DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2024 Páx. 9526

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, dentro dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social e Xuventude durante o terceiro cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora no anexo I desta resolución.

No anexo II da resolución dáse publicidade a convenios de colaboración subscritos pola consellería durante o segundo cuadrimestre do ano 2023.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2024

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Xuventude

ANEXO I

Convenios asinados no terceiro cuadrimestre de 2023

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social Xuventude e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade da Coruña.

A inclusión no réxime xeral da Seguridade Social do estudantado que realice prácticas académicas externas. Este rexerase polo establecido na disposición adicional quincuaxésima segunda do Real decreto 2/2023, do 16 de marzo, e polo desenvolvemento normativo establecido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Desde o 1 de xaneiro de 2024, a Universidade asumirá a cotización e tramitación da alta do estudantando na Seguridade Social.

28.12.2023

Sen custo

Convenio entre o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) e a Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento do Marco de Cooperación Interadministrativa previsto na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia e para o establecemento e finaciamento do nivel de protección acordado para o exercicio 2023.

Determinar as obrigas asumidas por cada unha das partes intervenientes para o financiamento do nivel de protección acordado previsto no artigo 7.2 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

20.11.2023

58.867.385,81 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Juan Soñador para o desenvolvemento do programa socio-educativo e de lecer e tempo libre, de atención integral para a infancia, a adolescencia e as familias no ano 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Fundación Juan Soñador, para o desenvolvemento do Programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral das persoas menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social mediante o cal se lles facilita o adecuado desenvolvemento persoal e social ás persoas menores participantes nas actividades que se desenvolven.

1.9.2023

172.281,08 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Amigó no desenvolvemento do programa Convivindo de intervención familiar en casos de violencia filio-parental nas cidades da Coruña e Vigo.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Fundación Amigó, do programa Convivindo como unha proposta socioeducativa e terapéutica, que pretende ofrecer unha resposta especializada a aquelas familias que se atopan en situacións de conflito entre os/as proxenitores/as e os seus fillos/as.

13.9.2023

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) para o desenvolvemento dun proxecto denominado Servizo de atención logopédica para menores xordos e/ou con discapacidade auditiva e as súas familias no ano 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia do proxecto Servizo de atención logopédica para menores xordos e/ou con discapacidade auditiva e as súas familias que a federación ten previsto desenvolver, no ano 2023.

27.9.2023

12.000,00 €

Convenio de colaboración para o ano 2023, entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Galega de Familias de Acollida Acougo, para o desenvolvemento do programa Xerando Cultura de Acollemento, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Asociación Galega de Familias de Acollida Acougo para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa Xerando Cultura de Acollemento do que é titular a dita entidade, mediante o cal se facilita o adecuado desenvolvemento da persoa menor acollida mediante a orientación, o asesoramento, acompañamento e apoio especializado ás familias acolledoras e/ou as persoas menores.

2.11.2023

115.168,72 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Secretariado Gitano para o desenvolvemento de actuacións de orientación e promoción da educación da infancia e mocidade xitana no ano 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Fundación Secretariado Gitano, dos gastos derivados das actuacións de orientación e promoción da educación da infancia e da mocidade xitana levadas a cabo pola fundación durante o exercicio 2023.

8.11.2023

144.908,00 €

Convenio de colaboración para o ano 2023, entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a agrupación constituída polas entidades Fundación de Apoio á Infancia e ao Benestar (Faiben), MANAIA, Asociación Galega de Adopción e Acollemento, Inspectoría María Auxiliadora e a Asociación Casa de Familia Santa Joaquina de Vedruna, para o desenvolvemento do programa de experiencias familiares de referencia En familia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

Contribuír ao financiamento, por parte da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, a través da concesión directa dunha subvención, a favor da agrupación constituída polas entidades Fundación de Apoio á Infancia e ao Benestar (Faiben), MANAIA, Asociación Galega de Adopción e Acollemento, a Inspectoría María Auxiliadora e a Asociación Casa de Familia Santa Joaquina de Vedruna, para o desenvolvemento do Programa de experiencias familiares de referencia En familia mediante o cal se lles facilita aos nenos, nenas e adolescentes un marco referencial de vida nun núcleo pequeno como é a familia, onde a colaboración, a axuda e o respecto posibiliten experiencias que permitan o coñecemento que supón unha relación familiar e que axude a incrementar a súa autoestima e seguridade persoal, á vez que amplíe a súa rede relacional.

22.11.2023

81.235,90 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación INGADA, para o desenvolvemento dun programa de asesoramento ás familias no ano 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención pública a favor da Fundación INGADA para o desenvolvemeno do programa de asesoramento de carácter preventivo dirixido ás familias de membros con Transtorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) e trastornos asociados desenvolvido pola entidade que contribúe á detección e á intervención temperá do trastorno, á modificación de condutas non desexadas e á adquisición de pautas saudables para a dinámica familiar e que ten como finalidade que as familias poidan desenvolver adecuadamente as súas funcións educativas, socializadoras e superar situacións de necesidade e risco social.

22.11.2023

80.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e Cruz Roja Española en Galicia para a execución do Programa Familias acolledoras, dirixido ao acollemento en familia allea de menores en situación de risco ou desamparo, no ano 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Cruz Roja Española en Galicia para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa Familias Acolledoras da entidade Cruz Roja Española en Galicia, que ten como obxectivo xeral proporcionar unha atención temporal a aqueles menores en situación de risco, desamparo ou desprotección social, tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado.

5.12.2023

563.866,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela para a aplicación da gratuidade da atención educativa na escola infantil 0-3 Breogán de titularidade desta última.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Universidade de Santiago de Compostela para a aplicación dunha bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa prestada a nenos e nenas matriculados na escola infantil da titularidade desta última no curso 2023-2024.

12.12.2023

225.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e o Consello da Avogacía Galega para o desenvolvemento do programa de mediación familiar intraxudicial para o ano 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión directa dunha subvención pública a favor do Consello da Avogacía Galega, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta nos colexios de avogados da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

19.12.2023

80.000,00 €

Acordo de prórroga para o ano 2024 do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude (Xunta de Galicia) e a Deputación Provincial da Coruña, para a atención de menores no centro residencial Fogar Infantil Emilio Romay na Coruña.

Acordan a prórroga para o ano 2024 da atención de menores, tutelados pola Xunta de Galicia ou en situación de garda, a través de medidas de acollemento residencial e atención de día, no centro Fogar Infantil Emilio Romay, establecemento do que é titular a Deputación Provincial da Coruña.

29.12.2023

325.904,85 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Secretariado Gitano para a execución de determinadas accións dirixidas a poboación xitana durante o exercicio 2023 no marco do programa do Plan de desenvolvemento xitano do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención pública a favor da Fundación Secretariado Gitano, para o desenvolvemento do proxecto de intervención social da Fundación Secretariado Gitano no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia dirixido á poboación xitana para mellorar a súa situación de exclusión residencial e o seu acceso á vivenda. O proxecto desenvólvese no marco do Programa plan de desarrollo gitano que cofinancia o Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030.

7.9.2023

33.334,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Cruz Roja Española en Galicia para a execución dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito ou en situación de vulnerabilidade extrema no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Cruz Roja Española en Galicia para a realización pola entidade do programa de acompañamento e apoio a persoas sen fogar, que consistirá no establecemento de liñas de atención a estas persoas a través da intervención coordinada con enfoque integral levada a cabo polos equipos técnicos da entidade con capacidade de actuación en todo o territorio galego.

3.10.2023

169.950,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Secretariado Gitano para a execución de determinadas accións dirixidas á poboación xitana durante o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da subvención pública a favor da Fundación Secretariado Gitano, para o desenvolvemento por parte da fundación no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de actuacións dirixidas ás minorías étnicas coa finalidade de promover a inclusión social a través de políticas activas centradas na loita contra a discriminación, concretamente no programa itinerarios integrados de inclusión socio-laboral para a poboación xitana: ACCEDER.

3.11.2023

65.920,00 €

Acordo de modificación do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, para o desenvolvemento do proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil na área rural 30, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

A modificación da cláusula Quinta e do anexo III do Convenio subscrito entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, para o desenvolvemento do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil na área 30, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU, con data do 20 de outubro de 2022, para os efectos de dar cobertura á necesidade de financiamento da entidade para poder levar a cabo o desenvolvemento do proxecto obxecto da subvención, mediante o aboamento desta por parte da consellería.

28.11.2023

Sen custo

Acordo de modificación do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Arela para o desenvolvemento do proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil nas cidades de Santiago de Compostela e de Vigo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

A modificación da cláusula quinta do Convenio subscrito entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Arela, para o desenvolvemento do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil nas cidades de Santiago de Compostela e de Vigo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU, con data do 20 de outubro de 2022, para os efectos de dar cobertura á necesidade de financiamento da entidade para poder levar a cabo o desenvolvemento do proxecto obxecto da subvención, mediante o abonamento desta por parte da consellería.

28.11.2023

Sen custo

Acordo de modificación do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Cáritas Diocesana de Lugo, para o desenvolvemento do proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil na área rural 22, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

A modificación da cláusula quinta e do anexo III do Convenio subscrito entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Cáritas Diocesana de Lugo, para o desenvolvemento do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil na cidade de Pontevedra, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia- financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU, con data do 20 de outubro de 2022, para os efectos de dar cobertura á necesidade de financiamento da entidade para poder levar a cabo o desenvolvemento do proxecto obxecto da subvención, mediante o aboamento desta por parte da consellería.

28.11.2023

Sen custo

Acordo de modificación do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol para o desenvolvemento do proxecto da abordaxe da pobreza infantil na cidade de ferrol, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

A modificación da cláusula quinta e do anexo III do Convenio subscrito entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, para o desenvolvemento do Proxecto da abordaxe da pobreza infantil na cidade de Ferrol, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU, con data do 20 de outubro de 2022, para os efectos de dar cobertura á necesidade de financiamento de entidade para poder levar a cabo o desenvolvemento do proxecto obxecto da subvención, mediante o abonamento desta por parte da consellería.

28.11.2023

Sen custo

Acordo de modificación do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso para o desenvolvemento do proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil na área rural 29, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

A modificación da cláusula quinta e do anexo III do Convenio subscrito entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso para o desenvolvemento do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil na área rural 29, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU, con data do 24 de outubro de 2022, para os efectos de dar cobertura á necesidade de financiamento da entidade para poder levar a cabo o desenvolvemento do proxecto obxecto da subvención, mediante o abonamento desta por parte da consellería.

28.11.2023

Sen custo

Acordo de modificación do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Meniños para o desenvolvemento do proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil na cidade de pontevedra, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

A modificación da cláusula quinta e do anexo III do Convenio subscrito entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Meniños, para o desenvolvemento do Proxecto piloto da Abordaxe da Pobreza Infantil na cidade de Pontevedra, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU, con data do 20 de outubro de 2022, para os efectos de dar cobertura á necesidade de financiamento da entidade para poder levar a cabo o desenvolvemento do proxecto obxecto da subvención, mediante o abonamento desta por parte da consellería.

28.11.2023

Sen custo

Acordo de modificación do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Juan Soñador para o desenvolvemento do proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil nas cidades da Coruña, Lugo e Ourense, e a realización de actuacións complementarias de apoio na xestión e na avaliación do proxecto, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

A modifícación da cláusula quinta, o primeiro parágrafo da cláusula décimo cuarta e o anexo III do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Juan Soñador para o desenvolvemento do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil nas cidades da Coruña, Lugo e Ourense, e a realización de actuacións complementarias de apoio na xestión e na avaliación do proxecto, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

28.11.2023

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo, para o financiamento do proxecto de democratización do coñecemento no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención pública a favor das universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo para o desenvolvemento do proxecto de democratización do coñecemento.

4.9.2023

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Confederación Gallega de Organizaciones de Mayores (Cogama) para financiar a realización do programa Vive Activo para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención pública a favor da Confederación Gallega de Organizaciones de Mayores (Cogama), do programa Vive Activo destinado ás persoas maiores, que desenvolverá actividades socio-comunitarias de convivencia, actividades artísticas e culturais e actividades deportivas dirixidas ás ditas persoas maiores que desenvolve Cogama durante o ano 2023 e do fomento do asociacionismo de maiores.

7.9.2023

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Galega das Persoas Maiores, Xubilados e Pensionistas para financiar a realización de actividades para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención pública a favor Asociación Galega das Persoas Maiores, Xubilados e Pensionistas, para a realización da programación das actuacións para o mantemento e mellora da axilidade mental, de animación a lectura, e charlas sobre a protección xurídica das persoas maiores que desenvolve a asociación.

21.9.2023

20.000,00 €

Acordo polo que se modifica o convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Lalín para o financiamento do programa respiro familiar Lalín Activa para o exercicio 2023.

Modificación da cláusula sétima do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Lalín para o financiamento do programa respiro familiar Lalín Activa para o exercicio 2023.

11.10.2023

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación cultural O Castro, de Baión-Vilanova de Arousa, para o financiamento dos gastos derivados da execución do programa de dinamización e acompañamento ás persoas maiores dentro do proxecto de Envellece Comigo no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Asociación cultural O Castro, dos gastos derivados da execución durante o exercicio 2023 de actividades enmarcadas nos proxectos que promovan o envellecemento activo e fomenten a súa integración e participación na sociedade, concretamente o Programa de dinamización e acompañamento ás persoas maiores dentro do proxecto de Envellece Comigo.

20.10.2023

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Ortigueira para o financiamento do programa Rural Vivo-Rural Activo para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor do Concello de Ortigueira, para o programa de envellecemento activo do ano 2023 do concello de Ortigueira Rural Vivo-Rural Activo, de cara á realización de actividades dirixidas ás persoas maiores e persoas en situación de vulnerabilidade, residentes nese concello, que se desenvolverá nos centros sociocomunitarios específicos do seu ámbito.

9.11.2023

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Lousame, para o financiamento do Proxecto integral de envellecemento activo e prevención da dependencia Maiores en Marcha no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor do Concello de Lousame, do Proxecto integral de envellecemento activo e prevención da dependencia Maiores en marcha que o concello ten previsto desenvolver durante o ano 2023.

11.12.2023

76.00,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia), para contribuír ao financiamento do mantemento da entidade para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor do Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia), para o mantemento da unidade e co fin de prestar servizos ás organizacións e entidades dedicadas á atención das persoas con discapacidade de defensa dos dereitos das persoas con discapacidade.

19.9.2023

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado e Paradanta-ADAPTA, para a reforma e ampliación para a posta en funcionamento dun centro de atención diúrno terapéutico ocupacional para persoas con discapacidade no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU, no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado de Paradanta-ADAPTA, para os gastos derivados da execución dun proxecto consistente na reforma dun Centro de Atención Diúrno Terapéutico Ocupacional para persoas con discapacidade.

19.9.2023

700.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora, para o financiamento das actuacións da entidade en relación aos apoios no exercicio da capacidade xurídica das persoas con discapacidade intelectual no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Fundación Sálvora, para as actuacións da entidade no ano 2023 que están relacionadas cos apoios no exercicio da capacidade xurídica das persoas con discapacidade intelectual que se atopan baixo a súa protección.

21.9.2023

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, para a execución do proxecto básico e de execución da construción dunha unidade residencial para persoas con enfermidade mental no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU, no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, para os gastos derivados da execución dun proxecto da entidade beneficiaria consistente na construción dun edificio que albergará unha unidade residencial para persoas dependentes con enfermidade mental, de 25 prazas, no lugar de Feal, s/n, As Pontes (A Coruña).

27.9.2023

500.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Saúde Mental Feafes Galicia (Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia), para o financiamento dun programa específico de apoio socio-educativo comunitario e prevención da situación de dependencia no medio rural a persoas con enfermidade mental residentes en Galicia no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor de Saúde Mental Feafes Galicia, para o programa específico orientado ao apoio socio-educativo comunitario e á prevención das situacións de dependencia no medio rural para persoas con enfermidade mental en Galicia que Saúde Mental Feafes Galicia ten previsto desenvolver.

27.9.2023

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Orden Hospitalaria de San Juan de Dios, para o financiamento dos gastos derivados da execución do proxecto Plan avanzamos-2, de promoción da autonomía persoal destinado ás persoas con discapacidade intelectual no Hogar y Clínica San Rafael de Vigo para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Orde Hospitalaria de San Juan de Dios, para os gastos derivados da execución do Programa específico de promoción da autonomía persoal (Plan Avanzamos-2), no exercicio 2023, destinado ás persoas con discapacidade intelectual, no centro Hogar y Clínica San Rafael de Vigo, para que desenvolvan as súas capacidades e poidan levar unha vida o máis autónoma posible e integrada na sociedade.

19.10.2023

177.585,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Congregación Esclavas de la Virgen Dolorosa para o financiamento dos gastos derivados da execución do Programa de promoción da autonomía e rehabilitación das capacidades dirixido a mulleres con discapacidade intelectual, na Casa Santa María de la Esperanza de Mos no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Congregación Esclavas de la Virgen Dolorosa, para os gastos derivados da execución do Programa específico de promoción da autonomía persoal e rehabilitación de capacidades de mulleres con discapacidade intelectual, orientadas á rehabilitación das capacidades físicas, psíquicas, na Casa Santa María de la Esperanza en Mos.

20.10.2023

174.034,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Congregación Esclavas de la Virgen Dolorosa, para o financiamento dos gastos derivados da execución do Programa de atención á autonomía de persoas con discapacidade, na Casa Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey de Crecente no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Congregación Esclavas de la Virgen Dolorosa para os gastos derivados da execución dun programa específico de atención á autonomía das persoas con discapacidade na Casa Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey en Crecente.

20.10.2023

213.391,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Por Eles TEA Ourense-Petea, para o financiamento do programa de información, valoración, seguimento e orientación dirixido a persoas con trastornos do espectro autista, no exercicio 2023.

A colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a asociación Por Eles TEA Ourense-PETEA, mediante a concesión directa dunha subvención para contribuír ao financiamento do Programa de información, valoración, seguimento e orientación para persoas con TEA que a entidade leva a cabo no exercicio 2023.

15.11.2023

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o financiamento dun proxecto específico de apoderamento das persoas con discapacidade residentes en contornas rurais no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, para o desenvolvemento dun proxecto específico de apoderamento da persoa con discapacidade residente en contornas rurais contando cunha metodoloxía de intervención dirixida a estas persoas dende a idade temperá, de cara a mellorar ao máximo o seu desenvolvemento persoal e social e prever a situación de dependencia pola Cogami.

15.11.2023

145.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Aspace Coruña, para o financiamento do proxecto de información e asesoramento, planificación de apoios e curatela dirixido a persoas con parálise cerebral e patoloxías asociadas, e as súas familias no ano 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Fundación Aspace Coruña, para os gastos derivados da execución do proxecto de información e asesoramento, provisión de apoios e curatela para persoas con parálise cerebral e patoloxías asociadas e ás súas familias.

16.11.2023

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación de Dano Cerebral (FUDACE), para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal destinados ás persoas con discapacidade, no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Fundación de Dano Cerebral (FUDACE), para os gastos derivados da execución dun programa específico de promoción da autonomía persoal destinado a persoas con discapacidade.

7.12.2023

31.781,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Galicia Europa para a realización de programas de información sobre a Unión Europea e de proxectos de cooperación europea, destinados á xuventude galega, no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Fundación Galicia Europa, para os programas de información e sensibilización da fundación sobre a Unión Europea dirixidos á xuventude galega, así como para a preparación e o desenvolvemento pola Fundación Galicia Europa de proxectos de cooperación europea en beneficio da mocidade galega e portuguesa, da eurorrexión formada por Galicia e Norte de Portugal.

26.9.2023

42.500,00 €

Acordo de prórroga para o ano 2024 do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Servizo Galego de Saúde para a implantación do programa de acompañamento nos hospitais e centros de saúde na Comunidade Autónoma de Galicia.

Acordos de prórroga do convenio de colaboración para a implantación dun programa de humanización consistente no acompañamento con persoas voluntarias ás persoas que reciben asistencia sanitaria nalgún centro público do Servizo Galego de Saúde.

27.9.2023

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización e o desenvolvemento dun encontro informático no ano 2023.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Fundación Semana Verde de Galicia para a organización e desenvolvemento dun encontro informático en 2023.

7.11.2023

50.000,00 €

ANEXO II

Convenios asinados no segundo cuadrimestre de 2023

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio co Instituto de Mayores y Servicios Sociales para establecer e regular o procedemento que posibilite a interoperabilidade do sistema de información da Comunidade Autónoma co sistema de información do sistema para a autonomía e atención á dependencia do Imserso.

Poñer o Imserso á disposición da Comunidad Autónoma de Galicia o procedemento que permita a interoperabilidade dos seus sistemas de información co SISAAD como instrumento imprescindible para o mantemento e xestión da información relativa aos beneficiarios do SAAD no ámbito territorial da citada comunidade autónoma.

5.5.2023

Sen custo

Convenio entre o Instituto de Mayores y Servicios Sociales e a Comunidade Autónoma de Galicia para a cesión de uso da aplicación informática para a valoración da discapacidade.

A cesión de uso de forma non exclusiva por parte do Imserso á Comunidade Autónoma de Galicia, da aplicación informática da súa propiedade que desenvolveu para a valoración do grao de discapacidade, denominada Baremo integrado de discapacidad (Baredi), como instrumento para a avaliación das situacións de discapacidade e a cualificación do seu grao, relativa ás persoas que solicitan a dita valoración, no ámbito territorial da citada Comunidade Autónoma de Galicia.

26.6.2023

Sen custo