DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2024 Páx. 12409

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 5 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 86, do 5 de maio) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 65, do 4 de abril), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Declarar todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio exentas de realizar o terceiro exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.3 da convocatoria.

Segundo. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa de protección de datos de carácter persoal).

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionario de carreira.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2024

Evaristo Juncal Carreira
Presidente do tribunal

ANEXO

Posición

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

Puntuación final

1

***2549**

Lendoiro Santos, Javier

29,16

43,15

Exento

72,31

2

***7125**

García Ferreiro, Marta

35,67

36,55

Exenta

72,22

3

***9349**

Pérez García, Enrique

34,46

33,00

Exento

67,46

4

***1179**

Golobardas Otero, Lidia

33,33

34,00

Exenta

67,33

5

***2797**

Rial González, Jesús

34,98

30,65

Exento

65,63

6

***8172**

Ferreiro González, Tamara

30,12

34,00

Exenta

64,12

7

***2395**

Carrasco García, Laura

36,02

28,00

Exenta

64,02

8

***8846**

Tamayo Rodríguez, Alfonso José

28,47

33,50

Exento

61,97

9

***2170**

García Somoza, José Javier

32,11

28,05

Exento

60,16

10

***3697**

López Rúa, Carlos

32,29

27,15

Exenta

59,44

11

***3676**

Balada Pérez, Daniel

26,99

26,80

Exento

53,79