DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2024 Páx. 11543

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de decembro de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de decembro de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude.

Advertido un erro na Resolución do 28 de decembro de 2023, publicada no DOG núm. 246, do venres 29 de decembro de 2023, é necesario facer a oportuna corrección:

• Nos postos de traballo cuxa denominación é «SUBALTERNO/A», na epígrafe «Complem. específico», onde di: «8.569,26», debe dicir: «8.351,56».

• Nos postos de traballo cuxa denominación é «SUBALTERNO/A», na epígrafe «Complem. específico», onde di: «9.464,70», debe dicir: «9.247,14».