DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2024 Páx. 12105

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 11 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 1 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (DOG núm. 246, do 29 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 6 de novembro de 2023 (DOG núm. 216, do 11 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que a proba tipo test da oposición terá lugar o día 27 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, nas aulas 2, 7 e 8 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), de acordo coa seguinte distribución:

Aula 2: categoría I-04 (titulado/a superior), I-05 (titulado/a superior veterinario/a) e I-19 (titulado/a superior especialista; titulado/a superior farmacéutico/a).

Aula 7: categoría I-37 (titulado/a superior ambiental).

Aula 8: categoría I-06 (titulado/a superior psicólogo/a).

As listaxes coa distribución de persoas aspirantes por aula estarán dispoñibles no portal web corporativo www.xunta.gal/funcion-publica/promocion-especifica

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2024

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal