DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2024 Páx. 12394

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal dos corpos da policía local dos concellos de Galicia e demais persoal dos servizos de seguridade pública.

Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2024 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) polo Consello Reitor o 31 de xaneiro de 2024 e de acordo co establecido no artigo 9.2.b) da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, convócanse os cursos de formación continua, dirixidos aos/ás policías locais de Galicia, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2024, cuxas bases e características se especifican nos anexos desta resolución.

A Estrada, 1 de febreiro de 2024

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Destinatarios/as

Poderán participar nos cursos convocados por esta resolución os/as policías locais de Galicia e demais persoal da seguridade pública que traballa nesta comunidade autónoma (Garda Civil, Policía Nacional e Unidade da Policía Autonómica) que estean en situación de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares.

A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas convocadas, polo que, de producirse esta situación, os/as interesados/as deberán comunicalo á Agasp de maneira inmediata. No caso de non facelo serán penalizados coa non participación en accións formativas da Agasp nun ano contado desde o día seguinte a aquel en que se teña coñecemento do feito e, no caso de estar a realizar efectivamente un curso, non se emitirá diploma deste.

Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal, cando esta veña producida por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso non interfira na recuperación.

Con carácter xeral, reservarase o 20 % das prazas convocadas para persoal das forzas e corpos de seguridade do Estado que traballen en Galicia; a devandita porcentaxe pode ser superada no suposto de quedar prazas vacantes.

Así mesmo, en caso de quedaren prazas vacantes, poderá acceder aos cursos convocados a través desta resolución o persoal dependente da Axencia Galega de Emerxencias e do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112-Galicia.

Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp reserva para si a facultade de anular a actividade formativa.

Segunda. Solicitudes

1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (htpp://agasp.xunta.es). Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non ser correctos ou exactos os ditos datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos/ás interesados/as.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas solicitantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normalizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. No caso de estar nalgún dos supostos que a continuación se indican, o/a solicitante deberá remitir á Agasp, no mesmo prazo establecido para o envío da solicitude de inscrición, a certificación orixinal ou fotocopia legalizada que acredite tal situación (non será preciso se tal documentación xa figura en poder da Agasp. Neste caso deberá comunicalo na propia solicitude):

a) Profesionais que estean gozando ou gozasen nos dous últimos anos dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia por coidado de familiares.

5. Cando o curso para o cal presenta solicitude requira a presentación de documentación complementaria co obxecto de acreditar circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección, deberá remitir tal documentación por correo electrónico (formacion.agasp@xunta.gal) ou segundo o establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6. O prazo de presentación de solicitudes será desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 14.00 horas do día 21 de febreiro de 2024.

7. O número máximo de cursos que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a 5.

No caso de que unha mesma persoa presente máis solicitudes das permitidas, a Agasp de xeito automático elixirá as primeiras 5 accións formativas solicitadas.

8. Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o/a alumno/a non poderá participar noutros cursos durante un ano desde que se detecte este feito.

A previsión contida neste número 8 inclúe as clases de telepresenza dos cursos convocados na modalidade de teleformación deste organismo.

Terceira. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se determinan, sen prexuízo de que para cursos específicos se requiran outros diferentes, o cal se indicará na ficha de cada acción formativa concreta.

1. Menor número de cursos realizados na Agasp nos dous últimos anos.

2. Por orde de inscrición.

Terán preferencia na selección os/as candidatos/as que estean gozando ou gozasen, nos dous últimos anos, dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución da xornada ou dunha excedencia para o coidado de familiares, sempre que cumpran cos requisitos obxectivos para ser destinatarios do curso.

Ademais, de conformidade co establecido no artigo 37 bis da Lei 7/2004, para a igualdade de homes e mulleres, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas organizadas ou financiadas pola Administración pública galega, reservarase un 50 % das prazas a mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

Cuarta. Admisión

1. A Agasp publicará na súa páxina web a relación de persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, polo menos, 5 días antes do inicio de cada curso.

O alumnado seleccionado será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica.

A Agasp reserva para si o dereito de solicitar aos concellos de procedencia todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

2. O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificada ou necesidade do servizo, sempre que se acredite documentalmente o feito alegado polo/a xefe/a do corpo da policía local do concello en que traballe ou pola persoa responsable deste.

No caso de cambios de cuadrante ou quendas de traballo, deberán quedar acreditados suficientemente os motivos e que se coñeceron con posterioridade á solicitude de inscrición no curso.

A renuncia debe ser comunicada por escrito a través do modelo que figura na páxina web da Agasp e cunha antelación de 3 días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A renuncia non xustificada ou a non acreditación documental da causa que a produce suporá a exclusión da persoa seleccionada nos seguintes 10 cursos que convoquen o Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp e nos cales a persoa figurase como posible destinataria, sen contar edicións repetidas, cursos xa realizados e que, como mínimo, teñan a mesma carga horaria do curso polo que foi penalizada.

Quinta. Asistencia aos cursos

1. É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos.

Durante a realización dos cursos levarase un control permanente da asistencia a través dos sistemas que se establezan para o efecto e poden realizarse controis de asistencia extraordinarios.

Unicamente se autorizará a ausencia por causas xustificadas e debidamente acreditadas e, en ningún caso, poderá superar o 10 % das horas lectivas.

A ausencia xustificada superior ao 10 % do total das horas lectivas suporá a perda do dereito á expedición do diploma. No caso de haber unha segunda edición do curso en cuestión, o Servizo de Formación en Seguridade Pública poderá valorar a posibilidade de que o/a alumno/a poida recuperar as horas non realizadas na edición anterior. En todo caso, para poder valorar esta posibilidade non pode transcorrer máis de seis meses entre unha edición e a seguinte.

A falta de asistencia dun número superior ao 10 % das horas lectivas sen xustificación ou a falta de acreditación documental da causa alegada non só dará lugar á perda do dereito ao diploma do curso, senón tamén á penalización coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contado desde o día seguinte ao da finalización do curso.

2. O alumnado asistirá aos cursos co uniforme regulamentario. No caso de non facelo, e non existir causa suficientemente xustificada, a Agasp poderá impedir a asistencia ao curso e non emitira diploma nin certificado acreditativo ningún.

En relación cos cursos que se realizarán na modalidade en liña, telepresenza e/ou formación semipresencial:

Todas as edicións dos cursos en liña, de telepresenza e/ou formación semipresencial que se convocan na presente resolución desenvolveranse da seguinte maneira:

• Lugar: a través da plataforma de formación en liña. Todos os cursos contan cunha proba final presencial na sede da Agasp.

• Estableceranse sesións de videoconferencias ou clases en directo, de obrigada asistencia, e no suposto de non asistir, non se terá por realizado nin superado o curso.

• Horario: segundo a disposición e necesidade do alumnado, agás as clases programadas por videoconferencia, en directo ou presencial na sede da Agasp.

Cuestionarios e tarefas: durante o desenvolvemento dos cursos, o alumnado participante deberá realizar unha serie de cuestionarios e tarefas de acordo cun calendario de presentación; a non realización dalgún deles no prazo establecido será sancionada coa baixa no curso. No caso de que os exercicios non alcancen un nivel de exixencia mínimo segundo o criterio do/da profesor/a, farase unha primeira advertencia ao alumnado e, de non atender a indicación, poderá ser dado de baixa no curso.

Os cuestionarios, agás a proba presencial final, e a realización das tarefas faranse a través da plataforma de formación en liña.

Aquelas actividades recollidas no anexo, cuxa modalidade de impartición sexa a formación semipresencial, establecerán na plataforma de teleformación o horario das clases presenciais na Agasp.

É obrigatorio conectarse nas clases de telepresenza ou clases en directo con imaxe e son (é dicir, é obrigatorio para acceder a estes cursos dispor dunha cámara web e micrófono ou conectarse a través dun dispositivo móbil). De non facelo, terase como non asistente.

Sexta. Certificación

– Asistencia: poderase obter o certificado de asistencia sempre que se asistise a un mínimo do 90 % das horas lectivas e se xustifiquen documentalmente, no prazo máximo de cinco días hábiles inmediatamente posteriores ao remate do curso, as faltas de asistencia que representen o 10 %.

– Aproveitamento: esta certificación expedirase exclusivamente ao alumnado que supere as probas que se determinen sobre os coñecementos impartidos en cada curso, e non superasen o 10 % de faltas de asistencia xustificadas documentalmente.

Os certificados serán postos á disposición do alumnado no seu espazo persoal da páxina web da Agasp, no prazo máximo de dez días hábiles, desde o remate de cada curso.

Sétima. Desenvolvemento dos cursos

1. A Agasp poderá suspender a realización de actividades formativas convocadas cando sexa necesario, por motivos técnicos ou por insuficiencia de solicitudes de participación.

2. A Agasp poderá modificar as datas, horarios, contidos e o desenvolvemento dos cursos, así como resolver todas as continxencias e incidencias que poidan xurdir.

3. A Agasp poderá programar cursos diferentes cando así o exixan circunstancias que afecten a organización, xestión e docencia.

4. A Agasp, como consecuencia da entrada en vigor de novidades lexislativas, de novos procedementos administrativos ou técnicos ou detección de novas necesidades operativas, poderá formular novas accións formativas.

ANEXO II

Denominación da actividade

Nº prazas

Datas

Nº horas

Modalidade

Operadores de radar*

20

6, 7 e 8 de maio

20

Presencial

Detección de drogas na condución

12

10 e 11 de xuño

16

Presencial

Actuación policial ante o maltrato animal. Nova Lei de benestar animal. Edición 1

50

5 de marzo

3

Presencial

Actuación policial ante o maltrato animal. Nova Lei de benestar animal. Edición 2

50

5 de marzo

3

Presencial

Actuación policial ante o maltrato animal. Nova Lei de benestar animal. Edición 3

50

6 de marzo

3

Presencial

Delitos contra a saúde pública. Tenza e tráfico de drogas

50

26 de febreiro

4 e 11 de marzo

27

Presencial

Grappling policial. Nivel 1. Edición 1

25

24 de abril

10

Presencial

Grappling policial. Nivel 1. Edición 2

25

25 de abril

10

Presencial

Grappling policial. Nivel 1. Edición 3

25

26 de abril

10

Presencial

Protección de persoas e edificios públicos

25

6, 7 e 8 de maio

20

Presencial

Curso operativo de primeiras actuacións sanitarias ante incidentes en ambientes hostís (AMOK)

16

22 de abril

8

Presencial

Curso operativo policial AMOK

16

8 de abril

8

Presencial

Curso básico de técnicas de operativa policial

25

9, 10 e 11 abril

25

Presencial

Técnicas, ferramentas e métodos empregados en roubos con forza en inmobles e vehículos

20

25, 26 e 27 de marzo

21

Presencial

Aperturas dinámicas

20

23, 24 e 25 de abril

21

Presencial

Aperturas subrepticias

20

21, 22 e 23 de maio

21

Presencial

Cerrallaría forense

20

18, 19 e 20 de xuño

21

Presencial

Entrada, progresión e rexistro de inmobles. Nivel 1. Edición 1

16

28 e 29 de febreiro

16

Presencial

Entrada, progresión e rexistro de inmobles. Nivel 1. Edición 2

16

3 e 4 de abril

16

Presencial

Entrada, progresión e rexistro de inmobles. Nivel 2**

16

13 e 14 de xuño

16

Presencial

Procedementos de intervención policial por binomios e equipos

16

7 e 8 de marzo

16

Presencial

Reacción armada e sanitaria como primeiro interveniente. Edición 1

25

19 e 20 de marzo

16

Presencial

Reacción armada e sanitaria como primeiro interveniente. Edición 2

25

6 e 7 de xuño

16

Presencial

Aperturas e arranque de vehículos

16

13 de maio

10

Presencial

Rastrexabilidade de vehículos e recuperación de motocicletas subtraídas

25

22 e 23 de abril

20

Presencial

Condución policial. Edición 1

12

3 e 4 de xuño

12

Presencial

Condución policial. Edición 2

12

4 e 5 de xuño

12

Presencial

Condución policial. Edición 3

12

6 e 7 de xuño

12

Presencial

Fotografía policial con revelado dixital

25

13, 14 e 15 de maio

20

Presencial

Operador de inmobilizador electrónico e a súa aplicación no uso da forza***

20

10 e 12 de xuño

12

Presencial

Relato do uso da forza en sede xudicial. Edición 1

50

20 de marzo

10

Presencial

Relato do uso da forza en sede xudicial. Edición 2

50

21 de marzo

10

Presencial

Laboratorios clandestinos

25

16 de abril

6

Presencial

Análise radiolóxica e control de seguridade

25

27 de maio

6

Presencial

Básico de inspección de transportes

35

4 ao 29 de marzo

20

En liña

Contaminación acústica e control de ruídos

35

8 ao 14 de abril

17 e 18 de abril

25

Semipresencial

Actuación policial ante delitos de odio

35

1 ao 30 de marzo

25

En liña

Documentoscopia e falsidade documental

35

3 ao 30 de xuño

20

En liña

Xogo e espectáculos públicos

35

3 ao 28 de xuño

20

En liña

Actuación policial ante condutas autolíticas

35

15 ao 22 de abril

8

En liña

Actualización do código penal

35

6 ao 30 de maio

20

En liña

Ocupación ilegal de inmobles

35

4 ao 30 de marzo

20

En liña

LGTBI, diversidade afectivo-sexual

35

1 ao 26 de abril

20

En liña

Intervención e inspección de clubs de fumadores de cannabis e grow shops

35

17 ao 23 de xuño

8

En liña

Inspección de locais

35

4 ao 10 de marzo

8

En liña

Delitos relacionados coas novas tecnoloxías

35

1 ao 22 de marzo

15

En liña

Marco xurídico do uso das aeronaves non pilotadas

35

1 ao 30 de abril

25

En liña

Actualización en estranxeiría

35

1 ao 30 de abril

20

En liña

O réxime xurídico da policía local de Galicia. Edición 1

35

1 ao 30 de abril

25

En liña

O réxime xurídico da policía local de Galicia. Edición 2

35

2 ao 31 de maio

25

En liña

Protección do territorio, patrimonio cultural e ambiente. Edición 1

35

1 ao 30 de abril

25

En liña

Protección do territorio, patrimonio cultural e ambiente. Edición 2

35

2 ao 31 de maio

25

En liña

Avanzado en VMP, mobilidade urbana e informe pericial

35

1 ao 27 de abril

20

En liña

Análise dos vehículos na mobilidade urbana (VMP)

35

1 ao 30 de marzo

20

En liña

Avanzado en matriculación de vehículos

35

1 ao 31 de maio

30

En liña

Básico de tacógrafo dixital

35

1 ao 19 de abril

8

En liña

Básico de ADR

35

13 ao 25 de maio

8

En liña

Transporte escolar e de menores e transporte de mercadorías perecedoiras

35

22 de abril ao 19 de maio

8

En liña

Inspección de transportes públicos e privados complementarios de mercadorías

35

27 de maio ao 15 dexuño

8

En liña

* As solicitudes para este curso deberán ser formuladas polos concellos e terán preferencia aqueles con convenio coa Dirección Xeral de Tráfico e cesión do radar.

** Para a realización deste curso é requisito imprescindible ter realizado previamente o curso de nivel 1.

*** As solicitudes para este curso deberán ser formuladas polos concellos e terán preferencia aqueles que acrediten a posesión do inmobilizador electrónico. Cada alumno/a estará dotado/a dun inmobilizador electrónico de adestramento para a realización de prácticas de manipulación, cambio de cargas e intervención policial, que deberán traer do seu concello.