DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Incio

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo de auxiliar de axuda no fogar (concurso).

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 2022-0450, do 27 de decembro de 2022, aprobáronse as bases para a provisión de seis prazas como persoal laboral fixo, auxiliar de axuda no fogar, mediante o sistema de concurso.

As bases e a convocatoria foron publicadas no BOP núm. 298, do 30 de decembro de 2022, con indicación de que o prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas ditas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia, así como nos taboleiros de anuncios físico e electrónico deste concello (https://concellooincio.sedelectronica.gal).

O Incio, 25 de xaneiro de 2024

Héctor Manuel Corujo González
Alcalde presidente