DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10937

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lousame

ANUNCIO da finalización do proceso selectivo e contratación como persoal laboral fixo.

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 817/2023, do 29 de decembro acordouse realizar a contratación como persoal laboral fixo, para obter a praza obxecto de estabilización no proceso selectivo con expediente 2022/E001/000040 (auxiliar administrativo), a favor de:

Identidade do aspirante

DNI

María Aurora Froján Sedofeito

***7970**

O que se publica no cumprimento da base xeral núm. 13 e da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Contra a resolución da Alcaldía poderán interpoñerse, alternativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous meses, segundo os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (LPACAP), e o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Lousame, 11 de xaneiro de 2024

Mª Teresa Villaverde Pais
Alcaldesa