DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 15 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Abegondo (expediente IN407A 2023/423-1).

Expediente: IN407A 2023/423-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol na LMT BEG-703-apoio ALTT0D2Q//30-A-11.

Termo municipal: Abegondo.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa traza actual, do treito da liña BEG-703 (autorizado no expediente 50.618), de 182,3 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre os seus apoios nº 30-A-10 (matrícula ALUBG45G) de formigón tipo AM-AL-HV-1600/13-B2-CAI e nº 30-A-12 (matrícula ALSNBVEA) de formigón tipo AM-AL-HV-1000/13-B2-CAI, consistente en:

  • Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no treito de 48,4 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 30-A-11 (matrícula ALTT0D2Q) de formigón tipo AM-AL-HV-1000/15-B2-CAI e o apoio nº 30-A-12 (matrícula ALSNBVEA).
  • Retirada dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados no apoio nº 30-A-11 (matrícula ALTT0D2Q) antes indicado.
  • Respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 002004100NH59B0001PO cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 30-A-10, substitución do antedito apoio nº 30-A-11 (matrícula ALTT0D2Q) polo novo apoio metálico de celosía tipo AC-C-2000/16-H35-CA(CS), no cal se proxecta instalar un paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de xogo de pararraios autoválvulas e dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, que pasa a ter a condición de frecuentado.
  • Na parcela con referencia catastral 15001A003009320000JS sita no lugar do Vilar (Crendes), a 48,4 metros de distancia respecto do novo apoio nº 30-A-11, instalación dun novo apoio metálico de celosía tipo AC-C-2000/14-H35-CA(CS) que terá a condición de apoio frecuentado e que se identifica no proxecto como proxectado 2.
  • Tendido de novo condutor tipo LA-56 no van da liña BEG-703 de 49 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 30-A-11 e o proxectado 2, unha vez substituído o nº 30-A-11.
  • Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña BEG-703 de 74,4 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 30-A-10 existente e o novo apoio nº 30-A-11 proxectado.
  • Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña BEG-703 de 59,5 metros de lonxitude comprendido entre o proxectado 2 e o apoio nº 30-A-12 existente.
  • Reconstrución da LMT soterrada ao CT Pazo (matrícula 15CGVL), de 13 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se vai instalar no novo apoio nº 30-A-11 e remate en empalmes MT por realizar preto do dito apoio sobre a LMT soterrada existente.

2. Lexislación de aplicación:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
  • Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
  • Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
  • Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
  • Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
  • Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
  • Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente IN407A 2023/423-1.

Instalación de telecontrol na LMT BEG-703-apoio ALTT0D2Q//30-A-11.

Termo municipal de Abegondo.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

2

Descoñecido

15001A003009320000JS

O Vilar

Novo apoio proxectado 2

2

Rústico. Agrario

Eucaliptos