DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2024 Páx. 14758

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de febreiro de 2024 polo que se aproba a modificación das relacións de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A aprobación da modificación das relacións de postos de traballo pertencentes á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 15 de febreiro de 2024, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación das relacións de postos de traballo pertencentes á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral, coa finalidade de dar cumprimento ás previsións contidas na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e tamén co fin de posibilitar o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario ao persoal laboral fixo que desempeñe funcións correspondentes a persoal funcionario baixo a modalidade específica de promoción do persoal laboral, de acordo coa disposición adicional décimo sétima da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 15 de febreiro de 2024, relativo á aprobación da modificación das relacións de postos de traballo pertencentes a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file