DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2024 Páx. 14997

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro de 2024, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial, escala de expertos/as lingüistas, subgrupo A1, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala técnica de restauración, e escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil, subgrupo A2, na agrupación profesional do persoal funcionario, escalas de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, de persoal subalterno e de persoal de mantemento, subgrupo AP, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, regula que o persoal laboral fixo das administracións públicas incluídas no ámbito da súa aplicación que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estea a realizar funcións ou desempeñe postos de traballo de persoal funcionario, ou pase a realizar as devanditas funcións ou a desempeñar os devanditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna convocadas antes da data sinalada, poderá seguir a realizalas ou desempeñalas.

Así mesmo, esta disposición, no seu punto segundo, recolle que o Consello da Xunta de Galicia establecerá, a través das relacións de postos de traballo (RPT), a valoración, clasificación e determinación dos postos de traballo afectados por esta norma, na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

Para dar cumprimento ao establecido na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, esta Administración incorporou as prazas obxecto de funcionarización nos decretos 225/2020, de 23 de decembro, e 62/2021, do 8 de abril, polos que se aproban as ofertas de emprego público correspondentes a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2020 e 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 260, do 29 de decembro de 2020, e núm. 73, do 20 de abril de 2021).

O Decreto 165/2019, do 26 de decembro, establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

En desenvolvemento deste procedemento, a Dirección Xeral da Función Pública elaborou a presente modificación de relación de postos de traballo da Administración xeral e tamén da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, determinando previamente aqueles postos de persoal laboral da Xunta de Galicia afectados polo proceso de funcionarización.

Esta modificación de postos de traballo debe estar aprobada con anterioridade á toma de posesión do persoal que adquira a condición de funcionario de carreira, xa que serán estes postos de traballo os que figuren na Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública pola que se regule o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización, convocados mediante as resolucións do director xeral da Función Pública do 26 de abril e do 12 de maio de 2021, respectivamente.

Cómpre sinalar que nesta relación de postos de traballo, ademais de constar aqueles postos do persoal laboral fixo que superou os procesos de funcionarización correspondentes, figuran tamén outros postos de persoal laboral tamén obxecto de funcionarización, e indicar que:

Os postos de traballo do persoal laboral fixo que non superou o proceso manteñen a ocupación como persoal laboral fixo.

O persoal laboral temporal e indefinido non fixo continuará desempeñando as súas funcións nos postos que viña ocupando, nas mesmas condicións e situación, ata que se leve a cabo o establecido na disposición transitoria primeira bis da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, logo do remate dos procesos de funcionarización que se convoquen ao abeiro das ofertas de emprego dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021.

Para a determinación dos postos que son susceptibles de seren clasificados como de persoal funcionario, tívose en conta o artigo 6 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, modificado o seu anexo pola Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 27 de novembro de 2023 (DOG núm. 231, do 5 de decembro), que establece o seguinte:

«Clasificaranse como de persoal funcionario os postos de traballo definidos actualmente nas respectivas RPT como de adscrición de persoal laboral dalgunha das categorías recollidas no anexo desta norma.

A clasificación como de persoal funcionario realizarase no corpo, escala ou especialidade previsto como equivalente no mencionado anexo».

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do seu vínculo xurídico coa Administración, figura prevista para o 1 de marzo de 2024; por iso e co fin de que se cumpran os trámites oportunos en canto á expedición das dilixencias de cesamento correspondentes, esta relación de postos de traballo entrará en vigor o 29 de febreiro de 2024.

En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 15 de febreiro de 2024, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial, escala de expertos/as lingüistas, subgrupo A1, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala técnica de restauración, e escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil, subgrupo A2, na agrupación profesional do persoal funcionario, escalas de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, de persoal subalterno e de persoal de mantemento, subgrupo AP; da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor o 29 de febreiro de 2024.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 15 de febreiro de 2024, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial, escala de expertos/as lingüistas, subgrupo A1, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala técnica de restauración, e escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil, subgrupo A2, na agrupación profesional do persoal funcionario, escalas de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, de persoal subalterno e de persoal de mantemento, subgrupo AP, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

Clasificación de postos de traballo derivada da funcionarización de postos de persoal laboral no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial, escala de expertos/as lingüistas, subgrupo A1, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala técnica de restauración, e escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil, subgrupo A2, na agrupación profesional do persoal funcionario, escalas de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, de persoal subalterno e de persoal de mantemento, subgrupo AP, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece, en concordancia co contido na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, a posibilidade de proceder á funcionarización do persoal laboral fixo nos corpos e escalas de persoal funcionario da Comunidade Autónoma de Galicia. Ao dito persoal garántenselle as retribucións brutas que estaba a percibir como laboral fixo, se estas son superiores ás que lle correspondan como funcionario.

En desenvolvemento do anterior publicouse o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, que establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. No referente ás cuestións retributivas establece, no seu artigo 9, que o persoal laboral fixo que supere o proceso de funcionarización, a partir da toma de posesión como funcionario de carreira pasará a devindicar todas as súas retribucións conforme o sistema, os conceptos e as contías establecidos con carácter xeral para o persoal funcionario de carreira da Comunidade Autónoma. Garantiránselle as retribucións brutas anuais fixas na súa contía e periódicas na súa devindicación que estaba a percibir como laboral fixo, se estas fosen superiores ás que lle correspondan como persoal funcionario de carreira.

A Dirección Xeral da Función Pública elaborou unha modificación da relación de postos de traballo co obxecto de adaptar os postos, definidos actualmente como de adscrición de persoal laboral, á condición de persoal funcionario dentro dalgunha das categorías recollidas no anexo do Decreto 165/2019.

Ao abeiro deste proceso de funcionarización, mediante as resolucións do 26.4.2021 (DOG núm. 81, do 30 de abril) e do 12.5.2021 (DOG núm. 94, do 21 de maio), convocáronse procesos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira nos corpos, escalas e especialidades correspondentes, de persoal laboral fixo do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico. Os postos correspondentes a estas categorías funcionarizadas son os que figuran na relación de postos de traballo a que fai referencia o parágrafo anterior.

Trátase dunha modificación derivada dun proceso de funcionarización en que, por primeira vez, se establece unha clasificación de postos de traballo no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial, escala de expertos/as lingüistas, subgrupo A1, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala técnica de restauración, e escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil, subgrupo A2, na agrupación profesional do persoal funcionario, escalas de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, de persoal subalterno e de persoal de mantemento, subgrupo AP, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas e especialidades recollidas na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Para a determinación desta clasificación non se levou a cabo unha nova valoración e/ou valoración complementaria dos postos de traballo, xa que esta valoración xa se efectuou no momento da creación de cada posto nas correspondentes relacións de postos de traballo, senón que se tiveron en conta aqueles complementos salariais que figuraban na correspondente relación de postos de traballo e que retribuían as especiais dificultades materiais e técnicas que exixe o desempeño do posto de traballo.

Por conseguinte, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e na Comisión de Persoal, establécese a seguinte clasificación de postos de traballo no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial, escala de expertos/as lingüistas, subgrupo A1, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala técnica de restauración, e escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil, subgrupo A2, na agrupación profesional de persoal funcionario, escalas de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, de persoal subalterno e de persoal de mantemento, subgrupo AP, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas e especialidades recollidas na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Primeiro. Clasificación de postos de traballo

• Clasificación de postos no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, cos seguintes niveis:

SUBGRUPO

DENOMINACIÓN
DO POSTO

COMPLEMENTOS

(posto laboral)

NIVEIS: DESTINO
E ESPECÍFICO

(posto funcionario)

CENTRO DE DESTINO

A1

TÉCNICO/A DE PROTOCOLO

----

25

SECRETARÍA XERAL DA PRESIDENCIA

• Clasificación de postos no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de expertos/as lingüistas, do (subgrupo A1), cos seguintes niveis:

SUBGRUPO

DENOMINACIÓN
DO POSTO

COMPLEMENTOS

(posto laboral)

NIVEIS: DESTINO
E ESPECÍFICO

(posto funcionario)

CENTRO DE DESTINO

A1

LINGÜISTA

----

21

EDIFICIOS XUDICIAIS (A CORUÑA)

EDIFICIOS XUDICIAIS (LUGO)

EDIFICIOS XUDICIAIS (OURENSE)

EDIFICIOS XUDICIAIS (PONTEVEDRA)

S. X. DE PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

• Clasificación de postos no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, cos seguintes niveis:

SUBGRUPO

DENOMINACIÓN
DO POSTO

COMPLEMENTOS

(posto laboral)

NIVEIS: DESTINO
E ESPECÍFICO

(posto funcionario)

CENTRO DE DESTINO

A2

ENCARGADO/A DE ESTABLECEMENTO

----

17

COMPLEXO DEPORTIVO MONTERREI

MONITOR/A OCUPACIONAL

B10 // B18

20

CENTRO OCUPACIONAL O SAIAR (CALDAS DE REIS)

B10 // B18 // B12 = 1.266,60 €

21

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

PRECEPTOR/A

B14

18

CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA

B16 // HORARIO NOCTURNO

(nivel 18, CE 21)

CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA

SECRETARIO/A RESIDENCIA

B12 = 942,60 €

19

INSTITUTO POLITÉCNICO MARÍTIMO-PESQUEIRO DO ATLÁNTICO DE VIGO

XEFATURA DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA

----

17

DEPARTAMENTO DE XESTIÓN

• Clasificación de postos no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil, e escala técnica de restauración (subgrupo A2), cos seguintes niveis:

– Escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil.

SUBGRUPO

DENOMINACIÓN
DO POSTO

COMPLEMENTOS

(posto laboral)

NIVEIS: DESTINO
E ESPECÍFICO

(posto funcionario)

CENTRO DE DESTINO

A2

DIRECTOR/A ESCOLA INFANTIL

----

22

(*)

ESCOLA INFANTIL ANTELA

ESCOLA INFANTIL CAMPOLONGO

ESCOLA INFANTIL DE COIA

ESCOLA INFANTIL ELVIÑA

ESCOLA INFANTIL Nª Sª DO CAMPO

ESCOLA INFANTIL Nª Sª SGDO. CORAZÓN

ESCOLA INFANTIL O TOXO

ESCOLA INFANTIL O VENTORRILLO

ESCOLA INFANTIL PARADAI

ESCOLA INFANTIL VITE

(nivel 21, CE 22)

(**)

ESCOLA INFANTIL A FARIXA

ESCOLA INFANTIL AS MARIÑAS

ESCOLA INFANTIL BOUZAS

ESCOLA INFANTIL CATABOIS

ESCOLA INFANTIL COMPLEXO ADMINISTRATIVO DE VIGO

ESCOLA INFANTIL DE CABRAL

ESCOLA INFANTIL DE CELEIRO

ESCOLA INFANTIL DE MARÍN

ESCOLA INFANTIL DE REDONDELA

ESCOLA INFANTIL Nª Sª PURIFICACIÓN

ESCOLA INFANTIL RELFAS

ESCOLA INFANTIL SANTA MARÍA DE OZA

ESCOLA INFANTIL SANTA SUSANA

ESCOLA INFANTIL VIRXE DE COVADONGA

ESCOLA INFANTIL VIRXE DE CHAMORRO

MESTRE/A ESPECIALISTA EN EDUCACIÓN INFANTIL

B12 = 1.266,60 €

19

ESCOLA INFANTIL ANTELA

ESCOLA INFANTIL BOUZAS

ESCOLA INFANTIL DE CELEIRO

ESCOLA INFANTIL DE COIA

ESCOLA INFANTIL DE MARÍN

ESCOLA INFANTIL Nª Sª SGDO. CORAZÓN

ESCOLA INFANTIL O TOXO

ESCOLA INFANTIL PARADAI

ESCOLA INFANTIL SANTA SUSANA

ESCOLA INFANTIL VITE

(*) Escolas infantís desde 7 unidades.

(**) Escolas infantís ata 6 unidades.

– Escala técnica de restauración.

SUBGRUPO

DENOMINACIÓN
DO POSTO

COMPLEMENTOS

(posto laboral)

NIVEIS: DESTINO
E ESPECÍFICO

(posto funcionario)

CENTRO DE DESTINO

A2

RESTAURADOR/A

B10 // B11

(nivel 20, CE 21)

ARQUIVO DO REINO DE GALICIA

B10 // B11 // B14

ARQUIVO DO REINO DE GALICIA

ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE LUGO

D. X. DO PATRIMONIO CULTURAL

MUSEO CASTRO DE VILADONGA (LUGO)

MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

MUSEO DE OURENSE

B10 // B11 // B14 // B18

MUSEO ETNOLÓXICO DE RIBADAVIA

• Clasificación de postos na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, escala de persoal de mantemento e escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade persoal de recursos naturais e forestais, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP, cos seguintes niveis:

– Escala de persoal subalterno.

SUBGRUPO

DENOMINACIÓN
DO POSTO

COMPLEMENTOS

(posto laboral)

NIVEIS: DESTINO
E ESPECÍFICO

(posto funcionario)

CENTRO DE DESTINO

AP

VIXILANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS

B14

10

ARQUIVO DO REINO DE GALICIA

ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE LUGO

ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE OURENSE

ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

BIBLIOTECA VIGO

CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA (CGAC)

MUSEO CASTRO DE VILADONGA (LUGO)

MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS

MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

MUSEO ETNOLÓXICO DE RIBADAVIA

MUSEO MASSÓ

MUSEO DE OURENSE

– Escalas de persoal subalterno e de mantemento.

SUBGRUPO

DENOMINACIÓN
DO POSTO

COMPLEMENTOS

(posto laboral)

NIVEIS: DESTINO
E ESPECÍFICO

(posto funcionario)

CENTRO DE DESTINO

AP

AXUDANTE (MANTEMENTO)

B18

11

CEE MANUEL LÓPEZ NAVALÓN (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

----

10

CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE (CULLEREDO)

CIFP UNIVERSIDADE LABORAL (CULLEREDO)

AXUDANTE ALBANEL

----

10

CIFP SOMESO (A CORUÑA)

AXUDANTE/A DE TRABALLOS OU OFICIOS

B14 // B18

12

RESIDENCIA DE MAIORES (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

B10

11

CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO (A CORUÑA)

ENCARGADO/A DE XARDÍN

B10 // B18

13

CENTRO DE MENORES SAN JOSÉ DE CALASANZ

----

10

CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE (CULLEREDO)

CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE (VIGO)

CIFP UNIVERSIDADE LABORAL (CULLEREDO)

MOZO/A

B10

11

LABORATORIO DE CONSUMO DE GALICIA (A CORUÑA)

B12 = 810,00 €

11

XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA (VIGO)

B14

10

ARQUIVO DO REINO DE GALICIA

----

ARQUIVO DO REINO DE GALICIA

DELEGACIÓN DA CORUÑA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

OFICINA DE EMPREGO DE FERROL-ESTEIRO

S. X. DE PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA (A CORUÑA)

S. X. DE PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA (VIGO)

MOZO/A DE LABORATORIO

B10 // B11 // B18

14

LABORATORIO AGRARIO E FITOPATOLÓXICO DE GALICIA (MABEGONDO-A CORUÑA)

LABORATORIO DE MEDIO AMBIENTE DE GALICIA (A CORUÑA)

MOZO/A DE MANTEMENTO

B12 = 810,00 €

11

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

B14

(nivel 10, CE 11)

CAMPO DE FÚTBOL DO COUTO

COMPLEXO DEPORTIVO MONTERREI

MOZO/A SERVIZOS

B10 // B14 // B18

14

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (A CORUÑA)

B14

10

RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE PANXÓN

RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DO CARBALLIÑO

PEÓN/OA

B10 // B18

13

CENTRO DE MENORES A CARBALLEIRA

B12 = 810,00 €

11

CAMPAMENTO XUVENIL VIRXE DE LORETO

B14

10

CENTRO SOCIO COMUNITARIO DE COIA

CENTRO SOCIO COMUNITARIO O CALVARIO

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO (OURENSE)

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO A RÚA-PETÍN

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO AS PONTES

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE CELANOVA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE MACEDA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE TEIS

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO MONDOÑEDO

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO MUROS

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO PONTE PELAMIOS (OURENSE)

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO REDONDELA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO RIBADAVIA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO RIBADEO

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO RIVERA ATIENZA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO VIANA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO VILAXOÁN

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO XINZO

B14 // B12(1) = 806,04 €

11

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

B18

11

RESIDENCIA DE MAIORES (BURELA)

RESIDENCIA DE MAIORES (MARÍN)

RESIDENCIA DE MAIORES TORRENTE BALLESTER (A CORUÑA)

----

10

CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA

ESCOLA INFANTIL O TOXO

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

PEÓN/OA ESPECIALISTA

B14

10

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS

PEÓN/OA ESPECIALIZADO/A

B10 // B14 // B18

14

CENTRO DE MENORES SANTO ANXO DA GARDA

B10 // B18

CENTRO DE MENORES AVELINO MONTERO

B10 // B18 // B12 = 810,00 €

COMPLEXO DE ATENCIÓN DE MENORES DE FERROL

B12 = 1.036,44 €

11

XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO

B12 = 810,00 €

B12 = 810,00 €

11

COMPLEXO XUVENIL AS MARIÑAS

RESIDENCIA DE MAIORES (FERROL)

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

B12(1) = 810,00 €

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

B14

10

CASA DA XUVENTUDE DE VIVEIRO

CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO CORCUBIÓN

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO SANTA COMBA

B18

11

RESIDENCIA DE MAIORES (A ESTRADA)

RESIDENCIA DE MAIORES Nª Sª MILAGRES (OURENSE)

----

10

CENTRO DE MENORES A CARBALLEIRA

CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA

COMPLEXO RESIDENCIAL XUVENIL LUG

ESCOLA INFANTIL ELVIÑA

PEÓN/OA XARDINEIRO/A

B14

10

RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE PANXÓN

XARDINEIRO/A

B10 // B11 // B14

14

COMPLEXO DEPORTIVO MONTERREI

B14

10

CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE (VIGO)

----

RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DO CARBALLIÑO

– Escala de persoal limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade persoal de recursos naturais e forestais.

SUBGRUPO

DENOMINACIÓN
DO POSTO

COMPLEMENTOS

(posto laboral)

NIVEIS: DESTINO
E ESPECÍFICO

(posto funcionario)

CENTRO DE DESTINO

AP

PEÓN/OA AGRARIO/A

B10 // B11

13

ESTACIÓN DE VITICULTURA E ENOLOXÍA DE GALICIA (LEIRO-OURENSE)

B10 // B11 // B14 // B18

14

CENTRO DE RECURSOS ZOOXENÉTICOS DE GALICIA

B11 // B14

12

CENTRO DE FORMACIÓN E EXPERIMENTACIÓN AGROFORESTAL DE GUÍSAMO (A CORUÑA)

B10 // B14

12

CENTRO DE FORMACIÓN E EXPERIMENTACIÓN AGROFORESTAL DE BECERREÁ (LUGO)

CENTRO DE FORMACIÓN E EXPERIMENTACIÓN AGROFORESTAL DE MONFORTE DE LEMOS (LUGO)

CENTRO DE FORMACIÓN E EXPERIMENTACIÓN AGROFORESTAL DE SERGUDE (A CORUÑA)

ESTACIÓN EXPERIMENTAL AGROGANDEIRA DA POBRA DO BROLLÓN (LUGO)

ESTACIÓN EXPERIMENTAL DE GANDERÍA DE MONTAÑA DE MARCO DA CURRA

B11 // B14

ESTACIÓN EXPERIMENTAL AGRÍCOLA DO BAIXO MIÑO (SALCEDA DE CASELAS-PONTEVEDRA)

B14

10

CIFP A GRANXA (PONTEAREAS)

----

SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO

XEFATURA TERRITORIAL A CORUÑA

PEÓN/OA FORESTAL

B10

13

DISTRITO FORESTAL: XIX-CALDAS-SALNÉS

B10 // B11

DISTRITO FORESTAL: XVIII-VIGO-BAIXO MIÑO

SERV. MONTES/INDUSTRIAS FORESTAIS. VIVEIRO FORESTAL A CHAIRA (P. DE AGUIAR)

SERVIZO MONTES/INDUSTRIAS FORESTAIS. SEQUEIRO FORESTAL (CARBALLO)

SERVIZO MONTES/INDUSTRIAS FORESTAIS. VIVEIRO A FALMEGA (OROSO)

SERVIZO MONTES/INDUSTRIAS FORESTAIS. VIVEIRO FORESTAL OS TROLLOS (BÓVEDA)

SERVIZO MONTES/INDUSTRIAS FORESTAIS. VIVEIRO FORESTAL SAN BREIXO (GUITIRIZ)

SERVIZO MONTES/INDUSTRIAS FORESTAIS. VIVEIRO FORESTAL OS MILAGROS (MACEDA)

SERVIZO MONTES/INDUSTRIAS FORESTAIS. VIVEIRO SANTA CRUZ (OLEIROS)

B10 // B11 // B18

Nivel 14, CE 18

(+ 20,50 euros ano)

CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL DE LOURIZÁN (PONTEVEDRA)

CONSERVACIÓN DA NATUREZA-ÁREA RECUPERACIÓN TERRA CHÁ-A MARIÑA

CONSERVACIÓN DA NATUREZA-PARQUE NATURAL MONTE ALOIA-L.I.C. GÁNDARAS DE BUDIÑO

CONSERVACIÓN DA NATUREZA-PARQUE NATURAL O INVERNADEIRO

DISTRITO XIX CALDAS-PONTEVEDRA/CONCA RÍO LÉREZ

DISTRITO XVI DEZA-TABEIRÓS/CONCA RÍO ULLA

DISTRITO XVI DEZA-TABEIRÓS/ESPAZO REDE NATURA

DISTRITO XVII CONDADO-PARADANTA/CONCA RÍO TEA

DISTRITO: III-SANTIAGO/MESETA INTERIOR

DISTRITO: XIX-CALDAS/SALNÉS

DISTRITO: XVIII-VIGO/BAIXO MIÑO

INSTALACIÓNS CONSERVACIÓN DA NATUREZA-CENTRO CAPTURADERO DE GOO

INSTALACIÓNS CONSERVACIÓN DA NATUREZA-CENTRO PISCIFACTORÍA CARBALLEDO

INSTALACIÓNS CONSERVACIÓN DA NATUREZA-COMPLEXO AMBIENTAL O RODICIO

INSTALACIÓNS CONSERVACIÓN DA NATUREZA-COMPLEXO AMBIENTAL O VERAL (LUGO)

INSTALACIÓNS CONSERVACIÓN DA NATUREZA-PISCIFACTORÍA CARBALLIÑO

INSTALACIÓNS CONSERVACIÓN DA NATUREZA- CENTRO DE RECUPERACIÓN DE FAUNA DE CARBALLEDO

INSTALACIÓNS DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA-CENTRO RECUPERACIÓN FAUNA SALVAXE DE SANTA CRUZ

PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS

PARQUE NATURAL COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO

PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME-CONCA RÍO EUME

RESERVA NACIONAL DOS ANCARES

B10 // B18

13

DISTRITO FORESTAL: XIX-CALDAS-SALNÉS

PEÓN/OA FORESTAL (CAPELADA)

----

10

DISTRITO FORESTAL: I-FERROL

CÓDIGO

DESCRICIÓN DOS PLUSES

B10

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PERIGOSIDADE.

B11

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR TOXICIDADE.

B12

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE DE RESPONSABILIDADE.

B13

COMPLEMENTO SALARIAL DE ANTIGÜIDADE.

B14

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE DE ESPECIAL DEDICACIÓN.

B15

COMPLEMENTO SALARIAL DE FUNCIÓNS.

B16

COMPLEMENTO SALARIAL DE NOCTURNIDADE.

B18

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PENOSIDADE.

B20

COMPLEMENTO SALARIAL DE DIRECCIÓN.

Segundo. Especial consideración deben ter na clasificación, dadas as súas características especiais, os postos de peón/oa forestal da agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade persoal de recursos naturais e forestais, subgrupo AP, para os que se establece un nivel 14 de complemento de destino, cun nivel 18 de complemento específico, máis un incremento deste complemento específico de 20,50 euros anuais, dos seguintes centros:

• CONSERVACIÓN DA NATUREZA-ÁREA RECUPERACIÓN TERRA CHÁ-A MARIÑA

• CONSERVACIÒN DA NATUREZA-PARQUE NATURAL MONTE ALOIA-L.I.C. GÁNDARAS DE BUDIÑO

• CONSERVACIÓN DA NATUREZA-PARQUE NATURAL O INVERNADEIRO

• DISTRITO XIX CALDAS-PONTEVEDRA/CONCA RÍO LÉREZ

• DISTRITO XVI DEZA-TABEIRÓS/CONCA RÍO ULLA

• DISTRITO XVI DEZA-TABEIRÓS/ESPAZO REDE NATURA

• DISTRITO XVII CONDADO-PARADANTA/CONCA RÍO TEA

• DISTRITO: III-SANTIAGO/MESETA INTERIOR

• DISTRITO: XIX-CALDAS/SALNÉS

• DISTRITO: XVIII-VIGO/BAIXO MIÑO

• INSTALACIÓNS CONSERVACIÓN DA NATUREZA-CENTRO CAPTURADERO DE GOO

• INSTALACIÓNS CONSERVACIÓN DA NATUREZA-CENTRO PISCIFACTORÍA CARBALLEDO

• INSTALACIÓNS CONSERVACIÓN DA NATUREZA-COMPLEXO AMBIENTAL O RODICIO

• INSTALACIÓNS CONSERVACIÓN DA NATUREZA-COMPLEXO AMBIENTAL O VERAL (LUGO)

• INSTALACIÓNS CONSERVACIÓN DA NATUREZA-PISCIFACTORÍA O CARBALLIÑO

• INSTALACIÓNS CONSERVACIÓN DA NATUREZA- CENTRO DE RECUPERACIÓN DE FAUNA DE CARBALLEDO

• INSTALACIÓNS DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA-CENTRO RECUPERACIÓN FAUNA SALVAXE DE SANTA CRUZ

• PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS

• PARQUE NATURAL COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO

• PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME-CONCA RÍO EUME

• RESERVA NACIONAL DOS ANCARES

• CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL DE LOURIZÁN (PONTEVEDRA)

Terceiro. Constituirase unha Comisión de Seguimento, presidida polo director xeral da Función Pública e constituída por un membro vogal de cada organización sindical asinante e iguais membros por parte da Dirección Xeral da Función Pública que, ademais do establecido no punto anterior, será a encargada da vixilancia, interpretación e seguimento do establecido nesta clasificación.

Esta comisión será consultada sobre os complementos de funcionarización que se establezan aos laborais fixos con posto nesta RPT que se funcionaricen con posterioridade á súa entrada en vigor.