DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2024 Páx. 9419

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xermade

ANUNCIO da oferta extraordinaria de emprego público para o ano 2023.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o 20 de decembro de 2023, adoptou o seguinte acordo, que se transcribe na súa parte dispositiva:

«Primeiro. Aprobar a oferta extraordinaria de emprego público deste concello para o ano 2023, que contén as seguintes prazas:

Grupo

Subgrupo

Clasificación

Núm. vacantes

Denominación

Sistema de acceso

C

C2

Escala de Administración xeral, subescala auxiliar

1

Auxiliar administrativo/a

Libre

C

C2

Escala de Administración especial, servizos especiais

2

Operario/a servizos múltiples

Libre

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da Corporación, así como na sede electrónica deste concello [https:// concelloxermade.sedelectronica.es], no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no Diario Oficial de Galicia».

Xermade, 2 de xaneiro de 2024

Roberto García Pernas
Alcalde