DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2024 Páx. 15152

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de febreiro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a Resolución do 1 de febreiro de 2024 (DOG número 29, do 9 de febreiro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

En vista das alegacións e dos recursos presentados contra a publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas,

DISPOÑO:

Incluír as seguintes persoas na listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, na agrupación profesional de persoal funcionario, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña:

Apelidos e nome

DNI

Busto Magdalena, Elsa

***0205**

Paz Varela, María Begoña

***5965**

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2024

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública