DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2024 Páx. 11519

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Poio para desenvolver as facultades da fase instrutora e da colaboración na tramitación do procedemento sancionador en materia de tráfico e das facultades de recadación das multas de tráfico.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de decembro de 2023, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Poio polo Acordo do Pleno na sesión do 31 de outubro de 2023 para desenvolver as facultades da fase instrutora e da colaboración na tramitación do procedemento sancionador en materia de tráfico e das facultades de recadación das multas de tráfico.

A citada delegación realizarase pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 29 de decembro de 2023

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada por R.P. núm. 2023006130, do 2.8.2023)
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Deputado delegado de Xestión Tributaria, Patrimonio e Formación