DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 13451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2024 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de restitución da situación previa á formación do vertedoiro de terras realizado durante as obras de conversión en autovía do corredor CG-4.1, subtreito III: puntos quilométricos 7+300-11+150 (PO/12/070.01.3) (clave PO/22/166.09).

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 5 de febreiro de 2024 realizouse a aprobación provisional do proxecto de trazado: restitución da situación previa á formación do vertedoiro de terras realizado durante as obras de conversión en autovía do corredor CG-4.1. Subtreito III: pp.qq. 7+300-11+150 (PO/12/070.01.3), de clave PO/22/166.09, no municipio de Moaña (Pontevedra), que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado: restitución da situación previa á formación do vertedoiro de terras realizado durante as obras de conversión en autovía do corredor CG-4.1. Subtreito III: pp.qq. 7+300-11+150 (PO/12/070.01.3), de clave PO/22/166.09, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Segundo. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-1º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Moaña.

Así mesmo, a documentación íntegra do proxecto e un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2024

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas