DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2024 Páx. 12480

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de corrección de erro da oferta de emprego público de 2023.

Faise público que pola Resolución de Alcaldía-Decreto nº 2023-1775, do 29 de decembro de 2023, corríxese o erro detectado ao non incluír unha praza na oferta de emprego público para o ano 2023 (expediente 3570/2023), aprobada mediante o Decreto de Alcaldía 2023-1734 e publicada no BOPPO núm. 249, do 29 de decembro de 2023. A corrección de erro foi publicada no BOPPO de Pontevedra núm. 7, do 10 de xaneiro.

Corríxese o erro e inclúese a seguinte praza:

Persoal funcionario

Escala de Administración xeral:

Grupo

Subgrupo

Nº vacantes

Denominación

C

C1

1

Policía local

O que se publica para xeral e público coñecemento, nos termos previstos na lexislación vixente.

O Grove, 10 de xaneiro de 2024

José Antonio Cacabelos Rico
Alcalde