DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2024 Páx. 11588

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2024 pola que se nomean as persoas seleccionadas no proceso extraordinario de estabilización pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo nas prazas de técnico/a de contabilidade, técnico/a de plans de estudos, técnico/a superior de estudos, oficial administrativo/a, programador/a (técnico/a informático), condutor/a ordenanza, referenciadas no anexo I do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia convocado no Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro de 2022.

No Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro de 2022 publicouse o Anuncio do 21 de decembro de 2022 de convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico/a de contabilidade, técnico/a de plans e estudos, técnico/a superior de estudos, oficial administrativo/a, programador/a (técnico/a informático), condutor/a ordenanza, grupos I, III e IV.

O prazo de presentación de solicitudes, de 20 días hábiles, iniciouse o 16 de xaneiro de 2023, ás 0.00 horas, e rematou o 10 de febreiro de 2023, ás 23.59 horas.

O 27 de febreiro de 2023 publicouse a Resolución do 17 de febreiro de 2023, da directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, pola que se nomea a Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro. A composición da comisión modificouse por Resolución do 13 de marzo de 2023 da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (DOG núm. 57, do 22 de marzo).

Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes e de acordo coa prescrición do artigo I.4.1 das bases da convocatoria, o 5 de abril de 2023 publicouse a lista provisional de admitidos e excluídos. Rematado o prazo outorgado sen constar ningunha emenda, o 23 de maio de 2023 publicouse a resolución pola que se aproba a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas.

O 4 de outubro de 2023 publicouse o anuncio do 26 de setembro de 2023 sobre publicación dos acordos da Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, por quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas categorías profesionais, sobre a baremación definitiva das persoas que superaron o proceso selectivo e a proposta de nomeamento.

Por todo o exposto, no exercicio das competencias previstas no Decreto 79/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLVO:

Primeiro. Puntuación dos procesos

Publicar as puntuacións definitivas do concurso, para o ingreso nas categorías de técnico/a de contabilidade, técnico/a de plans e estudos, técnico/a superior de estudos, oficial administrativo/a, programador/a (técnico/a informático), condutor/a ordenanza, grupos I, III e IV, recollidas no anexo I.

Segundo. Nomeamentos

Nomear a Constantino Obeso de Lis, NIF ***9486**, como persoal laboral fixo da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural na praza de Técnico de Contabilidade (grupo I).

Nomear a José López Castillo, NIF ***6493**, como persoal laboral fixo da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural na praza de Técnico de Plans de Estudo (grupo I).

Nomear a Ana Suárez Samaniego, NIF ***4422** e Ana María García Vázquez, NIF ***6366**, como persoal laboral fixo da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural nas prazas de Técnicas Superiores de Estudos (grupo I).

Nomear a Eva Romero Gallego, NIF ***1207**, Melania Vilar Casabella, NIF ***9630**, Lucía García Mirás, NIF ***0301** e Marta López Álvarez, NIF ***9521** como persoal laboral fixo nas prazas de Oficiais Administrativas (Grupo III).

Nomear a Miguel Ramón Trincado Freitas, NIF ***6074**, como persoal laboral fixo na praza de Técnico Informático (grupo III).

Nomear a Miguel Dopico Miranda, NIF ***9917**, como persoal laboral fixo na praza de Condutor/Ordenanza (grupo IV).

Terceiro. Notificación

Notificar as persoas seleccionadas que deberán formalizar o seu contrato de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Impugnación

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou esta resolución. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2024

Inés Santé Rivera
Directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Baremación definitiva do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021 na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Categoría de técnico/a de Contabilidade (grupo I)

NIF

Apelidos e nome

Experiencia na Axencia

Experiencia fóra da Axencia

Formación

Galego

Probas superadas

Total puntos

Observacións

(*)

***9486**

Obeso de Lis, Constantino

53,4

1,5

17,5

5

0

77,4

1 e 8

***9798**

Zotes Tarrío, Yolanda Nélida

0

25,25

17,5

5

0

47,75

Categoría de técnico/a de Plans e Estudos (grupo I)

NIF

Apelidos e nome

Experiencia na Axencia

Experiencia fóra da Axencia

Formación

Galego

Probas superadas

Total puntos

Observacións

(*)

***6493**

López Castillo, José

52,2

8,75

17,5

5

0

83,45

8

***9798**

Zotes Tarrío, Yolanda Nélida

0

25,25

17,5

5

0

47,75

***1627**

Villar Fernández, María del Carmen

0

20,375

17,5

5

0

42,875

8

Categoría de técnico/a superior de Estudos (grupo I)

NIF

Apelidos e nome

Experiencia na Axencia

Experiencia fóra da Axencia

Formación

Galego

Probas superadas

Total puntos

Observacións

(*)

***4422**

Suárez Samaniego, Ana

70

1,375

17,5

4

0

91,500

12

***6366**

García Vázquez, Ana María

56,4

0

17,5

0

0

73,9

8

***9798**

Zotes Tarrío, Yolanda Nélida

0

25,25

17,5

5

0

47,75

***9805**

Balseiro Fraga, Isabel

0

24,5

17,5

5

0

47

6

***7897**

Castaño Torrado, Berta

0

25

17,5

4

0

46,5

6

***1068**

Martínez Villaverde, Juan José

0

25,875

13,56

5

0

44,435

8

***1627**

Villar Fernández, María del Carmen

0

20,375

17,5

5

0

42,875

8

***1672**

Vidal Touza, Virginia

0

19,75

10,56

0

0

30,31

1, 5, 6

***3726**

Neo Vázquez, Pablo

0

23,125

0

0

0

23,125

1, 2, 6, 9 e 10

Categoría de Oficial Administrativo/a (grupo III)

NIF

Apelidos e nome

Experiencia na Axencia

Experiencia fóra da Axencia

Formación

Galego

Probas superadas

Total puntos

Observacións

(*)

***1207**

Romero Gallego, Eva

70

0

17,5

0

0

87,5

1, 2, 3, 4 e 5

***9630**

Vilar Casabella, Melania

58,8

0

14,28

5

0

78,08

5, 6 e 10

***0301**

García Mirás, Lucía

52,8

0

17,5

5

0

75,3

***9521**

López Álvarez, Marta

52,8

0

17,5

0

0

70,3

6

***6847**

Rey Tato, Mónica

0

26,875

17,5

5

0

49,375

2, 3 e 8

***7748**

Suárez Santos, María Inés

0

27,75

6,64

0

0

34,39

1, 3, 5, 6 e 8

***6630**

García García, Beatriz

0

0

10,64

4

0

14,64

1 e 9

Categoría de Programador/a (Técnico/a Informático/a) (grupo III)

NIF

Apelidos e nome

Experiencia na Axencia

Experiencia fóra da Axencia

Formación

Galego

Probas superadas

Total puntos

Observacións

(*)

***6074**

Trincado Freitas, Miguel Ramón

70

0

17,04

4

0

91,04

3 e 8

Categoría de Condutor/a Ordenanza (grupo IV)

NIF

Apelidos e nome

Experiencia na Axencia

Experiencia fóra da Axencia

Formación

Galego

Probas superadas

Total puntos

Observacións

(*)

***9917**

Dopico Miranda, Miguel

53,4

0,75

17,5

0

0

71,65

11

(*) Observacións en relación á puntuación de todas as categorías:

1. Presenta formación impartida por entidade non recoñecida.

2. Presenta formación en documentación non orixinal ou non autenticada.

3. Presenta formación de sindicato non homologada pola EGAP.

4. Presenta formación inferior a 8 horas.

5. Presenta formación de congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

6. Presenta formación que forma parte dunha titulación académica.

7. Presenta formación sen indicar o número de horas.

8. Galego. Achega cursos de iniciación e perfeccionamento, que non computan porque equivalen a requisitos (Celga 3 e 4) para valorar os méritos /só computa o grao superior de coñecemento do galego.

9. Non acredita experiencia profesional conforme o anexo II da convocatoria.

10. Achega experiencia profesional que non corresponde coa categoría profesional á que opta.

11. Achega documentación sobre superación de probas en ente distinto da Axencia.

12. Experiencia profesional. Máximo 70 puntos.