DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2024 Páx. 14055

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 27 de decembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento ED481B e IN606B).

A Xunta de Galicia asume, dentro dos seus plans de acción, a importancia de formar o persoal investigador logo de rematada a tese de doutoramento e, posteriormente, posibilitar o perfeccionamento na súa formación, o establecemento dunha liña de investigación propia que lle permita consolidar a súa traxectoria e, finalmente, impulsar a súa estabilización laboral. Como consecuencia diso, as axudas de formación nas etapas iniciais e de continuación da etapa posdoutoral na Comunidade Autónoma de Galicia contan cunha longa tradición mediante convocatorias públicas que adoptaron, ao longo dos anos, diversas formalizacións para a mellor consecución dos obxectivos e fins propostos. Cabe citar como exemplos máis destacables as axudas Ánxeles Alvariño, convocadas entre os anos 2007 e 2009, do Plan INCITE ou as axudas á etapa de formación inicial posdoutoral do programa I2C no período 2012-2019.

A finalidade do programa de axudas á etapa de formación posdoutoral é incrementar a incorporación de persoal investigador ao Sistema de I+D+i galego, fomentando a adquisición e o perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor, mediante contratos nos axentes que conforman o sistema, e permitindo a súa mobilidade internacional para mellorar a súa formación e capacitación e que lle permita obter un posto de carácter estable.

Co fin de harmonizar o exercicio das competencias que en materia de I+D+i teñen atribuídas a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía, Industria e Innovación, e na procura de sinerxías, considérase de interese a realización de convocatorias conxuntas que axuden a consolidar un sistema de I+D+i suficientemente sólido como para garantir o desenvolvemento social e a competitividade económica.

Adicionalmente, e ao abeiro do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación, e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América (en diante, EUA) para o programa de bolsas da Xunta de Galicia-Fulbright, nesta convocatoria ata dez persoas investigadoras contratadas polas universidades do SUG e ata dúas persoas contratadas polos organismos públicos de investigación de Galicia ou por outras entidades do sistema público de I+D+i galego que desenvolvan un mínimo de 20 e un máximo de 24 meses de estadía nos EUA terán a condición de bolseiras Fulbright, e contarán co apoio da Comisión Fulbright.

O programa Fulbright é o programa de intercambio educacional insignia do Goberno dos Estados Unidos e dálles aos seus participantes, escollidos polos seus méritos académicos e potencial de liderado, a oportunidade de estudar, investigar e intercambiar ideas.

A distribución parcial das axudas por rama de coñecemento: Artes e Humanidades; Ciencias; Ciencias da Saúde; Ciencias Sociais e Xurídicas, e Enxeñaría e Arquitectura permite garantir unha repartición homoxénea, baseada na clasificación xeneralizada das titulacións do SUG, mentres non se produza o novo cambio normativo estatal de estruturación e clasificación.

O 8 de abril de 2022, o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo mediante o cal se aprobou a Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, que define o marco para as políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma para este período, así como o Plan de investigación e innovación de Galicia 2022-2024, que concreta desde un punto de vista operativo este marco estratéxico.

A RIS3, no período 2021-2027, aborda a través da I+D+i tres grandes retos da economía e a sociedade galega. Para darlles resposta, por unha banda, a estratexia orienta as capacidades e os esforzos de investigación e innovación en Galicia cara a tres prioridades temáticas transversais, e, pola outra, reforza e impulsa o ecosistema galego de innovación a través de cinco obxectivos estratéxicos, arredor dos cales articula os instrumentos e as actuacións que se van desenvolver integrados nos correspondentes programas.

Os instrumentos, apoios e actuacións que se desenvolven no marco da RIS3 en relación con cada obxectivo estratéxico recóllense nos correspondentes programas. Estes instrumentos poden ser horizontais en relación cos retos e prioridades da RIS3. O obxectivo estratéxico 4 aposta polas persoas como activo principal para abordar as prioridades de especialización de Galicia, xerando, retendo e atraendo talento en igualdade. Esta convocatoria potenciará as traxectorias de investigación vinculadas aos retos e prioridades definidos na estratexia.

En consecuencia, esta convocatoria enmárcase na RIS3 respondendo aos tres retos e ás tres prioridades. Ten como obxectivo estratéxico desenvolver o talento das persoas (obxectivo estratéxico 4), capacitando as persoas nos ámbitos de prioridade de futuro, integrándose, polo tanto, no programa Persoas.

De acordo coa Lei 13/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, para garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación, nesta convocatoria introdúcense mecanismos correctores e obxectivos para evitar a discriminación e/ou penalización das mulleres, e tamén dos homes, en casos de maternidade, paternidade, garda con fins de adopción ou acollemento, risco durante o embarazo e/ou lactación, e incapacidade temporal asociada ao embarazo ou por razóns de violencia de xénero ou calquera tipo de acoso.

De acordo coa modificación da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, inclúese unha axuda que permite cubrir o custo da indemnización por expiración do tempo convido do contrato laboral que asinen coas entidades beneficiarias as persoas seleccionadas ao abeiro desta convocatoria.

Como novidades nesta convocatoria, aumentarase a duración das axudas ata un máximo de seis (6) anos, dividida en dúas fases cunha avaliación intermedia por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, en colaboración coa Axencia de Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), e será necesario obter un avaliación positiva para o acceso á segunda fase da axuda.

Ademais, no caso das entidades beneficiarias do SUG, impulsarase a estabilización do persoal investigador que complete a súa etapa posdoutoral a través do compromiso por parte das entidades beneficiarias de crear, tras a finalización do contrato, postos de traballo permanente, conforme a lexislación vixente, as normas de organización e funcionamento, e de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias, sempre e cando se corresponda con algunhas das necesidades docentes ou investigadoras manifestadas polas entidades beneficiarias e as persoas contratadas a través desta axuda posdoutoral obteñan a acreditación como investigador/a R3 antes do período de finalización da axuda.

Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro do 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, para o cal existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, aprobados polo Parlamento de Galicia.

Atendendo a estas consideracións xerais, e en virtude das súas competencias, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Consellería de Economía, Industria e Innovación convocan as axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral para o ano 2024.

En consecuencia, e no uso das atribucións que temos conferidas,

ACORDAMOS:

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

1. Esta orde establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación, de apoio á etapa de formación posdoutoral, e procede á súa convocatoria (códigos de procedemento ED481B e IN606B).

2. O obxecto do Programa de apoio á etapa posdoutoral é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores que obtiveron recentemente o título de doutora ou doutor, para a súa formación nos seus centros, unidades ou departamentos, permitindo nunha primeira fase a mellora das súas capacidades mediante estadías de investigación posdoutoral no estranxeiro. Así mesmo, terá como finalidade darlle continuidade á súa carreira investigadora, nunha segunda fase da axuda, que posibilitará un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria e o establecemento da liña de investigación.

3. As solicitudes que propoñan a persoas candidatas de nacionalidade española que presenten un plan de estadías dun mínimo de 20 e un máximo de 24 meses nos Estados Unidos de América (EUA) optarán a contar co apoio da Comisión Fulbright e ter a condición de bolseiras Fulbright.

A Comisión Fulbright prestaralles ás persoas investigadoras que obteñan a condición de bolseiras Fulbright os seguintes servizos (durante a primeira fase da axuda): xestión de visados; apoio, xestión e asesoría durante a estadía nos EUA; participación das persoas investigadoras en seminarios, actividades científicas e culturais que se organicen no nome e polo Programa Fulbright; seguro médico con cobertura de enfermidade e accidentes, e formar parte da rede de antigas/os alumnas/os Fulbright do U.S. Department of State.

Artigo 2. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as universidades públicas do Sistema universitario de Galicia (SUG), os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia, sempre que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato laboral de duración determinada con dedicación a tempo completo, de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á dita entidade.

2. Poderán acceder a estas axudas os organismos e entidades sinalados no parágrafo anterior que presenten como candidatas persoas co grao de doutora ou doutor que cumpran na data límite de presentación de solicitudes as condicións que se indican a continuación:

a) Que a data de finalización dos estudos conducentes á obtención do título de licenciatura, grao ou equivalente que lle deu acceso ao doutoramento sexa igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2013.

b) Estar en posesión do grao de doutora ou doutor e que este fose obtido en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2019. Entenderase como data de obtención do título de doutora ou doutor a data de lectura e aprobación da tese de doutoramento.

A data de obtención do título de doutora ou doutor poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2019, pero deberá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2017, no caso das persoas tituladas que acrediten fidedignamente algún dos seguintes supostos:

1. Que se atopaban de baixa maternal ou que tiñan a cargo menores de tres anos entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2018.

2. Que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.

3. Que interrompesen a súa formación por causa dunha enfermidade grave ou que se dedicasen á atención de persoas maiores da familia en primeira liña parental.

No caso das persoas candidatas que estean en posesión de máis dun título de doutoramento, os requisitos expresados referiranse ao primeiro dos doutoramentos obtidos.

c) Non ter sido seleccionada ou, no caso de ser seleccionada, non ter renunciado con anterioridade á publicación desta convocatoria para algún dos seguintes programas:

– Programas posdoutorais da Xunta de Galicia.

– Axudas nunha convocatoria estatal das actuacións Juan de la Cierva-formación ou Juan de la Cierva-incorporación.

– Axudas e/ou contratos posdoutorais que recollan estadías en centros de investigación no estranxeiro de dous ou máis anos de duración, computado de xeito individual nun só período de dous ou máis anos de duración ou conxuntamente se as axudas e/ou contratos prevén o seu desenvolvemento en períodos fraccionados.

– Axudas ou contratos posdoutorais no estranxeiro que prevexan unha duración igual ou superior a dous anos, computado de xeito individual nun só período de dous ou máis anos de duración ou conxuntamente se a axuda e/ou o contrato prevé o seu desenvolvemento en períodos fraccionados.

No anexo III indicado no artigo 7 destas bases deberán declararse todas as axudas, contratos e/ou estadías de carácter posdoutoral que a persoa candidata obtivese con anterioridade á presentación da solicitude de participación nestas axudas.

d) Ademais, as solicitudes que presenten persoas candidatas que opten á condición de bolseiras Fulbright deben cumprir os seguintes requisitos:

– A duración da estadía nos EUA será dun mínimo de 20 meses e un máximo de 24 meses de maneira continuada, tendo en conta as normas indicadas no artigo 5.1.b.5 desta orde.

– Ter nacionalidade española.

– Nivel de idioma inglés –falado e escrito– adecuado para completar o proxecto de investigación nos EUA. As persoas candidatas que estean en posesión dun certificado que demostre o seu nivel de inglés deberán achegalo e a Comisión Fulbright comprobará esta circunstancia na entrevista que se indica no artigo 12.6. No caso de que unha persoa candidata non demostre un nivel de inglés suficiente na entrevista, non poderá obter a condición de bolseira Fulbright, aínda que seguirá gozando da axuda de formación posdoutoral.

– Non ter participado e completado unha estadía de investigación posdoutoral nos EUA cun visado J-1 na categoría de Research Scholar/Professor durante os 24 meses previos á data de incorporación ao seu centro de destino.

– Non estar gozando na actualidade dun programa de investigación posdoutoral nos EUA cun visado J-1 por un período superior a seis meses.

– Non ser residente, cidadán ou ter dereito á cidadanía dos Estados Unidos.

Para viaxar aos Estados Unidos, as persoas beneficiarias Fulbright deberán estar en posesión dun visado especial J-1 de acordo coa normativa estadounidense, e os familiares acompañantes, dun visado J-2 ligado ao visado da persoa beneficiaria. A persoa beneficiaria e/ou os familiares acompañantes, unha vez completado o período da estadía financiada, comprometeranse a non fixar a súa residencia permanente nos Estados Unidos ata que transcorran dous anos. En caso contrario, deberase contar coa oportuna autorización dos dous países.

Artigo 3. Número, duración e importe das axudas

1. Poderanse conceder ata 49 axudas (a previsión inicial é de 40 para universidades do SUG e 9 para o resto de entidades beneficiarias), dun máximo de seis anos, que comezarán a partir do 1 de xullo de 2024.

2. A duración das axudas estará dividida en dúas fases:

a) A primeira fase terá unha duración máxima de tres (3) anos. Esta fase ten como obxectivo a adquisición e o perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor, mediante contratos cos axentes que conforman o sistema e permitindo a súa mobilidade internacional para mellorar a súa formación e capacitación.

b) A segunda fase terá un duración máxima de tres (3) anos. Esta fase ten como obxectivo darlle continuidade á súa carreira investigadora, posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita consolidar a súa traxectoria. Para poder acceder a esta segunda fase, a persoa investigadora contratada deberá presentarse na terceira anualidade da axuda a unha avaliación científico-técnica que se realizará segundo o establecido no artigo 18. Cando a avaliación sexa positiva, e no marco das dispoñibilidades orzamentarias, a persoa investigadora accederá á segunda fase da axuda a través dun contrato de máximo tres (3) anos de duración de maior contía e unha axuda complementaria para o establecemento da liña de investigación. No caso das entidades beneficiarias do SUG, impulsarase tamén a creación de postos de traballo de carácter estable.

O contrato nesta segunda fase deberá desenvolverse na mesma entidade e pola mesma área en que a persoa contratada desenvolveu o seu contrato na primeira fase de formación posdoutoral. Non se autorizarán cambios de praza e área durante a vixencia do contrato, agás por circunstancias sobrevidas de forza maior correctamente xustificadas.

2. Para as universidades do SUG, o número de axudas concedidas para cada rama de coñecemento (Artes e Humanidades; Ciencias; Ciencias da Saúde; Ciencias Sociais e Xurídicas, e Enxeñaría e Arquitectura) non será inferior ao 10 % do total das axudas convocadas para o SUG, sempre que o número de solicitudes avaliadas favorablemente o permita.

3. Do número total de axudas que se convocan, resérvanse tres (3) no ámbito das universidades do SUG e unha (1) no ámbito das demais entidades, para a contratación de persoas investigadoras cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %. De existiren axudas non cubertas no grupo de reserva, acumularanse ao grupo xeral.

4. Das axudas convocadas proporanse ata un máximo de dez (10) para as universidades do SUG e de dúas (2) para as demais entidades, para obter a condición de bolseiras Fulbright, sempre e cando acaden a puntuación necesaria e cumpran as condicións que se indican no artigo 2.

5. Durante os tres primeiros anos da axuda (primeira fase), o importe das axudas é o seguinte:

– Un total de 32.000 euros brutos anuais en concepto de salario e custos sociais.

– Un complemento por cada mes de estadía, denominado complemento estadía, de:

a) 1.000 euros se o destino da estadía está en Portugal ou Andorra (zona 1).

b) 1.500 euros se o destino da estadía está en Europa (agás Portugal ou Andorra), África ou América, agás os EUA e Canadá (zona 2).

c) 2.000 euros se o destino da estadía está nos EUA, Canadá, Asia ou Oceanía (zona 3).

– Un total de 500 euros brutos mensuais durante cada período de estadía nos EUA para as solicitudes daquelas persoas investigadoras que acaden a condición de bolseiras Fulbright, denominado complemento Fulbright.

– Un complemento a cada unha das entidades, que se establece en 1.500 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas, denominado complemento entidades 1. Este complemento ten por obxecto cubrir, ademais dos gastos asociados á contratación, os custos para cada persoa contratada da subscrición dun seguro de accidentes, de responsabilidade civil e, cando se trate de países sen concerto coa Seguridade Social española ou cando as coberturas deste concerto sexan insuficientes, un seguro de asistencia médica cuxo ámbito de cobertura inclúa o país de destino. Estes seguros deberán cubrir os períodos efectivos de estadía.

Durante a segunda fase da axuda, de ser o caso, tras obter a avaliación positiva que acredite o seu acceso a esta fase, o importe total máximo da axuda é de 49.000 euros anuais cada unha delas, de acordo coa seguinte desagregación:

a) Un total de 38.000 euros anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual e o pagamento dos custos sociais.

b) Unha axuda complementaria por cada persoa contratada para o establecemento dunha liña propia de investigación, denominado complemento liña, coa seguinte desagregación por anualidades: 5.000 euros en 2027, 10.000 euros en 2028, 10.000 euros en 2029 e 5.000 euros en 2030.

c) Un complemento a cada unha das entidades beneficiarias, que se establece en 1.000 euros anuais, denominado complemento entidades 2, por cada persoa contratada con cargo a estas axudas, para cubrir os gastos asociados á contratación.

d) En aplicación do artigo 22.1, letra g), da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, no momento da finalización do contrato por expiración do tempo convido a persoa traballadora terá dereito a percibir unha indemnización de contía equivalente á prevista para os contratos de duración determinada no artigo 49 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores. Para cubrir o custo da indemnización ao remate do contrato, incluirase unha axuda total máxima de 7.000 euros.

No caso de que a persoa investigadora contratada non supere a avaliación prevista ao termo da primeira fase, a indemnización ascenderá a un total máximo de 3.160 euros e aboarase co último pagamento desa fase da axuda.

Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior á estipulada, deberá achegar a diferenza.

6. En ningún caso lle serán exixibles á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou á Axencia Galega de Innovación máis obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.

7. Para que estes contratos sexan financiables, será preciso que as persoas contratadas permanezan un mínimo de tres meses no programa.

8. Os importes das axudas anuais indicadas anteriormente, cando así proceda, modificaranse proporcionalmente en función do número de meses de contrato.

Artigo 4. Conceptos subvencionables

1. Na primeira fase da axuda, os importes das axudas só poderán ir destinados ao financiamento das actividades necesarias para o desenvolvemento desta convocatoria, que son:

Pagamento dos contratos, custos sociais, complementos de estadías, complementos a cada entidade beneficiaria por persoa contratada e indemnizacións pola finalización do contrato por expiración do tempo convido. Ademais, unha dotación complementaria durante os períodos de estadía nos EUA para aquelas solicitudes correspondentes a persoas investigadoras que consigan a condición de bolseiras Fulbright.

Soamente serán financiables os contratos das persoas investigadoras que permanezan un mínimo de tres meses no programa, polo que non hai ningún tipo de compromiso retributivo para aquelas persoas contratadas menos de tres meses.

2. Na segunda fase da axuda, os importes das axudas só poderán ir destinados ao financiamento das actividades necesarias para o desenvolvemento desta convocatoria.

Os gastos que se consideran elixibles, asociados á creación dunha liña de investigación propia, son os seguintes:

a) Custo de contratación de persoal investigador ou auxiliar. Custo de contratación de persoal investigador ou auxiliar de investigación, sempre que non estean vinculados funcionarial ou estatutariamente coa entidade que o contrate. Esta contratación non creará ningún compromiso en canto á súa posterior incorporación á entidade beneficiaria. Inclúese o custo de persoal dedicado de xeito específico ás funcións de xestión, así como o cofinanciamento das persoas contratadas ao abeiro de convocatorias competitivas dos programas estatais de Recursos Humanos.

b) Pequeno equipamento inventariable e material funxible (ordenadores, tabletas...). Non se considerarán elixibles os teléfonos móbiles.

c) Material bibliográfico, cotas de coloquios e congresos e adhesión a sociedades científicas. Non se considerarán elixibles os gastos derivados da realización de publicacións científicas.

d) Viaxes e axudas de custo para a actividade obxecto da axuda, sempre que a contía non exceda o 20 % da axuda debidamente xustificada.

e) Ferramentas de xestión do coñecemento e a información, tales como aplicacións informáticas, bases de datos, etc.

f) Gastos de servizos tecnolóxicos externos.

g) Custos indirectos ou gastos xerais que regulamentariamente lle exixen as entidades á persoa contratada, que non superarán o 20 % da axuda debidamente xustificada.

2. No caso de modificacións nos gastos elixibles da liña de investigación propia (2ª fase da axuda):

a) Cando non se altere o importe total anual da axuda e sempre que estes cambios non atinxan ás epígrafes d) e g) do punto anterior deste artigo, soamente será obrigatorio que as entidades beneficiarias remitan un breve informe destes cambios.

b) Para o resto dos casos, será precisa a petición de modificación dos orzamentos.

En calquera dos supostos citados nos puntos anteriores, as entidades beneficiarias deberán presentar a documentación correspondente ante a Secretaría Xeral de Universidades ou a Axencia Galega de Innovación, segundo corresponda, de acordo co establecido no artigo 9 destas bases.

Artigo 5. Características dos períodos de mobilidade e de permanencia no Sistema galego de i+D+i na primeira fase da axuda

1. Os períodos de estadía no estranxeiro deberán aterse ás seguintes normas:

a) Deberá presentarse un plan completo para o período, cunha relación detallada das datas e centros de destino. Ademais das sinaturas da persoa que vai realizar a estadía e da persoa responsable ou coordinadora do grupo de investigación ou equivalente, deberanse xuntar as cartas de aceptación, asinadas por persoas con capacidade para iso, de cada un dos centros de destino.

b) A duración do período total de desenvolvemento de estadías será dun mínimo de 20 meses e dun máximo de 24 meses de forma continuada. Este período terá as seguintes características:

1. Cada estadía desenvolvida nun centro de investigación diferente (que poderá ser na mesma zona ou en zonas distintas) deberá ter unha duración mínima de 12 meses e máxima de 24 meses. Desta maneira, no caso de fragmentar o desenvolvemento das estadías de acordo co indicado, neste parágrafo, deberanse realizar, como mínimo, dúas estadías de 12 meses cada unha.

2. No caso de non fragmentar o período de estadía, esta terá unha duración mínima de 20 meses e máxima de 24 meses.

3. O cómputo será por meses completos, que necesariamente terán que comezar o primeiro día do mes e finalizar o último día do mes correspondente.

4. As estadías deberán desenvolverse durante o período comprendido entre outubro de 2024 e setembro de 2026 (ambos os dous incluídos).

Non obstante, no caso de axudas concedidas cunha data de inicio do contrato posterior ao ano 2024 polas causas previstas nesta convocatoria, ou no caso de interrupcións dos contratos que afecten o desenvolvemento das axudas, as estadías poderán desenvolverse no período que indiquen as resolucións correspondentes.

5. As solicitudes das persoas candidatas a obteren a condición de bolseiras Fulbright terán que desenvolver un mínimo de 20 meses e un máximo de 24 meses de estadía obrigatoria e integramente nos EUA. Non obstante, no caso de que esta estadía se fragmente en diferentes centros, en aplicación do indicado no punto 1 desta letra, o período mínimo en cada un destes centros será de 12 meses.

c) A persoa contratada non poderá realizar as estadías no país de nacemento, no de nacionalidade, naquel en que obtivo o título de licenciatura, grao ou equivalente, ou o de doutora ou doutor que lle deu acceso ao programa, ou nun país en que desenvolvese actividade investigadora posdoutoral durante máis de tres meses.

d) As estadías deberán suxeitarse á normativa interna das entidades beneficiarias.

e) O plan de estadías inicial poderá modificarse sempre que se respecte a zona xeográfica en que se realiza e que a entidade beneficiaria o autorice. Esta modificación poderá ser autorizada, unicamente por circunstancias excepcionais correctamente xustificadas, segundo corresponda, pola Secretaría Xeral de Universidades ou pola Axencia Galega de Innovación. En todas as modificacións deberá constar no expediente rastro documental dos cambios mediante sucinta motivación, nova periodización, cartas de aceptación dos novos centros de destino e autorización da entidade beneficiaria.

f) Naqueles casos en que, polas citadas circunstancias excepcionais correctamente xustificadas, sexa preciso modificar o plan de estadías no estranxeiro de tal xeito que afecte a zona xeográfica e/ou o período de desenvolvemento destas, rexerá todo o sinalado no parágrafo anterior, pero a axuda concedida non poderá incrementarse por traslado a unha zona de maior importe e minorarase naqueles casos de traslado a zonas de menor importe. En todo caso, o período de desenvolvemento das estadías deberá axustarse ao período de desenvolvemento da axuda concedido pola resolución correspondente.

2. No que respecta aos períodos de permanencia nas entidades beneficiarias, o contrato deberá aterse ás seguintes normas:

a) A persoa contratada desenvolverá o seu traballo na entidade, grupo e departamento (ou equivalentes) polos cales realizou a solicitude de axuda.

b) Unicamente por circunstancias excepcionais correctamente xustificadas poderá autorizarse un cambio de destino ou área na entidade beneficiaria con respecto ao solicitado. Para estes efectos, a entidade beneficiaria deberá solicitar o cambio mediante escrito motivado, xunto coa petición da persoa contratada e o visto e prace das persoas responsables ou coordinadoras do grupo ao cal inicialmente foi asignada e do novo grupo de acollida (ou equivalentes), dirixido á Secretaría Xeral de Universidades ou á Axencia Galega de Innovación, segundo corresponda, que resolverán ao respecto.

Artigo 6. Forma e lugar de presentación de solicitudes

1. As entidades solicitantes presentarán as solicitudes de maneira individualizada para cada unha das persoas candidatas propostas. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados ED481B para as universidades do SUG (anexo II) e IN606B para as demais entidades (anexo II bis), dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

5. Cada persoa soamente poderá ser presentada como candidata por unha única entidade beneficiaria e sempre e cando cumpra os requisitos exixidos.

6. De se presentar máis dunha solicitude da mesma entidade para unha mesma persoa candidata, terase en conta a última solicitude presentada e considerarase que se desiste das outras.

Artigo 7. Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar con cada solicitude a seguinte documentación:

a) Documento asinado pola persoa candidata a ser destinataria da axuda segundo o anexo III, no cal se fagan constar os seguintes aspectos:

– Que acepta ser presentada como candidata ás axudas, indicando que se presenta por unha única entidade solicitante no ámbito desta convocatoria, e no cal se fagan constar a rama de coñecemento e a área temática ás cales se adscribe, así como a declaración opcional do compromiso de utilizar a lingua galega na memoria final da actividade.

– Que non foi seleccionada nos programas posdoutorais da Xunta de Galicia, nunha convocatoria estatal das actuacións Juan de la Cierva-formación ou Juan de la Cierva-incorporación.

– Que non desfrutou con anterioridade de ningunha axuda e/ou contrato posdoutoral que recolla estadías en centros de investigación no estranxeiro de dous ou máis anos de duración, computado de xeito individual nun só período de dous ou máis anos de duración ou conxuntamente se a axuda e/ou contrato prevé o seu desenvolvemento en períodos fraccionados.

– Que non desfrutou con anterioridade de ningunha axuda e/ou contrato posdoutoral no estranxeiro que prevexa unha duración igual ou superior a dous anos, computado de xeito individual nun só período de dous ou máis anos de duración ou conxuntamente se a axuda e/ou contrato prevé o seu desenvolvemento en períodos fraccionados.

– Que o plan de estadías que se propón non se desenvolve no país de nacemento, no de nacionalidade, naquel en que obtivo o título de licenciatura, grao ou equivalente, ou o de doutora ou doutor que lle deu acceso ao programa, ou nun país en que desenvolvese actividade investigadora posdoutoral durante máis de tres meses.

O arquivo denominarase anexo III.

b) Documento asinado pola persoa responsable ou coordinadora do grupo de investigación ou equivalente en que acepta a persoa candidata a ser destinataria da axuda no seo do equipo de traballo. O arquivo denominarase anexo IV.

c) Documento asinado pola persoa directora do departamento, unidade de traballo ou equivalente, en que manifesta a súa conformidade para a integración no seu departamento, unidade de traballo ou equivalente da persoa candidata a ser destinataria da axuda. O arquivo denominarase anexo V.

d) Declaración da entidade solicitante na cal se faga constar en que universidade e con que data obtivo a persoa candidata o grao de doutora ou doutor, así como a titulación que lle deu acceso ao dito grao e a data de finalización destes estudos. O arquivo denominarase Declaración doutoramento.

No caso de que o título de doutora ou doutor se obtivese no estranxeiro, deberá estar homologado ou ser equivalente segundo o establecido no Real decreto 889/2022, do 18 de outubro, polo que se establecen as condicións e os procedementos de homologación, de declaración de equivalencia e de validación de ensinanzas universitarias de sistemas educativos estranxeiros e polo que se regula o procedemento para establecer a correspondencia ao nivel do Marco español de cualificacións para a educación superior dos títulos universitarios oficiais pertencentes a ordenacións académicas anteriores. Para os efectos sinalados neste punto, terase en conta a data de defensa da tese, non a data da homologación ou equivalencia.

Nestes casos, debe achegarse copia da homologación ou equivalencia.

e) No ámbito da SUG, declaración responsable da entidade solicitante na cal se faga constar se a persoa candidata desenvolverá a súa investigación nun departamento, unidade de traballo ou equivalente en que existan necesidades docentes e/ou investigadoras estratéxicas, na fronteira da ciencia, vinculado con tecnoloxías disruptivas ou de alto impacto.

No caso de que non se entregue este documento, entenderase que non desenvolve a súa investigación nestas áreas.

No caso de que non exista concordancia exacta coa listaxe presentada ao abeiro do número 2 deste artigo e co departamento, unidade de traballo ou equivalente en que se integrará, indicado no anexo II bis, será requirido/a para que emende a discrepancia e, de persistir a discordancia, entenderase que non desenvolve a súa investigación nestas áreas.

O arquivo denominarase Declaración estratexia.

f) Curriculum vitae (CV) da persoa candidata a ser destinataria da axuda nun modelo normalizado, preferentemente no modelo da páxina web https://cvn.fecyt.es/. O arquivo denominarase Currículo (CV).

Para os efectos do proceso de avaliación, só se terá en conta a información contida no CV na data de peche do prazo de presentación de solicitudes. Non será posible a actualización posterior da información contida nel. No caso de que se solicite aclaración ou emenda, a información que se achegue deberá referirse, como máximo, á data de peche do prazo de presentación de solicitudes.

g) Un arquivo pdf precedido dun índice no que, en relación co CV citado no punto anterior, se acheguen os documentos dos méritos que se desexen alegar, así como as ligazóns ás publicacións ou documentos científico-técnicos, contribucións a congresos ou calquera outra cuestión que se considere oportuna. Para os efectos do proceso de avaliación, soamente se valorará aquela información indicada no CV que teña correspondencia cos documentos ou ligazóns achegados neste arquivo. O arquivo denominarase Méritos.

h) Plan de traballo das actividades que se propoñen realizar durante a vixencia do programa. O plan de traballo terá unha extensión de 1.200-2.000 palabras e estará asinado pola persoa candidata a ser destinataria da axuda e pola persoa responsable ou coordinadora do grupo de investigación. O arquivo denominarase Plan traballo.

O plan de traballo deberá estar redactado en galego ou castelán. Se o documento orixinal está redactado noutro idioma distinto, deberá xuntarse unha tradución oficial deste.

i) Plan de estadía detallado, do cal haberá un modelo dispoñible na internet nos enderezos http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal, en que se indiquen os períodos de estadía previstos, a súa duración e os centros de destino escollidos, así como unha xustificación da importancia e relevancia internacional dos centros e grupos de destino para o traballo que se vai desenvolver. Este plan terá que estar asinado pola persoa candidata a ser destinataria da axuda e a persoa directora do grupo que figura na solicitude. Para cada un dos centros de destino engadirase unha carta de aceptación da estadía, asinada obrigatoriamente polo director ou directora do centro ou figura equivalente con atribucións na área directiva de Recursos Humanos. O arquivo denominarase Plan estadía.

j) Documentación que acredite os supostos de excepcionalidade previstos no artigo 2.2.b) desta orde sobre a data de obtención do título de doutora ou doutor, se é o caso, incluído o certificado de discapacidade da persoa candidata se non está expedido pola Xunta de Galicia. O arquivo denominarase Excepcionalidade.

k) Documentación que acredite os permisos de maternidade, paternidade, garda con fins de adopción ou acollemento, risco durante o embarazo e/ou lactación, e incapacidade temporal asociada ao embarazo ou por razóns de violencia de xénero ou calquera tipo de acoso no período comprendido entre os cinco (5) anos anteriores á data de lectura da tese e a data de peche de presentación de solicitudes, se é o caso, para a aplicación do factor de corrección que se indica no artigo 11.3. O arquivo denominarase Permisos.

l) No caso de que a persoa candidata pertenza ou se vaia integrar nalgún grupo, agrupación, equipo ou centro dos indicados no artigo 12.2 desta convocatoria, certificado da entidade solicitante coa conformidade da investigadora ou investigador principal ou da directora ou director do centro ou agrupación, en que se faga constar esta circunstancia e a convocatoria na cal obtivo o financiamento. O arquivo denominarase Integración.

m) Ademais, para as persoas candidatas que opten á condición de bolseiras Fulbright, declaración responsable segundo o modelo que figura como anexo VI a esta orde. Estas persoas poderán achegar o certificado de coñecemento do idioma inglés de acordo co artigo 2.2.d). O arquivo denominarase anexo VI.

2. No ámbito do SUG, cada entidade solicitante deberá entregar unha única listaxe na cal se inclúa un máximo de dez departamentos, unidades de traballo ou equivalentes con necesidades docentes consideradas estratéxicas, na fronteira da ciencia, vinculado con tecnoloxías disruptivas ou de alto impacto, e un máximo de dez departamentos, unidades de traballo ou equivalentes con necesidades investigadoras consideradas estratéxicas, na fronteira da ciencia, vinculado con tecnoloxías disruptivas ou de alto impacto.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados por medios electrónicos a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

4. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Así mesmo, será necesaria a sinatura electrónica con certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados dos documentos que deban asinar os representantes das entidades solicitantes e as persoas candidatas propostas.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As entidades solicitantes e as persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten e das declaracións responsables. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes dous procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa candidata á axuda.

c) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria da entidade solicitante.

d) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social da entidade solicitante.

e) Certificado de estar ao día no pagamento á Axencia Tributaria de Galicia.

f) Informe de vida laboral da persoa candidata.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

– Certificado de discapacidade da persoa candidata, expedido pola Administración autonómica.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio, ou no cadro correspondente do anexo III, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as entidades solicitantes deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Obrigatoriamente faranse a través do procedemento ED481B ou IN606B e por cada expediente.

Artigo 10. Instrución do procedemento

1. A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Secretaría Xeral de Universidades para as solicitudes presentadas por unha universidade do SUG e á Axencia Galega de Innovación para as restantes. Para este fin, comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e exporán as listas de solicitudes admitidas e excluídas sinalando, se é o caso, as causas da exclusión, na internet nos enderezos www.edu.xunta.gal (na epígrafe da Secretaría Xeral de Universidades) e http://gain.xunta.gal

2. Estas listas estarán expostas por un período de dez (10) días naturais, e durante este prazo as entidades solicitantes poderán formular reclamacións para emendar erros ou falta de documentos das persoas interesadas, ante a Secretaría Xeral de Universidades, no caso das universidades do SUG, ou ante a Dirección da Axencia Galega de Innovación, nos demais casos, para o cal presentarán a documentación oportuna. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas da exclusión, considerarase que a entidade solicitante desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderáselle requirir á entidade solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución dos procedementos.

4. Unha vez transcorrido o prazo para as emendas ou alegacións, as persoas titulares da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección da Axencia Galega de Innovación ditarán unha resolución pola que se aproban as listas definitivas das solicitudes admitidas e excluídas, que se publicarán na internet nos enderezos http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal. Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no caso de solicitudes do SUG, ou ante a Presidencia da Axencia Galega de Innovación, nos demais casos, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. Non axustarse aos termos desta convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada serán causa de inadmisión da solicitude presentada, con independencia de que se poidan acordar outro tipo de actuacións.

6. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

Artigo 11. Avaliación das solicitudes

1. A avaliación das solicitudes realizarase para cada rama de coñecemento e área temática sinaladas nas solicitudes, segundo as valoracións feitas por un equipo avaliador que estará formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, que poderá contar coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 7 desta orde.

2. O equipo avaliador outorgará a puntuación correspondente a cada persoa candidata a ser destinataria da axuda segundo o baremo indicado no anexo I - primeira fase, e será preciso obter unha puntuación igual ou superior a 60 puntos.

3. Co fin de dar cumprimento á Lei 13/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e para garantir a igualdade real entre mulleres e homes, e en aplicación do artigo 2.c (20.bis) desa disposición, no caso das persoas candidatas que acrediten que desfrutaron de permisos de maternidade, paternidade, garda con fins de adopción ou acollemento, risco durante o embarazo e/ou lactación, e incapacidade temporal asociada ao embarazo ou por razóns de violencia de xénero ou calquera tipo de acoso no período comprendido entre os cinco anos anteriores á data de lectura da tese fixada no artigo 2.2.b) e a data de peche de presentación de solicitudes, a puntuación obtida na avaliación incrementarase co resultado de aplicar o seguinte factor de corrección ás puntuacións obtidas nas epígrafes 1, 2 e 3 do anexo I, que son as que recollen os méritos de investigación das persoas candidatas, tomando como ano de inicio de cómputo para os efectos desta orde cinco anos antes da data de defensa da tese de doutoramento:

(b/a)*suma das puntuacións obtidas nas epígrafes 1, 2 e 3 do anexo I.

Onde:

a) Período de actividade investigadora: medirase tendo e conta o período comprendido entre os cinco anos anteriores á lectura da tese de doutoramento fixada no artigo 2.2.b) e o momento de peche da convocatoria, expresado en meses e redondeando á alza as fraccións do último mes incompleto.

b) Período de inactividade investigadora: será a suma dos períodos dos permisos e/ou da incapacidade temporal que se acrediten polos motivos descritos neste artigo. O número de meses de inactividade será o resultado de dividir o número de días destes períodos entre 30, redondeando á alza a última fracción de mes incompleto.

4. No ámbito das universidades do SUG, as solicitudes recibidas agruparanse na correspondente rama de coñecemento: Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura.

As persoas candidatas ordenaranse por orde decrecente de puntuación final respectando a porcentaxe de prazas establecida para cada rama de coñecemento no artigo 3 desta convocatoria. De entre as solicitudes presentadas por unha universidade do SUG así ordenadas, ata un máximo de dez (10) contarán co apoio da Comisión Fulbright, sempre e cando cumpran as condicións indicadas no artigo 2 desta orde.

5. No ámbito das demais entidades do artigo 2.1, as solicitudes ordenaranse por orde decrecente de puntuación final e ata un máximo de dúas (2) contarán co apoio da Comisión Fulbright, sempre e cando cumpran as condicións indicadas no artigo 2 desta orde.

6. Os resultados desta avaliación faranse chegar á Comisión de Selección, que elaborará un informe para os órganos instrutores en función dos criterios establecidos nesta convocatoria e da dispoñibilidade de recursos.

Artigo 12. Comisión de Selección

1. A Comisión de Selección estará constituída por cinco membros:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Secretaría Xeral de Universidades ou persoa en quen delegue, ou a persoa titular da Dirección da Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación ou persoa en quen delegue, que actuará como presidenta ou presidente da Comisión.

Serán vogais da Comisión:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Universidades da Secretaría Xeral de Universidades, ou persoa en quen delegue.

– Unha directora ou un director de área da Axencia Galega de Innovación, ou persoa en quen delegue.

– Unha xefa ou un xefe de servizo da Secretaría Xeral de Universidades.

– Unha xefa ou un xefe de servizo da Secretaría Xeral de Universidades, que actuará como secretaria ou secretario da Comisión.

2. A selección das persoas destinatarias das axudas realizarase a partir da suma das valoracións feitas por un equipo avaliador e pola Comisión de Selección. Para aquelas solicitudes que superen a puntuación mínima indicada no artigo 11.2, a Comisión de Selección poderá asignar ata un máximo de 30 puntos ás solicitudes das universidades do SUG e ata un máximo de 5 puntos para as demais entidades indicadas no artigo 2.1, de acordo coa seguinte desagregación:

2.1. Para as solicitudes das universidades do SUG:

Puntuacións non acumulables:

– Pertenza da persoa candidata a un grupo con potencial de crecemento que contase con financiamento nalgunha das convocatorias de 2021 a 2023: 1 punto.

– Pertenza a un grupo de referencia competitiva que contase con financiamento nalgunha das convocatorias de 2020 a 2023: 2,5 puntos.

– Pertenza a un equipo de investigación dirixido por persoal investigador baixo a modalidade de investigador distinguido contratado pola Axencia Galega de Innovación (programa Oportunius), ao abeiro do Decreto 64/2016 (DOG número 112, do 14 de xuño), polo que se regula o réxime de contratación pola Axencia Galega de Innovación de persoal investigador baixo a modalidade de persoal investigador distinguido: 2,5 puntos.

– Pertenza a unha unidade de excelencia María de Maeztu acreditada pola Axencia Estatal de Investigación, ou a un centro de excelencia Severo Ochoa, radicados en Galicia e con axuda vixente: 5 puntos.

– Pertenza a un centro de investigación recoñecido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no ano 2019: 5 puntos.

Puntuación acumulable:

– Integración no departamento, unidade de traballo ou equivalente en que existan necesidades docentes ou investigadoras da entidade solicitante consideradas estratéxicas, na fronteira da ciencia, vinculado con tecnoloxías disruptivas ou de alto impacto: 25 puntos.

2.2. No caso de solicitudes presentadas polas demais entidades indicadas no artigo 2.1, o grupo de investigación ou equivalente en que se vai integrar a persoa candidata deberá cumprir algunha das seguintes condicións:

– Ter participado no desenvolvemento de proxectos concedidos pola Axencia Galega de Innovación para a realización de actividades de I+D+i entre os anos 2020 e 2023: 1,5 puntos.

– Ter sido beneficiario de actividades financiadas pola Axencia Galega de Innovación entre os anos 2020 e 2023: 3,5 puntos.

– Que forme parte do grupo de investigación unha persoa investigadora beneficiaria dunha axuda do Consello Europeo de Investigación (ERC): 3,5 puntos.

– Ter sido a persoa investigadora principal dalgún proxecto concedido polo Plan nacional de I+D+i entre os anos 2020 e 2023. A entidade beneficiaria deste proxecto, ou proxectos, deberá ser a mesma que a entidade solicitante destas axudas: 4 puntos.

– Ter participado no desenvolvemento dalgún proxecto concedido polo Programa marco de I+D da Unión Europea, entre os anos 2020 e 2023, en que a entidade solicitante participase en calidade de socio: 4 puntos.

– Ter participado no desenvolvemento dalgún proxecto concedido polo Programa marco de I+D da Unión Europea, entre os anos 2020 e 2023, en que a entidade solicitante participase en calidade de líder: 5 puntos.

3. Estas puntuacións non son acumulativas, de maneira que, no caso de que se cumpran condicións de máis dunha epígrafe, soamente se puntuará pola de maior puntuación, agás no caso dos 25 puntos de correspondencia coas necesidades docentes e investigadoras consideradas estratéxicas, na fronteira da ciencia, vinculado con tecnoloxías disruptivas ou de alto impacto no ámbito do SUG, que se sumarán de forma adicional e acumulativa.

4. No informe da Comisión de Selección figurarán de xeito individualizado as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas, especificándose a avaliación que lles corresponde segundo os criterios establecidos no anexo I e respectando en todo caso o establecido nos artigos 3.2 e 3.3.

5. Unha vez ordenadas tendo en conta o sinalado no parágrafo anterior, indicaranse as solicitudes das persoas candidatas que obterían a condición de bolseiras Fulbright por orde de puntuación final.

6. As persoas candidatas a obter a condición de bolseiras Fulbright serán convocadas a unha entrevista con representantes da Comisión Fulbright para aclarar os aspectos que a citada comisión considere oportunos co fin de ratificalas como bolseiras Fulbright.

7. Complementariamente, a Comisión de Selección incluirá no informe un total de dúas (2) listas de espera (unha por cada órgano instrutor), nas cales figurarán, por orde decrecente de puntuación, as solicitudes que non acaden a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda pero que teñan unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola Comisión de Selección. Cada unha das listas estará formada por un número equivalente ao 50 % das axudas concedidas por cada órgano instrutor, sempre que o número de solicitudes presentadas e que superen a avaliación o permita. Para a elaboración destas listas non se terán en conta as limitacións recollidas no artigo 3.2 desta convocatoria relativas á distribución por ramas de coñecemento.

8. En caso de igualdade de puntuación, aplicaranse os seguintes criterios de desempate:

1º. Prevalecerán as mulleres sobre os homes.

2º. A solicitude da persoa candidata que obteña maior puntuación na valoración do plan de traballo.

3º. A solicitude da persoa candidata que se comprometese a utilizar a lingua galega na memoria final da actividade.

4º. A solicitude da persoa candidata que obtivese con anterioridade o título de doutora ou doutor polo cal foi avaliada.

9. A proposta de concesión elaborada polos órganos instrutores a partir do informe da Comisión de Selección así como, de ser o caso, as listas de espera para posibles substitucións, poderanse publicar no enderezo da internet http://www.edu.xunta.gal (na epígrafe da Secretaría Xeral de Universidades) e http://gain.xunta.gal da Axencia Galega de Innovación. Esta publicación terá só efectos informativos.

Artigo 13. Resolución de concesión das axudas

1. A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e á persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Innovación, por delegación da persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación. Os órganos instrutores elevarán a proposta de resolución, que incluirá, para cada entidade beneficiaria, a relación de persoas seleccionadas co importe da axuda concedida, as listas de espera, de ser o caso, e a desestimación expresa do resto das solicitudes. Con cargo aos créditos da Secretaría Xeral de Universidades financiaranse as axudas correspondentes ás universidades do SUG, e a Axencia Galega de Innovación asumirá o financiamento das restantes entidades.

2. A resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (http://edu.xunta.gal) e da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), pola cal se entenderán notificadas, para todos os efectos, as persoas solicitantes, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

4. A resolución publicarase no prazo máximo de cinco meses desde o inicio do prazo de presentación de solicitudes. A non resolución en prazo faculta as persoas interesadas para entenderen desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 14. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 15. Aceptación da axuda

1. Unha vez asinada a resolución, as universidades beneficiarias deberán remitir á Secretaría Xeral de Universidades e as restantes entidades á Axencia Galega de Innovación un escrito de aceptación da axuda no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato de acceso de persoal investigador doutor.

2. Nos contratos deberá facerse referencia expresa:

a) Ao seu financiamento con cargo ao Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou da Axencia Galega de Innovación, segundo o caso.

b) Á data de incorporación efectiva da persoa contratada ao seu posto de traballo.

c) Á retribución bruta anual, ao lugar de prestación de servizo e á duración do contrato, que deberá ser con dedicación a tempo completo.

No ámbito do SUG, a aceptación destas axudas por parte das entidades beneficiarias implica que garanten o compromiso de crear, tras a finalización do contrato, postos de traballo permanentes cun perfil e número adecuado ás prazas cubertas, conforme a lexislación vixente, as normas de organización e funcionamento, e de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias, sempre e cando se cumpran estas condicións:

– Que o perfil da axuda concedida se corresponda cunha das necesidades docentes e investigadoras sinaladas polas entidades solicitantes como estratéxicas, na fronteira da ciencia, vinculado con tecnoloxías disruptivas ou de alto impacto segundo o documento presentado ao abeiro do artigo 7.2.

– Que a persoa seleccionada para a axuda supere a avaliación intermedia e final establecida no artigo 18 desta convocatoria e obteña o certificado R3 antes do período de finalización da axuda, conforme a Orde CIN/1025/2022, do 27 de outubro, ou norma equivalente que a substitúa.

3. A data de comezo dos contratos de acceso de persoal investigador doutor, que se establecerá na resolución de adxudicación das axudas, será en todo caso antes do 1 xullo de 2024, agás para as persoas non comunitarias, que poderá ser ata o 15 de setembro de 2024.

4. A non formalización do contrato dentro do prazo previsto considerarase unha renuncia tácita á axuda.

Artigo 16. Dereitos e obrigas

1. Son obrigas xerais da entidade beneficiaria, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Formalizar un contrato de acceso de persoal investigador doutor de duración determinada con dedicación a tempo completo coa persoa candidata seleccionada, de acordo coa lexislación vixente.

c) Proporcionarlles o apoio necesario e facilitarlles a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos, para o normal desenvolvemento da súa actividade.

d) Garantirlles os dereitos e prestacións de que desfruta o persoal da entidade de similar categoría.

e) Permitir a súa integración nos departamentos en que leven a cabo o seu labor. Os centros onde se integren estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría, co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

f) Cumprir coas obrigas en materia de igualdade de xénero establecidas no marco normativo en vigor que lles sexa de aplicación e, moi especialmente, aquelas incluídas na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e regulamentos derivados, e na Lei 14/2011, do 1 de xuño, modificada pola Lei 17/2022, do 5 de setembro.

g) Soamente no ámbito do SUG, crear, tras a finalización do contrato, postos de traballo permanentes cun perfil e número adecuado ás prazas cubertas, conforme a lexislación vixente, as normas de organización e funcionamento, e de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias, sempre e cando se cumpran estas condicións:

– Que o perfil da axuda concedida se corresponda cunha das necesidades docentes e investigadoras consideradas estratéxicas, na fronteira da ciencia, vinculado con tecnoloxías disruptivas ou de alto impacto sinaladas no documento presentado ao abeiro do artigo 7.2.

– Que a persoa seleccionada para a axuda supere a avaliación intermedia e final establecida no artigo 18 desta convocatoria e obteña o certificado R3, antes do período de finalización da axuda, conforme a Orde CIN/1025/2022, do 27 de outubro, ou norma equivalente que a substitúa.

h) Facilitar cantos datos resulten necesarios para a valoración do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros mecanismos, en particular as enquisas do INE, relacionados coa medición da I+D+i. Os datos asignados aos citados instrumentos de avaliación deberán estar consignados á Comunidade Autónoma de Galicia. No marco do seguimento e avaliación da RIS3 Galicia, desenvolverase un seguimento específico das axudas concedidas. Este seguimento estará baseado na recompilación de información acerca dos resultados económicos e científico-técnicos obtidos polas entidades beneficiarias. Para tales efectos, durante a execución e ao finalizar a axuda (ex post), os beneficiarios deberán proporcionar información relativa a unha serie de indicadores, entre os cales se incluirán indicadores xerais e específicos de I+D+i.

2. As persoas contratadas mediante estas axudas teñen as seguintes obrigas e dereitos:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento da institución en que desenvolvan as súas actividades, especialmente no relativo ás condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

c) Poderán recibir bolsas que se convoquen para cubrir algunha das accións formativas que van realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización). Nos períodos de estadía, as persoas contratadas poderán recibir bolsas de axuda aos gastos de desprazamento e instalación sempre que sexan concordantes e coherentes co plan de estadías aprobado. Nestes casos, será preciso que a entidade beneficiaria presente na Secretaría Xeral de Universidades ou na Axencia Galega de Innovación (segundo sexa o caso), para a súa autorización se procede, unha breve memoria descritiva da bolsa a que se opta, asinada pola persoa contratada, xunto cun informe da persoa responsable ou coordinadora do grupo e outro da propia entidade en que estea contratada, con indicación expresa de que as ditas bolsas son compatibles co seu traballo e co contrato asinado.

d) Presentar a documentación do seguimento científico-técnico intermedio e final que lles corresponda segundo o artigo 18 da convocatoria.

3. Na primeira fase da axuda, o persoal investigador contratado ao abeiro destas axudas poderá prestar colaboracións complementarias en tarefas docentes, nos centros de destino durante os períodos de estadía ou na súa universidade, por un máximo de 100 horas anuais na primeira fase, por pedimento propio e coa aprobación dos respectivos centros, respectando en todo caso a normativa vixente de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

Esta colaboración realizarase en docencia de máster (preferiblemente) ou grao e non poderá supor a substitución da docencia do profesorado responsable da materia, e deberá facerse en coordinación e en paralelo co responsable docente. En ningún caso a persoa contratada con cargo a estas axudas poderá ser responsable ou coordinadora da materia.

Na segunda fase da axuda, o persoal investigador contratado ao abeiro destas axudas poderá prestar colaboracións complementarias en tarefas docentes relacionadas coa actividade de investigación proposta, ata un máximo de 100 horas anuais, por pedimento propio e coa aprobación da súa entidade, respectando en todo caso a normativa vixente de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

4. As entidades beneficiarias e as persoas contratadas teñen como obriga específica de publicidade adoptar as medidas de difusión contidas no número 3 do artigo 15 da Lei 9/2007. En concreto, as entidades beneficiarias das axudas, así como as persoas contratadas con cargo a elas, deberán facer constar o cofinanciamento das actuacións con fondos da Xunta de Galicia. Para isto, nas accións de difusión, así como nos resultados da produción científica e calquera outra acción que se realice ao abeiro destas axudas, deberá figurar expresamente o cofinanciamento das actuacións con fondos do Programa de axudas á etapa posdoutoral da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou da Axencia Galega de Innovación, segundo sexa o caso), que irá acompañado, sempre que sexa posible, do escudo normalizado da Xunta de Galicia. Ademais, as persoas investigadoras que obteñan a condición de bolseiras Fulbright e as entidades beneficiarias deberán facer mención a esta condición.

Artigo 17. Renuncia ás axudas, novas incorporacións e interrupcións

1. No caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicar a renuncia, mediante escrito motivado da persoa seleccionada, dirixido á Secretaría Xeral de Universidades ou á Axencia Galega de Innovación (segundo sexa o caso), nun prazo máximo de quince (15) días naturais desde que se produza. Deberá ir acompañado dun informe da entidade beneficiaria en que se indique se a persoa contratada desenvolveu unha actividade satisfactoria que permitiu o seu perfeccionamento e especialización profesional durante a permanencia no programa.

2. Poderase adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 30 de setembro de 2024. Para cubrir as renuncias seguirase a prelación das listas de agarda definidas no artigo 12.7, tendo en conta que soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera do órgano instrutor en que se produzan. A persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

3. No caso de que se produza unha renuncia dunha persoa seleccionada que acadase a condición de bolseira Fulbright, terán preferencia sobre as que se incorporen da lista de espera para obter esta condición, por orde de puntuación, as persoas seleccionadas que cumpren as condicións para seren bolseiras Fulbright pero que non a acadaron por superaren o número máximo establecido no artigo 3.

4. As persoas candidatas que accedan pola lista de espera que cumpran as condicións para seren bolseiras Fulbright, terán esa condición sempre que non se supere o máximo de dez (10) para as universidades do SUG e de dúas (2) para as demais entidades, establecido no artigo 3.

5. A competencia para adxudicar unha nova axuda por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación correspóndelles á persoa titular da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería para o procedemento ED418B e á persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Innovación para o procedemento IN606B, segundo que as novas incorporacións procedan das listas de espera da Secretaría Xeral de Universidades ou da Axencia Galega de Innovación, respectivamente.

6. As entidades beneficiarias poderán solicitar a interrupción e a prórroga do prazo de execución da axuda correspondente ao tempo da suspensión dos contratos financiados cando estas suspensións se produzan polas seguintes causas:

a) Nacemento.

b) Adopción.

c) Garda con fins de adopción ou acollemento.

d) Risco durante o embarazo.

e) Risco durante a lactación natural de menores de nove meses.

f) Incapacidade temporal durante o embarazo por causas vinculadas con el.

g) Incapacidade temporal por causas distintas ás do punto anterior por un período mínimo dun mes.

h) As situacións previstas no artigo 45.1.n) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, como medida de protección das mulleres vítimas de violencia de xénero.

Cando se produza a suspensión do contrato pola concorrencia dalgunha destas situacións, as entidades beneficiarias poderán solicitar a interrupción e a prórroga do prazo de execución da axuda correspondente ao tempo de suspensión, no prazo de quince días hábiles desde que esa baixa se produza.

A interrupción e a prórroga ás cales se fai referencia no parágrafo anterior deberán ser autorizadas polo órgano instrutor correspondente, que poderá solicitar os informes que considere oportunos. A entidade correspondente deberá achegar o contrato ou o documento xustificativo da prórroga que cubra o dito período, no prazo dun mes desde a súa sinatura.

Cando se autorice a interrupción e a prórroga, non se considerarán subvencionables os gastos derivados da contratación en que poida incorrer a entidade beneficiaria (retribución salarial e cota patronal da Seguridade Social) durante o tempo de interrupción, polo que non se deben incluír nas certificacións de xustificación económica. A duración do contrato verase ampliada por un período idéntico ao da interrupción para os efectos previstos nesta convocatoria.

A autorización da interrupción e da prórroga da axuda en ningún caso supón un aumento da contía da axuda concedida inicialmente. Calquera incremento no pagamento da cota patronal da Seguridade Social como consecuencia do período prolongado será por conta da entidade contratante.

Artigo 18. Seguimento científico-técnico

1. As persoas contratadas ao abeiro desta axuda deberán someterse a dous (2) períodos de seguimento científico-técnico, un de avance intermedio que, de ser o caso, dará acceso á segunda fase da axuda e outra avaliación final, e poderán facilitarse modelos específicos nas web da Secretaría Xeral de Universidades e da Axencia Galega de Innovación.

Adicionalmente, poderase requirir en calquera momento a presentación de cantos datos sexan necesarios para a elaboración dos indicadores que se precisen.

O seguimento científico-técnico correspóndelles aos órganos concedentes, a través dun equipo avaliador que estará formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, que poderá contar coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

O equipo avaliador outorgará a puntuación correspondente a cada persoa candidata a ser destinataria da axuda segundo o baremo indicado no anexo I - segunda fase, e será preciso obter unha puntuación igual ou superior a 75 puntos.

2. O seguimento científico-técnico intermedio realizarase na terceira anualidade da axuda. Cunha anterioridade de cinco meses previos á finalización do contrato, as entidades interesadas deberán achegar a documentación establecida neste punto para poder acceder ao novo período da axuda.

a) Declaración responsable da persoa candidata a ser destinataria da segunda fase da axuda, na cal se fagan constar os seguintes aspectos:

– Que mantén a mesma rama de coñecemento e a área temática polas cales se lle concedeu a axuda posdoutoral.

– Que segue integrada no mesmo grupo de investigación ou equivalente e no mesmo departamento, unidade de traballo ou equivalente e na mesma entidade en que se concedeu a axuda.

Debe sinalarse que a modificación das cuestións sinaladas na letra a) deste artigo respecto ás condicións iniciais da axuda comportará a perda automática da axuda pendente de desenvolvemento e impedirá o acceso á segunda fase da axuda, salvo por cuestións de reestruturación, reorganización dos grupos de investigación, departamentos ou unidades de traballo ou equivalentes das entidades solicitantes, debidamente xustificadas e comunicadas polas entidades solicitantes no prazo dun mes desde que se produza o cambio, xunto cos documentos b) e c) do artigo 7.1. Este cambio deberá ser previamente autorizado pola Secretaría Xeral de Universidades, no ámbito do SUG, e pola Dirección da Axencia Galega de Innovación no caso das restantes entidades.

b) Plan de traballo das actividades académico-investigadoras que propón realizar na segunda fase da axuda, con especial referencia á liña propia de investigación que se pretende establecer e ao seu orzamento, cunha extensión de 1.200-2.000 palabras e asinado pola persoa candidata.

c) Curriculum vitae (CV) da persoa candidata a ser destinataria da axuda, preferentemente no modelo da páxina web https://cvn.fecyt.es/

Para os efectos do proceso de avaliación, só se terá en conta a información contida no CV na data de peche do prazo de presentación da avaliación intermedia. Non será posible a actualización posterior da información contida nel. No caso de que se solicite aclaración ou emenda, a información que se achegue deberá referirse, como máximo, á data de peche do prazo de presentación da avaliación intermedia.

d) Un arquivo pdf precedido dun índice no cal, en relación co CV citado no punto anterior, se acheguen os documentos dos méritos que se queiran alegar, así como as ligazóns ás publicacións ou documentos científico-técnicos, contribucións a congresos ou calquera outra cuestión que se considere oportuna. Para os efectos do proceso de avaliación, soamente se valorará aquela información indicada no CV que teña correspondencia cos documentos ou ligazóns achegados neste arquivo.

Durante calquera momento do procedemento, a Secretaría Xeral de Universidades ou a Axencia Galega de Innovación, segundo corresponda, poderán solicitarlles ás entidades beneficiarias os comprobantes dos méritos alegados.

e) Memoria asinada pola persoa candidata, relativa á actividade investigadora desenvolvida nos anos que foi contratada na primeira fase de formación posdoutoral, cunha extensión de 2.000-3.000 palabras. Nesta memoria deberase facer fincapé expreso nos seguintes aspectos:

e.1. Achegas en forma de artigos orixinais, libros ou capítulos de libro, sobre todo naquelas achegas en que a persoa candidata sexa responsable do traballo ou principal executora. Deberase facer unha breve nota (de non máis de 500 palabras) da relevancia das achegas deste punto.

e.2. Actividade da persoa candidata no seo de grupos de investigación, liñas de traballo e/ou obtención de financiamento en convocatorias públicas competitivas das administracións públicas ou de entidades privadas sen ánimo de lucro, sinalando, ademais, o seu grao de participación nestas accións.

e.3. Patentes rexistradas, indicando as que están en explotación, e destacando especialmente a extensión da protección da patente nacional, europea ou polo Tratado de cooperación de patentes (PCT).

e.4. Actividade formativa da persoa candidata, especialmente a relacionada coa formación de doutoras e doutores e a dirección de teses de doutoramento.

f) Certificación que acredite os permisos de maternidade, paternidade, garda con fins de adopción ou acollemento, risco durante o embarazo e/ou lactación, e incapacidade temporal asociada ao embarazo ou por razóns de violencia de xénero ou calquera tipo de acoso no período comprendido entre os cinco (5) anos anteriores á data de lectura da tese e a data de peche de presentación de solicitudes, se é o caso, para a aplicación do factor de corrección que se indica no artigo 11.3.

g) Certificación por cada persoa investigadora contratada na cal se indiquen os centros e períodos temporais onde efectivamente estiveron traballando ata esa data, asinada pola persoa responsable ou coordinadora do grupo de investigación ou equivalente.

Para os efectos do correcto desenvolvemento da avaliación intermedia, as entidades convocantes poderán requirir a documentación complementaria que consideren necesaria ou ditar instrucións específicas.

O resultado do informe de seguimento científico-técnico intermedio será determinante para acceder á segunda fase da axuda, e será necesario ter:

– Se a avaliación resulta positiva, a entidade beneficiaria deberá presentar unha addenda ou prórroga ao contrato no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do resultado da avaliación. A addenda ou prórroga ao contrato debe recoller as retribucións establecidas de xeito específico no artigo 3.5 para a segunda fase. A addenda deberá ter efectos a partir da data de inicio da cuarta anualidade e abranguerá ata a finalización da axuda.

– Se a avaliación resulta negativa, non poderá optar á segunda fase da axuda, o que implicará a finalización do contrato ao termo do terceiro ano desde a súa sinatura e, ademais, non poderá volver a solicitar unha nova avaliación.

3. Durante o último ano de contrato, as persoas seleccionadas serán sometidas a unha avaliación final da actividade investigadora desenvolvida. O proceso de avaliación será realizado por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, que poderá contar coa colaboración da ACSUG, a partir da documentación que lles será requirida ás persoas contratadas. A entidade beneficiaria presentará unha memoria final da actividade de cada persoa contratada, de aproximadamente 2.000 palabras, na cal se describa o traballo realizado mentres dure o programa. Así mesmo, deberá ir acompañada do certificado R3, no caso de que a persoa contratada obtivese este durante o período da axuda. Os órganos tramitadores fixarán o prazo para a súa presentación ao longo do citado último ano de contrato.

No caso de persoas que abandonen o programa antes da finalización do contrato, deberán presentar unha memoria da actividade desenvolvida durante o tempo que permaneceron nel, xunto coa xustificación das estadías realizadas, no prazo dun mes desde que se produza a extinción da relación contractual.

Estas memorias deberán contar coa sinatura da persoa contratada e da persoa responsable ou coordinadora do grupo de investigación ou equivalente.

Artigo 19. Dotación orzamentaria

1. Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2024, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia e en trámite parlamentario actualmente.

2. As axudas imputaranse ás aplicacións orzamentarias 10.03.561B.444.0, 09.A2.561A.403.0, 09.A2.561A.481.0, 10.03.561B.744.0, 09.A2.561A.703.0 e 09.A2.561A.781.0 correspondentes aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, para o cal existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, aprobados polo Parlamento de Galicia, coa seguinte distribución por anos:

Entidade beneficiaria

Nº axu.

Aplicac. orzamen.

Crédito en euros

2024

2025

2026

2027

2028

2029

2030

Total

Universidades
do SUG

40

10.03.561B.444.0

380.000

2.360.000

2.360.000

1.380.000

1.560.000

1.560.000

1.420.000

11.020.000

Universidades
do SUG

10.03.561B.744.0

0

0

0

200.000

400.000

400.000

200.000

1.200.000

Total universidades do SUG

380.000

2.360.000

2.360.000

1.580.000

1.960.000

1.960.000

1.620.000

12.220.000

Outras entidades

4

09.A2.561A.403.0

38.000

236.000

236.000

138.000

156.000

156.000

142.000

1.102.000

09.A2.561A.703.0

0

0

0

20.000

40.000

40.000

20.000

120.000

Outras entidades

5

09.A2.561A.481.0

47.500

293.500

293.500

172.500

195.000

195.000

177.500

1.374.500

09.A2.561A.781.0

0

0

0

25.000

50.000

50.000

25.000

150.000

Total outras entidades

85.500

529.500

529.500

355.500

441.000

441.000

364.500

2.746.500

Total convocatoria

465.500

2.889.500

2.889.500

1.935.500

2.401.000

2.401.000

1.984.500

14.966.500

 3. O importe máximo inicial do crédito destinado aos programas e subvencións obxecto desta convocatoria poderá ser ampliado en función das solicitudes e das dispoñibilidades orzamentarias, nos supostos e nas condicións previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O incremento do importe queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito e, de ser o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que iso implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

4. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades só financiará as axudas que correspondan ás universidades do SUG, as cales se imputarán ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2022-2026. As anualidades 2027, 2028, 2029 e 2030 integraranse no novo plan de financiamento para os anos seguintes.

5. Cando o organismo financiador sexa a Axencia Galega de Innovación, a distribución de fondos e as aplicacións orzamentarias sinaladas son unha previsión que, de acordo co artigo 31 do Regulamento de subvencións de Galicia, se deberá axustar tras a valoración das solicitudes para adecuarse á proposta elaborada pola Comisión de Selección. Será posible mesmo a incorporación de novas aplicacións sen incrementar o crédito total, tendo en conta a natureza xurídica das entidades beneficiarias.

6. Estas axudas, dado que están dirixidas a organismos de investigación de natureza pública ou privada sen ánimo de lucro e destinadas exclusivamente ao financiamento de actividades de I+D+i de carácter non económico, non teñen a consideración de axudas de Estado para os efectos do número 1 do artigo 107 do Tratado de funcionamento da Unión Europea e do Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación, desenvolvemento e innovación (DOUE C 414/7, 28.10.2022). En todo caso, as entidades beneficiarias quedan obrigadas a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativos a actuacións de I+D+i conforme o establecido no artigo 2 do dito marco.

Artigo 20. Libramento da subvención

1. As entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Soamente serán financiables os contratos das persoas investigadoras que permanezan un mínimo de tres meses no programa, polo que non hai ningún tipo de compromiso retributivo para aquelas persoas contratadas menos de tres meses.

2. Poderán realizarse pagamentos á conta das subvencións recollidas nesta resolución, que poderán superar o 80 % da axuda concedida, regulado no artigo 62 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que se solicitará a autorización do Consello da Xunta recollida no artigo 62.4 do Decreto 11/2009.

Nos proxectos plurianuais, enténdese que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata o final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para o cobramento desta.

3. Para proceder ao libramento da axuda correspondente aos contratos e os seus custos sociais será preciso que a entidade correspondente remita a copia dos contratos asinados no prazo dun mes contado desde a súa sinatura e a xustificación da axuda nos termos que a continuación se indican:

a) Certificado asinado polo órgano responsable de control da entidade, onde consten a permanencia efectiva e a dedicación exclusiva da persoa investigadora ao programa.

b) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento durante o período da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control, da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 30 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. Só se terá en conta aquela documentación relativa ás persoas contratadas que permanecesen no programa un mínimo de tres meses, e quedará sen ningún tipo de compromiso retributivo para aquelas que non acaden este período.

c) Certificación, debidamente actualizada, acreditativa de estar ao día no pagamento á Seguridade Social e no cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado e coa Comunidade Autónoma, unicamente no suposto de que a entidade solicitante se opoña a que o órgano xestor solicite as certificacións que deban emitir a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Axencia Tributaria de Galicia.

d) Unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

e) Certificados, de ser o caso, de ter realizado a estadía, emitidos polos centros receptores. Deben indicarse expresamente os centros en que a persoa investigadora desenvolveu a súa estadía, as datas de inicio e fin, e debe achegarse unha memoria de actividade.

f) No caso de que se opoña á súa consulta, unha copia da vida laboral de cada persoa contratada durante o período de permanencia no programa. No caso de que a persoa contratada renunciase antes do remate do seu contrato, esta documentación presentarase transcorrido un mes desde a súa renuncia.

4. A documentación indicada achegarase consonte a seguinte periodización:

Período de xustificación

Data límite de presentación

1ª xustificación: desde a data de comezo dos contratos ata o mes de setembro de 2024, este incluído.

Con esta xustificación libraranse os seguintes fondos correspondentes a este período:

– Custos dos contratos

– Complemento entidades 1

15 de novembro de 2024

2ª xustificación: mensualidades de outubro de 2024 a setembro de 2025, ambos os dous meses incluídos.

Con esta xustificación libraranse os seguintes fondos correspondentes a este período:

– Custos dos contratos

– Complemento entidades 1

– Complemento Estadía

– Complemento Fulbright, de ser o caso

15 de novembro de 2025

3ª xustificación: de outubro de 2025 á setembro de 2026, ambos os dous meses incluídos.

Con esta xustificación libraranse os seguintes fondos correspondentes a este período:

– Custos dos contratos

– Complemento entidades 1

– Complemento Estadía

– Complemento Fulbright, de ser o caso

15 de novembro de 2026

4ª xustificación: de outubro de 2026 á setembro de 2027, ambos os dous meses incluídos.

Con esta xustificación libraranse os seguintes fondos correspondentes a este período:

– Custos dos contratos

– Complemento entidades 2

– Indemnización máxima da 1ª fase, de ser o caso

15 de novembro de 2027

5ª xustificación: de outubro de 2027 a setembro de 2028, ambos os dous meses incluídos.

Con esta xustificación libraranse os seguintes fondos correspondentes a este período:

– Custos dos contratos

– Complemento entidades 2

15 de novembro de 2028

6ª xustificación: de outubro de 2028 á setembro de 2029, ambos os dous meses incluídos.

Con esta xustificación libraranse os seguintes fondos correspondentes a este período:

– Custos dos contratos

– Complemento entidades 2

15 de novembro de 2029

7ª xustificación: de outubro de 2029 á finalización dos contratos.

Con esta xustificación libraranse os seguintes fondos correspondentes a este período:

– Custos dos contratos

– Indemnización máxima da 2ª fase

15 de novembro de 2030

Cando os contratos subvencionados vaian máis aló da 7ª xustificación, por causa das suspensións e prórrogas recollidas no artigo 17.6 destas bases, os gastos correspondentes ás nóminas, á Seguridade Social e ás indemnizacións por fin de contrato xustificaranse coa data límite do 15 de novembro da correspondente anualidade para xustificar. Nestes casos, a anualidade para xustificar comprenderá o período que vai desde o mes de outubro do ano anterior ata o mes de setembro da anualidade corrente.

5. Con independencia do anterior, as entidades beneficiarias comunicarán, nun período máximo de quince (15) días, as persoas que causen baixa no programa.

6. Para os casos de meses incompletos, o cálculo do importe do contrato e os seus custos sociais, correspondente a esa fracción de mes realizarase dividindo o importe máximo anual entre 360 días e multiplicando o resultado polo número de días traballados nese mes.

O indicado no parágrafo anterior non se aplicará aos complementos por estadía, que só se aboarán se se realiza o mes completo.

7. O pagamento das axudas correspondentes á cuarta, quinta e sexta anualidade estará condicionado á presentación e valoración positiva do informe de seguimento intermedio, así como á presentación da addenda do contrato nos termos descritos no artigo 18.

O incumprimento dos requisitos citados anteriormente neste punto poderá dar lugar á obriga de reintegrar a axuda e os xuros de demora correspondentes e/ou á perda de dereito do cobramento da axuda pendente de pagamento.

8. Na segunda fase da axuda, para a xustificación da axuda para o desenvolvemento da liña de investigación, a data límite para achegar a documentación correspondente é o 30 de novembro de cada anualidade, e terá que incluír os seguintes documentos:

a) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento durante o período da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control, da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Así mesmo, o órgano competente en materia de control da entidade beneficiaria acreditará que o gasto realizado corresponde exclusivamente a conceptos subvencionables enumerados no artigo 4 desta convocatoria.

b) Conta xustificativa de acordo co establecido no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso das entidades beneficiarias ás cales non lles sexa de aplicación o artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. A conta xustificativa terá o seguinte contido:

– Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, segundo o establecido no artigo 48.1 do citado regulamento.

– Memoria económica, que conterá unha relación detallada dos gastos incorridos na realización das actividades subvencionadas, debidamente agrupados por conceptos de gasto, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento.

c) Informe de auditor/a inscrito/a como exercente no Rexistro Oficial de Auditores/as de Contas, que se deberá manifestar sobre os conceptos, período de realización e pagamento dos gastos presentados nesa anualidade. O informe de auditoría axustarase ao disposto na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos/das auditores/as de contas na realización dos traballos de revisión das contas xustificativas de subvencións.

d) Declaración da persoa investigadora, na cal se recolla a relación do persoal que forma parte do seu equipo de investigación, de ser o caso.

e) Certificación, debidamente actualizada, acreditativa de estar ao día no pagamento á Seguridade Social e no cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado e coa Comunidade Autónoma, unicamente no suposto de que a entidade solicitante se opoña a que o órgano xestor solicite as certificacións que deban emitir a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Axencia Tributaria de Galicia.

f) Unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Os investimentos e pagamentos que se efectúen desde o 1 de decembro da anualidade corrente poderán presentarse como xustificante da anualidade seguinte. No caso dos custos de contratación de persoal investigador ou auxiliar, os pagamentos das nóminas, Seguridade Social e IRPF dos meses de outubro e novembro de cada anualidade poderán presentarse como xustificantes para o cobramento da anualidade seguinte.

Considérase gasto realizado aquel que efectivamente se pagase con anterioridade á finalización do prazo de xustificación. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos se deban efectuar nun momento posterior para axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación.

Cando os contratos subvencionados vaian máis aló da 7ª xustificación, por causa das suspensións e prórrogas recollidas no artigo 17.6 destas bases, os gastos correspondentes ao desenvolvemento da liña de investigación xustificaranse coa data límite do 30 de novembro da correspondente anualidade para xustificar. Nestes casos, a anualidade para xustificar comprenderá o período que vai desde o mes de outubro do ano anterior ata o mes de setembro da anualidade corrente.

9. Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez (10) días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

10. Ademais, coa última xustificación, a entidade beneficiaria presentará:

a) Segundo se establece no artigo 18, unha memoria final da actividade, de aproximadamente 2.000 palabras, na cal se describa o traballo realizado mentres dure o programa. Así mesmo, deberá ir acompañada do certificado R3, no caso de que a persoa contratada obtivese este durante o período da axuda. As persoas que abandonen o programa antes da finalización do contrato deberán presentar unha memoria da actividade desenvolvida durante o tempo que permaneceron nel, no prazo dun mes desde que se produza a extinción da relación contractual.

b) No caso de expiración do tempo convido para o contrato de traballo asinado de acordo co indicado no artigo 15 destas bases, deberá achegarse xustificación económica do custo da indemnización e o seu pagamento xunto aos xustificantes correspondentes.

Artigo 21. Réxime de compatibilidade

As entidades beneficiarias poderán compatibilizar as axudas reguladas nesta orde con outras axudas ou subvencións financiadas con fondos públicos ou privados que teñan unha finalidade análoga. De acordo coa normativa aplicable, o importe das axudas concedidas, illadamente ou en concorrencia con outras axudas, ingresos e recursos, non poderá superar o custo da actividade subvencionada.

Artigo 22. Modificación da resolución de concesión de axudas

Poderase modificar a resolución de concesión da axuda, tal como se especifica no artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando se alteren as condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais. Por iso, cando a entidade beneficiaria reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberase por en coñecemento da Secretaría Xeral de Universidades ou da Axencia Galega de Innovación, segundo sexa o caso.

Artigo 23. Incumprimento, reintegros e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga da entidade beneficiaria de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 24. Control

1. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Axencia Galega de Innovación poderán realizar as actividades de inspección que consideren oportunas para controlar o cumprimento das subvencións. Así mesmo, poderán solicitar un informe ás entidades beneficiarias sobre a execución das axudas e o seu impacto, en particular sobre as persoas contratadas, mediante un seguimento destas durante os seis meses posteriores á finalización do contrato, que permita constatar cal é a súa situación laboral.

2. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas, do Consello de Contas e doutros organismos que teñan atribuídas facultades de control sobre estes fondos.

3. Para os efectos de control, as entidades convocantes poderán requirir a documentación complementaria que consideren necesaria para o desenvolvemento das axudas.

Artigo 25. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 26. Remisión normativa

Esta orde sométese ao réxime de axudas públicas establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento que a desenvolve. De conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase a información necesaria á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

Artigo 27. Recursos

Esta orde poderá impugnarse mediante recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Industria e Innovación e presidenta da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Criterios de avaliación da fase I

Criterios

Puntuación máxima

1. Publicacións de carácter científico: máximo 40 puntos.

1.1. Libros (con ISBN). A avaliación dos libros farase tendo en conta a calidade da editorial segundo o seu prestixio nacional ou internacional e o grao de exixencia e rigor científico nos procesos de selección dos traballos publicados.

40

1.2. Capítulos de libro (con ISBN). A avaliación de capítulos de libros farase tendo en conta a calidade da editorial segundo o seu prestixio nacional ou internacional e o grao de exixencia e rigor científico nos procesos de selección dos traballos publicados.

10

1.3. Publicacións en revistas científicas:

40

– Tipo A (revistas que aparecen no Science Citation Index, no Social Sciences Citation Index (SSCI), no Arts & Humanities Citation Index (AHCI) ou index equivalente no ámbito científico correspondente.

40

– Tipo B (revistas de prestixio non catalogadas como tipo A, que empregan un proceso de revisión de artigos, a través de censores externos).

10

– Tipo C (revistas de investigación non incluídas nas epígrafes anteriores).

1

2. Participación en proxectos, contratos de investigación e patentes: máximo 20 puntos.

2.1. Participación en proxectos de investigación autonómicos, nacionais e europeos e internacionais. A avaliación desta epígrafe prestará especial atención ás melloras do CV das persoas candidatas como consecuencia da súa participación nos diferentes proxectos.

20

– Proxectos europeos ou internacionais.

20

– Proxectos nacionais.

10

– Proxectos autonómicos.

5

2.2. Participación en contratos de investigación. A avaliación desta epígrafe prestará especial atención ás melloras do CV das persoas candidatas como consecuencia da súa participación nos diferentes contratos.

10

– Contratos con empresas.

10

– Contratos coa Administración.

5

– Informes técnicos e outros.

2,5

2.3. Patentes rexistradas ou en explotación.

10

– En explotación.

10

– Rexistradas.

2

3. Outros méritos académico-científicos das persoas candidatas a ser destinatarias das axudas: máximo 10 puntos.

3.1. Estadías en universidades ou centros de investigación distintos daquela universidade ou institución en que se expediu o seu título de doutor/a.

Os comités de persoas expertas só deberán ter en consideración a relevancia científica do centro e da actividade ou actividades investigadoras, relacionadas coa rama de coñecemento e a área temática, levadas a cabo durante os períodos de estadía.

5

– Estadías posdoutorais.

4

– Estadías predoutorais.

2

3.2. Relatorios e comunicacións en congresos ou reunións científicas.

5

– Relatorios en congresos internacionais.

5

– Relatorios en congresos nacionais.

3

– Comunicacións en congresos internacionais.

2

– Comunicacións en congresos nacionais: máximo 1 punto.

1

3.3. Outros méritos académico-científicos das persoas candidatas a ser destinatarias das axudas. Valoraranse aqueloutros méritos académico-científicos (dirección de teses, docencia, premios...), relacionados coa rama de coñecemento e a área temática, que non se encontren recollidos nas epígrafes anteriores.

5

4. Plan de estadía e de traballo propostos: máximo 30 puntos.

4.1. Relevancia científica dos centros de estadías propostos. Valorarase a relevancia científica de cada un dos centros propostos, e a complementariedade entre eles, para o desenvolvemento do plan de traballo da persoa candidata a ser destinataria da axuda.

Terase en consideración a relevancia internacional do centro ou centros propostos e establecerase unha gradación segundo a súa adecuación.

Aínda que non é obrigatorio acudir a máis dun centro, o equipo avaliador poderá valorar positivamente que a persoa candidata considere esta posibilidade, sempre que a complementariedade de centros supoña un elemento de mellora do plan de estadías, e nese sentido poderano reflectir na avaliación.

16

– Pouco adecuado.

4

– Adecuado.

8

– Moi adecuado.

12

– Excelente.

16

4.2. Plan de traballo que se vai desenvolver durante a totalidade do programa. Valoraranse a calidade, coherencia e viabilidade do plan de traballo en relación coa súa temática e cos obxectivos que se pretenden acadar.

14

Puntuación total máxima

100

Criterios de avaliación da fase II

Criterio

Puntuación máxima

1. Plan de traballo que a persoa candidata propón realizar durante o período de contrato.

40

2. CV da persoa candidata, indicando as melloras durante o programa posdoutoral.

30

3. Capacidade da persoa para liderar unha liña de investigación: potencialidade da persoa candidata para o liderado de grupos de investigación, establecemento dunha liña propia de traballo e obtención de financiamento en convocatorias públicas competitivas.

30

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file