DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2024 Páx. 15545

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 14 de febreiro de 2024, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base III.1.2.7 da convocatoria e en relación co primeiro exercicio do proceso selectivo realizado o día 20 de xaneiro de 2024, unha vez revisadas as alegacións presentadas, anular as preguntas número 63, 81, 109 e 141 do cuestionario. En consecuencia, pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva número 163, 164, 165 e 169, respectivamente.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.1.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será preciso obter un mínimo de quince (15) puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo tribunal na sesión do día 26 de decembro de 2023, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarían o primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que acadasen as mellores puntuacións ata completar un número de 12 persoas, sempre e cando acadasen o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

De darse o caso de que o número de aspirantes que superen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, sempre que non superen o número de 12 persoas.

En caso de empate, todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque o corte consideraranse igualmente aprobadas, aínda que se supere o número de aspirantes antes indicado. Advírtese que as preguntas non contestadas non penalizarán nin recibirán ningunha puntuación.

Ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada asignaráselles a valoración de quince (15) puntos no exercicio. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os quince (15) e os trinta (30) puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignaráselles a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Realizada a corrección nesta mesma sesión, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 12 persoas aspirantes no seu conxunto, polo que se fixou en 69,50 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base III.1.1.1 da convocatoria.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 20 de xaneiro de 2024, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación realizarase a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

Sexto. De conformidade co disposto na base IV.13 da resolución da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor un recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2024

Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do Tribunal