DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2024 Páx. 14870

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de linguaxe de signos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 7 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 21 de decembro de 2023 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de linguaxe de signos, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), acordou, de conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 3 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2024

Xulio Loureiro González
Presidente do tribunal