DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2024 Páx. 9845

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 24 de novembro de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de novembro de 2023 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

Advertido erro na Resolución do 24 de novembro de 2023, publicada no DOG núm. 231, do martes 5 de decembro de 2023, é necesario facer a oportuna corrección:

Na páxina 67081, na epígrafe de creacións, na columna de código do posto, onde di: «CS.A02.00.004.15770.018», debe dicir: «CS.A99.10.102.15770.008», polo que xa non dependerá da «S.X. DE INSPECCIÓN DE SERVIZOS SANITARIOS» senón que pasaría a encadrarse nos servizos periféricos, dependendo do centro de destino «INSPECCIÓN SANITARIA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)».