DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2024 Páx. 11001

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade dun encargo a medio propio realizado á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) para a execución dos traballos relativos ao acondicionamento das instalacións do Instituto Feiral da Coruña para o desempeño temporal das funcións administrativas do Complexo Hospitalario da Coruña.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e o artigo 16 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dáse publicidade da Resolución do conselleiro de Sanidade e presidente do Servizo Galego de Saúde, do 12 de xaneiro de 2024, pola que se encarga á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), como medio propio personificado, a execución dos traballos relativos ao acondicionamento das instalacións do Instituto Feiral da Coruña para o desempeño temporal das funcións administrativas do Complexo Hospitalario da Coruña.

– Actividades:

Constitúe o obxecto do encargo a realización por Tragsa, como medio propio, da execución dos traballos descritos no documento de planificación do encargo relativo ao acondicionamento das instalacións do Ifeco que se anexa á resolución de encargo.

A empresa pública Tragsa encargarase de realizar as seguintes tarefas:

1. Executar os traballos derivados deste encargo a medio propio con suxeición ao documento de planificación correspondente, achegando os medios que resulten necesarios.

2. Proporcionarlle ao Servizo Galego de Saúde información periódica (mensualmente) sobre os avances das diferentes actuacións e os posibles atrancos do obxecto do encargo, así como canta información se lle solicite sobre a realización dos traballos.

3. Manter aberta en Santiago de Compostela unha oficina de enlace coa Administración.

4. Proporcionar os medios materiais que sexan necesarios ao persoal que execute materialmente a prestación. O persoal dependerá exclusivamente da empresa Tragsa, a cal terá todos os dereitos e deberes inherentes á súa condición de empregadora.

Igualmente, a empresa encargarase da dirección de obra e da execución e coordinación do plan de seguridade e saúde.

– Natureza e alcance:

Encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Financiamento:

Para a realización dos traballos obxecto deste encargo a medio propio o Servizo Galego de Saúde destinará, como máximo, a cantidade de 1.658.782,80 €, de conformidade co orzamento presentado pola empresa Tragsa, e con cargo á aplicación orzamentaria 5001 412A 6211, código do proxecto 2019 00001, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

– Prazo de vixencia:

O encargo terá unha vixencia de sete meses contado desde a súa sinatura e non se prevé a posibilidade de recepcións parciais de traballos executados, con posibilidade de prórroga.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2024

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade