DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2023/00240).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas cuxos datos se mencionan no anexo a resolución ditada no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (PR212A), porque non foi posible a notificación persoal aos interesados.

A resolución foi ditada pola persoa titular da xefatura territorial, cuxo texto íntegro, así como o seu respectivo expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A resolución notificada non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser impugnada en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, a resolución devirá firme.

Lugo, 18 de xaneiro de 2024

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE/pasaporte

Acto notificado

LU-2023/00240

BA008641

AW091660

Resolución de denegación da inscrición