DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2024 Páx. 11739

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 30 de xaneiro de 2024 pola que se modifica a autorización do centro Safe Formación, de Ourense, por ampliación das ensinanzas deportivas nas especialidades dos deportes de vela.

A titularidade do centro autorizado de ensinanzas deportivas Safe Formación, de Ourense, solicita autorización para impartir, na modalidade presencial, as ensinanzas deportivas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo en vela con aparello fixo, técnico deportivo en vela con aparello libre, técnico deportivo superior en vela con aparello fixo e técnico deportivo superior en vela con aparello libre.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas cales se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos con que deben contar os centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro Safe Formación, de Ourense, por ampliación das ensinanzas deportivas nas especialidades dos deportes de vela, quedando configurado o centro como se detalla a seguir:

Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas deportivas (CAD).

Denominación específica: Safe Formación.

Código do centro: 32020835.

Domicilio: avenida de Buenos Aires, 40, baixo.

Localidade: Ourense.

Concello: Ourense.

Código postal: 32004.

Provincia: Ourense.

Titular: Safe Educación y Formación, S.L.U.

Composición resultante:

a) Especialidade: deportes de inverno.

• Técnico deportivo en esquí alpino.

• Técnico deportivo en esquí de fondo.

• Técnico deportivo en snowboard.

• Técnico deportivo superior en esquí alpino.

• Técnico deportivo superior en esquí de fondo.

• Técnico deportivo superior en snowboard.

B) especialidade: deportes de montaña e escalada.

• Técnico deportivo en alta montaña.

• Técnico deportivo en barrancos.

• Técnico deportivo en escalada.

• Técnico deportivo en media montaña.

• Técnico deportivo superior en alta montaña.

• Técnico deportivo superior en escalada.

• Técnico deportivo superior en esquí de montaña.

C) especialidade: vela.

• Técnico deportivo en vela con aparello fixo.

• Técnico deportivo en vela con aparello libre.

• Técnico deportivo superior en vela con aparello fixo.

• Técnico deportivo superior en vela con aparello libre.

d) Ensinanzas a distancia:

Bloque común e complementario a distancia das modalidades deportivas de inverno e o bloque común das actividades de formación promovidas polas federacións deportivas, presencial e a distancia.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades