Mediante a Orde desta consellería do 19 de decembro de 2023 (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro de 2024) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal directivo na Área Sanitaria da Coruña e Cee.
De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,
DISPOÑO:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 19 de decembro de 2023 (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro de 2024) para os efectos previstos no punto 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo desta orde.
Terceiro. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2024
Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Posto: subdirector/a de Enfermaría.
Nome e apelidos: María Belén Lema Facal.
DNI (*): ***1646**.
* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.