DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2024 Páx. 9830

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vila de Cruces

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de operario de servizos múltiples, en réxime de persoal funcionario, correspondente á oferta de emprego público exercicio 2020.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 249, do 29 de decembro de 2023, publicáronse as bases xerais da convocatoria para a selección, por concurso-oposición, dunha praza de operario de servizos múltiples, como persoal funcionario, incluída na oferta de emprego público do ano 2020, aprobada mediante o Decreto da Alcaldía núm. 2020-0336, do 23 de decembro de 2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, das 8.00 ás 14.00 horas, en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se contará desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios municipal do Concello de Vila de Cruces-Pontevedra.

Vila de Cruces, 10 de xaneiro de 2024

Luis Celso Taboada Sánchez
Alcalde