DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2024 Páx. 11662

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, mediante o sistema de oposición, quenda libre, de cinco prazas de persoal funcionario/a de carreira, administrativo/a.

Mediante o Decreto 185/2024, do 24 de xaneiro, do concelleiro delegado da Área de Xestión Económica, Planificación Urbana, Servizos á Veciñanza e Recursos Humanos, convocouse o proceso selectivo para a cobertura das seguintes prazas vacantes no cadro de persoal do Concello das Pontes de García Rodríguez: cinco (5) prazas de administrativo/a da escala de administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1. A través do citado decreto tamén se aprobaron as bases da convocatoria.

As bases da convocatoria publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 22, do 30.1.2024.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse de acordo co previsto nas bases da convocatoria.

As Pontes de García Rodríguez, 30 de xaneiro de 2024

O alcalde
P.D. (Decreto 1529/2023, do 5 de xullo; BOP núm. 133, do 13 de xullo)
Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado da Área de Xestión Económica,
Planificación Urbana, Servizos á Veciñanza e Recursos Humanos