DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2024 Páx. 13787

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2024 de concesión directa de axudas para a reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia, desestimadas por falta de crédito pola resolución do procedemento previsto na Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR446A).

Antecedentes.

Primeiro. O día 27 de marzo de 2023 publicouse no DOG núm. 60 a Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR446A), cun crédito previsto de 3.000.000 euros: 1.250.000 euros para o ano 2023, 500.000 euros para o ano 2024 e 1.250.000 euros para o ano 2025.

Segundo. A finais do mes de decembro de 2023, os órganos instrutores informaron o órgano colexiado da admisibilidade de 179 solicitudes de axuda.

Terceiro. Verificado o cumprimento dos requisitos para a concesión das axudas, o órgano colexiado, conforme a súa acta do 22 de decembro de 2023, aplicou os criterios de prioridade, resultado dos cales procedía a:

– Aprobación de 119 solicitudes.

– Desestimación de 103 solicitudes, das cales 60 correspondían a solicitudes que, cumprindo cos requisitos de admisibilidade previstos na orde de convocatoria, eran denegadas, ao esgotarse o crédito orzamentario previsto para a convocatoria 2023.

O órgano colexiado elaborou unha única lista, xa que ningunha das solicitudes de axuda incluía operacións de replantación, tras a arrinca obrigatoria por razóns sanitarias e fitosanitarias.

Cuarto. O día 22 de decembro de 2023 a Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias ditou proposta de resolución de concesión de axudas.

Quinto. O día 4 de xaneiro de 2024 a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, ditou a resolución correspondente á convocatoria de 2023, outorgando axudas aos 119 solicitantes que, aplicando os criterios de prioridade, cumprían os requisitos da convocatoria.

Sexto. O día 15 de febreiro de 2024 o Consello da Xunta de Galicia acordou autorizar a Consellería do Medio Rural á resolución de concesión directa de axudas para a reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia, desestimadas por falta de crédito pola resolución do procedemento previsto na Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2023.

Consideracións legais e técnicas.

Primeira. A competencia para ditar esta resolución correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, en virtude da Orde da Consellería do Medio Rural do 17 de novembro de 2015.

Segunda. O Real decreto 905/2022, do 25 de outubro, polo que se regula a Intervención Sectorial Vitivinícola no marco do Plan estratéxico da política agrícola común ditouse ao abeiro do disposto no artigo 149.1.13ª, da Constitución, que atribúe ao Estado a competencia exclusiva en materia de bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica e ten por obxecto establecer a normativa básica aplicable aos tipos de intervencións incluídos na Intervención Sectorial Vitivinícola, no marco do Plan estratéxico nacional da política agrícola común (PAC) do Reino de España 2023-2027, aprobado pola Comisión Europea mediante a Decisión de execución do 31 de agosto de 2022, no relativo á intervención de reestruturación e reconversión de viñedos.

As axudas á reestruturación e reconversión de viñedos están reguladas na sección 1 do capítulo II deste real decreto, que no artigo 11 regula o procedemento de selección e aprobación de operacións, indicando que:

a) As comunidades autónomas, logo de avaliar a admisibilidade das solicitudes presentadas, elaborarán dúas listas:

i. A primeira incluirá as operacións de replantación, tras a arrinca obrigatoria por razóns sanitarias e fitosanitarias ordenadas en función da puntuación obtida aplicando a ponderación dos criterios de prioridade a nivel nacional.

ii. A segunda incluirá o resto das operacións de reestruturación e reconversión de viñedos ordenadas en función da puntuación obtida aplicando a ponderación dos criterios de prioridade.

b) En primeiro lugar, aprobaranse as operacións da primeira lista por orde decrecente de puntuación e, como máximo, ata esgotar o 15 % dos fondos destinados na Conferencia sectorial para cada comunidade autónoma segundo o establecido no artigo 41 do Regulamento delegado (UE) nº 2022/126 da Comisión, do 7 de decembro de 2021.

c) En segundo lugar, aprobaranse o resto das operacións de reestruturación e reconversión de viñedos da segunda lista ata esgotar os fondos asignados na Conferencia sectorial para cada comunidade autónoma.

d) Deberá terse en conta que a aprobación definitiva de operacións bienales de novas solicitudes de axuda da convocatoria do ano n, non poderá comprometer para o exercicio financeiro n+2, un orzamento que supoña máis do 50 % da asignación recibida para o exercicio financeiro n+1.

O artigo 10 establece que a asignación de fondos que reciba cada comunidade autónoma para o exercicio financeiro seguinte deberá ser distribuída da seguinte forma:

a) En primeiro lugar, a comunidade autónoma deberá tomar dela os fondos que considere necesarios para atender os pagamentos pendentes do exercicio financeiro en curso ou exercicios financeiros anteriores que vaian efectuarse no exercicio financeiro seguinte.

b) Os fondos restantes constituirán o orzamento dispoñible para que esa comunidade autónoma aprobe as operacións admisibles de novas solicitudes de axuda presentadas na última convocatoria de axudas.

Neste caso, o 16 de outubro de 2023, unha vez finalizado o exercicio financeiro Feaga correspondente ás anualidades anteriores, acadouse unha execución de 723.941,31 euros, cantidade que condiciona o importe dispoñible para a concesión de novas axudas para a convocatoria do ano 2023.

Terceira. A Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR446A), establece as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, conforme os requisitos e condicións establecidas para esta intervención nas disposicións xerais do ámbito comunitario, estatal e autonómico e, en particular, no Real decreto 905/2022, do 25 de outubro.

O procedemento de concesión de axudas previsto nesta orde rematou coa Resolución 4 de xaneiro de 2024, da persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, pola que se:

a) Aproban, logo da aplicación dos criterios de prioridade, 119 solicitudes, segundo as operacións anuais e/ou bienais, con ou sen anticipo que en conxunto suman unha superficie vitícola que se vai reestruturar e/ou reconverter de 213,3241 ha cunha contía económica de 2.876.681,21 euros, repartidos en:

a. Operacións anuais: 978.662,60 euros.

b. Operacións bienais: 1.898.018,61 euros.

b) Denegan 103 solicitudes de axudas, das cales 60 corresponden a solicitudes que, cumprindo cos requisitos de admisibilidade previstos na orde de convocatoria, son denegadas, unha vez aplicados os criterios de prioridade, ao esgotarse o crédito orzamentario previsto para a convocatoria 2023.

Cuarta. O artigo 29 da orde de convocatoria regula o seu financiamento, sinalando:

«1. O financiamento das axudas recollidas na presente orde procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria da Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia 14.04.713C 772.1, cun importe de 1.250.000 euros para o ano 2023, 500.000 euros para o ano 2024 e 1.250.000 euros para o ano 2025. En total, 3.000.000 euros.

2. A dita aplicación orzamentaria poderase incrementar, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

3. A concesión destas axudas realizarase con cargo ao crédito asignado para tales efectos na Conferencia sectorial de agricultura e desenvolvemento rural».

Neste caso, non foi posible tramitar unha ampliación orzamentaria da orde de convocatoria antes da finalización do exercicio 2023, co fin de estimar as 60 solicitudes de axuda que, cumprindo os requisitos de admisibilidade, non podían ser consideradas por falta de crédito orzamentario. Posibilidade que prevé o artigo 29 da orde de convocatoria, pero a dificultade de acadar toda a documentación necesaria para a tramitación do procedemento de concesión de axudas impediu ditar a proposta de resolución antes do 22 de decembro de 2023, e polo tanto, coñecer o importe final necesario para a aprobación de todas as solicitudes admisibles con tempo suficiente para tramitar e publicar a citada ampliación do crédito.

No entanto, á vista do disposto no artigo 11 do Real decreto 905/2022, do 25 de outubro, e de que a Conferencia sectorial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do día 19 de xuño de 2023, asignou a nosa comunidade autónoma os seguintes fondos:

a) Importe exercicio 2024: 4.657.931,42 euros.

b) Importe exercicio 2025: 2.800.000 euros.

Ponse de manifesto a existencia de crédito para a concesión directa de axudas ás 60 solicitudes que durante a tramitación do procedemento previsto na Orde do 24 de marzo de 2023, se constatou que cumprían os requisitos de admisibilidade e non foron estimadas por falta de crédito. De xeito que, unha vez aplicados os criterios de prioridade por parte do órgano colexiado segundo o establecido na orde, resultarían os seguintes importes correspondentes a todas as solicitudes de axuda que cumprían os requisitos de admisibilidade:

a) Importe total das operacións anuais: 1.501.346,40 euros.

b) Importe total das operacións bienais: 2.499.855,15 euros.

Quinta. A concesión directa destas axudas enmárcase no suposto previsto no artigo 19.4.c) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, que indica que, con carácter excepcional, poderán concederse por este procedemento, aqueloutras subvencións en que se acrediten razóns de interese público, social, económico ou humanitario, ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa convocatoria pública.

Neste caso, as axudas teñen como finalidade incrementar a competitividade das explotacións vitícolas, adaptar o cultivo do viñedo ao cambio climático e facelo ambientalmente máis sustentable, xa que Galicia ten no viñedo un cultivo que achega unha riqueza incalculable á nosa terra. Naquelas zonas onde se cultiva a viña, en moitos casos en zonas de difícil acceso, onde o despoboamento está a facer desaparecer moitas dos costumes tradicionais, o viñedo segue sendo un elemento vertebrador do territorio repartindo riqueza e evitando no posible o despoboamento do rural.

Desta viña, que é o principal cultivo agrícola de Galicia, cunha superficie que representa unha porcentaxe moi baixa a nivel nacional obtéñense uns viños dunha gran calidade procedentes das nosas denominacións de orixe. Estes viños contan cun recoñecemento tanto nacional como internacional e que supoñen un sustento importante tanto para os viticultores como para as adegas que elaboran estes viños.

Durante os últimos anos realizáronse moitos esforzos para a reconversión varietal dos nosos viñedos, coas axudas do Programa de apoio ao sector vitivinícola español 2019-2023 (PASVE), pero aínda queda pendente unha superficie importante que é necesario reconverter para seguir aumentando a calidade dos nosos viños. O obxectivo das nosas denominacións de orixe está encamiñado a unha mellora da calidade baseada na reconversión varietal facía variedades autóctonas máis adaptadas que substitúan as existentes e non a un aumento da superficie de cultivo.

Neste sentido, é estratéxico para Galicia a reconversión do viñedo para poder dar viabilidade ás explotacións que teñan viñas antigas, de variedades que non son prioritarias e que proporcionan viños de baixa calidade que o mercado non demanda e substituílas por outras de variedade autóctonas, máis resistentes as condicións climáticas e que producen viños de máis calidade nas denominacións de orixe. Todas aquelas viñas non reestruturas están destinadas á súa desaparición e ao abandono do terreo polo propietario, dada a dificultade de substituílas por un cultivo alternativo.

As razóns expostas xustifican o interese público, social e económico do outorgamento das axudas polo procedemento de concesión directa, na medida en que o seu outorgamento suporá un incremento da superficie de viñedo que vai ser obxecto de operacións de reestruturación e reconversión. Sen que, por outra banda, o outorgamento destas axudas supoña unha limitación da concorrencia competitiva, na medida en que resultou acreditado que os citados solicitantes cumprían os requisitos establecidos na orde de convocatoria para o seu outorgamento, e sen que isto supoña unha desvantaxe para os solicitantes de futuras convocatorias de axudas, na medida en que existe crédito para o seu outorgamento e está prevista a súa convocatoria en exercicios futuros.

Polo tanto, visto que existe crédito adecuado e suficiente e que a normativa reguladora destas axudas permite esta posibilidade, con base no artigo 19.4.c) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a concesión directa das 60 solicitudes de axuda, que se relacionan no anexo desta resolución, para a reestruturación e reconversión de 102,2624 ha de viñedo en Galicia por importe de 1.124.520,34 euros, que foron desestimadas por falta de crédito pola resolución do procedemento previsto na Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR446A) e que cumpren os criterios de admisibilidade establecidos na normativa nacional e autonómica para o seu outorgamento.

Segundo. A execución, xustificación e pagamento destas axudas realizarase conforme as seguintes condicións:

a) Prazo máximo de execución e xustificación:

a. Para as operacións anuais: ata o 31 de xullo de 2024, inclusive.

b. Para as operacións bienais: ata o 31 de xullo de 2025, inclusive. Establécese entre o 16 de outubro de 2024 e o 31 de xullo de 2025, para solicitar o seu pagamento.

b) Anticipo:

a. As persoas beneficiarias destas axudas cuxos investimentos lles exixan pagamentos inmediatos poderán solicitar un anticipo máximo do 80 % da axuda aprobada, sen que se supere a anualidade prevista para o exercicio orzamentario en aplicación do artigo 63.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b. O prazo para solicitar o anticipo será dun mes desde a concesión da axuda.

c) As persoas beneficiarias deberán acreditar de novo a xustificación de estaren ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e que non teñen ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da Comunidade Autónoma, consonte o artigo 17 da dita orde e o artigo 31.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

d) Así mesmo, coa xustificación da execución total, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración doutras axudas solicitadas.

e) De acordo co anterior, o pagamento final da axuda realizarase en función da superficie e das unidades certificadas polo persoal da Consellería do Medio Rural encargado de realizar a comprobación dos investimentos executados.

Terceiro. O réxime xurídico aplicable á execución, xustificación e pagamento destas axudas será o establecido Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR446A).

E en todo o non regulado nesta resolución e na Orde do 24 de marzo de 2023 aplicarase a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencions de Galicia.

Esta resolución notificarase ás persoas interesadas facéndolles saber que esgota a vía administrativa e que contra ela poderán interpoñer, potestativamente, o recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. Todo isto consonte o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos os dous prazos computaranse desde o día seguinte ao da notificación desta resolución e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercitar calquera outro que xulguen pertinente.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2024

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015)
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
P.A. (Artigo 4.4 da Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23.11.2015)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Relación das solicitudes aprobadas das axudas de reestruturación e reconversión
do viñedo en Galicia da convocatoria de 2023

Orde prioridade

Expediente

Persoa beneficiaria

DNI/NIF

Op*

Anticipo*

Sup. (ha)

Invest. (€)

% subv.

CCI *

CPI* (€)

% anticipo

Anticipo (€)

Anualidade 2024 (€)

Anualidade 2025 (€)

Total
axuda (€)

120

32

2.023

83

Orensana de Vinos, S.A.U.

A32102550

B

N

20,0000

506.246,11

45

227.810,75

33.271,81

91.378,90

169.703,66

261.082,56

121

32

2.023

90

Fernández Núñez, Beatriz

76721335M

B

S

0,4749

7.106,33

45

3.197,85

0,00

60,00 %

1.918,71

1.918,71

1.279,14

3.197,85

122

32

2.023

100

Pérez Cobelas, Jorge

76720631Z

A

N

0,0868

2.231,19

45

1.004,04

0,00

1.004,04

0,00

1.004,04

123

36

2.023

86

Outinsu, C.B.

E94095809

B

N

0,5685

21.524,04

45

9.685,81

1.764,62

4.007,65

7.442,78

11.450,43

124

32

2.023

104

Adegas Pazo das Tapias, S.L.

B32361941

A

N

3,3783

68.789,72

45

30.955,37

4.401,03

35.356,40

0,00

35.356,40

125

36

2.023

93

Paz Otero, José María

35474413H

A

N

0,4565

17.072,22

45

7.682,50

1.416,98

9.099,48

0,00

9.099,48

126

32

2.023

97

Paradela Cid, Casimiro

76731250F

A

N

0,2302

4.396,91

45

1.978,61

460,20

2.438,81

0,00

2.438,81

127

32

2.023

93

Sotelo Dapia, Eloy

34698137S

A

N

0,1430

2.656,79

45

1.195,56

0,00

1.195,56

0,00

1.195,56

128

32

2.023

101

Gómez González, Manuel

34947049K

A

N

0,2153

3.974,16

45

1.788,37

0,00

1.788,37

0,00

1.788,37

129

32

2.023

88

Bodegas Alba

Al-Bar, S.L.

B66567413

A

N

0,6722

11.832,47

45

5.324,60

2.963,59

8.288,19

0,00

8.288,19

130

32

2.023

105

Rodríguez Blanco, Ángel Manuel

32419611F

A

N

0,5366

8.670,78

45

3.901,84

5.220,82

9.122,66

0,00

9.122,66

131

36

2.023

95

Varela Maquieira, Manuel

35451207L

A

N

0,3801

14.145,47

45

6.365,46

1.139,18

7.504,64

0,00

7.504,64

132

15

2.023

2

Pereiras Fuentes, Manuel

33262670R

A

N

0,3102

3.588,37

45

1.614,77

3.018,08

4.632,85

0,00

4.632,85

133

36

2.023

5

Álvarez Fernández, Xosé Manuel

76864679J

B

N

0,9500

36.559,10

45

16.451,60

1.580,41

6.311,20

11.720,81

18.032,01

134

32

2.023

112

Ojea Calvo, Antonio

34603614E

A

N

0,3710

8.273,40

45

3.723,02

3.609,63

7.332,65

0,00

7.332,65

135

32

2.023

2

Armesto Escuredo, Joaquín

34546881F

A

N

0,4467

8.797,74

45

3.958,97

4.346,14

8.305,11

0,00

8.305,11

136

32

2.023

12

Afreijo Rodríguez, Félix

34678668G

A

N

0,1201

2.752,73

45

1.238,72

0,00

1.238,72

0,00

1.238,72

137

32

2.023

5

Guerra Justo, Manuel

76721502B

A

N

0,6765

11.422,13

45

5.139,96

0,00

5.139,96

0,00

5.139,96

138

32

2.023

34

Britos Domínguez, Pedro

45142974T

A

N

1,2287

32.936,13

45

14.821,25

4.331,38

19.152,63

0,00

19.152,63

139

36

2.023

17

Carballal Vázquez Abal, S.L.

B94112927

B

N

0,4947

20.809,85

45

9.364,42

1.535,55

3.814,99

7.084,98

10.899,97

140

36

2.023

16

Blanco Silva, Manuel

76824929F

B

N

0,9283

33.774,13

45

15.198,36

0,00

5.319,43

9.878,93

15.198,36

141

32

2.023

36

Vázquez Paradelo, Nicolás

34916453S

A

N

0,1749

3.523,31

45

1.585,49

0,00

1.585,49

0,00

1.585,49

142

32

2.023

9

García Blanco, Francisco José

34263241A

A

N

0,9609

17.466,11

45

7.859,75

9.349,06

17.208,81

0,00

17.208,81

143

32

2.023

17

Rodríguez Martínez, Celso

44448458S

A

N

0,8557

21.916,31

45

9.862,34

1.186,99

11.049,33

0,00

11.049,33

144

32

2.023

38

López Estévez, Luis

34928388J

A

N

0,6564

10.203,26

45

4.591,47

4.961,77

9.553,24

0,00

9.553,24

145

36

2.023

22

Agro de Bazán, S.A.

A36034668

A

S

2,9708

51.116,84

45

23.002,58

8.163,70

80,00 %

24.933,02

31.166,28

0,00

31.166,28

146

36

2.023

34

Álvarez Sousa, Jorge

76910854G

A

N

0,5000

18.480,78

45

8.316,35

831,80

9.148,15

0,00

9.148,15

147

36

2.023

48

Fernández Fernández, Patricia

77004522Q

A

N

0,2000

8.019,17

45

3.608,63

0,00

3.608,63

0,00

3.608,63

148

36

2.023

52

Pereira Núñez, José Pablo

34876168A

A

N

0,5550

18.470,21

45

8.311,59

968,21

9.279,80

0,00

9.279,80

149

36

2.023

47

Domínguez González, Isidro

34875571G

A

N

0,6945

10.549,03

45

4.747,06

0,00

4.747,06

0,00

4.747,06

150

32

2.023

49

Urdangaray López, Asier

13169773L

A

N

0,5171

16.601,16

45

7.470,52

0,00

7.470,52

0,00

7.470,52

151

36

2.023

39

Buceta Naveiro, Manuel

76853701Y

B

N

0,3590

13.731,39

45

6.179,13

1.114,34

2.552,71

4.740,76

7.293,47

152

32

2.023

8

Perdiz Fernández, Daniel

76728915H

A

N

0,1510

2.557,63

45

1.150,93

1.469,15

2.620,08

0,00

2.620,08

153

32

2.023

114

Viñedos Ferrer, S.L.

B32468332

A

N

0,4584

11.082,07

45

4.986,93

0,00

4.986,93

0,00

4.986,93

154

15

2.023

10

Bodegas Martín
Codax, S.A.U.

A36033009

B

N

9,5890

179.269,64

45

80.671,34

0,00

28.234,97

52.436,37

80.671,34

155

32

2.023

40

Pago de los Capellanes, S.A.

A09222340

A

N

6,0408

108.224,75

45

48.701,14

13.499,63

62.200,77

0,00

62.200,77

156

36

2.023

79

Videira López, José Luis

35981845R

B

N

0,2232

3.975,82

45

1.789,12

2.171,61

1.386,26

2.574,47

3.960,73

157

36

2.023

57

Cabana das Bolboretas, S.L.

B94081445

A

N

0,2949

10.966,43

45

4.934,88

971,97

5.906,85

0,00

5.906,85

158

36

2.023

71

Durán Martínez, Xosé Ramón

35441755C

B

N

1,1740

14.100,94

45

6.345,42

0,00

2.220,90

4.124,52

6.345,42

159

32

2.023

66

Bodegas Cunqueiro, S.L.

B32150187

A

N

0,5745

12.716,68

45

5.722,51

5.589,57

11.312,08

0,00

11.312,08

160

32

2.023

63

Rey González, Juan

35209988R

A

N

0,1235

2.908,00

45

1.308,60

0,00

1.308,60

0,00

1.308,60

161

36

2.023

62

Lago Touris, Miguel

35446100H

B

N

1,0880

40.442,20

45

18.198,99

2.917,76

7.390,86

13.725,89

21.116,75

162

32

2.023

59

Diéguez Álvarez, Juan Tomás

76702221G

A

N

1,0045

16.036,23

45

7.216,30

9.773,26

16.989,56

0,00

16.989,56

163

36

2.023

45

Pena Besada, José

76908282P

A

N

1,1160

41.584,91

45

18.713,21

0,00

18.713,21

0,00

18.713,21

164

32

2.023

30

Sebio Puñal, Xosé Lois

36148469J

B

S

0,4201

13.465,50

45

6.059,48

3.596,00

80,00 %

7.724,38

7.724,38

1.931,10

9.655,48

165

32

2.023

32

Collarte Pérez, Anxo

76725082A

A

N

0,1500

3.139,02

45

1.412,56

0,00

1.412,56

0,00

1.412,56

166

27

2.023

3

Vázquez Fernández, Manuel

34211630G

A

N

0,0557

1.350,06

60

810,03

541,93

1.351,96

0,00

1.351,96

167

32

2.023

60

Pazos Placer, Óscar

44463921E

B

N

0,1584

4.035,89

45

1.816,15

0,00

635,65

1.180,50

1.816,15

168

15

2.023

5

Herederos Carabel Suárez, C.B.

E87816773

B

N

0,6248

11.845,58

45

5.330,51

0,00

1.865,68

3.464,83

5.330,51

169

27

2.023

8

Val de Quiroga, S.L.

B27212893

A

N

0,9739

17.937,33

45

8.071,80

6.846,61

14.918,41

0,00

14.918,41

170

27

2.023

11

Bodegas Rectoral de Amandi, S.A.U.

A32259889

A

N

0,3235

6.475,21

45

2.913,84

0,00

2.913,84

0,00

2.913,84

171

32

2.023

33

Santa Marta, S.A.T.

F32230690

A

N

0,5100

10.661,01

45

4.797,45

4.962,02

9.759,47

0,00

9.759,47

172

32

2.023

46

Estéban Vázquez, Isaac Ignacio

51455959Z

A

N

2,4948

48.129,02

45

21.658,04

1.872,15

23.530,19

0,00

23.530,19

173

36

2.023

41

Santiago Ruiz, S.A.U.

A36036325

B

N

1,7300

36.692,79

45

16.511,76

0,00

5.779,12

10.732,64

16.511,76

174

32

2.023

80

Pazo Blanco Núñez, S.L.

B61505830

A

N

7,2179

121.205,24

45

54.542,36

5.176,07

59.718,43

0,00

59.718,43

175

32

2.023

13

Pardo Fernández, Santiago

34947073E

A

N

1,4104

21.769,39

45

9.796,23

0,00

9.796,23

0,00

9.796,23

176

32

2.023

21

Gargalo, S.L.

B81004053

A

N

1,2241

4.984,57

45

2.243,06

759,48

3.002,54

0,00

3.002,54

177

32

2.023

65

López López, Jerónimo

10060474K

A

N

1,1567

9.244,80

45

4.160,16

717,67

4.877,83

0,00

4.877,83

178

32

2.023

98

Abedal, S.L.

B32162414

A

N

3,8500

90.993,07

45

40.946,88

0,00

40.946,88

0,00

40.946,88

179

32

2.023

102

Rectoral do Umia, S.A.

A32390304

B

N

17,0114

287.275,01

45

129.273,75

0,00

45.245,81

84.027,94

129.273,75

102,2624

2.150.706,13

968.020,17

156.500,17

738.471,02

386.049,32

1.124.520,34

*Op.: operación anual/bianual.

*Anticipo: S: pretende solicitar anticipo, N: non.

*CPI: compensación pola perda de ingresos.

*CCI: contribución aos custos incorridos nas operaciones de reestruturación e reconversión de viñedos.