DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2024 Páx. 14181

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2024, da Comisión de Selección, polo que se publica o Acordo do 8 de febreiro de 2024 polo que se fai pública a baremación definitiva e se abre o prazo de acreditación dos méritos alegados, en relación coa convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo do persoal laboral fixo, convocado mediante o Anuncio do 20 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

A Comisión de Selección, na súa reunión do 8 de febreiro de 2024, acordou, de conformidade co disposto na base III.3 da convocatoria, facer pública na web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) a baremación definitiva das catro categorías do proceso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, e proceder á apertura do prazo de acreditación dos méritos alegados en relación coa convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo do persoal laboral fixo, convocado mediante o Anuncio do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro).

Dáselles un prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, ás persoas aspirantes que obtivesen unha maior puntuación correspondente ao número de prazas convocadas por cada categoría, para acreditar dunha maneira fidedigna que posúen os méritos alegados correspondentes ás bases III.1.1 b) e III.1.2, excepto a letra d), mediante a presentación de orixinal ou copia cotexada da documentación que achegaron coa solicitude de participación no proceso selectivo que non teña carácter de documento electrónico, segundo o que se recolle no anexo II. Para iso, deberán presentar nunha oficina de asistencia en materia de rexistros o modelo cuberto e asinado de declaración de méritos que figura como anexo V, e achegar a documentación física que corresponda para que na oficina de asistencia en materia de rexistros se proceda á súa dixitalización. De non presentar a totalidade da documentación indicada dentro do prazo establecido, a persoa aspirante será excluída do procedemento selectivo mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape, na cal se lle concederá á persoa que figure no seguinte lugar da lista un prazo de dez (10) días hábiles para presentar a súa documentación.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral do Igape, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2024

María Begoña García Maneiro
Presidenta da Comisión de Selección
do Instituto Galego de Promoción Económica