DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 15 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Noia (expediente IN407A 2023/420-1).

Expediente: IN407A 2023/420-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: CT e RBT A Barquiña 26.

Termo municipal: Noia.

1. Características técnicas:

  • Desconexión e desmontaxe (peche e desmantelamento) do CT tipo intemperie A Barquiña (expediente 34.167/matrícula 15AJ56) de 160 kVA de potencia e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV, actualmente instalado no apoio nº 15CHSL-4-CT (matrícula 9N8JUSJ2) pertencente á arquitectura da liña TA2-802, de formigón tipo
    FL-HV-1000/12-CR1-CAI, localizado no lugar da Barquiña, e de toda a súa aparellaxe de media e baixa tensión.
  • No apoio nº 15CHSL-4-CT anterior, instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de xogo de pararraios autoválvulas.
  • Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, dotado de equipamento de telecontrol e telexestión e cadro de baixa tensión con catro saídas.
  • Nova liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 142 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) proxectado no apoio nº 15CHSL-4-CT e remate en cela de liña do novo CT proxectado.
  • Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) existente.

2 . Lexislación de aplicación:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
  • Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
  • Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
  • Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
  • Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
  • Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
  • Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente IN407A 2023/420-1.

CT e RBT A Barquiña 26.

Termo municipal de Noia.

Parcela proxecto

Propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº
do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Josefa Pérez García

15058A015019090000QE

Tras da Granxa

CT e acceso

32,23

Rústico Agrario