DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10445

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 169, do 6 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

E unha vez detectados erros e tras as alegacións efectuadas en relación coa publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas,

DISPOÑO:

Incluír a seguinte persoa na relación definitiva de aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento galego

***6639**

Nogueiras Iglesias, Diana

Libre

Si

Modificar a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento galego

***0005**

Gallego Rodríguez, Eva María

Libre

Si

Modificar a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio, escala técnica de facultativos, especialidade de traballo social:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento galego

***2252**

Pazos Lojo, Ana

Libre

Si

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo, así como o da posesión do Celga requirido. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2024

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública