DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2024 Páx. 14174

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 15 de decembro de 2023, pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Unha vez publicada a Resolución do 15 de decembro de 2023 que se cita na cabeceira (Diario Oficial de Galicia núm. 243, do 26 de decembro), cómpre modificar os anexos que figuran nela, para adaptalos á realidade dos postos existentes susceptibles de participar no proceso de funcionarización convocado, polo que esta dirección xeral

DISPÓN:

Incluír o seguinte código de posto:

Categoría 03

Ordenanza, celador/a (..)

NIF

Inicial apelido 1

Inicial apelido 2

Inicial
nome

PSC994090127560251

***5717**

F

V

M

Eliminar o seguinte código de posto:

Categoría 11

Limpador/a. Fregador/a. Empregado/a comedor (..)

NIF

Inicial apelido 1

Inicial apelido 2

Inicial nome

EDC994030515001014

***4079**

O

G

U

Esta resolución pon fin á vía administrativa e as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición contra ela ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, conforme a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública