiaria, a relación de persoas seleccionadas co importe da axuda concedida, as listas de espera, de ser o caso, e a desestimación expresa do resto das solicitudes. Con cargo aos créditos da Secretaría Xeral de Universidades financiaranse as axudas correspondentes ás universidades do SUG e a Axencia Galega de Innovación asumirá o financiamento das restantes entidades.

2. A resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nas páxinas web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (http://edu.xunta.gal) e da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), pola cal se entenderán notificadas para todos os efectos ás persoas solicitantes, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación nos restantes casos, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.

4. A resolución publicarase no prazo máximo de cinco meses desde o inicio do prazo de presentación de solicitudes. A non resolución en prazo faculta as persoas interesadas para entenderen desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 13. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Aceptación da axuda

1. Unha vez asinada a resolución, as entidades beneficiarias deberán remitir á Secretaría Xeral de Universidades ou á Axencia Galega de Innovación, segundo corresponda, un escrito de aceptación da axuda no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

2. Nos contratos deberá facerse referencia expresa:

a) Ao seu financiamento con cargo ás axudas para completar a etapa de formación posdoutoral da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou da Axencia Galega de Innovación, segundo o caso.

b) Á data de incorporación efectiva da persoa contratada ao seu posto de traballo.

c) Á retribución bruta anual, ao lugar de prestación de servizo e á duración do contrato, que deberá ser con dedicación a tempo completo.

3. A data límite para a sinatura dos contratos será o día 1 de xullo de 2024. A non formalización do contrato dentro do prazo previsto considerarase unha renuncia tácita á axuda.

Artigo 15. Libramento da subvención

1. As entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

2. Poderán realizarse pagamentos á conta das subvencións recollidas nesta convocatoria, que non superarán o 80 % da axuda, de acordo co establecido no artigo 62 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Nos proxectos plurianuais enténdese que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para o cobramento desta anualidade.

3. Para proceder ao libramento da axuda correspondente aos contratos e os seus custos sociais será preciso que a entidade correspondente remita a copia dos contratos asinados no prazo dun mes contado desde a súa sinatura e a xustificación da axuda nos termos que a continuación se indican:

a) Declaración responsable do órgano responsable de control da entidade de que a persoa investigadora ten dedicación exclusiva ao programa e á actividade.

b) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento durante o período da intervención do órgano que teña atribuídas as facultades de control, da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 30 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

No caso das entidades beneficiarias ás cales non lles sexa de aplicación o artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, a xustificación dos gastos efectuarase con facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente, e a do pagamento, cos xustificantes das transferencias bancarias ou documentos acreditativos dos pagamentos realizados, de acordo coa normativa aplicable.

Só se terá en conta aquela documentación relativa ás persoas contratadas que permanecesen no programa un mínimo de tres meses, quedando sen ningún tipo de compromiso retributivo para aquelas que non acaden este período.

c) Certificación, debidamente actualizada, acreditativa de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social e no cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado e coa Comunidade Autónoma, unicamente no suposto de que a entidade solicitante se opoña a que o órgano xestor solicite as certificacións que deban emitir a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Axencia Tributaria de Galicia.

d) Unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

4. A documentación indicada achegarase consonte a seguinte periodización:

Período de xustificación

Data límite de presentación

1ª xustificación: desde a data de comezo dos contratos ata o mes de setembro de 2024, este incluído.

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos e os complementos por persoa contratada, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondentes ao período a xustificar.

15 de novembro de 2024

2ª xustificación: mensualidades de outubro de 2024 a setembro de 2025, ambos os meses incluídos.

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos e os complementos por persoa contratada, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondentes ao período a xustificar.

15 de novembro de 2025

3ª xustificación: de outubro de 2025 a setembro de 2026, ambos os meses incluídos.

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos e os complementos por persoa contratada, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondentes ao período a xustificar.

15 de novembro de 2026

4ª xustificación: de outubro de 2026 á finalización dos contratos.

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos e a axuda de 5.000 € vinculada á liña de investigación, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondentes ao período a xustificar. Coa xustificación da última anualidade aboarase a indemnización por expiración do tempo convido no contrato, segundo indica o artigo 3 destas bases.

1 de outubro de 2027

5. Para os casos de meses incompletos, o cálculo do importe correspondente a esa fracción de mes realizarase dividindo o importe máximo anual entre 360 días e multiplicando o resultado polo número de días traballados nese mes.

6. Para a xustificación da axuda para o desenvolvemento da liña de investigación, a data límite para achegar a documentación correspondente é o 30 de novembro de cada anualidade e terá que incluír os seguintes documentos:

a) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento durante o período da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control, da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Así mesmo, o órgano competente en materia de control da entidade beneficiaria acreditará que o gasto realizado corresponde exclusivamente a conceptos subvencionables enumerados no artigo 4 desta convocatoria.

b) Conta xustificativa de acordo co establecido no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso das entidades beneficiarias ás cales non lles sexa de aplicación o artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. A conta xustificativa terá o seguinte contido:

– Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, segundo o establecido no artigo 48.1 do citado regulamento.

– Memoria económica que conterá unha relación detallada dos gastos incorridos na realización das actividades subvencionadas, debidamente agrupados por conceptos de gasto con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento.

c) Informe de auditor/a inscrito/a como exercente no Rexistro Oficial de Auditores/as de Contas, que deberá manifestarse sobre os conceptos, período de realización e pagamento dos gastos presentados nesa anualidade. O informe de auditoría axustarase ao disposto na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos/das auditores/as de contas na realización dos traballos de revisión das contas xustificativas de subvencións.

d) Declaración da persoa investigadora en que se recolla a relación do persoal que forma parte do seu equipo de investigación, de ser o caso, e de sufrir algunha variación.

e) Certificación, debidamente actualizada, acreditativa de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social e no cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado e coa Comunidade Autónoma, unicamente no suposto de que a entidade solicitante se opoña a que o órgano xestor solicite as certificacións que deban emitir a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Axencia Tributaria de Galicia.

f) Unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Os investimentos e pagamentos que se efectúen desde o 1 de decembro da anualidade corrente poderán presentarse como xustificante da anualidade seguinte. No caso dos custos de contratación de persoal investigador ou auxiliar, os pagamentos das nóminas, seguridade social e IRPF dos meses de outubro e novembro de cada anualidade poderán presentarse como xustificantes para o cobramento da anualidade seguinte.

Considérase gasto realizado aquel que efectivamente se pagase con anterioridade á finalización do prazo de xustificación. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior para axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación.

7. Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

8. Ademais, coa última xustificación, a entidade beneficiaria presentará:

a) Unha copia da vida laboral de cada persoa contratada durante o período de permanencia no programa, no caso de que se opoña á súa consulta. No caso de que a persoa contratada renunciase antes do remate do seu contrato, esta documentación presentarase transcorrido un mes desde a súa renuncia.

b) Unha memoria final da actividade, de aproximadamente 2.000 palabras, na cal se describa o traballo realizado durante a duración do programa. O prazo para a súa presentación será dun mes desde a extinción do contrato de traballo. As persoas que abandonen o programa antes da finalización do contrato deberán presentar unha memoria da actividade desenvolvida durante o tempo que permaneceron nel, no prazo dun mes desde que se produza a extinción da relación contractual.

c) No caso de expiración do tempo convido para o contrato de traballo asinado de acordo co indicado no artigo 14 destas bases, deberá achegarse xustificación económica do custo da indemnización e o seu pagamento xunto cos xustificantes correspondentes.

Artigo 16. Réxime de compatibilidade

As entidades beneficiarias poderán compatibilizar as axudas reguladas nesta orde con outras axudas ou subvencións financiadas con fondos públicos ou privados que teñan unha finalidade análoga. De acordo coa normativa aplicable o importe das axudas concedidas, illadamente ou en concorrencia con outras axudas, ingresos e recursos, non poderá superar o custo da actividade subvencionada.

Artigo 17. Modificación da resolución de concesión de axudas

Poderase modificar a resolución de concesión da axuda, tal como se especifica no artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando se alteren as condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais. Por iso, cando a entidade beneficiaria reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberá poñelo en coñecemento da Secretaría Xeral de Universidades ou da Axencia Galega de Innovación (segundo sexa o caso).

Artigo 18. Incumprimento, reintegros e sancións

O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga da entidade beneficiaria de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de mora correspondentes.

Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Renuncia ás axudas, novas incorporacións e interrupcións

1. No caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicar a renuncia, mediante escrito motivado da persoa seleccionada, dirixido á Secretaría Xeral de Universidades ou á Axencia Galega de Innovación (segundo sexa o caso), nun prazo mínimo de 15 días naturais antes de que se produza. Deberase acompañar dun informe da entidade beneficiaria en que se indique se a persoa contratada desenvolveu unha actividade satisfactoria que permitise o seu perfeccionamento e especialización profesional durante a permanencia no programa.

2. Poderase adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de publicación da resolución de concesión. Para cubrir as renuncias seguirase a prelación das listas de espera definidas no artigo 11, tendo en conta que soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera do órgano instrutor en que se produzan. A persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

A competencia para adxudicar unha nova axuda correspóndelle á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou á persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, segundo que as novas incorporacións procedan da lista de espera da Secretaría Xeral de Universidades ou da Axencia Galega de Innovación, respectivamente.

3. As entidades beneficiarias poderán solicitar a interrupción e a prórroga do prazo de execución da axuda correspondente ao tempo da suspensión dos contratos financiados cando estas suspensións se produzan polas seguintes causas:

a) Nacemento.

b) Adopción.

c) Garda con fins de adopción ou acollemento.

d) Risco durante o embarazo.

e) Risco durante a lactación natural de menores de nove meses.

f) Incapacidade temporal durante o embarazo por causas vinculadas con el.

g) Incapacidade temporal por causas distintas ás do punto anterior por un período mínimo dun mes.

h) As situacións previstas no artigo 45.1.n) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, como medida de protección das mulleres vítimas de violencia de xénero.

4. Cando se produza a suspensión do contrato pola concorrencia dalgunha destas situacións, as entidades beneficiarias poderán solicitar a interrupción e a prórroga do prazo de execución da axuda correspondente ao tempo de suspensión, no prazo de dez días hábiles desde que esa baixa se produza. No momento da reincorporación da persoa investigadora á actividade laboral, a entidade beneficiaria deberá achegar un informe onde se expresen o nome da persoa afectada, o seu número de expediente, as causas de suspensión, as datas de suspensión e as datas de prórroga do contrato.

5. A interrupción e a prórroga ás cales se fai referencia no parágrafo anterior deberán ser autorizadas polo órgano instrutor correspondente, que poderá solicitar os informes que considere oportunos. A entidade correspondente deberá achegar o contrato ou o documento xustificativo da prórroga que cubra o dito período, no prazo dun mes desde a súa sinatura.

6. Cando se autorice a interrupción e a prórroga, non se considerarán subvencionables os gastos derivados da contratación en que poida incorrer a entidade beneficiaria (retribución salarial e cota patronal da Seguridade Social) durante o tempo de interrupción, polo que non se deben incluír nas certificacións de xustificación económica. A duración do contrato verase ampliada por un período idéntico ao da interrupción para os efectos previstos nesta convocatoria.

7. A autorización de interrupción e de prórroga da axuda en ningún caso supón un aumento da contía da axuda concedida inicialmente. Calquera incremento no pagamento da cota patronal da seguridade social como consecuencia do período prolongado será por conta da entidade contratante.

Artigo 20. Dereitos e obrigas

1. Son obrigas xerais da entidade contratante, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Formalizar un contrato de traballo de duración determinada con dedicación a tempo completo coa persoa candidata seleccionada, de acordo coa lexislación vixente.

c) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos para o normal desenvolvemento da súa actividade.

d) Permitir a súa integración nos departamentos en que leven a cabo o seu labor. Os centros onde se integren estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

e) Cumprir coas obrigas en materia de igualdade de xénero establecidas no marco normativo en vigor que lles sexa de aplicación e, moi especialmente, aquelas incluídas na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e regulamentos derivados, e na Lei 14/2011, do 1 de xuño, modificada pola Lei 17/2022, do 5 de setembro.

f) Facilitar cantos datos resulten necesarios para a valoración do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros mecanismos, en particular as enquisas do INE, relacionados coa medición da I+D+i. Os datos asignados aos citados instrumentos de avaliación deberán estar consignados á Comunidade Autónoma de Galicia. No marco do seguimento e avaliación da RIS3 Galicia, desenvolverase un seguimento específico das axudas concedidas. Este seguimento estará baseado na recompilación de información acerca dos resultados económicos e científico-técnicos obtidos polas entidades beneficiarias. Para estes efectos, durante a execución e ao finalizar a axuda (expost), os beneficiarios deberán proporcionar información relativa a unha serie de indicadores, entre os que se incluirán indicadores xerais e específicos de I+D+i. Non facilitar cantos datos resulten necesarios para o seguimento e a avaliación do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou outros instrumentos relacionados coa medición da innovación será causa de reintegro de ata o 1 % da subvención concedida.

2. O persoal investigador contratado ao abeiro destas axudas poderá prestar colaboracións complementarias en tarefas docentes relacionadas coa actividade de investigación proposta, ata un máximo de 80 horas anuais, por pedimento propio e coa aprobación da súa entidade, respectando, en todo caso, a normativa vixente de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

3. As persoas contratadas mediante estas axudas teñen os seguintes dereitos e obrigas:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento da institución en que desenvolva as súas actividades, especialmente no relativo ás condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

c) Poderán recibir bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que van realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización).

d) Presentar a memoria final da actividade a que se fai referencia no artigo 15.7.b) da convocatoria.

4. As entidades beneficiarias e as persoas contratadas teñen como obriga específica de publicidade adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007. En concreto, as entidades beneficiarias das axudas, así como as persoas contratadas con cargo a elas, deberán facer constar o cofinanciamento das actuacións con fondos da Xunta de Galicia. Para isto, nas accións de difusión, así como nos resultados da produción científica e calquera outra acción que se realice ao abeiro destas axudas, deberá figurar expresamente o cofinanciamento das actuacións con fondos do Programa de axudas á etapa posdoutoral da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou da Axencia Galega de Innovación, segundo sexa o caso), que irá acompañado, sempre que sexa posible, do escudo normalizado da Xunta de Galicia.

Artigo 21. Control

1. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Axencia Galega de Innovación poderán realizar as actividades de inspección que consideren oportunas para controlar o cumprimento das subvencións. Así mesmo, poderán solicitar un informe ás entidades beneficiarias sobre a execución das axudas e o seu impacto, en particular, sobre as persoas contratadas mediante un seguimento destas durante os seis meses posteriores á finalización do contrato, que permita constatar cal é a súa situación laboral.

2. No último ano, as persoas contratadas serán sometidas a unha avaliación da actividade investigadora desenvolvida. O proceso de avaliación será realizado por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, que poderá contar coa colaboración da ACSUG, a partir da documentación que lles será requirida ás persoas contratadas.

3. Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas, do Consello de Contas e doutros organismos que teñan atribuídas facultades de control sobre estes fondos.

Artigo 22. Dotación orzamentaria

1. Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, e a súa eficacia queda condicionada a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024. A concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión.

2. As axudas imputaranse ás aplicacións orzamentarias 10.03.561B.444.0, 10.03.561B.744.0, 09.A2.561A.403.0, 09.A2.561A.703.0, 09.A2.561A.481.0 e 09.A2.561A.781.0 correspondentes aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, coa seguinte distribución por anos:

Entidade beneficiaria

Núm. axudas

Aplicación orzamentaria

Crédito (en euros)

2024

2025

2026

2027

Total

Universidades do SUG

20

10.03.561B.444.0

210.000,00

780.000,00

780.000,00

646.000,00

2.416.000,00

Universidades do SUG

10.03.561B.744.0

100.000,00

200.000,00

200.000,00

100.000,00

600.000,00

Total universidades do SUG

310.000,00

980.000,00

980.000,00

746.000,00

3.016.000,00

Outras entidades

1

09.A2.561A.403.0

10.500,00

39.000,00

39.000,00

32.300,00

120.800,00

09.A2.561A.703.0

5.000,00

10.000,00

10.000,00

5.000,00

30.000,00

Outras entidades

2

09.A2.561A.481.0

31.500,00

117.000,00

117.000,00

96.900,00

362.400,00

09.A2.561A.781.0

15.000,00

30.000,00

30.000,00

15.000,00

90.000,00

Total outras entidades

62.000,00

196.000,00

196.000,00

149.200,00

603.200,00

Total convocatoria

372.000,00

1.176.000,00

506.000,00

895.200,00

3.619.200,00

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades só financiará as axudas que correspondan ás universidades do SUG, as cales se imputarán ao plan galego de financiamento universitario para o período 2022-2026.

3. En cada organismo financiador a distribución de fondos e as aplicacións orzamentarias sinaladas son unha previsión que, de acordo co artigo 31 do Regulamento de subvencións de Galicia, se deberá axustar tras a valoración das solicitudes para adecuarse á proposta elaborada pola Comisión de Selección. Será posible incluso a incorporación de novas aplicacións sen incrementar o crédito total, tendo en conta a natureza xurídica das entidades beneficiarias.

4. De acordo co disposto no artigo 2.1.1 da Comunicación da Comisión sobre o Marco sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2022/C/414/01), publicado no Diario Oficial de la Unión Europea C/414/01, do 28 de outubro de 2022, non se aplicará o disposto no artigo 107.1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas previstas nesta orde, que se outorgarán a organismos de investigación para actividades non económicas. As entidades beneficiarias que, ademais de actividades non económicas, realicen tamén actividades económicas, deberán consignar por separado o financiamento, os custos e os ingresos respectivos.

5. Cando o organismo de investigación realice case exclusivamente actividades non económicas, poderán quedar excluídos na súa totalidade do ámbito de aplicación do artigo 107.1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea sempre que as súas actividades económicas sexan puramente accesorias; é dicir, que correspondan a unha actividade que estea relacionada directamente co seu funcionamento ou sexa necesaria para o funcionamento do organismo de investigación ou estea estreitamente vinculada ao seu principal uso non económico, e teña un alcance limitado.

6. Considerarase que isto se produce cando as actividades económicas consumen exactamente os mesmos insumos (como material, equipamento, man de obra e capital fixo) que as actividades non económicas e a capacidade asignada cada ano a estas actividades económicas non supera o 20 % da capacidade anual total da entidade de que se trate.

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 24. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase a información necesaria á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

Disposición derradeira primeira. Remisión normativa

A presente orde sométese ao réxime de axudas públicas establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve.

Disposición derradeira segunda. Recursos

Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería
de Cultura, Educación e Formación
Profesional e Universidades

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Industria
Innovación e presidenta da Axencia
Galega de Innovación

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file