DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2024 Páx. 12389

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro de 2024).

Advertidos erros materiais na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro de 2024, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 8179, onde di: «2. Dado que os requisitos para ser persoa beneficiaria desta axuda se deben cumprir con anterioridade á presentación da solicitude e que as obrigas asumidas pola persoa beneficiaria se recollen nesta orde nos artigos 20, 27 e 32, non é necesaria a aceptación expresa ou tácita da resolución regulada no artigo 21.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e enténdese aceptada coa presentación da solicitude.», debe dicir: «2. Dado que os requisitos para ser persoa beneficiaria desta axuda se deben cumprir con anterioridade á presentación da solicitude e que as obrigas asumidas pola persoa beneficiaria se recollen nesta orde nos artigos 20, 28 e 33, non é necesaria a aceptación expresa ou tácita da resolución regulada no artigo 21.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e enténdese aceptada coa presentación da solicitude.».

Na páxina 8179, onde di: «3. No caso de que o remanente de crédito existente en cada xefatura territorial sexa inferior ao importe que correspondería conceder segundo as contías establecidas nos artigos 25 e 30, poderase conceder a axuda polo importe do remanente existente, logo da aceptación pola da persoa solicitante.», debe dicir: «3. No caso de que o remanente de crédito existente en cada xefatura territorial sexa inferior ao importe que correspondería conceder segundo as contías establecidas nos artigos 26 e 31, poderase conceder a axuda polo importe do remanente existente, logo da aceptación pola da persoa solicitante.».

Na páxina 8181, onde di: «3. Nos casos en que se solicite ademais o bono de formación, o pagamento terá lugar unha vez xustificada a formación realizada segundo o indicado no artigo 32.», debe dicir: «3. Nos casos en que se solicite ademais o bono de formación, o pagamento terá lugar unha vez xustificada a formación realizada segundo o indicado no artigo 33.».

Na páxina 8182, onde di: «1. Sen prexuízo das obrigas establecidas con carácter específico para cada liña de axudas nos artigos 27 e 32, son obrigas das persoas beneficiarias das subvencións as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, en especial, as seguintes:», debe dicir: «1. Sen prexuízo das obrigas establecidas con carácter específico para cada liña de axudas nos artigos 28 e 33, son obrigas das persoas beneficiarias das subvencións as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, en especial, as seguintes:».

Na páxina 8183, onde di: «... nos casos establecidos nos artigos 28 e 33 para cada liña de axudas.», debe dicir: «... nos casos establecidos nos artigos 29 e 34 para cada liña de axudas.».

Na páxina 8190, onde di: «1. Procederá o reintegro das axudas cando a persoa beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 27.1 desta orde.», debe dicir: «1. Procederá o reintegro das axudas cando a persoa beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 28.1 desta orde.».

Na páxina 8190, onde di: «b) Cando se efectuou a substitución, pero esta non foi feita cunha nova persoa traballadora pertencente a algún dos grupos recollidos no artigo 25», debe dicir: «b) Cando se efectuou a substitución, pero esta non foi feita cunha nova persoa traballadora pertencente a algún dos grupos recollidos no artigo 26».

Na páxina 8191, onde di: «a) A persoa traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma cuxo contrato se subvenciona a través do bono de contratación e, polo tanto, cumprir os mesmos requisitos que se establecen no artigo 24 desta orde.», debe dicir: «a) A persoa traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma cuxo contrato se subvenciona a través do bono de contratación e, polo tanto, cumprir os mesmos requisitos que se establecen no artigo 25 desta orde.».

Na páxina 8193, onde di: «No caso de que a persoa traballadora pola que se solicita a axuda establecida no bono formación cause baixa na empresa, se esta non recibiu as horas de formación establecidas no artigo 29 na súa totalidade, a entidade beneficiaria perderá o dereito ao cobramento da axuda concedida.», debe dicir: «No caso de que a persoa traballadora pola que se solicita a axuda establecida no bono formación cause baixa na empresa, se esta non recibiu as horas de formación establecidas no artigo 30 na súa totalidade, a entidade beneficiaria perderá o dereito ao cobramento da axuda concedida.».

Na páxina 8193, onde di: «No caso de que a persoa traballadora que causou baixa sexa substituída por outra persoa traballadora que cumprise as mesmas condicións que a anterior, a persoa beneficiaria poderá percibir a axuda establecida no bono formación no caso de que esta nova persoa traballadora reciba a formación na súa totalidade segundo o artigo 29.», debe dicir: «No caso de que a persoa traballadora que causou baixa sexa substituída por outra persoa traballadora que cumprise as mesmas condicións que a anterior, a persoa beneficiaria poderá percibir a axuda establecida no bono formación no caso de que esta nova persoa traballadora reciba a formación na súa totalidade segundo o artigo 30.».

Na páxina 8194, onde di: «En todo caso, as accións formativas deberán executarse no referente aos prazos establecidos, segundo o artigo 29 desta orde de convocatoria.», debe dicir: «En todo caso, as accións formativas deberán executarse no referente aos prazos establecidos, segundo o artigo 30 desta orde de convocatoria.».