DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2024 Páx. 12295

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2024 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, incluído dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS213E).

A Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, establece que, en caso de necesidade de separación de nenos, nenas ou adolescentes das súas familias biolóxicas, a entidade pública poderá acollelos na modalidade familiar ou residencial. O artigo 21.3 da dita norma establece que «co fin de favorecer que a vida do menor se desenvolva nun contorno familiar, prevalecerá a medida de acollemento familiar sobre a de acollemento residencial para calquera menor, especialmente para menores de seis anos».

A mesma norma establece no seu artigo 20.1 que o acollemento familiar poderá ser especializado, entendendo por tal o que se desenvolve nunha familia en que algunha ou algunhas das persoas que integran a unidade familiar dispón de cualificación, experiencia ou formación específica para desempeñar esta función respecto de nenos, nenas ou adolescentes con necesidades ou circunstancias especiais, e poden recibir por isto unha compensación. O mesmo artigo especifica que esta modalidade de acollemento familiar poderá ser de dedicación exclusiva cando así o determine a entidade pública por razón das necesidades e circunstancias especiais do menor en situación de ser acollido; en tal caso a persoa ou persoas designadas como acolledoras percibirán unha compensación en atención á dita dedicación.

O acollemento familiar está previsto no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia. En concreto, o punto 2.1.5 do anexo desta norma refírese ao «servizo de apoio a familias acolledoras», mentres que o 2.4.8 detalla os «servizos de acollemento familiar a menores».

Á vista das habilitacións normativas anteriores, e dada a falta de desenvolvemento na actualidade do acollemento especializado con dedicación exclusiva pola entidade pública de protección á infancia e á adolescencia da Comunidade Autónoma de Galicia, propúxose un programa piloto de implantación no marco do Mecanismo de recuperación e resiliencia, promovido polas institucións da Unión Europea en colaboración coas institucións estatais e autonómicas españolas.

Este proxecto resultou aprobado para ser financiado con fondos procedentes do MRR no marco do PRTR, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, segundo o convenio asinado para o efecto con data do 20.8.2021 entre a Consellería de Política Social e o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.312B.228.01, que figura na Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, na cal existe crédito axeitado e suficiente.

Ademais, o Decreto 229/2020, do 17 de decembro, desenvolveu o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento das prescricións legais para o establecemento do procedemento, especificacións e condicións básicas para a execución dos concertos sociais dentro da submisión ao dereito administrativo e á normativa de servizos sociais.

Cumpridos os requisitos do artigo 10 e de conformidade co artigo 11 do dito decreto, a resolución do procedemento BS213E do presente concerto social, logo da fiscalización da proposta, correspóndelle á persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude. As resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar o inicio e a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, incluído dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, que se xunta á presente resolución no anexo I, e ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución de inicio.

Segundo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

Anexo I

A) Necesidade administrativa que se pretende satisfacer.

A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, asumiu entre as súas competencias, segundo o artigo 14.1.b) do Decreto 124/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Xuventude, a protección e a tutela das persoas menores en situación de risco ou desamparo, nos termos establecidos no Código civil, na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil e, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia, modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro, na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia, e a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia.

Este concerto social pretende iniciar na Comunidade Autónoma de Galicia a implantación do acollemento especializado con dedicación exclusiva, previsto no artigo 20.1 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil.

O artigo 2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia establece que este tipo de relación xurídica se pode establecer entre a Administración xeral autonómica e aquelas entidades que ofrezan servizos sociais previstos nas carteiras de servizos vixentes que se determinen.

O anexo do Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia, establece, no referido ao acollemento familiar, os seguintes servizos:

– No punto 2.1.5, o servizo de apoio a familias acolledoras, que se estrutura en dúas modalidades:

– 2.1.5.1. Modalidade de formación, valoración e apoio familiar, que se define como o conxunto de intervencións destinadas a levar a cabo a formalización do acollemento familiar de menores, definido este como o modo de exercicio da garda da persoa menor como medida de protección, consistente na integración desta nunha familia con quen ten ou non vínculos de parentesco. A finalidade do servizo é determinar a familia máis axeitada para satisfacer as necesidades da persoa menor e dotala das ferramentas que lle faciliten o desempeño das tarefas de atención e coidado desta.

– 2.1.5.2. Modalidade de apoio económico, definida como a prestación económica destinada a compensar os gastos derivados da atención a nenos, nenas e adolescentes en réxime de acollemento familiar.

– No punto 2.4.8 dáse conta dos servizos de acollemento familiar a menores, que se definen como o conxunto de intervencións mediante as cales se exerce a garda dun neno, nena ou adolescente como medida de protección, a través da plena integración da persoa menor nunha familia coa que non se establece vinculo xurídico de filiación. A finalidade do acollemento familiar é procurar á persoa menor separada da súa familia a atención nun contexto familiar ou de convivencia axeitado, xa sexa con carácter temporal ou permanente.

B) Obxecto do concerto social.

O acollemento familiar configúrase como un recurso, con carácter reversible, clave e prioritario no sistema de protección de nenos, nenas e adolescentes (en diante, NNA), que persegue a total integración destes nun contorno afectivo e social que posibilite en maior medida o seu axeitado desenvolvemento físico e emocional.

Neste marco, a experiencia neste tipo de acollemento revela a necesidade de establecer unha nova modalidade de acollemento familiar que, mantendo as vantaxes que supón para os NNA vivir nun contorno familiar, permita que menores con especiais problemas condutuais ou con necesidades ou circunstancias especiais sexan tratados con plena dispoñibilidade e garantías de recuperar ou beneficiar o menor, ao contar algún dos membros da unidade familiar acolledora cunha cualificación profesional, experiencia ou formación específicas.

O obxecto do concerto é a prestación do servizo de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de NNA en situación de desprotección a través da realización, por parte dunha única entidade, de tarefas relacionadas con catro ámbitos:

a) Captación, selección, formación e apoio das persoas acolledoras especializadas.

b) Apoio técnico ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de NNA.

c) Xestión dos acollementos familiares especializados con dedicación exclusiva propostos pola entidade pública e coordinación con esta.

d) Fomento da relación entre a familia acolledora especializada e a de orixe seguindo as indicacións do Plan individualizado de intervención do NNA. Procurarase sempre que as ditas relacións sexan cordiais pero sen caer en informalidades e sempre baixo as directrices e recomendacións da entidade pública, que promoverá, previamente, de ser o caso, a capacitación parental destas familias de orixe.

C) Modalidade de concertación.

A modalidade de concertación é o procedemento de asignación de concertos, regulado no artigo 9 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O concerto será asignado a unha única entidade.

Varias entidades poderán concorrer integrando unha UTE, de acordo co artigo 69 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, sempre que todas elas cumpran os requisitos establecidos no artigo 6 do Decreto 229/2020 e na convocatoria deste procedemento BS213E.

D) Réxime económico do acordo.

D.1. Orzamento e crédito orzamentario a que se imputa o gasto:

A Consellería de Política Social e Xuventude financiará o custo derivado da execución do presente concerto cunha contía máxima de 910.764,38 € con fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR), no marco do PRTR, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, segundo o convenio asinado para o efecto, con data do 20.8.2021 entre a Consellería de Política Social e o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.312B.228.01, que figura na Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, na cal existe crédito axeitado e suficiente.

O Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, establecido polo Regulamento (UE) nº 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un instrumento de recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19, está regulado segundo o Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR), Decisión do Consello de Europa, do 16 de xuño de 2021, polo que se aproba o Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España (PRTR), o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do PRTR, a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, a Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR, Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que deben proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do PRTR, e o Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046, do 18 de xullo de 2018 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012 (Regulamento financeiro).

Neste contexto, a resposta normativa do Estado, dirixida a investir de forma áxil e eficaz os fondos europeos e acelerar ao máximo a recuperación económica, vén da man do Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, de medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Esta norma estatal, tal e como recolle o seu artigo 1, contén medidas destinadas a facilitar a programación, orzamentación, xestión e execución das actuacións financiables con fondos europeos, en especial os provenientes do Instrumento europeo de recuperación, coa finalidade de impulsar o crecemento económico e a creación de emprego, recuperar e reparar os danos da crise ocasionada pola pandemia do SARS-CoV-2, e promover un proceso de transformación estrutural mediante o impulso do investimento público e privado e o apoio ao tecido produtivo, a aceleración da dobre transición ecolóxica e dixital, e o reforzo e aumento da resiliencia e da cohesión económica, social e territorial no marco do mercado único europeo. Un dos seus obxectivos fundamentais, segundo reza a propia exposición de motivos, é revisar os obstáculos e dificultades existentes na normativa e nos procedementos e instrumentos de xestión pública, coa finalidade de contar cunha Administración moderna e áxil capaz de responder o desafío que supón a execución de proxectos vinculados aos fondos do Instrumento europeo de recuperación.

A urxencia que require o despregamento dos diferentes mecanismos do Instrumento europeo de recuperación para impulsar a recuperación económica reflíctese, na citada norma estatal, nunha serie de medidas para a implementación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como na incorporación de instrumentos de carácter xeral dirixidos a reducir as barreiras normativas e administrativas e outras medidas de modernización das administracións públicas, dirixidas a lograr unha xestión máis áxil e eficiente, para facilitar a absorción dos mencionados fondos.

Neste marco normativo o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 asinou, o 27 de agosto de 2021, un convenio de colaboración coa Comunidade Autónoma de Galicia para a execución de proxectos con cargo aos fondos europeos procedentes do Mecanismo para a recuperación e resiliencia, que foi publicado mediante a Resolución do 11 de setembro de 2021 (BOE núm. 230, do 25 de setembro).

O concerto encaixa na liña de investimento I2 (Plan de modernización dos servizos sociais: transformación tecnolóxica, innovación, formación e reforzo da atención á infancia) do dito Plan de recuperación, transformación e resiliencia, en concreto no proxecto número 7 (Modernización, dixitalización e mellora dos servizos de protección, atención e acollemento da infancia), incluído no compoñente 22: Plan de choque para a economía dos coidados e reforzo das políticas de igualdade e inclusión, segundo o anexo I do convenio de colaboración entre o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e a Comunidade Autónoma de Galicia, asinado o 27 de agosto de 2021, e publicado no Boletín Oficial del Estado núm. 230, do 25 de setembro, pola Resolución do 11 de setembro de 2021, da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais, para a execución de proxectos con cargo aos fondos europeos procedentes do Mecanismo para a recuperación e resiliencia (MRR).

No citado proxecto núm. 7 inclúense actuacións de promoción e fomento do acollemento familiar a través de campañas de difusión do acollemento dirixidas directamente ás potenciais familias acolledoras, a través doutras familias que xa teñan experiencia neste recurso, para favorecer o contacto directo e o intercambio real de experiencias que fomenten novas participacións. O fito da proposta de decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España, do 16 de xuño de 2021, Comisión Europea COM (2021) 322, a que contribúe, é o fito 325 (Execución de proxectos para a transformación tecnolóxica dos servizos sociais e para a modernización das infraestruturas e os servizos asociados á protección residencial e as familias de acollida), cuxo prazo de cumprimento previsto é o 4º trimestre de 2025.

A data anterior correspóndese coa especificada no anexo revisado da Decisión de execución do Consello pola que se modifica a Decisión de execución do Consello (UE) (ST 10150/2021; ST 10150/2021 ADD 1 REV 1), do 13 de xullo de 2021, relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España.

Para estes efectos, ademais da normativa indicada, son de aplicación a Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión de Plan de recuperación, transformación e resiliencia, a Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que deben proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas de compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, a Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como a normativa de desenvolvemento do PRTR e o Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión. No nivel autonómico tamén hai que ter en conta a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Segundo establece o artigo 22.2.e) do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, as partes que interveñen neste convenio están sometidas ás actuacións de control que poidan exercer a Comisión Europea, a Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), o Tribunal de Contas Europeo e, cando proceda, a Fiscalía Europea.

D.2. Distribución en anualidades:

Distribución da previsión de disposición de fondos MRR
(previsión para 30 NNA)

Denominación

Importe 2024

Acollemento especializado

910.764,38 €

Resumo de gastos

Tipo de custo

Ano 2024

Ano 2025 (posible prórroga)

Ano 2024

(posible modificación)

Ano 2025
(posible modificación)

Valor
estimado

A) Custos tramo fixo

(Sen IVE)

193.854,89 €

198.330,81 €

96.927,45 €

99.165,40 €

2.680.850,55 €

(Con IVE)

213.240,38 €

218.163,89 €

 

 

a.1) Custo de persoal

159.523,89 €

163.999,81 €

79.761,95 €

81.999,90 €

a.2) Custos indirectos

34.331,00 €

34.331,00 €

17.165,50 €

17.165,50 €

B) Custos tramo variable (sen IVE)

697.524,00 €

697.524,00 €

348.762,00 €

348.762,00 €

b.1) Custos da dedicación exclusiva da familia acolledora

540.000,00 €

540.000,00 €

270.000,00 €

270.000,00 €

b.2) Custos de manutención de 30 NNA acollidos

157.524,00 €

157.524,00 €

78.762,00 €

78.762,00 €

Totais

910.764,38 €

915.687,89 €

445.689,45 €

447.927,40 €

D.3. Prezo.

O financiamento da Consellería de Política Social e Xuventude ao presente programa realizarase a través dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia procedentes de fondos europeos, segundo o convenio asinado para o efecto entre a entón Consellería de Política Social e o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, asinado o 27 de agosto de 2021 (BOE núm. 230, do 25 de setembro) e con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.312B.228.01, na cal existe crédito axeitado e suficiente para este fin.

O prezo que a Consellería de Política Social e Xuventude aboará pola prestación do servizo obxecto deste concerto articúlase en función de dous tramos:

a) Un tramo fixo de 16.154,57 € sen IVE (17.770,03 € IVE incluído) ao mes ou 538,49 € sen IVE (592,33 € IVE incluído, segundo o artigo 20.1.8.a) da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido) ao día, no caso de que o inicio ou final da prestación do servizo non coincida co inicio ou fin do mes natural, que cobre os gastos de persoal e os custos de funcionamento da entidade concertada, de acordo co estudo de custos que figura no expediente deste concerto social.

b) Un tramo variable, que se aboará en función dos acollementos especializados constituídos cada mes. Este tramo estará composto por dous subtramos:

b.1) A dedicación exclusiva da familia acolledora remunerase cun importe de 1.500 € ao mes (50 € ao día no caso de que o acollemento comezase ou finalizase no mes en curso).

b.2) Os gastos de manutención de cada NNA acollido remuneraranse con 450 € ao mes (15 € ao día no caso de que o acollemento comezase ou finalizase no mes en curso).

A remuneración establecida na letra b) deste punto será realizada pola entidade adxudicataria do concerto. Para estes efectos, deberá establecer coas familias acolledoras a fórmula xurídica que considere máis oportuna (contrato laboral, contrato mercantil ou outras fórmulas que, a partir do desenvolvemento da disposición adicional novena da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, se axusten á normativa vixente).

Calquera que sexa a fórmula de relación entre a entidade e as familias acolledoras, as retribucións totais que reciban estas estarán suxeitas á correspondente dedución do IRPF.

As cotizacións sociais que lle correspondan á empresa, de seren necesarias en función da fórmula de relación que se presente no proxecto técnico, poderán imputarse á partida correspondente ao tramo variable indicado no programa e incluírse na factura mensual deste.

E) Duración do concerto social e posibilidade de renovacións.

Este concerto social, financiado a través dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) procedentes de fondos europeos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, terá unha vixencia desde a data de formalización do concerto ata o 31 de decembro de 2024, coa previsión de que entre en funcionamento o 1.1.2024 e con posibilidade de prórroga ata o 31.12.2025 en caso de existir crédito adecuado e suficiente.

De acordo co artigo 8 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, coa finalidade de garantir a estabilidade na provisión deste concerto social, despois do ano 2023 o programa poderá continuar tras a convocatoria dun novo concerto financiado con fondos propios ou da UE, sempre e cando exista crédito suficiente.

F) Requisitos que deben cumprir as entidades para poder presentarse ao procedemento de concertación.

Para poderen acollerse ao réxime de concerto social as entidades que presten servizos sociais deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Rntidades Prestadoras de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Contar coa solvencia suficiente segundo os seguintes indicadores:

b.1) Solvencia económica e financeira. Acreditarase por un dos seguintes medios:

b.1.1) Volume anual de negocios, referido aos tres últimos exercicios concluídos dispoñibles en función da data de creación ou inicio das actividades da entidade. Reputarase solvente a entidade licitadora que acredite ter un volume de negocios no ámbito da atención á infancia e á adolescencia, referido ao ano de maior volume de negocios dos últimos tres concluídos, por un importe igual ou superior a 350.000 €.

b.1.2) Un seguro de indemnización de responsabilidade civil por riscos profesionais, vixente ata o fin do prazo de presentación de ofertas, por un importe igual ou superior aos seguintes valores anuais: 350.000,00 €.

A súa acreditación efectuarase mediante:

1. Unha declaración responsable asinada polo representante legal do licitador, en que se expresen o importe asegurado e a súa vixencia, que deberá ser igual ou superior aos valores anuais indicados.

2. Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida, un certificado expedido pola aseguradora, en que consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro, así como un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no caso en que proceda, para garantir o mantemento da súa cobertura durante a execución do concerto.

b.2) Solvencia técnica e profesional:

Reputarase solvente a entidade concertante que acredite, cando menos, un dos seguintes requisitos:

– Ter un ou varios servizos de natureza análoga ao obxecto deste concerto, que se prestasen a algunha Administración pública ou entidade privada (contabilizados ata a fin do prazo de presentación de proposicións) cuxo importe acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior 635.964 €.

– Que, polo menos a persoa que exerza de coordinador/a e outro membro do equipo técnico conten, respectivamente, en postos de características asimilables, cunha experiencia mínima de 2 anos, dentro dos últimos 3, nalgunha empresa ou entidade que pola súa vez prestase servizos para unha Administración pública ou entidade privada, sempre que tanto o servizo prestado como as tarefas desempeñadas polo persoal teñan natureza análoga ao obxecto do concerto.

c) Contar con unha experiencia mínima de atención á infancia e á adolescencia de 2 anos.

d) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.

e) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se detallan no punto L.3 desta resolución (póliza de seguros dos locais e de responsabilidade civil).

h) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

G) Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

G.1. As solicitudes de participación na convocatoria de concerto social deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo II).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada da persoa solicitante da totalidade do contido da convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.

G.2. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

H) Documentación complementaria.

H.1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Unha relación de todos os documentos que se presentan.

b) Declaración responsable ou certificación que acredite que conta coa solvencia económica e financeira e técnica ou profesional, segundo se indica na cláusula F desta convocatoria, no caso de optar por acreditala neste momento.

c) Documentación que acredite que a entidade conta cunha experiencia mínima de 2 anos na atención á infancia e á adolescencia, no caso de optar por acreditala neste momento. No caso de que esta experiencia derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. A entidade presentará, de ser o caso, unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.

d) Relación do persoal adscrito ao servizo segundo o anexo VIII da resolución da convocatoria. O persoal poderase contratar ou asignar a este programa tras a adxudicación do concerto. Neste caso indicarase neste momento «pendente de contratación». No caso de que se manteña o persoal subrogado, indicarase o número de orde que figure na táboa de subrogación que figura para cada lote no anexo XI.

e) Documentación que acredite os criterios de selección e preferencia (cláusula P) da resolución da convocatoria:

e.1) Proxecto técnico, diferenciado nos seguintes puntos:

– Accións de divulgación do programa, en que se detallarán, polo menos, os seguintes aspectos:

• Descrición das accións de divulgación previstas, contido básico destas e medio a través do cal se levarán a cabo.

• Temporalización.

• Público destinatario.

– Proxecto formativo, en que se especificará:

• Contidos das actividades formativas.

• Metodoloxía.

• Recursos empregados.

• Duración e temporalización.

– Proxecto de intervención coas familias e nenos, nenas e adolescentes, sinalando:

• Obxectivos específicos da intervención e contidos, en función das distintas problemáticas que poidan presentarse.

• Metodoloxía.

• Recursos empregados.

• Proposta de avaliación do programa, xustificando os criterios de éxito ou fracaso empregados.

e.2) Descrición das instalacións en que se levará a cabo o servizo: para cada unha das instalacións ofertadas achegaranse as informacións e documentos seguintes:

–- Situación xeográfica, coa súa localización en plano.

– Descrición clara das súas condicións físicas e arquitectónicas, xuntando planos de planta e fotografías, tanto do exterior como dos espazos interiores, e sinalando para cada un destes o número de metros cadrados útiles e os usos correspondentes.

– Descrición do equipamento e recursos materiais con que conta.

e.3) Documentación que acredite a posesión da Marca Galega de Excelencia en Igualdade e/ou do certificado de empresa familiarmente responsable, ou documentos equivalentes.

e.4) Declaración sobre a experiencia do persoal asignado ao proxecto e documentación que a acredite (contratos laborais e certificados de ter prestado servizos en programas relacionados co acollemento familiar ou documentación administrativa que acredite a experiencia como familia acolledora), de acordo co establecido na cláusula P.

e.5) Declaración sobre a formación do persoal asignado ao proxecto e documentación que a acredite, de acordo co establecido na cláusula P.

e.6) Documentación que acredite a experiencia da entidade no ámbito da protección á infancia e adolescencia. En caso de que a experiencia da entidade se refira a programas efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, será suficiente cunha declaración responsable, que comprobará de oficio a Comisión de Valoración.

f) Certificado de estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se mencionan no punto L.3 desta resolución do concerto (póliza de seguros dos locais e de responsabilidade civil).

g) Certificado de estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

Os requisitos das alíneas a), d), e) e f) da cláusula F) serán comprobados de oficio polo órgano competente para a formalización do concerto social.

H.2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

H.3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

I) Comprobación de datos.

I.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE do representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE do persoal adscrito ao servizo.

d) Inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia das entidades solicitantes.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.

f) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g) Comprobación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Consulta da inexistencia de antecedentes penais do persoal que se designe para a prestación do servizo.

i) Inexistencia de antecedentes penais por delitos de natureza sexual do persoal que se designe para a prestación do servizo.

j) Títulos oficiais universitarios do persoal adscrito ao servizo, segundo o punto 5.4 do prego de prescricións técnicas.

I.2. No caso de que a entidade interesada se opoña á consulta, deberá indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

I.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

J) Requirimentos en relación coa identificación do perceptor final de fondos (artigo 8 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia).

En cumprimento do mandato establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) nº 2021/241 e consonte o artigo 8 da Orde HFP/1030/2021, o órgano de contratación recadará do contratista, e de ser o caso, do subcontratista, a seguinte información:

a) NIF do contratista ou subcontratistas.

b) Nome ou razón social.

c) Domicilio fiscal do contratista e, de ser o caso, subcontratistas.

d) Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea que é de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (anexo V).

e) Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto de xestión (anexo VI).

f) Os contratistas acreditarán a inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal da Administración Tributaria ou no Censo equivalente da Administración Tributaria foral, que debe reflectir a actividade efectivamente desenvolta na data de participación no procedemento de licitación.

K) Órganos competentes para a tramitación e resolución do procedemento.

A tramitación deste procedemento de concerto social correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude.

A resolución correspóndelle, de acordo coa posibilidade de delegación que se recolle no artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude.

L) Procedemento do concerto social.

L.1. Instrución.

1.1. Este concerto realizarase mediante o procedemento de asignación seleccionando a entidade prestadora do servizo segundo as prestacións ou programas que prestará durante o concerto social, de acordo cos criterios de selección e preferencia desta convocatoria.

1.2. Correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a instrución do procedemento que verificará que as solicitudes das entidades reúnen os requisitos exixidos e achegaron a documentación preceptiva.

L.2. Informe da Comisión de Valoración.

2.1. A Comisión de Valoración fará público o resultado das súas deliberacións a través do portal web da Consellería de Política Social e Xuventude.

2.2. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe en que figurará unha listaxe ordenada, de acordo coas puntuacións obtidas, en que proporá para a execución do concerto a entidade que reúna maior puntuación.

L.3. Documentación que debe presentar a entidade adxudicataria.

Unha vez aceptada pola Consellería de Política Social e Xuventude a proposta da Comisión de Valoración, a entidade seleccionada deberá presentar a seguinte documentación:

– Anexo III. Documentación que presenta a entidade adxudicataria.

– Anexo IV. Declaración de ausencia de conflito de intereses (DACI).

– Anexo V. Modelo de declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

– Anexo VI. Modelo declaración de compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

– Anexo VIII. Relación de persoal adscrito ao servizo, detallando os datos que non se achegaron coa solicitude.

– Anexo IX. Consentimento individualizado da comprobación de datos asinado polo persoal adscrito ao servizo.

– Documentación que acredite a formación e experiencia do persoal asignado ao proxecto (contratos laborais e certificados de ter prestado servizos en programas relacionados co acollemento familiar ou documentación administrativa que acredite a experiencia como familia acolledora), en caso de non tela presentado coa solicitude.

– Documentación que acredite a solvencia económica e financeira e técnica ou profesional, de acordo coas fórmulas escollidas na declaración responsable presentada coa solicitude, de ser o caso.

– Documentación que acredite a subscrición dos seguros que se mencionan a continuación:

A entidade adxudicataria virá obrigada á constitución dunha póliza de seguros para a cobertura dos seguintes riscos:

1. Póliza de seguros que cubra os danos e sinistros que se produzan nos locais, bens, aparatos e materiais afectos ao servizo.

2. De responsabilidade civil que cubra:

– Os danos que puidese sufrir calquera persoa, en si mesmas ou nos seus bens, e que deriven do funcionamento dos locais da entidade adxudicataria con que conta o programa.

– Os danos que puidesen ser causados ás persoas e aos bens de terceiros, polos profesionais e, en xeral, calquera persoa dependente da entidade adxudicataria, incluídos os actos derivados de actividades realizadas relacionadas coa prestación do servizo.

A suma asegurada deberá ser dun mínimo de 150.000 € por sinistro e 300.000 € por anualidade.

A xustificación da póliza subscrita e do pagamento da prima deberá realizarse no momento da formalización, e cada vez que se renove a póliza.

– O xustificante de presentación na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración Pública ou nas delegacións provinciais da Axencia Tributaria de Galicia-Atriga) da garantía que se exixe no punto T.2 desta resolución.

L.4. Formalización do concerto.

1. Este concerto social formalizarase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

2. O documento de formalización será subscrito, en representación da Administración, pola persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica ou pola persoa en que delegue.

3. O concerto perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

4. Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestar ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, nesta resolución de convocatoria do concerto social e nos criterios de preferencia e selección da entidade.

5. Cando por causas imputables á entidade concertada non se formalizase o concerto social, a Administración acordará a súa resolución e a incautación da garantía no caso de terse constituído.

6. Se as causas da non formalización fosen imputables á Administración, indemnizarase a entidade polos danos e perdas que a demora lle puidese ocasionar.

M) Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

N) Prazo de resolución, notificación e publicación.

N.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

N.2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

N.3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e polas entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

N.4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen 10 días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

N.5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

N.6. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.

N.7. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución de concertación será de tres meses contado desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Este prazo poderá ser ampliado, de acordo coa normativa sobre o procedemento administrativo, por un prazo máximo doutros tres meses.

N.8. Transcorrido o prazo establecido sen se ditar e notificar resolución, as entidades poderán entender desestimada a súa pretensión por silencio administrativo.

O) Recursos contra a resolución.

Este concerto terá carácter administrativo e rexeraxe nos seus efectos polo establecido nas súas cláusulas, polo disposto no artigo 18 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, así como a Lei 8/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Na súa falta, para resolver as lagoas e dúbidas que se poidan presentar, rexerase polo establecido na Lei 9/2017, do 8 de novembro, así como pola Lei 40/2015, do 1 de outubro.

As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución serán resoltas pola Consellería de Política Social e Xuventude, e os seus acordos poñerán fin á vía administrativa. Contra elas cabe recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes se a resolución fose expresa. Se o acto non for expreso, poderase interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se este fose expreso. Se non o for, o prazo será de seis meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

P) Criterios de selección e preferencia.

P.1. Para a formalización deste concerto, de acordo co artigo 33 quinquies.5 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, darase prioridade ás entidades sen ánimo de lucro, cando existan análogas condicións de efectividade, calidade e rendibilidade social, sempre que, en todo caso, se garanta a libre concorrencia e se respecten os principios de igualdade de trato, de non discriminación e de transparencia.

Entenderase que existen análogas condicións de efectividade, calidade e rendibilidade social cando as ofertas presentadas polas entidades sen ánimo de lucro superen os 40 puntos, segundo o baremo establecido no punto 2 desta cláusula.

Cando non se dean análogas condicións de efectividade, calidade e rendibilidade social, ou en ausencia de entidades de iniciativa social, a Administración poderá concertar co resto de entidades prestadoras de servizos sociais.

P.2. Neste procedemento de asignación de concerto establécense os seguintes criterios para a selección da entidade adxudicataria, coa finalidade de acadar unha valoración que sirva para establecer unha orde de prelación para concertar:

a) Calidade do proxecto técnico (40 puntos), baremado de acordo cos seguintes criterios:

a.1) Accións de sensibilización, difusión e captación do programa, ata 12 puntos, segundo os seguintes criterios:

– Plan de sensibilización: coñecemento do programa á poboación xeral sobre as dificultades e necesidades dos menores de protección. Ata 2 puntos.

– Difusión e captación de potenciais destinatarios: incidencia en colectivos sociais e profesionais vinculados á infancia. Ata 6 puntos.

– Adecuación do formato, contido e metodoloxía e medios recursos empregados aos obxectivos pretendidos. Ata 2 puntos.

– Accións de implicación das propias familias na difusión do programa, que promova a creación de sinerxías entre elas. Ata 2 puntos.

a.2) Proxecto formativo das posibles familias, ata 8 puntos, segundo os seguintes criterios:

– Adecuación de contidos, metodoloxía, recursos e avaliación empregados respecto aos obxectivos pretendidos. Ata 6 puntos.

• Información (orientada cara á autoselección) e formación (retos derivados das necesidades e circunstancias especiais en relación co interese superior do menor e retos do propio acollemento, derivados da desprotección infantil).

• Formación: motivación, expectativas e competencias parentais.

– Facilidade de acceso ás actividades tendo en conta a súa distribución xeográfica e temporal: rexistros asociados. Ata 2 puntos.

a.3) Proxecto de intervención coas familias e menores, ata 15 puntos, tendo en conta a coherencia entre as distintas problemáticas e necesidades das persoas menores atendidas e os obxectivos, contidos, metodoloxía e actividades propostos.

• Información e formación: necesidades dos nenos, nenas e adolescentes derivadas da desprotección e necesidades derivadas das circunstancias especiais.

• Colaboración cos servizos de protección na valoración da adecuación. Solicitude, documentación e proposta de declaración de adecuación.

• Plan de integración diferencial, en función das diferentes características dos nenos e nenas: idade, enfermidade crónica ou discapacidade, diferencias culturais e raciais, grupos de irmáns e outras.

• Intervención na preparación do menor, axuste, formalización do acollemento, apoio e seguimento.

• Servizos de apoio e acompañamento familiar.

a.4) Calidade do sistema de avaliación proposto: ata 5 puntos.

b) Instalacións en que se levará a cabo o servizo: ata 10 puntos, de acordo cos seguintes criterios:

b.1) Dimensións, distribución e grao de adecuación dos espazos, así como grao de adecuación dos equipamentos ás actividades que se vaian realizar, incluída a situación xeográfica. Ata 5 puntos.

b.2) Grao de conservación, calidade e confortabilidade dos espazos e equipamentos, incluída a accesibilidade. Ata 5 puntos.

c) Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade, ata 10 puntos.

De acordo co establecido no artigo 57 da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, valorarase a existencia na empresa de políticas en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade que se apliquen na execución deste concerto do seguinte xeito:

c.1) Estar en posesión da Marca galega de excelencia en igualdade, ou equivalente (5 puntos).

c.2) Estar en posesión do Certificado de empresa familiarmente responsable, ou equivalente (5 puntos).

d) Experiencia do persoal asignado ao proxecto, ata 15 puntos. Computarase un punto por cada ano de experiencia do persoal asignado ao proxecto en materia de acollemento familiar. Terase en conta tanto a experiencia laboral como persoal técnico en programas ou servizos relacionados directamente co acollemento familiar ou atención ao trauma como a experiencia como familia de acollida.

e) Formación do persoal asignado ao proxecto, ata 15 puntos. Valorarase cun punto cada dez horas de formación do persoal en materia de protección á infancia. Neste sentido, terase en conta a participación en congresos ou xornadas, sempre que as certificacións de asistencia se refiran aos dez últimos anos. Para que sexan baremadas, as actividades formativas terán que corresponder á formación regrada e homologada ou ter sido organizadas por entidades autorizadas pola Administración a prestar servizos sociais (inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, ou equivalente).

f) Por cada ano de servizo acreditado pola entidade no ámbito da protección á infancia e á adolescencia, ata 10 puntos. Computarase un punto por cada ano.

Empregarase como criterio de desempate un número de integrantes do cadro de persoal superior ao 2 % nos termos do artigo 147.1.a) e o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2010, así como o previsto no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. No caso de que varias empresas se atopen nestas circunstancias, terá preferencia na adxudicación do concerto o licitador que acredite maior porcentaxe de traballadores fixos con discapacidade no seu cadro de persoal.

Q) Composición e funcionamento da Comisión de Valoración.

Q.1. A Comisión de Valoración está composta polo persoal funcionario que a seguir se relaciona:

Titular

Suplente

Presidencia

Subdirectora xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Subdirector xeral de Demografía e Conciliación

Vogalías

Xefe/a do Servizo de Protección de Menores

Xefa do Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia

Psicóloga (SPM)

Pedagoga (SPM)

Psicólogo (SPM)

Psicóloga (SPM)

Traballadora social (SPM)

Pedagogo (SPM)

Secretaría

Xefe da Sección de Contratación

Xefe da Sección de Tramitación Administrativa

Q.2. Na organización e funcionamento da Comisión de Valoración aplicarase o disposto, en materia de órganos colexiados, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Q.3. O órgano instrutor, a través da Comisión de Valoración, poderá solicitarlles aos interesados cantas aclaracións e ampliacións de información e documentos sexan precisas para a adecuada resolución do procedemento e, en xeral, realizar cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales deba formularse a proposta de resolución, entre os que se incluirá en todo caso un prazo de corrección de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Q.4. Así mesmo, a Comisión de Valoración poderá solicitar os informes técnicos que precise nos seus labores de instrución.

R) Condicións técnicas e materiais da prestación obxecto do concerto social.

O acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva é unha modalidade de acollemento familiar polo que se exerce a garda daqueles NNA que non poden permanecer nos seus fogares, mediante a que se proporciona un lugar de residencia e convivencia que cumpra co labor dunha satisfacción das necesidades de protección, educación e desenvolvemento, incluídas as actuacións terapéuticas e rehabilitadoras necesarias. O acollemento realizarase nunha vivenda xunto cunha familia acolledora e ten o matiz de especializado, xa que algún dos membros disporá de cualificación, experiencia profesional/laboral ou formación específica para desempeñar esta función respecto de NNA con necesidades ou circunstancias especiais con plena dispoñibilidade. Percibirá por iso a correspondente compensación económica e, ao tratarse dun labor especializado, manterá unha relación fluída coa entidade adxudicataria que leve a cabo o programa. Igualmente, atenderá as entrevistas e cuestións que desde os ETM das xefaturas correspondentes se lle requiran.

De igual modo, as características especiais destes NNA fan obrigada unha estreita e nalgúns casos, moi regular, colaboración e coordinación das familias co sistema público sanitario, social e/ou educativo.

A súa finalidade é a de promover os coidados do NNA especialmente vulnerable, coa participación de acolledores cualificados, nun contorno estable de protección que favoreza a rehabilitación e o desenvolvemento emocional, e o retorno o antes posible do menor á familia de orixe, sempre que sexa posible, ou derive a unha medida definitiva como a adopción.

Como todo acollemento familiar, trátase dunha medida protectora e educativa, no sentido máis integral, no cal deberá destacar o seu carácter terapéutico (cando sexa preciso) por canto perseguirá a consecución dun cambio e unha melloría no equilibrio emocional, autocontrol e nas habilidades adaptativas do menor ou nalgúns casos soamente físico. Ademais, proporcionaráselle un contexto altamente estruturado, con límites e normas claramente definidas e supervisión, co fin de garantir unha convivencia segura e estable para un desenvolvemento axeitado no NNA. Debe tratarse dun ambiente de baixa conflitividade e no que se poida realizar un labor educativo e terapéutico.

As familias manterán, na medida en que sexa bo para o NNA, e baixo as directrices do equipo técnico do menor, contacto coa familia biolóxica sempre que sexa recomendable, segundo o momento en que se atopa esta, para acadar os obxectivos establecidos buscando o máximo nivel de integración e estabilidade posible. O xeito de realización destas visitas e contactos serán os estipulados pola entidade pública, segundo as capacidades e situación social, psicolóxica, emocional e tendo sempre presente o interese superior do NNA.

Principios xerais.

Destácanse os seguintes principios que guiarán as actuacións:

• Superior interese do menor. Como todas as medidas de protección, o acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva deberá estar sempre xustificado por ser a intervención que mellor atende os intereses concretos de cada NNA nun momento dado. Iso implica a protección e garantía dos seus dereitos fundamentais como persoa, consagrados na Convención de Dereitos do Neno e recollidos na lexislación estatal e autonómica.

• Necesidades dos NNA como eixo primordial. O deseño dos programas de acollemento familiar especializado, así como os procedementos que se establezan para o seu desenvolvemento, deberán basearse fundamentalmente na súa capacidade para cubrir adecuadamente as necesidades dos NNA.

• Atención integral, individualizada, proactiva e rehabilitadora. O acollemento familiar especializado, como ambiente temporal substitutivo do coidado familiar, debe asumir a educación integral do NNA, con especial atención ás súas necesidades afectivas e de relación. Algúns dos problemas que manifestan os NNA que usarán este recurso obrigan a prestar unha intervención altamente especializada, e faise necesario unha formulación proactiva, de detección temperá de calquera dificultade que estea a obstaculizar o seu adecuado desenvolvemento e de posta en funcionamento e/ou coordinación cos necesarios recursos terapéuticos e reeducadores. Converterase a estadía dos NNA nunha experiencia confortable, de bo trato, de reparación da confianza nos adultos, pero fundamentalmente de potenciación do desenvolvemento persoal e da integración social, centrando a intervención nas posibilidades, nas necesidades e nos obstáculos que poidan limitalo.

• Participación dos NNA. A Convención de Dereitos do Neno establece o seu dereito a participar nas decisións que os afectan. Nos procesos de intervención do sistema de protección infantil é particularmente necesario contar coa súa perspectiva, dada a transcendencia que teñen estas decisións para o seu futuro. No desenvolvemento dos programas de acollemento familiar especializado, a participación dos NNA debe ser un eixo central de traballo, xa que será interpretada non só como un dereito, senón tamén como un obxectivo educativo. Como dereito, implica tomar en consideración as opinións e suxestións dos NNA na dinámica familiar, así como nas decisións que os afectan. A participación debe ser tamén obxecto de traballo educativo e xerar experiencias de implicación persoal, fomentando o desenvolvemento das habilidades necesarias para o seu exercicio e incrementando o nivel de participación nas tarefas e xestións do fogar a medida que se van facendo maiores e van cumprindo cos obxectivos do seu programa educativo e, de ser o caso, terapéutico. Este principio débese aplicar, igualmente, promovendo a implicación dos/das acolledores/as cos profesionais que interveñan co NNA na mellora continua das metodoloxías e procedementos de actuación.

• Normalización e especialización. Trátase de dous conceptos complementarios, por canto o primeiro expón a necesidade de que os NNA acollidos poidan gozar dunha vida o máis parecida á do resto dos nenos que viven coas súas familias, tanto no deseño do ambiente físico como nas rutinas cotiás e no acceso aos recursos da comunidade. A especialización, pola súa banda, require coñecementos e destrezas para pór en marcha recursos diferenciados, capaces de cubrir necesidades altamente específicas que doutro xeito quedarían desatendidas. En ocasións, unha maior dedicación para construír contornas e colaborar en programas especializados serán algunhas das características que o diferencian claramente dun acollemento que non é especializado. Tanto a normalización como a especialización son principios necesarios do traballo en acollemento especializado. Precísase ofrecer dentro da familia acolledora referentes positivos como fontes de apoio aos procesos de aprendizaxe vicaria, a fin de favorecer o desenvolvemento nun contexto natural e potenciar os factores de protección fronte aos de risco. Potenciarase, de cara á súa normalización e segundo momentos/fases da intervención, a creación de redes sociais que constitúan alternativas referenciais diferentes e externas ao contexto do fogar, proporcionando espazos de vida normalizados e, de ser o caso, apoios sociais personalizados.

• Transparencia, eficacia e eficiencia. O acollemento especializado con dedicación exclusiva deberá ser un recurso transparente, cunha metodoloxía deseñada a partir dun proxecto educativo que o contextualice, cunha xustificación e unhas estratexias de afrontamento e abordaxe coherentes. A entidade adxudicataria incorporará sistemas de rexistro das principais actividades e incidencias que se desenvolvan, secuenciando e monitorizando a evolución dos NNA mediante unha avaliación continua.

• Proporcionalidade e intervención mínima: as actuacións basearanse no ben superior do NNA e axustaranse ás súas necesidades, polo que as intervencións deberán someterse aos principios de legalidade, necesidade, proporcionalidade e intervención mínima, buscando a mínima interferencia na súa vida escolar, familiar e social e asegurando así a ausencia de praxes e intervencións especializadas sen unha adecuada fundamentación, así como que estas non excedan o tempo e intensidade que requira cada caso.

Obxectivos xerais do servizo.

O acollemento familiar especializado pretende dar resposta aos casos en que a medida de protección proposta é o acollemento familiar e, polas características e limitacións destes NNA, este non pode facerse a través do acollemento ordinario. Trátase dun programa orientado a ampliar os recursos dispoñibles no servizo, para que cada vez máis nenos e nenas poidan beneficiarse do acollemento familiar como medida prioritaria ante a separación da familia de orixe buscando, ao mesmo tempo, un traballo e relación continuada con esta, sempre que os ETM recomenden a posible volta á familia de orixe a través do Plan de intervención individual.

Mediante o acollemento destas características trátase de dar resposta, a través de acolledores ou acolledoras especializados/as, a distintas necesidades do NNA:

• Necesidades básicas: cobertura de necesidades de alimentación, sono, hixiene, vestido, desprazamentos, aspecto persoal, seguridade, autonomía e preparación para a vida adulta.

• De saúde: cobertura médico-sanitaria completa, que se realizará preferentemente mediante recursos do Servizo Galego de Saúde. Durante o tempo que dure o acollemento recolleranse os informes médicos necesarios para levar a cabo un seguimento sistemático das persoas atendidas.

• Educativo-afectivas: apoio emocional, atención educativa, socializadora e rehabilitadora de experiencias traumáticas sufridas. Realizarase un seguimento terapéutico. Garantir, na medida en que o permita o desenvolvemento das súas facultades, que coñece e entende os motivos da separación respecto á súa familia e á súa incorporación nunha familia de acollida, facilitando a súa participación activa no proceso de toma de decisións que lle atinxen e realizando unha avaliación da súa adaptación persoal e social. Favorecer a súa integración na familia de acollida en función da súa idade e necesidades.

• Familiares: fomentar a conservación da identidade familiar dos NNA acollidos, como elemento básico da súa identidade persoal e do seu axeitado desenvolvemento, independentemente de que o obxectivo da atención sexa a reunificación familiar, a integración noutra familia ou a preparación para a independencia. Inclúe, de ser o caso, o acompañamento nas relacións e contactos cos membros da súa familia de orixe e a intervención socioeducativa nela.

• Escolar-laborais: identificación do nivel académico e das súas dificultades de aprendizaxe; localización de centros de interese, aptitudes e motivacións; facilitar a súa escolarización e a prestación de cantos apoios específicos precise para a mellora continua dos resultados académicos. Relación con profesionais do ámbito escolar para levar a cabo a axeitada integración e participación nas actividades escolares. Promover a preparación cara a un proceso de autonomía mediante a adquisición de coñecementos e ferramentas para a inserción sociolaboral no caso dos adolescentes.

• Sociais: atención para o desenvolvemento do benestar social do NNA. Promoverase a súa participación en recursos comunitarios de ocio e tempo libre, e a súa socialización en ambientes habituais para os NNA do seu tempo.

• Culturais: a Convención dos Dereitos do Neno, ratificada en España en 1990, recoñece no seu artigo 31 o dereito dos NNA ao descanso, ao esparexemento, ao xogo, ás actividades recreativas, á vida cultural e ás artes.

• Crear unha contorna de seguridade e protección para os NNA en que se minimicen as situacións conflitivas e poidan xerarse experiencias de aprendizaxe baseadas en modelos educativos adecuados de responsabilidade e relación positiva.

• Acadar, utilizando técnicas socioeducativas e terapéuticas, unha redución dos problemas psicolóxicos, psiquiátricos e unha melloría da situación emocional e física do benestar xeral dos NNA. Realizarase un traballo intensivo de tratamento socioeducativo e afectivo sobre os problemas e conflitos persoais que poidan estar na base das necesidades específicas destes NNA.

• Constituír un recurso interdisciplinar que ofreza unha gran variedade de actividades e servizos que permitan individualizar as intervencións, como a terapia individual, terapia grupal, terapia familiar, intervención e seguimento coas familias de orixe.

• Axudar os/as NNA, de acordo co que dispoña o seu Plan individualizado, a mellorar as súas competencias para afrontar as condicións que foron un obstáculo para crear un contexto familiar de benestar e a constituírse en suxeitos activos no proceso de intervención.

• Apoiar os adolescentes maiores para realizar unha transición á vida adulta axeitada mediante a intervención en habilidades xerais e específicas, o acceso aos recursos sociais, e os apoios sociais, emocionais e comunitarios.

• Favorecer o establecemento de apoios comunitarios a longo prazo e vínculos sociais que se necesiten para facilitar unha integración social axeitada despois da experiencia do acollemento.

R.1. Poboación atendida polo servizo.

O programa pretende dar unha resposta integral a todos os axentes do proceso de acollemento familiar:

• Os NNA, desde o momento que son propostos para este recurso, ata a súa integración nunha nova situación ou a maioría de idade. Esta atención ten unha dimensión educativa, de apoio persoal e emocional e tamén psicoterapéutica.

• A persoa acolledora e a súa familia, que desenvolverán o acollemento e subscribirán coa Administración pública o correspondente documento de acollemento familiar especializado cos dereitos e obrigas que se establezan.

• A familia de orixe dos NNA, sempre que a entidade pública o considere oportuno e beneficioso para o NNA.

1.1. NNA beneficiarios/as do acollemento especializado.

Poderán ser beneficiarios/as do acollemento especializado os NNA en situación de desprotección aos que se suman dificultades condutuais, especiais problemas de saúde ou outras necesidades específicas.

Considéranse NNA con necesidades especiais aqueles que requiran dunha atención psicoeducativa máis especializada e intensiva, desde un modelo de acompañamento individualizado e en convivencia a tempo completo durante o tempo preciso ata que se cese por algunha das causas previstas.

Os NNA separados da súa familia que poden ser orientados a este servizo son:

• Grupos de irmáns.

• NNA con algún tipo de discapacidade cun grao superior ao 33 % recoñecida polo EVO e/ou problemas de saúde que impliquen dificultades na autonomía persoal ou requiran duns coidados especializados para a súa axeitada atención.

• NNA que sufriron abuso sexual ou violencia de xénero.

• NNA migrantes non acompañados.

• Adolescentes xestantes e/ou con fillos/as a cargo.

• NNA en acollemento residencial con problemas de conduta, adaptación e/ou emocionais que dificultan o seu acollemento na modalidade ordinaria.

• NNA con trastornos do neurodesenvolvemento, que incluirían: discapacidade intelectual, trastornos da comunicación, trastornos por déficit de atención con hiperactividade, trastornos específicos da aprendizaxe, trastornos motores e trastornos do espectro autista.

• Problemáticas físicas que requiran de coidados moi específicos e unha dedicación especial.

En particular, favorecerase a desinstitucionalización dos NNA que leven máis tempo en centros de acollida residencial.

1.1.1. Dereitos dos menores acollidos.

As persoas menores acollidas terán os dereitos recollidos no artigo 21.bis da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor. Ademais, observaranse os seguintes dereitos dos NNA acollidos no seo destas familias:

• Dereito a contar cun proxecto individualizado de intervención, elaborado desde a entidade pública e que será desenvolvido e apoiado a través do servizo de acollemento familiar especializado.

• Dereito a que exista unha supervisión e revisión da medida protectora e da súa duración, de acordo coa evolución do menor.

• Dereito a recibir a educación obrigatoria que lle corresponda, así como á formación educativa e/ou profesional adecuada e efectiva. A escolarización garantirase preferentemente na zona do municipio en que teñan o domicilio.

• Dereito ao carácter eminentemente educativo de cantas medidas se adopten na actuación protectora, que ofrezan un marco de convivencia que favoreza o seu desenvolvemento.

• Dereito á asistencia sanitaria en xeral e aos programas individualizados de tipo terapéutico que fomenten a súa rehabilitación en caso necesario.

• Dereito a un trato respectuoso da súa propia dignidade, privacidade, confidencialidade, liberdades relixiosas, ideolóxicas, fomentando os valores de tolerancia, solidariedade e igualdade e demais valores democráticos establecidos polo ordenamento xurídico vixente, e a ser atendido sen discriminación por razón de sexo, raza, relixión, ideoloxía ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

• Dereito a ser informado de cantas medidas se lle vaian aplicar, así como a ter en conta a súa opinión naquelas situacións que lle incumban, e a coñecer en todo momento a súa situación legal e familiar.

• Dereito a participar na confección e realización de actividades deportivas, de lecer, laborais-culturais.

• Dereito a comunicarse libremente coa súa familia, sen prexuízo das resolucións xudiciais ou administrativas que poidan establecer as debidas limitacións.

• Dereito a formular peticións e queixas referidas á familia acolledora, á entidade de protección, ao fiscal e á Valedora do Pobo.

• Dereito ao segredo profesional e á confidencialidade.

1.2. Familia de acollida.

Só poderán ofrecerse para o acollemento especializado as persoas físicas (xa convivan en matrimonio ou parella de feito, cun mínimo de 2 anos de convivencia acreditada ou soas con ou sen fillos/as), que reúnan uns requisitos mínimos:

– De acordo co artigo 20.1 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, algunha das persoas que integra a unidade familiar debe dispor de cualificación, experiencia ou formación específica. Dado o carácter de programa piloto deste concerto, considérase neste momento que os requisitos para cumprir estes criterios deben formularse de forma aberta:

– Cualificación: titulacións relacionadas co ámbito sanitario, socio-comunitario ou socio-educativo.

– Experiencia: informe favorable da Cruz Roja e do ETM que poden recibir familias que xa tivesen iniciados acollementos e estean activas no banco da Cruz Roja.

– Formación: aquela que deseñe e poña en práctica a entidade que execute o concerto, de acordo coa oferta presentada.

– Que dispoñan de vivenda adecuada en aspectos de habitabilidade, hixiene, distribución, número de persoas que conviven nela e posibilidade de acceso aos equipamentos comunitarios. Estar, de ser o caso, adaptada a persoas con mobilidade reducida.

– Que as persoas que se ofrezan para o acollemento desfruten dun estado de saúde física e psicolóxica compatible co desenvolvemento de actividades básicas da vida diaria que garantan a adecuada atención ao menor e non prexudique o seu desenvolvemento.

– Que presenten autonomía na toma de decisións, capacidade afectiva, madurez emocional, tolerancia á frustración e habilidades persoais suficientes para exercer adecuadamente as funcións e responsabilidades inherentes á garda.

– Que posúan actitudes e aptitudes, dispoñibilidade, expectativas e motivacións adecuadas sen condicionamentos familiares, morais ou sociais que posibiliten a atención da NNA.

– Que dispoñan de capacidades e habilidades educativas, que teñan en conta criterios de corresponsabilidade necesaria de homes e mulleres no coidado das persoas menores e a necesidade de establecer relacións familiares desde a igualdade.

– Que dispoñan de habilidades persoais para abordar e adaptarse a situacións novas que se poidan producir como consecuencia do acollemento.

– No caso de parellas, que exista vontade compartida de aceptación do acollemento.

– Que as persoas que convivan no domicilio participen das actitudes, aptitudes, habilidades, capacidades, expectativas, motivacións e vontade xeral para o acollemento familiar e manteñan coas persoas acollidas unha relación de convivencia adecuada.

– Que presenten actitudes e dispoñibilidade para comprender e aceptar os feitos diferenciais de ser persoa acolledora e capacidade para facerlle fronte de maneira adecuada.

– Que comprendan e teñan capacidade de entender a dificultade que entraña para a persoa acollida incorporarse a unha nova familia e establecer un vínculo emocional para compensar ou reparar o dano previo.

– Que as persoas que se ofrecen para o acollemento teñan capacidade para asumir o carácter temporal e favorecer o tránsito cara á reintegración ou cara a outra medida de protección.

– Respecto ás diferencias étnicas, lingüísticas, culturais, sociais, así como aos seus antecedentes persoais e familiares.

– Que exista disposición a favorecer a relación entre o NNA e a familia de orixe cando esta se considere necesaria.

– Que existan apoios externos no contorno.

– Que teñan unha actitude positiva e disposición cara á formación, ao asesoramento e á orientación.

Todos os membros da familia conviventes deberán estar de acordo coa iniciativa de acollemento, e deberá contar co consentimento do NNA acollido se ten suficiente madurez e, en todo caso, se é maior de 12 anos.

Valorarase positivamente a experiencia previa en acollemento familiar e a predisposición a seren formados/as en diferentes temáticas como adolescencia, aspectos xurídicos...

Será compatible que unha mesma familia acolledora poida participar ao mesmo tempo do acollemento familiar especializado e do acollemento familiar de carácter ordinario, sempre que as persoas menores de idade en acollemento familiar especializado non superen, en ningún caso, o número de dous NNA, salvo que esteamos a falar de grupos de irmáns.

1.2.1. Dereitos das familias acolledoras.

• Recibir información acerca da natureza e efectos do acollemento, así como preparación previa, seguimento e apoio técnico especializado durante e ao final deste. No caso de NNA con discapacidade, os acolledores terán dereito á orientación, acompañamento e apoio adaptados ás peculiaridades do/da neno/a ou adolescente.

• Ser oídos pola entidade pública antes de que esta adopte calquera resolución que afecte o NNA, especialmente antes de modificar ou suspender temporalmente o réxime de visitas ou de relación ou comunicación coa familia de orixe.

• Ser informados do plan individual, así como das medidas de protección relacionadas co acollemento que se adopten respecto ao NNA acollido, das revisións periódicas, e a obter información do expediente de protección do NNA que lle resulte necesaria para o exercicio das súas funcións.

• Recibir unha compensación económica mensual de acordo coa normativa que dite a entidade pública de protección. Teranse en conta os seguintes criterios:

– Consideraranse gastos derivados do acollemento os gastos diarios de aloxamento, alimentación, vestido, ocio educativo, mobilidade, actividades físicas e deporte e asistencia médica, así como os destinados á educación e instrución das persoas acollidas.

– Entenderanse por gastos extraordinarios aqueles tratamentos especiais dos NNA que sexan basicamente necesarios para o seu desenvolvemento integral e que non estean incluídos na cobertura do sistema sanitario público, en ningún dos programas específicos de atención xestionados polo sistema de protección de menores, nin poidan ser cubertos por outras vías normalizadas (subvencións, servizos públicos ou de asistencia gratuíta, etc.). Consideraranse gastos de asistencia médica cualificados os tratamentos odontolóxicos ou de ortodoncia, médicos de calquera especialidade, psicolóxicos, logopédicos ou pedagóxicos, así como o uso de próteses e a realización de probas diagnósticas que non estean cubertas total ou parcialmente pola rede sanitaria pública, cuxa contía sexa igual ou superior a 60 €.

– As compensacións económicas aos acolledores/as serán compatibles coas axudas ou subvencións públicas ou privadas que poidan concederse para atender os gastos de comedor escolar, asistencia médica, realización de actividades formativas, para a adquisición de material escolar e libros de texto do NNA e con calquera outra axuda destinada ás familias para o mantemento das persoas menores de idade ao seu cargo que non teña por obxecto exclusivamente as persoas menores de idade en acollemento familiar.

• Solicitar o cesamento da medida de acollemento especializado.

• En todo caso, aos mesmos dereitos que a Administración pública recoñece ao resto de unidades familiares.

• Aqueles recollidos no artigo 20 bis da Lei orgánica 1/1996 e non estean mencionados nos puntos anteriores.

1.2.2. Obrigas das familias acolledoras:

• Velar polo benestar e interese superior do NNA, telo na súa compañía, alimentalo, educalo e procurarlle unha formación integral nun contorno afectivo. No caso de NNA con discapacidade, deberá continuar prestando os apoios especializados que estivese recibindo ou adoptar outros máis axeitados ás súas necesidades.

• Oír o NNA sempre antes de tomar decisións que o afecten, se ten suficiente madurez, e en todo caso, se é maior de 12 anos, sen exclusión ningunha por discapacidade e a transmitir á entidade pública as peticións que este poida realizar dentro da súa madurez.

• Asegurar a plena participación do NNA na vida de familia.

• Informar a entidade pública de calquera feito de transcendencia en relación co NNA.

• Respectar e facilitar as relacións coa familia de orixe do NNA, na medida das posibilidades dos/das acolledores/as especializados/as, no marco do réxime de visitas establecido a favor daquela e a reintegración familiar, de ser o caso.

• Colaborar activamente coa entidade pública no desenvolvemento da intervención individualizada co NNA e seguimento da medida, observando as súas indicacións e orientacións.

• Respectar a confidencialidade de datos relativos aos antecedentes persoais e familiares do NNA.

• Comunicar á entidade pública calquera cambio na situación familiar relativo aos datos e circunstancias que se tomaron en consideración para o acollemento.

• Garantir o dereito á intimidade e á identidade dos NNA acollidos e o respecto á súa propia imaxe, así como velar polo cumprimento dos seus dereitos fundamentais.

• Participar nas accións formativas que se propoñan.

• Colaborar no tránsito da medida de protección do NNA á reintegración ao seu contorno de orixe, a adopción, a outra modalidade de acollemento, ou ao contorno que se estableza tras a adopción dunha medida de protección máis estable.

• Os/as acolledores/as familiares terán as mesmas obrigas respecto do NNA acollido que aqueles que a Lei establece para os titulares da patria potestade.

1.3. Familia de orixe:

Seguindo as indicacións do equipo técnico do menor que leve o caso e sempre que exista un prognóstico de regreso coa familia ou haxa un núcleo familiar co que poida manter contacto o NNA, débese incluír no proxecto individualizado de intervención o obxectivo de apoio e traballo con estas familias.

A finalidade principal consiste en que desenvolvan habilidades para manexar os conflitos que deron lugar á situación de desamparo da NNA e mellorar a relación, especialmente se van convivir xuntos no futuro. A entidade adxudicataria ofertará actividades de capacitación parental e estas non suporán, en ningún caso, duplicidade con outras intervencións que se poidan realizar desde outros organismos públicos; para iso requerirase unha boa rede de coordinación tanto co ETM como cos demais organismos (servizos sociais comunitarios, tecido asociativo...).

A entidade colaboradora presentará un informe trimestral sobre o traballo realizado, así como os avances/retrocesos que se puidesen observar na unidade familiar.

R.2. Contidos do servizo de acollemento familiar especializado.l

O programa de acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva, a través dun traballo conxunto e colaborador coa entidade pública e calquera outra administración implicada, organizarase a través das seguintes fases ou procesos (coordinándose coa entidade pública e calquera outra Administración):

• Captación e selección de persoas acolledoras que cumpran cos requisitos previos para participar no programa, co fin de crear un banco de familias acolledoras especializadas con dedicación exclusiva, unha vez que cada unha destas fose finalmente valorada positivamente polos ETM da entidade pública.

• Formación e valoración previa das persoas e das súas respectivas unidades familiares, para determinar a súa adecuación para o acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva, emitindo un informe de valoración ante a entidade pública para que esta resolva, logo de valoración e proposta sobre a súa adecuación.

• Preparación da familia e do NNA seguindo as indicacións dos ETM e o proceso de transición previo ao acollemento.

• Seguimento e intervención estable ao longo de todo o proceso de acollemento, incluíndo tanto a intervención individualizada en cada caso como a formación continua grupal, así como a dispoñibilidade para responder ante situacións de urxencia.

• Apoio técnico de preparación e apoio nas visitas do NNA coa familia de orixe.

• Proxecto de traballo coa familia de orixe mediante actividades de capacitación parental, seguindo as indicacións do ETM, co obxecto de acadar a reunificación familiar. Os ETM realizarán un seguimento e avaliación final da familia co fin de valorar os cambios/melloras producidos no seo desta tras as actividades de capacitación levadas a cabo polo equipo técnico da entidade adxudicataria.

• Colaboración, a partir do Plan individualizado realizado polo ETM no cesamento do acollemento e na preparación do NNA para a súa nova situación.

2.1. Captación, selección, formación e acompañamento das persoas acolledoras familiares especializadas:

Realizarán as seguintes actuacións:

• Captación dos/das acolledores familiares especializados: accións continuadas de publicidade do programa e captación de persoas interesadas en participar nel. Actualización da páxina web da entidade en relación co programa de acollementos familiares especializados, campañas e participación en xornadas que poida organizar a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

• Formación dos/das acolledores/as familiares especializados/as: deseño e realización dunha formación inicial para as persoas candidatas ao acollemento familiar especializado.

• A valoración/selección das familias acolledoras especializadas será realizada polo persoal técnico que desenvolve o programa. Esa valoración será ratificada coa declaración de adecuación pola xefatura territorial, coa proposta do ETM e posterior resolución da xefatura territorial. A valoración deberá levarse a cabo nun prazo máximo de tres meses desde a entrega completa da documentación para o ofrecemento e afectará todos os membros da unidade familiar que convivirán coa/s persoa/s que se ofrecen para o acollemento familiar especializado.

• Realización dun seguimento periódico das familias pertencentes ao programa en espera de acoller, co obxecto de verificar a súa permanencia nel e a súa situación persoal, socioeconómica e familiar.

• Acompañamento individual e grupal: realización de grupos de reflexión e análise, destinados a compartir de forma confidencial as experiencias dos/das acolledores/as especializados/as, afrontar as dificultades que se presenten e reflexionar sobre a propia práctica.

2.2. Apoio técnico ao acollemento familiar especializado cos NNA:

O acollemento familiar intégrase nun proxecto global de protección á persoa menor de idade, que comprende tamén intervencións psicolóxicas e socioeducativas co/coa neno/a ou adolescente e coa súa familia de orixe. Esta intervención vén determinada no Plan Individual de Intervención elaborado na Xefatura Territorial correspondente.

a) Serán funcións da familia acolledora:

– Informar a entidade en relación coa evolución do acollemento familiar. Observar a evolución da globalidade do caso en relación co acollemento familiar nos seus diferentes aspectos en función do que teña relación directa co neno (situación persoal, familiar, social) e non exclusivamente do NNA atendido, co obxectivo de formular a intervención máis axeitada ás súas necesidades. Deberá ser sistemática e supervisada polos profesionais do ETM da xefatura a que pertenza o caso concreto.

– Participar en reunións: promoverase que os/as acolledores/as asistan ás reunións de acompañamento (grupos de reflexión e análise e reunións de servizo), así como participar cando sexan convocados para comentar os posibles cambios/revisión do Plan individualizado de intervención ou de coordinación con outros profesionais que interveñen coa persoa menor de idade e outros membros da súa familia.

– Participar no acompañamento á persoa menor de idade no réxime de visitas e contactos con membros da súa familia de orixe e outras persoas significativas.

b) Serán funcións do persoal de apoio técnico ao programa:

– Verificar as actuacións dos acolledores, cambios que poidan darse na unidade acolledora e recursos en que participa o NNA e a familia de orixe.

– Participar na preparación e condución dos grupos de reflexión e análise.

– Atención a crises e urxencias: situacións puntuais de convivencia difícil, crises nas parellas sobrevidas polo estrés e outras situacións, sempre que o soliciten as familias acolledoras.

2.3. Programa de apoio técnico ás familias de orixe

Promoverase o traballo coas familias de orixe sempre que o prevexa o ETM no Plan individual de intervención, a través de tres accións:

• Apoio técnico ás visitas e contactos dos NNA coas familias de orixe para aumentar a súa calidade. Realizarase unha preparación previa ás visitas, un apoio profesional nelas e unha posterior valoración. O obxectivo é mellorar as capacidades parentais da familia e aumentar a súa independencia e calidade nas visitas.

• Apoio técnico especializado para a mellora das habilidades parentais e as dificultades sociais e psicolóxicas das familias de orixe. Esta intervención será individualizada e nela intervirán os profesionais necesarios dependendo das dificultades detectadas.

• Obradoiros de promoción da parentalidade positiva: establecer unha serie de sesións dirixidas ás familias de orixe que o ETM considere como posibles candidatas para a reintegración familiar do NNA nelas. Entre os contidos que aborda destacarían: desenvolvemento evolutivo e estilos educativos, novas masculinidades, promoción da resiliencia no contexto familiar, afrontamento e resolución de conflitos, autorregulación emocional e control da impulsividade, comunicación interpersoal e resolución pacífica de puntos de vista diverxentes, coparentalidade para familias en situacións de separación ou divorcio, actualización de competencias parentais para avós/avoas, recoñecemento de valores e logros individuais e grupais, persoas mozas e diversidade funcional, persoas mozas e saúde mental...

2.4. Xestión, coordinación e avaliación:

Entre as funcións asignadas á entidade que desenvolva o concerto social están:

• Dirixir o equipo de acollemento familiar especializado. Programar e coordinar as reunións do servizo, cunha orde do día determinada, destinadas a tratar sobre o funcionamento do servizo.

• Deseñar, planificar e executar as actividades do servizo e outras que sexan necesarias para o seu bo desenvolvemento.

• Responsabilizarse da xestión administrativa dos expedientes.

• Realizar o seguimento das familias acolledoras especializadas.

• Coordinación e interlocución coas xefaturas territoriais correspondentes da Xunta de Galicia e outras institucións relacionadas cos NNA co que se estea a intervir.

• Realizar unha avaliación anual do servizo e elaborar a memoria correspondente, tanto económica como técnica.

A entidade adxudicataria deberá comunicar con antelación e por escrito, ao Servizo de Protección de Menores dependente da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, calquera proxecto de publicación, celebración de xornadas, congresos ou outro tipo de actuación de transcendencia exterior, que deberá, así mesmo, contar coa súa conformidade antes de levarse a cabo.

Nas súas intervencións, a entidade adxudicataria terá en conta os seguintes aspectos:

• A intervención responderá a un plan interdisciplinar en que o educativo e o terapéutico, de ser necesario, se integren nun enfoque único que incorporará os necesarios aspectos educativos cos psicolóxicos, clínicos, médicos, sociais e familiares. A acción educativa debe ir en consonancia cos obxectivos do tratamento ou acción terapéutica, polo que as accións educativas e as terapéuticas deben ser consistentes no tempo, coherentes coas intervencións educativas da familia acolledora e estar consensuadas de modo que o NNA non aprecie desacordo entre elas.

• Tanto no nivel educativo como terapéutico os obxectivos deberán formularse da forma máis clara e observable posible, de modo que o seu cumprimento poida ser comprobado polo NNA e sexa consciente dos seus logros.

• Normalización: os obxectivos da intervención deben favorecer a incorporación ou acceso do NNA aos recursos normalizados da comunidade e a adquisición dunha maior autonomía e participación na vida da comunidade.

• Pedagoxía da vida cotiá: a vida diaria en familia é o espazo fundamental onde se desenvolve a acción social e educativa, polo que se deben planificar e estruturar as situacións co fin de que se convertan en experiencias educativas con valor pedagóxico e significativo para a persoa menor.

• Perspectiva de xénero: na intervención terase en conta o xénero no proceso de conformación da identidade, que permita recoñecer os factores de risco e protección asociados a esta variable e a considere como factor de desenvolvemento e integración social.

• Potenciación: teranse en conta as necesidades e as carencias dos NNA co obxecto de fomentar a súa autonomía e madurez persoal e superar os seus déficits formativos, culturais e de habilidades persoais e sociais, pero tamén se deberá aproveitar e potenciar as súas fortalezas, as súas competencias e os seus puntos fortes. As actividades, rutinas e ritmos da familia acolledora brindarán oportunidades para adquirir pautas de autonomía e desenvolvemento, tanto polo impulso de novas aprendizaxes e experiencias como polo traballo específico para recuperar carencias e déficits que poidan ser un obstáculo para un axeitado desenvolvemento.

• Integración: o NNA será considerado de forma integrada para lograr o arraigo e inclusión na súa realidade social.

• Participación e responsabilidade: a participación de cada NNA no seu proceso de maduración e desenvolvemento é fundamental. Os NNA serán escoitados, tendo en conta o seu nivel madurativo, sobre as decisións que os afecten. Cando a idade e a madurez o permita, participarán activamente na elaboración e avaliación do seu proxecto socioeducativo individualizado. Tamén se fomentará a participación na vida diaria da familia poñendo en valor a responsabilidade que aquela leva consigo.

• Traballo en rede: a entidade adxudicataria reunirase e atenderá as directrices do ETM que é o responsable do caso. Así mesmo, coñecerá as intervencións que co/coa NNA ou coa familia de orixe (de ser o caso) se estean levando a cabo co obxectivo último de ter unha mirada coherente e unificada.

R.3. Medios para a prestación do servizo.

3.1. Locais e equipamento:

A entidade adxudicataria proporcionará a totalidade dos medios e materiais necesarios para facilitar unha atención adaptada ás condicións do servizo, entre os que se atopan o/os local/locais, material informático, telefónico... adecuados para o desenvolvemento das súas funcións.

3.2. Desprazamentos e axudas de custo:

Todos os gastos derivados de desprazamentos e axudas de custo serán por conta da entidade adxudicataria.

3.3. Marco de actuación:

A entidade adxudicataria deberá garantir o cumprimento dos procedementos establecidos pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a normativa que afecte o servizo.

3.4. Medios humanos:

Os medios persoais necesarios para o funcionamento do servizo serán de contribución da entidade adxudicataria, que deberá poñer á disposición do servizo o persoal necesario e coa adecuada preparación técnica para a atención dos NNA, familias acolledoras especializadas e familias de orixe que son obxecto deste concerto.

A Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica poderá, en calquera momento, comprobar o cumprimento das ratios de persoal da entidade vinculada ao contrato, mediante o requirimento dos documentos (RLC)-Relación nominal de traballadores, ou ben mediante a comprobación in situ a través dos seus servizos de inspección.

A entidade adxudicataria deberá atender debidamente as necesarias substitucións de persoal do equipo técnico en caso de baixa, vacacións, licenzas, etc.

O persoal que forme parte do equipo técnico, así como os/as acolledores/as especializados/as deberán achegar, de acordo co artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos.

O equipo técnico interprofesional estará constituído por:

A. Coordinador/a: será o/a encargado/a de coordinar o equipo de traballadores/as e o/a interlocutor/a coas administracións públicas. Intervirá tamén coas familias e menores. Contará coa titulación de Traballo Social.

As súas funcións, entre outras, serán:

• Cumprir as instrucións, directrices e resolucións que a entidade pública dite ao respecto.

• Dirixir e coordinar os servizos prestados pola entidade e supervisar as tarefas do persoal vinculado ao servizo, de xeito que se garanta a interdisciplinariedade e a calidade da intervención.

• Planificar e supervisar a intervención educativa.

• Controlar que as instalacións e materiais sexan os precisos e que estean en bo estado para o desenvolvemento da actividade.

• Asegurar o cumprimento da normativa vixente, das directrices e instrucións das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social e Xuventude e da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, así como das normas de funcionamento interno do servizo.

• Velar polo cumprimento dos dereitos das persoas usuarias e dos seus proxectos educativos individuais.

• Informar os NNA e as súas familias, se é o caso, de forma comprensible e axeitada á súa idade e circunstancias, acerca do funcionamento do acollemento especializado con dedicación exclusiva e dos seus dereitos e obrigas.

• Garantir o adecuado tratamento das queixas, reclamacións ou suxestións de mellora formuladas polas persoas usuarias do servizo.

• Xestionar adecuadamente, en representación da empresa/entidade titular da prestación do servizo, tanto os recursos económicos como os de persoal, co fin de proporcionar unha axeitada atención aos NNA e ás familias.

• Establecer e manter canles de colaboración con outras entidades e organismos, perseguindo a optimización de recursos da contorna e a calidade da intervención.

• Establecer a necesaria coordinación co equipo técnico do menor e, se é o caso, cos equipos e profesionais que xestionen outros programas en que estea incluída a persoa menor, para garantir a mellora da eficacia da intervención.

• Garantir a axeitada elaboración de toda a documentación pertinente e a súa remisión aos responsables dos distintos departamentos competentes na área de menores da Xunta de Galicia.

• Asistir ás reunións, entrevistas ou actos procesuais a que sexa convocado/a.

• Asegurar a custodia e arquivamento de toda a documentación relativa ás persoas menores en condicións de seguridade, así como a súa destrución, cando proceda, en idénticas condicións.

• Velar polo cumprimento da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e o Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e demais disposicións vixentes sobre a materia.

• Elaborar avaliacións periódicas do funcionamento do servizo.

• Calquera outra que veña establecida na normativa aplicable.

B. Área administrativa: 1 profesional da familia profesional de administración e xestión, mínimo grao medio de xestión administrativa. Realizará funcións de apoio administrativo no ámbito laboral, contable e fiscal, xestión e arquivamento de documentación... Calquera outra encomendada á entidade para o bo funcionamento do programa no ámbito das funcións descritas.

C. Equipo técnico interdisciplinar que interviría como supervisores de casos: serán os encargados de deseñar e supervisar as intervencións en cada caso segundo o Plan individualizado marcado polo ETM. As súas serán funcións de apoio técnico e supervisión das actuacións como referentes do caso na entidade. Estará constituído por 1 psicólogo/a, 1 educador social e un pedagogo.

O equipo técnico interdisciplinar será o encargado de realizar intervencións individuais, grupais e terapéuticas que perseguen:

• Coordinar co ETM da xefatura territorial a que corresponda o caso do/da NNA co que se vaia pór en marcha o acollemento especializado.

• Apoiar e orientar ao longo de todo o acollemento.

• Levar un seguimento continuado da evolución do acollemento familiar.

• Axudar nos procesos de vinculación e desvinculación.

• Axudar a facer fronte ás complicacións.

• Ofrecer orientacións sobre habilidades de coidado e comprensión do significado dos comportamentos.

• Pór en marcha actividades de capacitación parental coa familia de orixe naqueles casos en que os ETM responsables do caso o consideren pertinente.

• Preparar o proceso de maioría de idade e/ou finalización do acollemento familiar.

Intervir coa familia de orixe, sempre baixo as indicacións do ETM, facilitando:

– Apoio emocional.

– Capacidades e habilidades parentais.

– Apoio familiar e social.

– Apoio instrumental.

– Apoio psicolóxico.

R.4. Relacións entre a Administración e a entidade adxudicataria.

Estableceranse accións de coordinación a varios niveis:

• Xefatura de servizo das xefaturas territoriais correspondentes a cada caso-Servizo de Protección de Menores da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica-coordinación do programa de acollemento familiar especializado.

• Entre os equipos interdisciplinares da entidade adxudicataria e os ETM da xefatura territorial a que corresponda o caso, co obxecto de que este último valore todas as familias preseleccionadas pola entidade antes de pasar ao banco de familias acolledoras especializadas, supervisar a proposta das familias tras o informe emitido pola entidade adxudicataria, entrevistar e emitir un documento sobre a familia proposta pola entidade tras coñecela e entrevistala, delimitar pautas, supervisar os casos, realizar consultas, contrastar informes, realizar accións conxuntas ante as institucións ou usuarios/as...

• O ETM da xefatura territorial a que corresponda o caso coordinarase coa entidade adxudicataria para a planificación e avaliación dos acollementos familiares especializados.

• Para o fomento da relación entre a familia acolledora especializada e a de orixe atenderase á consideración final do persoal responsable do caso na entidade pública e procurarase sempre que as ditas relacións sexan cordiais sen caer en informalidades.

• Ademais, a entidade adxudicataria comprométese a estar á disposición da Administración contratante para cantas reunións haxa que manter como consecuencia da realización deste proxecto.

• Durante o período de execución do contrato, deberán presentarse ante a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica os seguintes documentos relativos aos casos atendidos:

– Informe de valoración da adecuación: un informe por cada ofrecemento valorado que se emitirá no prazo de 3 meses.

– Informes de emparellamento, acoplamento, observación, seguimento... e cantos sexan necesarios para que a entidade pública poida ter coñecemento suficiente e preciso sobre a constitución e evolución dos acollementos especializados.

– Propostas de continuidade ou finalización das intervencións ou, de ser o caso, o cesamento dunha medida de acollemento especializado, que presentará á xefatura territorial que corresponda para a súa toma en consideración.

– Informes especiais: ademais destes documentos, deberán realizarse cantos informes sexan requiridos polos equipos do departamento de Política Social e, en especial, aqueles que deban dar conta de incidencias importantes na situación das persoas menores de idade, das súas familias de acollemento especializado, das actividades de capacitación parental realizadas ou as xestións levadas a cabo para a abordaxe dunha situación determinada.

S) Subrogación.

O persoal susceptible de subrogación, así como a información precisa para coñecer unha exacta avaliación dos custos laborais que implicará esta medida, imposta pola normativa laboral, exprésanse no anexo XI (datos sobre o persoal que se subrogará).

De acordo co establecido no artigo 34 do IV Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores, será persoal susceptible de subrogación aquel cunha antigüidade mínima de catro meses na data da adxudicación do concerto. En consecuencia, esta relación é susceptible de sufrir modificacións, que se publicarán en canto se teña coñecemento.

T) Aspectos relativos á execución do concerto social.

T.1. Dereitos e obrigas das partes.

1.1. Obrigas da entidade concertada.

A entidade concertada está obrigada a:

a) Organizar e prestar o servizo con estrita suxeición ao réxime xurídico de aplicación, de acordo coas características establecidas nesta resolución e no prego técnico do concerto e coa continuidade e calidade convida.

b) Admitir na utilización do servizo toda persoa usuaria remitida pola Administración concertante e garantir a súa prestación nas condicións que foron establecidas, de acordo cos principios de igualdade e non discriminación.

c) Prestar ás persoas usuarias de forma gratuíta os servizos establecidos no concerto social.

d) Respectar os dereitos das persoas usuarias recollidos no ordenamento xurídico e no réxime xurídico do servizo.

e) Indemnizar polos danos que se causen a terceiras persoas como consecuencia das operacións que requiran o desenvolvemento do concerto social, excepto cando o dano se produza por causas imputables á Administración. Para estes efectos, a entidade estará obrigada a subscribir un seguro de responsabilidade civil para cubrir as continxencias que se poidan producir pola prestación do servizo, segundo se indica na cláusula F e L.3.

f) Manter o servizo público conforme o que, en cada momento e segundo o progreso da ciencia, dispoña a normativa técnica, ambiental, de accesibilidade e eliminación de barreiras e de seguridade das persoas usuarias que resulte de aplicación.

g) Dar a coñecer a condición de entidade concertada mediante a difusión na documentación e publicidade das actuacións obxecto deste concerto social. A entidade concertada deberá incorporar en todo o material e documentación xerada polo programa o logotipo da identificación corporativa da Xunta de Galicia e Consellería de Política Social e Xuventude. A entidade disporá tamén dun rótulo, no lugar ou centro onde se presten os servizos, en que se identifique que o servizo está concertado coa Xunta de Galicia co seu respectivo logotipo.

Segundo a cláusula novena da Resolución do 11 de setembro de 2021, da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais, pola que se publica o convenio coa Comunidade Autónoma de Galicia para a execución de proxectos con cargo aos fondos europeos procedentes do Mecanismo para a recuperación e resiliencia, os asinantes comprométense a destacar, en cantas actividades realicen para a difusión das accións previstas neste concerto, o financiamento efectuado pola Administración xeral do Estado, así como facelo constar en cantos materiais se reproduzan e utilicen para a difusión ou publicidade do concerto financiado, de acordo co establecido no Manual de imaxe Institucional da Administración xeral do Estado.

Adicionalmente, os asinantes farán mención da orixe deste financiamento e velarase por darlle visibilidade mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuado, que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público. Esta publicidade realizarase de conformidade co establecido no artigo 34.2 do Regulamento (UE) nº 2021/241 e conforme o establecido no Manual de marca do Plan de recuperación, transformación e resiliencia confeccionado pola Secretaría de Estado de Comunicación.

https://portalayudas.mineco.gob.es/InfraestructurasDigitales/Descripcion/Documents/Manual%20de%20Marca%20PRTR.pdf

h) Comunicar á Administración calquera cambio ou variación que se produza na prestación dos servizos, en especial os relacionados co lugar en que se presten e os recursos humanos empregados.

i) Facilitar os labores de control e inspección do cumprimento do concerto social, en particular, poñendo á disposición da Administración toda a información económica, fiscal, laboral, técnica e asistencial ou de calquera outra clase que sexa precisa para este fin, con suxeición á lexislación en materia de protección de datos e á restante normativa aplicable.

j) Someterse ás actuacións de control financeiro que correspondan aos órganos competentes da Administración en relación cos fondos públicos achegados para o financiamento dos concertos sociais.

k) Comunicar á Administración concertante calquera subvención, axuda ou achega privada recibida relacionada coa prestación dos servizos recollidos nos concertos sociais.

l) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda aquela outra información necesaria para que esta cumpra as obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

m) Cumprir coas disposicións vixentes en materia laboral, de Seguridade Social, de seguridade e saúde laboral e igualdade de xénero. Ademais, deberá proporcionarlles aos seus traballadores e traballadoras un traballo de calidade e estable, protexelos fronte aos accidentes e riscos laborais e promover condicións de conciliación familiar e laboral e de igualdade de xénero.

n) Cumprir as disposicións vixentes en materia fiscal, de integración social de persoas con discapacidade, de prevención de riscos laborais e de protección do ambiente que estableza a normativa vixente, os convenios colectivos que sexan de aplicación e as recollidas nesta convocatoria.

o) Cumprir o establecido na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, en particular o establecido en relación coa comprobación de antecedentes de delitos sexuais e trata de seres humanos na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e adolescencia fronte á violencia.

p) O persoal asignado á prestación do concerto social dependerá exclusivamente da entidade concertada, a cal terá todos os dereitos e deberes inherentes á súa calidade de empregador respecto del, sendo a Administración concertante de todo allea ás referidas relacións laborais. En ningún caso poderá alegar ningún dereito o referido persoal en relación coa Administración concertante, nin exixirse a esta responsabilidades de calquera clase como consecuencia das obrigas existentes entre a entidade concertada e os seus empregados.

q) A entidade concertada facilitará que as persoas usuarias poidan formular suxestións e queixas sobre a prestación do servizo concertado, que se poderán presentar ante a Administración ou ben ante a propia entidade concertada. Para estes efectos, existirá un libro de reclamacións en que as persoas usuarias e quen as represente legalmente poderán facer constar as queixas que coiden pertinentes. A entidade concertada deberá remitir as suxestións e queixas recibidas á Administración.

r) Designar unha persoa responsable da execución do concerto, con competencia profesional e capacidade suficiente para representar a entidade en todo e canto afecte a dita execución e que será a interlocutora coa Administración.

s) Xustificar ante a Consellería de Política Social e Xuventude o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade obxecto do concerto.

t) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria, así como cantos estados contables e rexistros específicos se exixan na presente orde, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control. En particular, e dado o financiamento europeo que recibe este programa, deberanse manter rexistros contables independentes ou empregar códigos de contabilidade apropiados para todas as transaccións relacionadas co programa, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados cos fondos da Unión Europea-NextGenerationEU.

u) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. De conformidade co artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) nº 2021/241, do 12 de febreiro, polo que se establece o MRR, é preceptiva a conservación da dita documentación durante un período de 5 anos, desde o pagamento do saldo ou, na falta deste pagamento, da operación.

v) Garantir a plena dispoñibilidade en todo momento de medios materiais e persoais ofertados en cada período para a prestación do servizo.

w) Aceptar a cesión de datos ás administracións públicas implicadas nos termos indicados no anexo V.

x) Unha vez adxudicado o concerto, tamén deberá constar, no momento da formalización, a declaración de ausencia de conflito de intereses asinada polo contratista e con posterioridade e, de ser o caso, polos subcontratistas (anexo IV).

y) A execución do MRR exixe o compromiso no cumprimento do principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» que define o artigo 2.6 do Regulamento (UE) nº 2021/241, do 12 de febreiro, respecto dos 6 obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, e definidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento 2019/2088 de taxonomía da UE.

De acordo co dito compromiso, o compoñente 22, Investimento 2 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia establece que os equipamentos utilizados cumprirán cos requisitos de eficiencia de materiais establecidos de acordo coa Directiva 2009/125/EC para servidores e almacenamento de datos, ou ordenadores e servidores de ordenadores ou pantallas electrónicas. Os equipamentos non conterán as substancias restrinxidas enumeradas no anexo II da Directiva 2011/65/UE, excepto cando os valores de concentración en peso en materiais homoxéneos non superen os enumerados no dito anexo. Ao final da súa vida útil, o equipamento someterase a unha preparación para operacións de reutilización, recuperación ou reciclaxe, ou un tratamento adecuado, incluída a eliminación de todos os fluídos e un tratamento selectivo de acordo co anexo VII da Directiva 2012/19/UE.

z) Etiquetaxe verde e dixital: en aplicación dos artigos 2.2.b) e 4 da Orde HFP/1030/2021, deberán preverse medidas para cumprir o compromiso de etiquetaxe verde e dixital previsto (para cada compoñente) no PRTR, con base no Regulamento (UE) nº 2021/241. A liña do compoñente 22, Investimento 2, inclúe a transformación tecnolóxica dos servizos sociais e as entidades do terceiro sector de acción social e a dixitalización das infraestruturas de protección residencial de nenos, nenas e adolescentes, en especial con necesidades especiais ou migrantes non acompañadas. A esta liña aplícase o campo de intervención 11, Solucións de TIC para a Administración, servizos electrónicos, aplicacións, cun coeficiente de 100 % en canto á transición dixital.

aa) Calquera outra prevista na normativa que, con carácter xeral ou específico, sexa de aplicación no réxime xurídico do servizo.

1.2. Obrigas da Administración concertante.

1. A Consellería de Política Social e Xuventude está obrigada a aboar a entidade concertada o prezo estipulado dentro dos 30 días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, de acordo coa forma de pagamento recollida neste mesmo punto da convocatoria do concerto.

2. A Consellería de Política Social e Xuventude deberá ter informada a entidade concertada de calquera circunstancia da que teña coñecemento e que afecte de xeito relevante o concerto social formalizado, especialmente nos casos en que esta poida ter incidencia na futura configuración dos termos e condicións do concerto.

1.3. Incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada.

O incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada será sancionado de acordo co disposto no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

1.4. Incumprimento das obrigas por parte da Administración.

Se a Consellería de Política Social e Xuventude se demora no pagamento e incumpre o prazo de 30 días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, deberá aboar á entidade concertada, a partir do cumprimento do dito prazo, os xuros de demora e a indemnización por custos de cobramento, nos termos previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

T.2. Constitución de garantía.

A entidade adxudicataria ten que constituír una garantía de 45.538,22 € e debe depositala ante a Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración Pública ou nas delegacións provinciais da Axencia Tributaria de Galicia-Atriga).

2.1. A garantía poderá prestarse nalgunha ou algunhas das seguintes formas:

a) En efectivo ou en valores, que en todo caso serán de débeda pública, con suxeición, en cada caso, ás condicións establecidas nas normas de desenvolvemento desta resolución. O efectivo e os certificados de inmobilización dos valores anotados depositaranse na Caixa Xeral de Depósitos ou nas súas sucursais encadradas nas delegacións de Facenda, ou nas caixas ou establecementos públicos equivalentes das comunidades autónomas ou entidades locais contratantes ante as que deban producir efectos, na forma e coas condicións que as normas de desenvolvemento desta lei establezan, sen prexuízo do disposto para os contratos que se celebren no estranxeiro.

b) Mediante aval, prestado na forma e condicións que establezan as normas de desenvolvemento desta resolución, por algún dos bancos, caixas de aforros, cooperativas de crédito, establecementos financeiros de crédito e sociedades de garantía recíproca autorizados para operar en España, que deberá depositarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

c) Mediante contrato de seguro de caución, subscrito na forma e condicións que as normas de desenvolvemento desta resolución establezan, cunha entidade aseguradora autorizada para operar no ramo. O certificado do seguro deberá entregarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

2.2. A acreditación da constitución da garantía definitiva deberá realizarse mediante medios electrónicos.

2.3. Cumpridas polo concertante as obrigacións derivadas do concerto, se non resultan responsabilidades que se deban exercer sobre a garantía definitiva, e transcorrido o período de garantía dun ano, se for o caso, ditarase acordo de devolución ou cancelación daquela, logo de informe favorable do responsable do concerto ou de quen exerza a dirección deste.

T.3. Réxime de pagamentos.

3.1. O pago do prezo que corresponda a cada mes logo de aplicar os importes establecidos na cláusula D.3 desta convocatoria realizarase logo da conformidade do Servizo de Protección de Menores.

3.2. Para o aboamento do servizo a entidade adxudicataria presentará, dentro dos cinco días seguintes ao mes en que se realizou efectivamente a prestación, os seguintes documentos:

– Factura pola prestación do servizo. As facturas electrónicas emitidas presentaranse no Sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF). O SEF proporcionará ao presentador un xustificante de recepción electrónica no cal constarán, como mínimo, a data e a hora de presentación, o órgano xestor destinatario e o número de asento rexistral da factura. Así mesmo, incluirá un código seguro de verificación que permitirá en calquera momento validar ante o sistema a exactitude do documento.

O Rexistro Contable de Facturas está integrado co SEF. A anotación no rexistro contable de facturas é requisito previo necesario para a tramitación do recoñecemento da obriga.

A información sobre este será a través das seguintes URL:

http://conselleriadefacenda.es/factura ou http://www.conselleriadefacenda.es/sicon

– Relación detallada dos NNA acollidos e das familias que as acollen, asinada pola persoa responsable do servizo, segundo o modelo establecido no anexo VII.

– Certificado da entidade onde conste o persoal adscrito á execución deste servizo, segundo o modelo establecido no anexo VIII, ordenado por grupo profesional e posto de traballo, especificando nome e apelidos, número de afiliación á Seguridade Social, tipo de contrato, titulación e dedicación horaria. No caso de que a relación de persoal non sufra variacións respecto do período anterior, estes documentos poderán substituírse por unha declaración en tal sentido.

– Trimestralmente remitirase unha memoria xustificativa, segundo o modelo establecido no anexo X (memoria xustificativa trimestral).

3.3. Sen prexuízo das competencias de inspección en materia de servizos sociais da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, a entidade concertada estará sometida ás actuacións de control e vixilancia que leve a cabo a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para a debida xustificación dos fondos e do cumprimento dos fins do programa do presente concerto, así como as de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, coa finalidade de asegurar o correcto cumprimento do concerto social subscrito.

3.4. A percepción indebida de cantidades por parte da entidade concertada comportará a obriga de reintegralas á Administración. Cando o reintegro se efectúe por requirimento da Administración, daráselle audiencia á entidade e seguirase o procedemento que corresponda, sen prexuízo das posibles sancións e resolución do concerto social.

3.5. As entidades concertadas que teñan dereitos de cobramento fronte á Administración poderán cedelos conforme dereito. Para a cesión dos dereitos de cobramento seguirase o mesmo procedemento e exixiranse os mesmos requisitos que os recollidos no artigo 200 da Lei 9/2017, do 8 de novembro.

T.4. Limitacións á subcontratación e cesión de servizos concertados.

4.1. Queda prohibida a subcontratación das prestacións obxecto deste concerto.

4.2. Queda prohibida a cesión, total ou parcial, dos servizos obxecto deste concerto, excepto cando a entidade concertada sexa declarada en concurso de acredores e non quede garantida a continuidade da atención das persoas usuarias, con autorización expresa e previa da Consellería de Política Social e Xuventude, que adoptará as medidas precisas para garantir a continuidade e calidade do servizo.

T.5. Sucesión da entidade concertada.

5.1. O cambio da titularidade do servizo concertado, xa sexa por sucesión da entidade concertada ou pola cesión do concerto formalizado, terá a consideración de modificación do concerto social.

5.2. Poderase producir a sucesión da entidade concertada cando a primeira se fusione ou transforme noutra. Neste caso, o concerto continuará vixente coa entidade que a suceda, sempre que esta continúe reunindo os requisitos exixidos para formalizar o concerto social.

A entidade sucesora subrogarase nos dereitos e obrigas derivados do concerto social que estivesen vixentes no momento da sucesión.

5.3. Se non for posible concertar coa entidade sucesora por non cumprir esta cos requisitos exixidos no concerto social, considerarase para todos os efectos un suposto de resolución do concerto por culpa da entidade concertada.

5.4. Para os efectos anteriores, a entidade concertada deberá comunicar á Consellería de Política Social e Xuventude a circunstancia que se producise.

U) Modificacións.

U.1. Modificación do acordo de concertación.

1.1. Unha vez formalizado o concerto social, poderanse introducir modificacións só cando estas obedezan a razóns de interese público como consecuencia de circunstancias sobrevidas, debidamente xustificadas e derivadas das necesidades de atención ás persoas usuarias.

As modificacións deste concerto non poderán alterar as condicións esenciais da concertación e deben ser as estritamente indispensables para responder ás causas obxectivas que as fagan necesarias.

As modificacións só serán posibles cando non afecten os requisitos legais para a prestación dos servizos, non supoñan unha mingua na calidade do servizo e, de implicar un custo, exista crédito adecuado e suficiente para poder asumilo.

1.2. O procedemento de modificación poderase iniciar de oficio, con audiencia á parte interesada, ou por instancia de parte mediante proposta da entidade concertada. Estes aspectos deberán quedar documentados, xunto co informe da Asesoría Xurídica e os demais informes que procedan, en particular o da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, con carácter previo á formalización da modificación.

1.3. O órgano competente para autorizar a modificación será a persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

U.2. Modificación das condicións técnicas

2.1. As condicións recollidas nos pregos técnicos do concerto social poderán ser modificadas como consecuencia de cambios normativos que as afecten ou da súa revisión por parte da Consellería de Política Social e Xuventude.

2.2. No expediente de modificación deberá constar unha memoria económica en que se avalíe o impacto no cambio das condicións técnicas nos módulos económicos. De ter incidencia nestes últimos, deberase proceder ao seu reaxuste.

2.3. Se é a Consellería de Política Social e Xuventude a que decide revisar as condicións técnicas do concerto social, os cambios deberán estar motivados na mellor ou máis axeitada prestación dos servizos, mediante informe dos técnicos da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Deberáselles dar audiencia ás entidades concertadas afectadas para que poidan formular propostas e alegacións á revisión proposta.

U.3. Revisión dos prezos.

3.1. Os prezos fixados nesta convocatoria poderán ser revisados:

a) Cando se realice unha modificación do concerto social, segundo o establecido no artigo 27 do Decreto 209/2020, que teña incidencia nos custos do servizo.

b) Cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo respecto das condicións económicas do concerto social.

3.2. A revisión de prezos precisará dun informe da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica sobre os custos económicos do concerto social, en que se evidencie a necesidade da revisión.

Para o cálculo das revisións deberanse ter en conta as previsións recollidas na normativa en materia de desindexación. Nas actualizacións de prezos o carácter diferenciado da acción concertada excluirá a consideración do período de recuperación dos investimentos aplicable á modalidade contractual.

No concerto obxecto desta convocatoria, dado o carácter significativo do cadro de persoal na configuración do prezo, pódese referenciar a actualización desta compoñente dos custos ás variacións económicas dos convenios colectivos sectoriais, nacionais, autonómicos e provinciais aplicables ao lugar de prestación dos servizos, coas limitacións que a normativa vixente estableza.

3.3. A revisión dos prezos efectuarase mediante resolución ditada para o efecto pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

V) Resolución e extinción do concerto social.

V.1. Causas de extinción do concerto social.

Este concerto social extinguirase polas seguintes causas:

a) Cumprimento do concerto social.

b) Resolución do concerto social.

V.2. Cumprimento do concerto

O concerto social entenderase cumprido pola entidade concertada cando este se realizase, de acordo cos seus termos, na totalidade da prestación e finalizase o seu período de vixencia.

V.3. Extinción do concerto por resolución

3.1. Serán causas de resolución do concerto social as seguintes:

a) O mutuo acordo entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a entidade concertada.

b) A non formalización do concerto social ou da súa renovación no prazo establecido.

c) A extinción da personalidade xurídica da entidade concertada.

d) A declaración de concurso de acredores da entidade concertada ou a declaración de insolvencia en calquera procedemento.

e) O cesamento voluntario, coa autorización previa da Consellería de Política Social e Xuventude, da entidade concertada na prestación do servizo.

f) A inviabilidade económica da entidade titular do concerto social, constatada por informes de auditoría externa, cando lle sexan solicitados pola Consellería de Política Social e Xuventude.

g) A revogación da acreditación, homologación ou autorización administrativa da entidade concertada que a habilitaba para a prestación do servizo concertado.

h) O incumprimento das obrigas cualificadas como esenciais no concerto social ou o incumprimento dos estándares e parámetros de calidade exixidos nel, sempre que o incumprimento sexa imputable á entidade concertada.

i) A comisión dunha infracción grave ou moi grave das tipificadas nos artigos 81 e 82 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, cando leve aparellada unha das sancións accesorias previstas no artigo 83.2 da dita norma.

j) O incumprimento grave da lexislación en materia fiscal, laboral, de Seguridade Social e da integración social de persoas con discapacidade e prevención de riscos laborais.

k) Negarse a atender as persoas usuarias derivadas pola Administración concertante.

l) Prestar servizos como se fosen concertados coa Administración cando isto non sexa así.

m) O incumprimento da prohibición da subcontratación e cesión de servizos concertados recollidos na cláusula T).

n) A ausencia de demanda para a cobertura do servizo prestado de xeito relevante e prolongado, xa sexa para a totalidade dos servizos ou para un número significativo que faga inviable economicamente o mantemento do servizo.

ñ) A imposibilidade de continuar prestando o concerto social nos termos inicialmente acordados ou facelo sen ocasionar un prexuízo ao interese público, cando non sexa posible a modificación do concerto.

o) A demora no cumprimento das obrigas económicas por parte da Consellería de Política Social e Xuventude por prazo superior a catro meses.

p) A suspensión por causa imputable a Consellería de Política Social e Xuventude da iniciación do concerto social por prazo superior a seis meses desde a data sinalada para o comezo.

q) A desistencia ou suspensión do concerto social por prazo superior a seis meses acordado pola Consellería de Política Social e Xuventude.

r) O resto de causas establecidas na normativa sectorial de aplicación ao concerto.

3.2. A resolución dos concertos sociais por mutuo acordo das partes só poderá ter lugar cando medien razóns de interese público que fagan innecesaria ou inconveniente a continuación do concerto social, e non concorra outra causa de resolución que sexa imputable á entidade concertada.

3.3. A entidade concertada poderá solicitar a resolución do concerto social cando considere que a Consellería de Política Social e Xuventude incorreu nalgunha das causas imputables a esta. Se a Consellería de Política Social e Xuventude se nega á resolución do concerto social, a entidade estará obrigada a continuar prestando os servizos mentres existan persoas usuarias que deban ser atendidas, sen prexuízo dos recursos que procedan.

3.4. Se a Consellería de Política Social e Xuventude considera que se produciu un incumprimento da entidade concertada que poida ser causa de resolución do concerto social, iniciará un procedemento administrativo, de acordo co establecido no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Se procede a resolución do concerto social, a Consellería de Política Social e Xuventude deberá establecer a data en que terá efectos a dita resolución para garantir a continuidade do servizo ás persoas usuarias.

V.4. Efectos da resolución.

4.1. Cando a resolución se produza por mutuo acordo, os dereitos das partes acomodaranse ao validamente estipulado por elas.

4.2. A resolución motivada por un incumprimento da Consellería de Política Social e Xuventude determinará o pagamento dos danos e perdas causados á entidade, tendo en conta os prezos ou módulos económicos vixentes no momento da resolución.

4.3. Cando a resolución do concerto social teña lugar por incumprimento culpable da entidade concertada, a entidade deberá indemnizar a Consellería de Política Social e Xuventude polos danos e perdas causados.

W) Protección de datos persoais.

W.1. Tratamento de datos persoais dos representantes das entidades solicitantes do concerto.

Os datos persoais recollidos nestes procedementos serán tratados, na súa condición de responsable do tratamento, pola Consellería de Política Social e Xuventude, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión destes procedementos, verificar os datos e documentos que a persoa interesada achegue na súa solicitude para comprobar a exactitude destes, informar sobre o estado de tramitación e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

A lexitimación para o tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento, así como no cumprimento de obrigas legais impostas ao dito responsable, segundo o disposto na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil e, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia, modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro, na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia e a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia, e o Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

Os datos poderán ser comunicados ás administracións públicas do ámbito autonómico, estatal e comunitario para o exercicio das súas competencias na materia, coa finalidade de levar a cabo as actuacións de control previstas.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

W.2. Tratamento de datos persoais no marco das actuacións de verificación previstas na resolución.

As bases lexitimadoras para o tratamento dos datos persoais que poidan ser facilitados para o adecuado seguimento desta resolución e a xustificación dos correspondentes gastos relativos ás actuacións que constitúen o seu obxecto, son o cumprimento dunha misión de interese público ou o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento e o cumprimento dunha obrigación legal, fundamentadas ambas no disposto no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento segundo se explicita en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Contacto co/coa delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

As entidades concertadas obríganse a informar pola súa vez o persoal ao seu servizo e as persoas usuarias, con carácter previo a que se faciliten os seus datos á Consellería de Política Social e Xuventude, dos criterios establecidos nos parágrafos anteriores.

W.3. Tratamento de datos persoais das persoas usuarias.

Os datos persoais necesarios para levar a cabo as actividades realizadas ao amparo desta resolución serán tratados, na súa condición de responsable do tratamento, pola Consellería de Política Social e Xuventude. A lexitimación para o tratamento dos datos será o cumprimento dunha misión realizada en interese público e o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable fundamentada pola súa vez na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/a menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil e, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia, modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro, na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia, e a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia.

Os datos persoais que sexan xestionados polas entidades concertadas para a xestión das devanditas accións derivadas da execución do programa, na súa condición de encargadas do tratamento, poderán ser tamén comunicados, cando sexa estritamente necesario, ás entidades acreditativas da formación, ás administracións públicas no exercicio das súas respectivas competencias e outros órganos encargados da xestión e control financeira de fondos europeos.

As persoas usuarias poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.

W.4. Deber de confidencialidade.

As entidades concertadas deberán respectar o segredo profesional e, en consecuencia, manter absoluta confidencialidade e reserva sobre a totalidade dos documentos, datos e informacións que lles sexan confiados para a formalización e desenvolvemento das accións previstas na presente resolución. Así mesmo, quedan expresamente obrigadas:

– A utilizar a devandita información exclusivamente no ámbito desta orde e para as finalidades previstas nela.

– A non comunicala, nin total nin parcialmente, a ningún terceiro sen autorización expresa do emisor salvo nos casos expresamente previstos na lei, exixindo idéntico compromiso ao persoal que empregue ou que con el colabore na execución da resolución.

– A facilitar o acceso á información unicamente ao persoal que a necesite para o desenvolvemento da devandita relación, a quen se comunicará a obrigación de tratar a información a que se lles dá acceso con carácter estritamente confidencial.

– A aplicar medidas de cautela e protección e destruír en calquera momento a documentación escrita recibida, se así o solicita a parte que a forneceu.

Considerarase información confidencial aquela a que as entidades beneficiarias accedan en virtude da presente resolución, especialmente a de tipo técnico ou tecnolóxico, administrativa ou económico-financeira, sempre que non teña carácter público ou notorio. Este deber manterase aínda despois de finalizada a relación.

W.5. Encargo do tratamento.

Respecto do tratamento de datos persoais, as entidades concertadas terán a condición de encargadas do tratamento en relación con aquelas tarefas de coordinación administrativa, posta en marcha, desenvolvemento e seguimento das accións obxecto desta resolución, que impliquen a recollida de datos das persoas usuarias.

5.1. Identificación da información afectada.

Como encargadas do tratamento, as entidades beneficiarias das axudas xestionarán os datos persoais das persoas usuarias necesarios para a execución das obrigas contidas nesta resolución.

5.2. Obrigas das entidades concertadas como encargadas do tratamento.

As entidades concertadas como encargadas do tratamento deberán cumprir coas obrigas recollidas a continuación, exixindo o mesmo compromiso do persoal ao seu servizo:

5.2.a) Tratar por conta do responsable os datos persoais necesarios para levar a cabo adecuadamente a prestación do servizo obxecto do convenio.

5.2.b) Utilizar os datos persoais obxecto de tratamento, só para os efectos desta resolución. En ningún caso poderá utilizar os datos para os seus fins, sendo considerado neste caso como responsable do tratamento.

5.2.c) Tratar os datos de acordo coas instrucións do responsable do tratamento. Se o encargado do tratamento considera que algunha das instrucións infrinxe o RXPD, a LOPDXDD ou calquera outra disposición vixente en materia de protección de datos, porao inmediatamente en coñecemento do responsable.

5.2.d) Levar por escrito, se é o caso, segundo o artigo 30 do RXPD, un rexistro das actividades de tratamento realizadas por conta do responsable, incluíndo o contido previsto no dito artigo.

5.2.e) Non comunicar os datos a terceiros, salvo que se conte coa autorización expresa do responsable do tratamento, ou nos supostos legalmente admisibles. O encargado poderá comunicar os datos a outros encargados do tratamento do mesmo responsable, de acordo coas instrucións deste.

5.2.f) O encargado do tratamento non poderá subcontratar ningún dos servizos que formen parte do obxecto do convenio e que impliquen o tratamento de datos persoais, salvo os traballos auxiliares necesarios para o normal funcionamento dos seus servizos.

5.2.g) Sen prexuízo do anterior, no caso de que o encargado do tratamento necesite subcontratar parte dos servizos en que interveña o tratamento de datos persoais, deberá comunicalo previamente por escrito ao responsable do tratamento, indicando os tratamentos que están implicados e pretende subcontratar, identificando de forma clara e inequívoca a empresa subcontratista e os seus datos de contacto. A subcontratación poderá realizarse unha vez autorizada polo responsable do tratamento.

Neste último caso, o subencargado do tratamento, que tamén terá a condición de encargado do tratamento, estará tamén obrigado ao cumprimento das obrigas establecidas neste convenio para o encargado do tratamento inicial e das instrucións ditadas polo responsable. Correspóndelle ao encargado do tratamento inicial, polo tanto, regular a nova relación para que o novo encargado estea sometido ás mesmas condicións (instrucións, obrigas, medidas de seguridade...), co mesmo réxime de responsabilidade e cos mesmos requisitos formais que o encargado inicial no que se refire ao bo tratamento dos datos persoais e á garantía dos dereitos das persoas afectadas. No caso de incumprimento por parte do subencargado, o encargado inicial seguirá sendo plenamente responsable ante o responsable do cumprimento das obrigas.

5.2.h) O encargado do tratamento tamén estará obrigado a comunicarlle calquera modificación ao responsable do tratamento na incorporación ou substitución doutros subencargados, dándolle así á persoa responsable a posibilidade de opoñerse aos ditos cambios.

5.2.i) Manter o deber de segredo sobre os datos persoais a que teña acceso en virtude do presente concerto, aínda que finalice o seu obxecto.

5.2.j) Garantir que as persoas autorizadas para o tratamento dos datos persoais se comprométen, expresamente e por escrito, a respectar a confidencialidade e a cumprir as medidas de seguridade correspondentes, das que serán informadas oportunamente. O encargado manterá á disposición do responsable a documentación acreditativa do cumprimento desta obriga.

5.2.k) Garantir a formación necesaria en materia de protección de datos persoais das persoas autorizadas para tratar este tipo de información.

5.2.l) Asistir o responsable do tratamento na resposta ao exercicio dos dereitos recoñecidos pola lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, mediante as medidas técnicas e organizativas oportunas, para que poida cumprir coa súa obriga de atender as citadas solicitudes das persoas interesadas no prazo previsto pola normativa vixente. Para iso, o encargado facilitaralle ao responsable, por petición deste, e coa maior brevidade posible, canta información sexa necesaria ou relevante para estes efectos. No caso de que as persoas afectadas soliciten o exercicio dos seus dereitos ante o encargado do tratamento, este informaraas, por calquera medio fidedigno, de que poderán acceder ao procedemento previsto para iso en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos

5.2.m) Comunicarlle ao responsable do tratamento, de forma inmediata e aplicando as medidas de seguridade necesarias, as violacións da seguridade dos datos persoais ao seu cargo das que teña coñecemento, xunto con toda a información pertinente para a documentación e comunicación da incidencia, se é o caso, á Axencia Española de Protección de Datos (en diante, AEPD), de conformidade co disposto no artigo 33 do RXPD.

5.2.n) Apoiar o responsable do tratamento na realización de avaliacións de impacto relacionadas coa protección de datos e na realización de consultas previas á autoridade de control, cando proceda.

5.2.o) Aplicar, se é o caso, as disposicións contidas no Real decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade (ENS). En todo caso, implantará as medidas de seguridade necesarias para:

• Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanente dos sistemas e servizos de tratamento.

• Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais rapidamente, en caso de incidencia física ou técnica.

• Verificar, avaliar e valorar, de forma periódica, a eficacia das medidas técnicas e organizativas postas en marcha para garantir a seguridade do tratamento.

• Pseudonimizar e cifrar os datos persoais, se é necesario.

5.2.p) Poñer á disposición do responsable toda a información necesaria para acreditar o cumprimento das súas obrigas, en particular, certificados de cumprimento da normativa expedidos polas entidades acreditadas ou, de non existiren, facilitando a realización das auditorías ou inspeccións que faga o responsable ou outro auditor autorizado.

5.2.q) Designar un delegado de protección de datos, se é o caso, segundo o previsto no artigo 37 do RXPD e no artigo 34 da LOPDXDD, e comunicarlle a súa identidade e datos de contacto ao responsable, sen prexuízo da preceptiva inscrición na AEPD.

5.2.r) Devolverlle ao responsable, unha vez cumpridos os servizos obxecto do presente convenio , os datos persoais e, se é o caso, os soportes onde figuren. A devolución suporá a total supresión dos datos existentes, se é o caso, nos equipamentos informáticos utilizados polo encargado. Non obstante, este poderá conservar unha copia dos datos estritamente necesarios, debidamente bloqueados, mentres poidan derivar responsabilidades da execución do servizo.

X) Fraude, corrupción e conflito de intereses.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade, en relación con actuacións financiadas total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco deste concerto, poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral do Estado, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo, a través da canle habilitada na web:

https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo.

Así mesmo, a Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha canle de denuncias sobre irregularidades ou condutas de fraude, que terá a súa sede no Sistema integrado de atención á cidadanía (SIACI).

A ligazón á canle de denuncias é a seguinte:

https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias

Así mesmo, serán de aplicación ás actuacións deste concerto as medidas recollidas no Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, que foi asinado o 12 de xaneiro de 2022.

https://transparencia.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=1792070&name=DLFE-47388.pdf

Segundo o artigo 6 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, configúranse como actuacións obrigatorias para os órganos xestores a avaliación de risco de fraude, a formalización da Declaración de ausencia de conflito de intereses (DACI) e a dispoñibilidade dun procedemento para abordar conflitos de intereses.

O presente procedemento de concertación está suxeito á análise sistemática e automatizada do risco de conflito de intereses prevista na disposición adicional centésimo décimo segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro, e na Orde HFP/55/2023, de 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

De acordo co establecido no artigo 7 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, o órgano de responsable do concerto poderá solicitar ás entidades concertantes a información da súa titularidade real cando a AEAT non dispoña desa información e así o indicase mediante a correspondente bandeira negra, tendo en conta a análise realizada a través de Minerva. Este suposto non implicará a suspensión automática do procedemento en curso, pero a dita información deberá proporcionarse ao órgano responsable do concerto no prazo de 5 días hábiles desde que se formule a solicitude de información. A falta desta información no prazo sinalado será motivo de exclusión do procedemento.

Os datos, unha vez recibidos, serán adecuadamente custodiados de acordo co Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos), e coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A través de Minerva, o responsable de operación levará a cabo un novo control ex ante do risco de conflito de intereses, indicando, en lugar da entidade concertante, os titulares reais recuperados polo órgano responsable do concerto.

Y) Incompatibilidade coa percepción doutros ingresos.

Segundo o artigo 38 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, este concerto será incompatible coas subvencións para o financiamento do servizo ou prestacións obxecto deste.

Z) Resolución de conflitos.

O presente concerto terá carácter administrativo e rexerase nos seus efectos polo establecido nas súas cláusulas, polo disposto no Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Na súa falta, para resolver as lagoas e dúbidas que puidesen presentarse, rexerase polo establecido na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 214/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, así como pola Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Con respecto ao financiamento con fondos europeos, rexerase polo Regulamento (UE) nº 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un instrumento de recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19, o Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o MRR, o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, o Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, aprobado o 16.6.2021 pola Decisión de execución do Consello, a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, a Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, a Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que deben proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, a Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como o Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión (Regulamento financeiro).

Segundo establece o artigo 22.2.e) do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o MRR, as partes que interveñen neste convenio están sometidas ás actuacións de control que poidan exercer a Comisión Europea, a Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), o Tribunal de Contas Europeo e, cando proceda, a Fiscalía Europea.

As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución serán resoltas pola Consellería de Política Social e Xuventude e os seus acordos poñerán fin á vía administrativa. Contra elas cabe recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes se a resolución fose expresa. Se o acto non fose expreso, poderase interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se este fose expreso. Se non o fose, o prazo será de seis meses e contarase, para o concertante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para tales efectos, o tribunal competente será o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

missing image file

Anexo IV

Declaración de ausencia de conflito de intereses (DACI)

(Deberaa presentar a entidade adxudicataria)

Encaixe: «C22.I2.P2.S7.A27».

Denominación do subproxecto: modernización, dixitalización e mellora dos servizos de protección, atención e acollemento da infancia.

Denominación da actuación: modernización, dixitalización e mellora dos servizos de protección, atención e acollemento da infancia (Proxecto Xerando cultura de acollemento.

Promover, fomentar e divulgar o acollemento familiar como recurso de protección máis idóneo para garantir o dereito dos nenos, nenas e adolescentes a crecer nunha contorna familiar).

Fondos europeos: Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Expediente: BS213E.

Concerto social: convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección.

Don/Dona…………………………………………………, DNI…………………….., como presidente/a da entidade…………………………………………………………., con NIF…………………………., e domicilio fiscal en ……………………………………………………………………………………………………………………………………………………..................., adxudicataria do dito concerto, co obxecto de garantir a imparcialidade no procedemento de concertación arriba referenciado, o/os abaixo asinante/s declara/declaran:

Primeiro. Estar informado/s do seguinte:

1. Que o artigo 61.3, Conflito de intereses, do Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo (Regulamento financeiro da UE), establece que «existirá conflito de intereses cando o exercicio imparcial e obxectivo das funcións se vexa comprometido por razóns familiares, afectivas, de afinidade política ou nacional, de interese económico ou por calquera motivo directo ou indirecto de interese persoal».

2. Que o artigo 64, Loita contra a corrupción e prevención dos conflitos de intereses, da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, ten o fin de evitar calquera distorsión da competencia e garantir a transparencia no procedemento e asegurar a igualdade de trato a todos os candidatos e licitadores.

3. Que o artigo 23, Abstención, da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, establece que deberán absterse de intervir no procedemento «as autoridades e o persoal ao servizo das administracións en quen se dea algunhas das circunstancias sinaladas no punto seguinte, sendo estas:

a) Ter interese persoal no asunto de que se trate ou noutro en cuxa resolución puidese influír a daquel; ser administrador de sociedade ou entidade interesada ou ter cuestión litixiosa pendente con algún interesado.

b) Ter un vínculo matrimonial ou situación de feito asimilable e o parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo, con calquera dos interesados, cos administradores de entidades ou sociedades interesadas e tamén cos asesores, representantes legais ou mandatarios que interveñan no procedemento, así como compartir despacho profesional ou estar asociado con estes para o asesoramento, a representación ou o mandato.

c) Ter amizade íntima ou inimizade manifesta con algunha das persoas mencionadas no alínea anterior.

d) Intervir como perito ou como testemuña no procedemento de que se trate.

e) Ter relación de servizo con persoa natural ou xurídica interesada directamente no asunto, ou prestarlle nos dous últimos anos servizos profesionais de calquera tipo e en calquera circunstancia ou lugar».

Segundo. Que non se atopa/n incurso/s en ningunha situación que poida cualificarse de conflito de intereses das indicadas no artigo 61.3 do Regulamento financeiro da UE e que non concorre na súa/súas persoa/s ningunha causa de abstención do artigo 23.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, que poida afectar o procedemento de concertación.

Terceiro. Que se compromete/n a poñer en coñecemento da comisión de valoración, sen dilación, calquera situación de conflito de intereses ou causa de abstención que dea ou puidese dar lugar ao dito escenario.

Cuarto. Coñezo que unha declaración de ausencia de conflito de intereses que se demostre que sexa falsa carrexará as consecuencias disciplinarias/administrativas/xudiciais que estableza a normativa de aplicación.

(Data e sinatura, nome completo e DNI)

……………………………..., …….. de ……….........…… de 202…..

Asdo. …………………………………………….

Cargo: …………………………………………

missing image file

Anexo V

(Deberao presentar a entidade adxudicataria)

Modelo de declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR).

Don/Dona……………………………, DNI…………………….., como presidente/a da entidade…………………………………………………………., con NIF…………………………., e domicilio fiscal en ……………………………………………………………………………………………………………………………………………………...................

Beneficiaria de axudas financiadas con recursos provenientes do PRTR, que participa como concertante do servizo de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, no desenvolvemento de actuacións necesarias para a consecución dos obxectivos definidos no compoñente 22, Plan de choque para a economía dos coidados e reforzo das políticas de igualdade e inclusión, e investimento I2, Plan de modernización dos servizos sociais: transformación tecnolóxica, innovación, formación e reforzo da atención á infancia, declara coñecer a normativa que é de aplicación, en particular os seguintes puntos do artigo 22, do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia:

1. A letra d) do número 2: «recadar e asegurar, para efectos de auditoría e control e para dispor de datos comparables sobre o uso de fondos en relación coas medidas destinadas á execución de reformas e proxectos de inversión no marco do Plan de recuperación e resiliencia o acceso ás categorías harmonizadas de datos seguintes:

I. O nome do perceptor final dos fondos.

II. Os nomes, apelidos e datas de nacemento dos titulares reais do perceptor dos fondos, segundo se define no artigo 3, punto 6, da Directiva (UE) 2015/849 do Parlamento Europeo e do Consello.

III. Unha lista de medidas para a execución do programa no marco do Plan de recuperación e resiliencia, xunto co importe total do financiamento público das ditas medidas e que indique a contía dos fondos desembolsados no marco do Mecanismo e doutros fondos da Unión».

2. Punto 3: «Os datos persoais mencionados no punto 2, letra d), do presente artigo só serán tratados polos Estados membros e pola Comisión para os efectos e duración da correspondente auditoría da aprobación da xestión orzamentaria e dos procedementos de control relacionados coa utilización dos fondos relacionados coa aplicación dos acordos a que se refiren os artigos 15, número 2, e 23, número 1. No marco do procedemento de aprobación da xestión da Comisión, de conformidade co artigo 319 do TFUE, o Mecanismo estará suxeito á presentación de informes no marco da información financeira e de rendición de contas integrada a que se refire o artigo 247 do Regulamento financeiro e, en particular, por separado, no informe anual de xestión e rendemento».

Conforme o marco xurídico exposto, manifesta acceder á cesión e tratamento dos datos cos fins expresamente relacionados nos artigos citados.

……………………………..., …….. de ……….........…… de 202…..

Asdo. …………………………………………….

Cargo: …………………………………………

missing image file

Anexo VI

(Deberao presentar a entidade adxudicataria)

Modelo declaración de compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR)

Don/Dona ………………………………………., con DNI …………………….., como presidente/a da entidade……………………….………………….., con NIF…………………………., e domicilio fiscal en ……………………………………………………………………………………………………………………………………………………na condición de beneficiaria de axudas financiadas con recursos provenientes do PRTR, que participa como concertante do servizo de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección no desenvolvemento de actuacións necesarias para a consecución dos obxectivos definidos no compoñente 22, Plan de choque para a economía dos coidados e reforzo das políticas de igualdade e inclusión, e investimento I2, Plan de modernización dos servizos sociais: transformación tecnolóxica, innovación, formación e reforzo da atención á infancia, manifesta o compromiso da entidade que representa cos estándares máis exixentes en relación co cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de interese, comunicando, de ser o caso, ás autoridades que proceda os incumprimentos observados.

Adicionalmente, atendendo ao contido do PRTR, comprométese a respectar os principios de economía circular e evitar impactos negativos significativos no ambiente («DNSH» polas súas siglas en inglés Do no significant harm) na execución das actuacións levadas a cabo no marco do devandito plan, e manifesta que non incorre en dobre financiamento e que, de ser o caso, non lle consta risco de incompatibilidade co réxime de axudas de Estado.

……………………………..., …….. de ……….........…… de 202…..

Asdo. …………………………………………….

Cargo: …………………………………………

missing image file

Anexo VII

Relación de acollementos familiares especializados subscritos

(Deberaa presentar a entidade adxudicataria trimestralmente)

CIF/NIF:

 

RAZON SOCIAL:

 

ENDEREZO:

 

CP:

 

LOCALIDADE:

 

PROVINCIA:

 

EXPT.

EQUIPO

ACOLLEDOR 1
NOME E APELIDOS

DNI ACOLLEDOR 1

TÍTULOS OFICIAIS UNIVERSITARIOS (ACOLLEDOR 1)

ACOLLEDOR 2
NOME E APELIDOS

DNI ACOLLEDOR 2

TÍTULOS OFICIAIS UNIVERSITARIOS (ACOLLEDOR 2)

MENOR/ ES
NOME E APELIDOS

DATA DE INICIO NO PROGRAMA

DÍAS EN ACOLLEMENTO

DATA DE NACEMENTO

IDADE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE A PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Responsable do tratamento

Xunta de Galicia. Consellería de Política Social e Xuventude.

Finalidades do tratamento

Tramitar este procedemento de asignación de concerto social, para a execución do programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, verificar os datos e documentos que a persoa interesada achegue na súa solicitude para comprobar a exactitude destes, levar a cabo as actuacións administrativas que deriven e informar sobre o estado de tramitación. Así mesmo, os datos persoais incluiranse na Carpeta cidadá de cada persoa interesada para facilitar o acceso á información, tanto persoal como de carácter administrativo.

Lexitimación para o tratamento

Cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento, así como o cumprimento de obrigacións legais fundamentadas na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/a menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia, modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro, na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia, e a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia.

Destinatarias dos datos

As administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que as persoas interesadas poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

A consellería competente en materia de auditoría de fondos comunitarios, de conformidade co recollido nos regulamentos comunitarios do Mecanismo de recuperación e resiliencia e restante normativa que lle resulte de aplicación.

Exercicio de dereitos

As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos ou retirar, de ser o caso, o consentimento outorgado a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos

Contacto coa persoa delegada de protección de datos e máis información

https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE

Lugar e data

,

de

de

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

missing image file

Anexo X

Memoria xustificativa trimestral

(deberaa presentar a entidade adxudicataria)

Concerto social, con código de procedemento BS213E, consistente na execución do programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, incluído dentro do plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

1. Análise dos acollementos.

a. Propostas recibidas:

Nº trimestre 2024

Total Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

b. Acollementos novos:

Nº trimestre 2024

Total Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

c. Acollementos finalizados:

Nº trimestre 2024

Total Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

2. Análise dos nenos, nenas e adolescentes acollidos.

a. Nenos e nenas acollidos:

Nº trimestre 2024

Total Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

b. Nenos e nenas por idades:

Nº trimestre 2024

Total Galicia

0 a 5 anos

6 a 11 anos

12 a 17 anos

c. Nenos e nenas con características especiais:

Nº trimestre 2024

Total Galicia

Grupo irmáns

Nº de nenos e nenas en grupos de irmáns

Nº de NNA c/ discapacid(1)

(1) Con discapacidade certificada.

d. Nenos e nenas en espera:

Nº trimestre 2024

Total Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

3. Análise das familias acolledoras:

a. Familias que pertencen ao programa(2).

Nº trimestre 2024

Total Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

(2)Nº total de familias incorporadas ao proxecto (suma de familias que están acollendo + familias en espera + familias espera voluntaria).

b. Familias acollendo este trimestre:

Nº trimestre 2024

Total Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

c. Familias en espera (dispoñibles)(3):

Nº trimestre 2024

Total Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

(3) Nº de familias en disposición de empezar un acollemento.

d. Familias en espera voluntaria (4):

Nº trimestre 2024

Total Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

(4) Son aquelas familias que están no programa, pero manifestaron que por un tempo non poden acoller.

e. Persoas interesadas en acollemento:

Nº trimestre 2024

Total Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

f. Familias novas incorporadas:

Nº trimestre 2024

Total Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

g. Formación realizada:

Nº trimestre 2024

Total Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

4. Outras análises.

a. Voluntariado(5):

Nº trimestre 2024

Total Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

(5)Nº de persoas voluntarias que participan no programa.

b. Ratio NNA/técnico:

Nº trimestre 2024

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

c. Ratio familias/técnico:

Nº trimestre 2024

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

missing image file

Anexo XI

Datos sobre o persoal que se subrogará

(anexo informativo)

Concerto social, con código de procedemento BS213E, consistente na execución do Programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, incluído dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

 % xornada imputada ao programa

Quenda

Antigüidade

Custo bruto anual 2023 (Salario + Seg. Social Empr.)

1

Educadora de programa

Indefinido

100

8.30-14.30 15.30-17.30 (L, M, M e X)

8.30-15.00 V

29.3.2021

32.532,08 €

2

Traballadora social

Indefinido

100

8.30-14.30 15.30-17.30 (L, M, M e X)

8.30-15.00 V

24.2.2023

35.292,26 €

3

Pedagoga

Indefinido

100

8.30-14.30 15.30-17.30 (L, M, M e X)

8.30-15.00 V

1.3.2023

35.381,50 €

4

Psicóloga

Indefinido

100

8.30-14.30 15.30-17.30 (L, M, M e X)

8.30-15.00 V

30.10.2023

35.292,70 €

5

Educadora responsable fogar funcional

Indefinido

100

8.30-14.30 15.30-17.30 (L, M, M e X)

8.30-15.00 V

5.5.2023

33.575,22 €

6

Educadora responsable fogar funcional

Indefinido

100

8.30-14.30 15.30-17.30 (L, M, M e X)

8.30-15.00 V

1.6.2023

33.575,22 €

7

Educadora responsable fogar funcional

Indefinido

100

8.30-14.30 15.30-17.30 (L, M, M e X)

8.30-15.00 V

1.6.2023

33.575,22 €

8

Educadora responsable fogar funcional

Indefinido

100

8.30-14.30 15.30-17.30 (L, M, M e X)

8.30-15.00 V

1.7.2023

33.575,22 €

9

Educadora responsable fogar funcional

Indefinido

100

8.30-14.30 15.30-17.30 (L, M, M e X)

8.30-15.00 V

1.7.2023

33.575,22 €

10

Administrativo

Indefinido

100

8.30-14.30 15.30-17.30 (L, M, M e X)

8.30-15.00 V

10.1.2019

27.925,20 €

missing image file
missing image file
missing image file