DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2024 Páx. 10045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2022/110-1).

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 240, do 20 de decembro de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 69845, onde di: «ANEXO Regulamentación da LAMT POT803 Mazaricos-Pino do Val 3 entre os apoios 9LR277ES//123-B14-5 e 9LEQM70T//123-B14-11. Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Ribeira», debe dicir: «ANEXO Regulamentación da LAMT POT803 Mazaricos-Pino do Val 3 entre os apoios 9LR277ES//123-B14-5 e 9LEQM70T//123-B14-11. Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Mazaricos».