Na sesión que tivo lugar o día 5 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de decembro de 2023 (DOG núm. 240, do 20 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), acordou, de conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 24 de febreiro de 2024, ás 9.00 horas no pavillón 1 da Feira Internacional Abanca, en Silleda.
As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de teléfonos móbiles.
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2024
Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal