DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2024 Páx. 15327

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO de aprobación da conta xeral de 2022.

Unha vez rendida a conta xeral para o exercicio 2022 e ditaminada pola Comisión Especial de Contas na sesión do 28 de decembro de 2023, xunto co ditame e documentos que a xustifican, exponse ao público na Secretaría-Intervención municipal durante o prazo de quince días, que se computarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo as persoas interesadas poderán formular por escrito as reclamacións, reparos ou observacións que consideren oportunas, tal e como se sinala no artigo 212.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

Triacastela, 23 de xaneiro de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés