No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 511/2023 (procedemento abreviado) interposto por Marta Maes Carballo contra a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 16 de outubro de 2023, pola que se estima parcialmente o recurso de reposición interposto pola recorrente fronte á Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria (categoría: facultativa/o especialista da Área de Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo) (DOG núm. 85, do 4 de maio).
A recorrente non está de acordo coa puntuación conseguida na epígrafe da experiencia en relación coa puntuación adicional pola prestación de servizos en centros sanitarios illados.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2024
Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos