DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13627

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2024 pola que se convoca un curso para o persoal veterinario colexiado nos ilustres colexios oficiais de veterinarios de Galicia.

De acordo co Protocolo de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e o Ilustre Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,

RESOLVO:

Convocar o curso que figura no anexo II, que deberá desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2024

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos do persoal participante

1. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal empregado público veterinario colexiado e o resto de persoal veterinario colexiado de Galicia. Terá preferencia o persoal veterinario colexiado no Ilustre Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo. Todos os solicitantes débense atopar en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reunir os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indique na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 26 de febreiro de 2024.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 09.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

6. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), de acordo cos criterios de selección, deben cubrir na súa área de matrícula todos os campos marcando o recadro de verificación de que están nalgunha destas situacións específicas e remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

7. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

Cuarta. Comprobación de datos

1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar, ademais, unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón, a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración, a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@ xunta.gal>

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Unha vez recibidas as solicitudes correctamente, asignaranse as prazas no curso solicitado por orde de inscrición ata esgotar o total de prazas; terán prioridade os veterinarios colexiados no Ilustre Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, e reservarase o 50 % das prazas do curso para o persoal empregado público da Comunidade Autónoma galega.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de participantes asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Sétima. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e o seguimento das actividades

1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

1) Para formalizar a renuncia poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

2) O prazo para presentar escrito de renuncia iniciarase o día seguinte ao do remate do prazo de matrícula e finalizará tres días antes do inicio da actividade formativa.

b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

3. Seguimento das actividades presenciais:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1) Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de dez (10) días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o dito anteriormente perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2) Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais, pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar a actividade de formación, o alumnado deberá cumprir coa porcentaxe de asistencia indicada no punto 3.1, alínea c), e superar a proba de avaliación que se realizará ao final dela.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP e do Ilustre Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo

1. A EGAP e o Ilustre Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de admitidos/as a algunha actividade sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e o Ilustre Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo reservan para si o dereito a suspender ou cancelar a actividade, caso en que empregarán os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e o Ilustre Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo garantirán na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código: CV24013.

Funcións do veterinario de explotación no sistema integral de xestión de explotacións gandeiras bovinas, porcinas e avícolas.

Área de formación: comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades.

1. Obxectivos.

O obxectivo é a formación dos veterinarios para levar a cabo en todos os seus ámbitos o labor do veterinario responsable das gandarías de vacún, porcino e avícolas.

2. Destinatarios/as.

O persoal empregado público veterinario e o resto de persoal veterinario colexiado de Galicia.

Terá preferencia o persoal veterinario colexiado no Ilustre Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: presencial.

Duración: 24 horas.

Prazas: 120.

Edicións: unha.

Datas: 15 e 22 de marzo e 5, 12, 19 e 26 de abril de 2024.

Das 16.00 ás 20.00 horas.

Lugar: Facultade de Veterinaria de Lugo.

4. Contido.

1) Introdución ao sistema integral de xestión de explotacións gandeiras. Obrigas do titular das explotacións. Normativa da ordenación gandeira do gando vacún:

– Normativa da ordenación gandeira avícola.

– Normativa da ordenación gandeira porcina.

2) Plan sanitario integral:

– Plan de hixiene e bioseguridade.

– Plan de vixilancia das enfermidades de declaración obrigatoria.

– Plan de vixilancia e control das principais enfermidades parasitarias. Plan de vacinación.

3) Plan sanitario integral:

– Plan de mostraxe das enfermidades obxecto de control das explotacións (ADSG).

– Plan de control hixiénico do leite (vacún leite).

4) Plan de uso racional de antibióticos:

– Categorización dos antibióticos, prescrición e rexistro de medicamentos.

5) Plan de benestar animal:

– Plan de benestar en vacún.

– Plan de benestar en porcino.

– Plan de benestar en aves.

6) Plan de gestión ambiental:

– Impacto ambiental da gandaría, emisións contaminantes e de efecto invernadoiro.

– Plan para optimizar o uso da auga, o consumo de enerxía, control de ruídos, cheiros e partículas de po.

– Plan de xestión de residuos.

– Plan de xestión de estercos e xurros.

– Veterinario de explotación no SIGE: funcións, responsabilidades legais, visitas zoosanitarias, rexistro de actuacións e recomendacións.

– Réxime sancionador relativo ás explotacións gandeiras.

– Checklist práctico do plan sanitario integral.