DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2024 Páx. 11665

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO de Acordo da Xunta de Goberno Local, do 11 de xaneiro de 2024, polo que se aproba a oferta de emprego público ordinaria para o ano 2024.

A Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión que tivo lugar o día 11 de xaneiro de 2024, aprobou, entre outros, a oferta de emprego público ordinaria para o ano 2024, comprensiva da seguinte praza:

Persoal laboral

Dotación

Vacante

Denominación

Grupo/subgrupo

Escala/subescala/clase

Nivel

1

1

Limpadora de edificios municipais

Asimilado AP

Administración especial

14

O que se fai público para xeral coñecemento, advertíndolles aos interesados que contra o dito acordo poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Tamén poderán interpoñer alternativamente recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co establecido nos artigos 30, 114.c) e 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 8, 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de optar pola interposición do recurso de reposición, non poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que haxa notificación da resolución expresa do recurso de reposición ou transcorrese un mes desde a súa interposición sen recibir a notificación, data en que se poderá entender desestimado por silencio administrativo.

O Rosal, 11 de xaneiro de 2024

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa