En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 167, do 4 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).
En vista das alegacións e os recursos presentados contra a publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas,
DISPOÑO:
Excluír a seguinte persoa na relación definitiva de aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o ingreso na categoría 19 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia:
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Motivo da exclusión |
***0507** |
Aira Enríquez, Fernando |
Libre |
Desistencia da solicitude |
***7578** |
León Álvarez, Clara Isabel |
Libre |
Desistencia da solicitude |
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2024
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública