DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2024 Páx. 13872

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría titulado/a superior, do cadro de persoal do consorcio.

As bases completas que regulan a convocatoria poden consultarse na páxina web do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) http://www.acsug.es/gl/acsug/transparencia/persoal

De conformidade co previsto nestas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da ACSUG http://www.acsug.es/gl/acsug/transparencia/persoal

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2024

José Eduardo López Pereira
Director do consorcio Axencia para a
Calidade do Sistema Universitario de Galicia