DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2024 Páx. 12255

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de febreiro de 2024, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude xustifícase polas necesidades funcionais e organizativas actuais, así como do acordo sobre as condicións de traballo do persoal dos centros de xestión propia da Consellería de Política Social e Xuventude, asinado o 5.12.2023 entre a Administración e as organizacións sindicais.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Política Social e Xuventude e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 8 de febreiro de 2024, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude nos termos que se sinalan no anexo I a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais, así como do acordo sobre as condicións de traballo do persoal dos centros de xestión propia da Consellería de Política Social e Xuventude, asinado o 5.12.2023 entre a Administración e as organizacións sindicais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 8 de febreiro de 2024, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file