DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2024 Páx. 15570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 498/2023, en relación con distintos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 498/2023, en relación ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia, na escala de persoal subalterno da Xunta de Galicia e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais da Xunta de Galicia e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro); en relación ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, na escala de persoal subalterno e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro); en relación ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; e para o ingreso nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro); en relación ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo C2, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; e para o ingreso nas categorías 21 e 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro); en relación coas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 polas que se modifican as resolucións de 22 de decembro de 2022 polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso e concurso-oposición, para o ingreso nos distintos corpos, escalas e categorías da Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro); en relación coa Resolución do 6 de febreiro de 2023 pola que se modifican as resolucións de 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, modificadas pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e se convocan procesos selectivos, pola quenda de acceso libre, para a escala de axentes de Inspección, especialidade de Consumo, subgrupo C1, para a escala de persoal de mantemento, subgrupo AP e para analista xestor de contidos web (persoal propio do Cixtec) (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) e, en relación coa Resolución do 6 de febreiro de 2023 pola que se modifican as resolucións de 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso-oposición, modificadas pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e se convocan procesos selectivos, pola quenda de acceso libre, para a escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, subgrupo C2 e para a escala de persoal de mantemento, subgrupo AP (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos a referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos a referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2024

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública