DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2024 Páx. 10002

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) establece que cada consellería ou entidade, deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2024

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2023

Convenios

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos).

Establecer as condicións que rexerán a participación e colaboración entre Augas de Galicia e Adega para o desenvolvemento das actividades e actuacións planificadas para o ano 2023 no marco do Proxecto Ríos.

50.000,00 €

8.9.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Curtis para a mellora do abastecemento no núcleo de Teixeiro. Curtis (A Coruña), financiado ao 100 % a parte elexible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Aumentar o importe do convenio en 241.087,02 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2024 e reaxustar as anualidades.

2.941.087,02 €

12.9.2023

Acordo de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o uso de servizos tecnolóxicos transversais xestionados dende a Amtega.

Establecer as bases da colaboración entre Augas de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para a utilización por parte da entidade pública empresarial Augas de Galicia de servizos comúns que permitan a racionalización dos recursos TIC.

158.392,00 €

14.10.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Pantón para a execución da actuación de abastecemento de auga potable ás parroquias de San Vicente de Castillón, Santiago de Castillón e Santo Estevo do Mato, financiado ao 100 % a parte elexible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Aumentar o importe do convenio en 13.756,25 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2024 e reaxustar as anualidades.

663.756,25 €

25.10.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a execución da actuación de saneamento do colector interceptor da marxe esquerda do río Sardiña. Tramo A Malata-ponte da estrada da Malata. Ferrol (A Coruña), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Modificar o título do convenio, aumentar o importe do convenio en 6.145,41 €, reaxustar as anualidades, ampliar a vixencia do convenio ata o 31.12.2024, establecer que as actuacións poderán ser cofinanciadas tamén co programa Galicia Feder 2021-2027 e engadir a cláusula relativa ao principio de non causar dano significativo.

906.145,41 €

6.11.2023

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Lobios para a execución da obra de reparación urxente do pretratamento da estación depuradora de augas residuais de Lobios (Ourense).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Lobios que permitan ao Concello acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a obra de reparación urxente do pretratamento da estación depuradora de augas residuais de Lobios (Ourense).

33.624,97 €

9.11.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Foz para a execución da actuacións de saneamento e depuración en Foz. Concello de Foz (Lugo), cofinanciada pola Unión europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Aumentar o importe do convenio en 815.743,02 €, reaxustar as anualidades, ampliar a vixencia do convenio ata o 31.12.2026, establecer que as actuacións poderán ser cofinanciadas tamén co programa Galicia Feder 2021-2027 e engadir a cláusula relativa ao principio de non causar dano significativo.

13.467.885,58 €

17.11.2023

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello dos Blancos para a execución da obra de mellora das instalacións de depuración primaria dos Blancos (Ourense).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello dos Blancos que permitan ao Concello acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a obra de mellora das instalacións de depuración primaria dos Blancos (Ourense).

47.822,47 €

18.11.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Arteixo para o saneamento na parroquia de Monteagudo, fase I, Arteixo (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento Rural Galicia 2014-2020.

Ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2025 e reaxustar as anualidades.

545.000,00 €

26.11.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Lousame para a execución da actuación de construción de rede de saneamento e estación depuradora de augas residuais para os lugares de Devesa, A Silva, Berrimes, Quintáns e Costa. Lousame (A Coruña)

Modificar o título do convenio, reaxustar as anualidades, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2026, establecer que as actuacións serán cofinanciadas polo Feader no marco do Plan estratéxico da política común de España 2023-2027 en Galicia.

1.108.940,82 €

28.11.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Melide para a ampliación do saneamento na parroquia de Santa María. Melide (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Aumentar o importe do convenio en 2.750,50 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2024 e reaxustar as anualidades.

152.750,50 €

30.11.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Cabana de Bergantiños para acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a actuación de abastecemento a Nantón e Anos. Cabana de Bergantiños (A Coruña).

Modificar o título do convenio, reaxustar as anualidades, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2026, establecer que as actuacións serán cofinanciadas polo Feader no marco do Plan estratéxico da política común de España 2023-2027 en Galicia.

1.363.981,74 €

1.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio.

Sen custo económico

4.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Gondomar para a mellora da drenaxe na confluencia dos ríos Miñor e Zamáns en Gondomar (Pontevedra), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Modificar o título do convenio, modificar o punto 4 da cláusula segunda.B), reducir o importe do convenio en 129.613,05 €, reaxustar as anualidades, ampliar a vixencia do convenio ata o 31.12.2025, establecer que as actuacións serán cofinanciadas co programa Galicia Feder 2021-2027 e engadir a cláusula relativa ao principio de non causar dano significativo.

2.520.386,95 €

4.12.2023

Addenda ao Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Oia para a execución da actuación de mellora do comportamento hidráulico do río Viladesuso. Fase 2. Oia (Pontevedra), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Aumentar o importe do convenio, reaxustar as anualidades, ampliar a vixencia do convenio ata o 31.12.2025, establecer que as actuacións serán cofinanciadas co programa Galicia Feder 2021-2027 e engadir a cláusula relativa ao principio de non causar dano significativo.

388.725,79 €

11.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Outeiro de Rei para a mellora do sistema de abastecemento de Outeiro de Rei. Fase II. Outeiro de Rei (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Reducir o importe do convenio en 19.442,06 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2024 e reaxustar as anualidades.

180.557,94 €

11.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Boqueixón para a execución da actuación de mellora e optimización do funcionamento do sistema de saneamento das parroquias de Lestedo e Sergude e de nova rede de saneamento noutras parroquias. Concello de Boqueixón (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio ata o 30.6.2024 e reaxustar a distribución de anualidades.

1.947.695,02 €

13.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Arbo para a execución da actuación de rehabilitación do bombeo de captación, impulsión, tratamento e conexión entre os depósitos do Couto e Arbo. Concello de Arbo (Pontevedra), financiado ao 100 % a parte elexible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19; mediante tramitación anticipada de gasto.

Aumentar o importe do convenio en 19.864,56 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2024 e reaxustar as anualidades.

2.344.864,96 €

18.12.2023

Addenda ao acordo de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade a través do Laboratorio de Saúde Pública para o control da calidade das augas subterráneas dentro do ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

Aumentar o importe do acordo en 131.977,12 € e reaxustar as anualidades.

581.545,36 €

19.12.2023

Addenda ao acordo de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Laboratorio de Medio Ambiente, e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para a realización da mostraxe, análise e aplicación de índices de valoración necesarios para o proceso de avaliación do estado das masas de auga.

Aumentar o importe do acordo en 832.755,00 €, ampliar a vixencia ata o 31.12.2024 e reaxustar a distribución de anualidades.

2.498.265,00 €

19.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Valga para reducir o risco de inundación na ARPSI dos ríos Ulla e Sar, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Modificar o título do convenio, modificar o punto 3 da cláusula segunda.B), reaxustar as anualidades, ampliar a vixencia do convenio ata o 31.12.2025, establecer que as actuacións poderán ser cofinanciadas tamén co programa Galicia Feder 2021-2027 e engadir a cláusula relativa ao principio de non causar dano significativo.

1.250.000,00 €

20.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Catoira para reducir o risco de inundación na ARPSI dos ríos Ulla e Sar, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Modificar o título do convenio, modificar o punto 3 da cláusula segunda.B), reducir o importe do convenio en 22.562,39 €, reaxustar as anualidades, ampliar a vixencia do convenio ata o 31.12.2025, establecer que as actuacións poderán ser cofinanciadas tamén co programa Galicia Feder 2021-2027 e engadir a cláusula relativa ao Principio de non causar dano significativo.

364.599,86 €

20.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Padrón para a ampliación do saneamento no Concello de Padrón, Herbón, Pazos, A Aduana, O Paraíso e O Pombal. Padrón (A Coruña), susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Adaptar o título do convenio, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2024, reducir o importe do convenio en 83.568,32 € e reaxustar as anualidades.

1.066.431,68 €

21.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Padrón para reducir o risco de inundación na ARPSI dos Ríos Ulla e Sar, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo europeo de desenvolvemento rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2026 e reaxustar as anualidades.

3.000.000,00 €

21.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Campo Lameiro para o saneamento no núcleo de Reboredo. Concello de Campo Lameiro (Pontevedra), financiado ao 100 % a parte elexible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio ata o 31.12.2024 e reaxustar as anualidades.

365.622,11 €

26.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e os concellos de Leiro e Boborás para a renovación da tubaxe desde Pazos de Arenteiro á estación de tratamento de auga potable de Leiro, susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Adaptar o título do convenio, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2024, aumentar o importe do convenio en 14.655,04 € e reaxustar as anualidades.

374.655,04 €

26.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Cambados para a execución da actuación de mellora do sistema de saneamento no concello de Cambados, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Ampliar a vixencia do convenio ata o 31.12.2025 e reaxustar as anualidades.

2.024.961,09 €

26.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Riós para a execución da actuación de mellora da rede de saneamento e abastecemento de Navallo. Riós (Ourense), financiado ao 100 % a parte elexible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, mediante tramitación anticipada de gasto.

Reducir o importe do convenio en 26.155,96 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2024 e reaxustar as anualidades.

380.450,71 €

26.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Marín para a execución da obra de mellora da rede de saneamento de Marín no contorno do río Lameira, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Reducir o importe do convenio en 18.012,08 €, reaxustar as anualidades, ampliar a vixencia do convenio ata o 31.12.2025, establecer que as actuacións poderán ser cofinanciadas tamén co programa Galicia Feder 2021-2027 e engadir a cláusula relativa ao principio de non causar dano significativo.

3.581.987,92 €

27.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Coirós para o saneamento do núcleo de Anta, Coirós (A Coruña), financiado ao 100 % a parte elexible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, mediante tramitación anticipada de gasto.

Reducir o importe do convenio en 4.388,69 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2024 e reaxustar as anualidades.

322.862,58 €

27.12.2023

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ordes para acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a actuación de abastecemento e saneamento ao Canedo desde Mesón do Vento. Ordes (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ordes que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no abastecemento e saneamento ao Canedo desde Mesón do Vento. Ordes (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

818.803,27 €

27.12.2023