DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2024 Páx. 12496

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 2 de febreiro de 2024 pola que se fixa o prezo privado para a venda ao público de diversas publicacións.

O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que «son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestándose tamén tales servizos ou actividades polo sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».

Así mesmo, o artigo 51 da referida lei establece que «os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da de Economía e Facenda, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que, excepcionalmente, poidan aplicarse subvencións reguladoras. Para estes efectos, a consellería correspondente remitirá á de Economía e Facenda o proxecto normativo xunto coa memoria económica en que se xustifiquen os aspectos anteriores. A norma que fixe estes prezos deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia».

Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e logo do informe favorable da Consellería de Facenda e Administración Pública, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único

1. Quedan aprobados os prezos privados de venda ao público das publicacións editadas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO

A imaxinación no interior dun estudio. O fondo Mary Quintero no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra. 15,00 €.

La imaginación en el interior de un estudio. El fondo Mary Quintero en el Archivo Histórico Provincial de Pontevedra. 15,00 €.

O menor: procesos a-significantes na arte contemporánea. 12,00 €.

– Narelle Jubelin. Nalgures. 25,00 €.

– David Lamelas. Lonxe, América. 40,00 €.

– Almudena Fernández Fariña. Pisando charcos. 40,00 €.

A cidade e as xentes 1970-1979: O fondo fotográfico Vega no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. 25,00 €.