DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se acorda notificar a resolución de arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal aos interesados (expediente PO-2023/00710 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado atópase á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 2024

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-2023/00710

YE202875

PO-2023/00710

36131116W

PO-2023/00752

156811665

PO-2023/00752

76868741G